Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
Robert Selden Duvall, nado en San Diego (California) o 5 de xaneiro de 1931 e finado en Middleburg o 15 de febreiro de 2026, foi un actor e director de cine estadounidense gañador dun Premio Óscar ó mellor actor en 1983, un Premio Emmy e catro premios Globo de Ouro, ademais doutros importantes premios. Estaba considerado como un dos cinco mellores actores vivos de Hollywood (o quinteto alcumado The Pantheon), xunto con Robert De Niro, Dustin Hoffman, Al Pacino e Anthony Hopkins.
General Dynamics F-16 Fighting Falcon
O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics para a USAF. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo. As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos.
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California.
Manuel González Savín, nado nas Xubias (A Coruña) en 1956, é un artista cómico-musical galego, máis coñecido como Cañita Brava. Saltou á fama a comezos da década de 1990, con cancións coma "La pichina", "El fugitivo", "Twist esa chica", "Espikinllú" ou "Los invasores", ademais doutros temas coma "Canción en chino" ou "Canción en ruso", nas que utiliza unha particular mestura de expresións cómicas pretendidamente tomadas de varios idiomas.
O homólogo da proteína de recombinación meiótica DMC1/LIM15 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene DMC1 do cromosoma 22. Os homólogos de DMC1 están ben conservados en distintas especies e foron identificados en organismos moi diverxentes como fungos, plantas e mamíferos, incluíndo os humanos. A proteína de recombinación meiótica Dmc1 é un homólogo da proteína de intercambio de febras de ADN bacteriana RecA. Dmc1 xoga un papel central na recombinación homóloga na meiose ao ensamblarse nos sitios de roturas de dobre febra no ADN programados e realizar unha busca de secuencias de ADN alélicas localizadas nas cromátides homólogas.
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe é un filme estadounidense dirixido por Andrew Adamson que se estreou no 2005. Baséase no libro The Lion, the Witch and the Wardrobe de C. S. Lewis.
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.455 habitantes (732 homes e 723 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.
A alfabetización motriz é un termo que resalta a importancia de desenvolver hábitos e habilidades para converterse nunha persoa fisicamente activa desde idades temperás e continuar séndoo ao longo da vida. Para alcanzala é fundamental o dominio das habilidades motrices básicas, xa que contribúen ao desenvolvemento físico, cognitivo, social e psicolóxico dos nenos e nenas, o que lles permite participar con seguridade e motivación en diferentes actividades e deportes. Deste xeito, un grao axeitado de alfabetización motriz favorece á práctica deportiva regular e á adquisición de hábitos de vida saudables.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Entroido ou carnaval galego é o entroido celebrado en diferentes lugares de Galiza nos días previos á coresma, caracterizadao por unha gran diversidade de rituais e máscaras tradicionais. A festa non se limita a un único día, senón que se organiza nun ciclo que pode durar varias semanas, incluíndo datas clave como os xoves de compadres e comadres, os domingos fareleiro, oleiro e corredoiro, e culminando no martes de Entroido e o mércores de cinsa co enterro da sardiña. As máscaras son uns dos elementos máis representativos, destacando dous grandes grupos: as ourensás, como os peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín ou pantallas de Xinzo, e as da zona atlántica, como os xenerais da Ulla ou as damas e galáns de Vilaboa.
A diplomacia é a comunicación por parte de representantes dun estado, intergobernamentais ou institucións non gobernamentais coa intención de influír nos acontecementos do sistema internacional. A diplomacia é o principal instrumento da política exterior, que representa os obxectivos e estratexias xerais que guían as interaccións dun Estado co resto do mundo. Os tratados internacionais, os acordos executivos, as alianzas e outras manifestacións das relacións internacionais adoitan ser o resultado de negociacións e procesos diplomáticos.
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026, foi un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017. Usou os pseudónimos Yusuf de Ventosela, María das Falas e Pedro Petouto.
When Johnny Comes Marching Home
"When Johnny Comes Marching Home" é unha canción popular da Guerra Civil Estadounidense, que expresa a morriña da xente polos seus amigos e familiares combatentes na guerra. A canción refírese a un capitán de artillaría lixeira, John O`Rourke, do exército da unión.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
José Mário dos Santos Mourinho Félix, OIH, nado en Setúbal o 26 de xaneiro de 1963, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de centrocampista. Durante dous anos consecutivos (2004 e 2005), Mourinho foi nomeado o mellor adestrador de fútbol do mundo pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).
588º Rexemento de Bombardeo Nocturno
O 588º Rexemento de Bombardeo Nocturno (en ruso: 588-й ночной легкобомбардировочный авиационный полк), coñecido polas tropas alemás como as "Bruxas da Noite" (en alemán: Nachthexen, en ruso: Ночные ведьмы), foi unha unidade de bombardeo aéreo da Unión Soviética que estivo activa dende 1942 ata o final da segunda guerra mundial, e estaba formada exclusivamente por mulleres aviadoras. O 8 de febreiro de 1943 recibiu o rango de Garda e foi rebautizado como 46º Rexemento de Bombardeo Nocturno da Garda (en ruso: 46-й гвардейский ночной бомбардировочный авиопачный авиопаный авиопачный авиопачный авиопочный). Pouco máis tarde recibiu o nome honorífico de "Taman" pola súa destacada actuación durante os duros combates aéreos na península de Taman en 1943.
O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada, lei medieval que permitía aos terratenentes abusaren dos labradores que traballasen e morasen nos terreos da súa propiedade. A queima do Meco no entroido corresponde ao axustizamento violento por parte das masas, que nun acto de rebeldía aforcaran a este ser ao pé dunha figueira.
O Entroido do Hío é unha tradición moi antiga que ten lugar na parroquia canguesa de O Hío o domingo, luns e martes de Entroido. Esta parroquia, ademais de ser coñecida polas súas fermosas praias, tamén é coñecida na provincia de Pontevedra polo seu Entroido, no que no ano 2019 participaron máis de 6.000 persoas. Un dos principais obxectivos que busca esta tradición é xuntar as sete aldeas da parroquia: Vilariño, O Igrexario, Pinténs, Vilanova, Liméns, Nerga e Donón.
The Adventures of Tintin (filme)
The Adventures of Tintin (tamén coñecido como The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn) é un filme estadounidense dirixido e producido por Steven Spielberg que se estreou no 2011. Baséase na serie As aventuras de Tintín de Hergé.
O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á coresma, e que está composto principalmente polo Domingo de Entroido, o Luns de Entroido e o Martes de Entroido ou Mardi Gras. O entroido adoita incluír celebracións públicas, incluíndo eventos como desfiles, festas nas rúas e outros entretementos, combinando elementos circenses. Os participantes adoitan entregarse a un consumo excesivo de alcohol, carne e outros alimentos que se renunciarán durante a próxima coresma.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 é un filme estadounidense dirixido por Bill Condon que se estreou no 2012. Quinto e derradeiro filme da saga Twilight, e conclusión do filme de 2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1. Baséase no cuarto libro escrito por Stephenie Meyer, Breaking Dawn.
SLX4 (tamén chamada BTBD12 e FANCP) é unha proteína que intervén na reparación do ADN, onde ten importantes funcións nos pasos finais da recombinación homóloga. As mutacións no xene están asociadas coa doenza anemia de Fanconi. A versión do SLX4 presente en humanos e outros animais actúa como unha sorte de armazón sobre o cal outras proteínas forman varios complexos multiproteicos diferentes.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
(What's the Story) Morning Glory?
(What's the Story) Morning Glory? é o segundo álbum da banda inglesa Oasis, editado o 2 de outubro de 1995. O álbum foi o máis duradeiro éxito comercial de Oasis, chegando ao número 1 no Reino Unido (manténdose nese posto durante 10 semanas) e ao 4 nos Estados Unidos, vendendo 347 000 copias na súa primeira semana e 19 millóns en todo o mundo ata o ano 2007.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Juana María Clara Capdevielle San Martín, nada en Madrid o 12 de agosto de 1905 e asasinada en Monte da Gándara, ás aforas de Rábade (provincia de Lugo) o 18 de agosto de 1936, á idade de 31 anos, foi unha intelectual e bibliotecaria española. Licenciouse en Filosofía e Letras pola sección de Historia na Universidade Central. Accedeu ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos aos vinte e cinco anos de idade e traballou como bibliotecaria na Biblioteca Nacional de España, na Biblioteca de Filosofía e Letras da Universidade Central e na Biblioteca do Ateneo de Madrid.
Austin Powers: International Man of Mystery
Austin Powers: International Man of Mystery é un filme estadounidense dirixido por Jay Roach que se estreou en 1997.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Pokémon the Movie: Secrets of the Jungle
Pokémon the Movie: Secrets of the Jungle (劇場版ポケットモンスター ココ, Gekijō-ban Pokettomonsutā Koko) é un filme xaponés de 2020 dirixido por Tetsuo Yajima. Baséase na franquía Pokémon de Satoshi Tajiri e foi producido por OLM. É o vixésimo terceiro filme no universo Pokémon, abranguendo a Xeración VIII dos videoxogos. O filme regresa ao estilo artístico 2D tradicional, no canto da animación CGI usada en Mewtwo Strikes Back: Evolution.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
March Engineering foi un construtor e fabricante de coches de competición de Fórmula 1 do Reino Unido. Aínda que só tivo un éxito moderado na competición de Fórmula 1, os coches March de carreiras gozaron de moito máis éxito noutras categorías da competición , incluíndo a Fórmula 2, Fórmula 3, IndyCar e IMSA GTP e carreiras de sportcars.
Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water
Chocolate Starfish and the Hot Dog Flavored Water foi o terceiro álbum de estudio de Limp Bizkit, editado o 17 de outubro de 2000
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rondallas é unha película española de comedia dramática de 2025, escrita e dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. Está protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cine de San Sebastián o 22 de setembro de 2025, e estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026 nunhas 150 pantallas, con distribución de Beta Fiction Spain.
British Overseas Airways Corporation
British Overseas Airways Corporation (BOAC) foi a aeroliña estatal británica creada en 1939 pola fusión de Imperial Airways e British Airways Ltd. A compañía continuou operando servizos internacionais durante a segunda guerra mundial. Despois da aprobación da Lei de Aviación Civil de 1946, os servizos europeos e suramericanos pasaron a outras dúas aeroliñas estatais, British European Airways (BEA) e British South American Airways (BSAA).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Entertainment Software Rating Board
Entertainment Software Rating Board (ESRB) é un sistema de clasificación de contido dos videoxogos estadounidense. Foi establecido en 1994 pola Entertainment Software Association (ESA), a anteriormente chamada Interactive Digital Software Association (IDSA). En 2009, asignara 19.130 categorías a xogos enviados por máis de 350 distribuidoras de videoxogos.
A morte na literatura popular galega
A morte ocupa un lugar central na cultura popular galega, reflectida nunha rica tradición oral que abarca centos de locucións, refráns e cantigas. Este conxunto de expresións tradicionais manifesta a relación profunda e ambivalente que o pobo galego mantivo historicamente coa morte, entendida como fenómeno universal e inevitable que iguala a todas as persoas. O refraneiro galego aborda a morte desde múltiples perspectivas: como destino ineludible (a morte a ninguén perdoa), como acontecemento que require resignación (contra a morte non hai home forte), e como elemento que debe afrontarse con dignidade (antes morte que vergonza).
A Febre do ouro de Klondike foi unha migración duns 100.000 prospectores á rexión de Klondike do Yukón no noroeste do Canadá, entre 1896 e 1899. Os exploradores locais descubriron o ouro o 16 de agosto de 1896; Cando a noticia chegou a Seattle e San Francisco ao ano seguinte, desencadeou unha febre do ouro. Algúns fixéronse ricos, pero a maioría foi en balde.
Floating production storage and offloading
As Floating production storage and offloading, ou FPSO, son unidades navais flotantes de produción, almacenamento e descarga empregadas nos campos petrolíferos de gas e petróleo en mar a fóra. Os FPSO empréganse como unidades de almacenamento e primeiro procesado de petróleo, gas e derivados. Operan en campos petrolíferos recibindo o petróleo e gas por tubarías submarinas de varios pozos.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
No transporte ferroviario, un tren ( pronunciación ) consta dun ou varios vehículos (vagóns), ligados entre si e capaces de se mover sobre unha liña ferroviaria, para transportar persoas ou carga, segundo unha ruta previamente planeada. A liña normalmente está constituída polos convencionais carrís dobres, por monorraíl, ou incluso por levitación magnética. O tren pode ser puxado por unha locomotora ou por unha unidade autoalimentada.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
The Curious Enlightenment of Professor Caritat
The Curious Enlightenment of Professor Caritat ou A Viaxe do profesor Caritat ou as desventuras da razón é un libro de Steven Lukes publicado no ano 1995.
Blogger, unha palabra creada pola Pyra Labs, é un servizo do Google, que ofrece ferramentas para edición e administración de blogs, de xeito similar ao WordPress. Blogger permite a hospedaxe dun número ilimitado de blogs nos servidores do BlogSpot (un servizo equivalente a WordPress.com), ou nun servidor propio do usuario (vía FTP). Os blogs hospedados en BlogSpot inclúen unha barra de navegación do Blogger, que non pode ser removida, a través dalgunha opción da interface do Blogger.
The Videos é un vídeo recompilatorio do dúo de pop sueco Roxette, lanzado en VHS e Laserdisc o 16 de novembro de 1991. Inclúe os vídeos dos singles de éxito dos álbums Look Sharp! e Joyride, como tamén "It Must Have Been Love" do banda sonora da película Pretty Woman e o documental The Making of Joyride.
Camilo José Cela Trulock, nado en Iria Flavia o 11 de maio de 1916 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 2002, foi un escritor galego de sona. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra como La colmena, Mazurca para dos muertos ou La familia de Pascual Duarte. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
Os arquivos de Epstein son unha colección de millóns de documentos, imaxes e vídeos que detallan as actividades criminais do financeiro estadounidense e delincuente sexual infantil condenado Jeffrey Epstein, incluído o seu círculo social de figuras públicas, políticos e famosos. Os arquivos son documentos recompilados como proba nos casos criminais contra Epstein e os seus asociados, almacenados como máis de 300 gigabytea de datos, ademais doutros soportes, no sistema de xestión de casos Sentinel do FBI. Inclúen o seu libro de contactos, os rexistros de voo dos seus avións e documentos xudiciais. Moitos dos rexistros e arquivos relacionados con Epstein pertencen á súa herdanza, que actualmente está dirixida polo avogado Darren Indyke e o contable Richard Kahn.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.