Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eric William Dane, nado o 9 de novembro de 1972 en San Francisco, California, e finado o 19 de febreiro de 2026, foi un actor estadounidense. Logo de facer aparicións na televisión entre os anos 1990 e 2000, acadou recoñecemento internacional por interpretar o Doutor "Mark Sloan" na serie Grey's Anatomy. Tamén participou en producións de cinema ó protagonizar filmes como Marley & Me, Historias do San Valentín, e Burlesque.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Zara Maria Larsson, nada en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013.
Corrección de probas conformacional
A corrección de probas conformacional, corrección de erros conformacional ou selección conformacional é un mecanismo xeral de sistemas de recoñecemento molecular, suxerido por Yonatan Savir e Tsvi Tlusty, no cal introducindo unha barreira enerxética, como unha discordancia estrutural entre un recoñecedor molecular e a súa diana, mellórase a especificidade e calidade do recoñecemento. A corrección de probas ou de erros conformacional non require consumo de enerxía e pode, por tanto, usarse en calquera sistema de recoñecemento molecular. É especialmente útil en situacións nas que o recoñecedor ten que seleccionar a diana apropiada entre moitos competidores similares.
Válvula magnética (refrixeración)
Unha válvula magnética é un dispositivo que se encarga de variar a corrente que circula a través dun solenoide (condutor situado arredor dun émbolo, en forma de bobina) e que se emprega para controlar o fluxo de líquidos ou gases, en posición completamente aberta ou completamente pechada, polo que se lle chaman aparatos de "todo ou nada". Ao circular a corrente polo solenoide xera un campo magnético que atrae ao émbolo móbil, o cal volve a súa posición cando finaliza o efecto do campo magnético, ben pola presión do fluído a controlar, dun resorte ou ben polo efecto da gravidade.
A Santa Compaña ou, mellor, Compaña, é unha procesión de mortos ou de ánimas en pena que percorren de noite os camiños dunha parroquia para anunciar a morte dalgún veciño, disque cun ano de antelación. O mito das procesións de mortos ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa Occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia: Galicia, norte de Portugal e Asturias.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Os Xogos Mediterráneos son unha serie de eventos deportivos e culturais que se engloban dentro do Movemento Olímpico, entre os chamados Xogos Rexionais, celebrados polos países das costas do mar Mediterráneo. É nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 cando sae a idea de organizar uns Xogos nos que só participen os países da contorna do mar Mediterráneo. Farase realidade en 1951, en Alexandría, grazas á labor de Mohamed Taher Pacha.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925 é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah. A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946, antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Arcebispado castrense de España
O arcebispado castrense de España ou ordinariato militar de España (latín: Ordinariatus Militaris Hispaniae) é unha circunscrición eclesiástica da Igrexa católica en España. Encárgase de proporcionar atención pastoral aos católicos que serven nas Forzas Armadas de España e ás súas familias. Trátase dun ordinariato militar latino, inmediatamente suxeito á Santa Sé.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
As árbores na cultura popular galega
As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes. Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
A epistemoloxía (do grego, ἐπιστήμη (epistéme), "coñecemento"; λόγος (logos) , "teoría") é a rama da filosofía que examina a natureza, a orixe e os límites do coñecemento. Tamén chamada teoría do coñecemento, explora diferentes tipos de coñecemento, como o coñecemento proposicional sobre os feitos, o coñecemento práctico en forma de habilidades e o coñecemento por familiaridade como familiaridade a través da experiencia. Os epistemólogos estudan os conceptos de crenza, verdade e xustificación para comprender a natureza do coñecemento.
A devesa de Navalvillar é un espazo natural que se atopa no concello de Colmenar Viejo, Madrid (España). Existen referencias a ela dende o século XI, onde se menciona que o rei Afonso X cazaba osos nas súas paraxes. Dende hai algúns séculos perdeu a súa masa forestal pola venda da madeira para o pago das débedas municipais.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.859.
Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart.
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Emiliano García-Page Sánchez, nado en Toledo o 11 de xuño de 1968, é un político español, actual presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha. Foi alcalde de Toledo e senador por Castela-A Mancha entre 2011 e 2015. Desde febreiro de 2012 é tamén secretario xeral do PSOE de Castela-A Mancha.
Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brate, e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels.
Galería de imaxes de Santa María de Melide, Melide
Santa María de Melide é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Melide.
As células M ou células micropregadas son células que se encontran no epitelio asociado aos folículos linfoides das placas de Peyer das paredes do intestino delgado. Funcionan transportando microorganismos e partículas antixénicas desde a luz intestinal ás células inmunitarias das placas de Peyer a través da barreira epitelial, e deste modo son importantes para estimular a inmunidade nas mucosas. A diferenza das súas células veciñas do epitelio intestinal, teñen a capacidade de tomar os antíxenos da luz intestinal por endocitose ou fagocitose, e cedelos por medio de transcitose ás células dendríticas das placas de Peyer (que son células presentadoras do antíxeno) e aos linfocitos T, situados nunha estrutura con forma de bolsa situada na súa membrana basolateral.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Robert Selden Duvall, nado en San Diego (California) o 5 de xaneiro de 1931 e finado en Middleburg o 15 de febreiro de 2026, foi un actor e director de cine estadounidense gañador dun Premio Óscar ó mellor actor en 1983, un Premio Emmy e catro premios Globo de Ouro, ademais doutros importantes premios. Estaba considerado como un dos cinco mellores actores vivos de Hollywood (o quinteto alcumado The Pantheon), xunto con Robert De Niro, Dustin Hoffman, Al Pacino e Anthony Hopkins.
José Bono Martínez, nado en Salobre (Albacete) o 14 de decembro de 1950, é un avogado e político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Foi presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 1983 e 2004, ministro de Defensa do Goberno de España entre 2004 e 2006 e presidente do Congreso dos Deputados entre 2008 e 2011. Presidiu Castela-A Mancha durante 21 anos e seis lexislaturas consecutivas, vencendo sempre por maioría absoluta.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Die Meistersinger von Nürnberg
Die Meistersinger von Nürnberg (en galego Os mestres cantores de Núremberg) é unha ópera en tres actos con música de Richard Wagner e libreto en alemán do propio compositor. A súa estrea tivo lugar o 21 de xuño de 1868 no Königliches Hof-und Nationaltheater de München, baixo a batuta de Hans von Bülow.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
O Avro Canada CF-100 Canuck (coñecido cariñosamente como "Clunk") foi un reactor caza/interceptor canadense que operou durante a guerra fría tanto en bases da OTAN en Europa como parte do NORAD. O CF-100 foi o único caza de deseño canadense en entrar en produción en masa. Para a súa época, o CF-100 ofrecía engalaxes curtas e unha alta taxa de trepada, facéndoo moi axeitado para o seu rol de interceptor. Os traballos de deseño comezaron en outubro de 1946 en resposta a unha especificación da Real Forza Aérea do Canadá (RCAF) que buscaba un novo caza/interceptor a reacción axeitado para misións de patrulla de longa distancia e operacións en todo o tempo.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O palacio da ópera do Margrave (alemán: Markgräfliches Opernhaus) é unha ópera barroca na cidade de Bayreuth, Alemaña. Construído entre 1745 e 1750, é un dos poucos teatros europeos que se conservan da época e foi amplamente restaurado. O 30 de xuño de 2012, o teatro da ópera inscribiuse na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO pola súa excepcional arquitectura barroca.
Un resorte é un obxecto elástico flexíbel usado para almacenar enerxía mecánica e desprenderse logo dela sen sufrir deformación permanente cando cesan as forzas ou a tensión que o someten. Os resortes son feitos de materiais moi diversos, aceiro ao carbono, aceiro inoxidable, aceiro ao cromo-silicio, cromo-vanadio, bronces, plástico etc, que presentan propiedades elásticas; e cunha gran diversidade de formas e dimensións. Teñen moitas aplicacións, desde cables de conexión até disquetes, produtos de uso cotián, ferramentas especiais ou suspensións de vehículos.
Eduardo Vigo Domingues, é un activista e independentista galego. Vigo foi un dos primeiros independentistas galegos condenados en 2013 por pertencer a Resistência Galega, cunha condena de 18 anos de cárcere, rebaixada posteriormente polo Tribunal Supremo a 13 anos e 9 meses. O 24 de maio de 2024, Rodríguez Fialhega saíu do cárcere da Lama logo de cumprir a condena.
A Game Boy (en xaponés: ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada pola empresa xaponesa Nintendo, que posúe un procesador de 8 bits. Esta consola de cuarta xeración foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy).
O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.