Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Santiago José Carrillo Solares, nado en Xixón o 18 de xaneiro de 1915 e finado en Madrid o 18 de setembro de 2012, foi un político comunista español. Foi secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) desde 1960 até 1982. Combateu na guerra civil española e foi unha figura relevante da oposición ao franquismo e da transición española.
William Anthony Colón Román, coñecido artisticamente coma Willie Colón ou polo alcume El Malo del Bronx, nado na parte sur do Bronx (Nova York) o 28 de abril de 1950 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 2026, foi un cantante, compositor e trombonista estadounidense de orixe portorriqueña. Está casado e ten catro fillos. Está recoñecido coma un dos pioneiros da salsa, movemento musical aparecido na década dos 70.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
A Game Boy (en xaponés: ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada pola empresa xaponesa Nintendo, que posúe un procesador de 8 bits. Esta consola de cuarta xeración foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy).
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e está situada no noroeste do país e da Península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. Toma o nome da súa capital, a cidade da Coruña.
As chamadas matanzas de Paracuellos foron unha serie de episodios de execucións masivas organizadas durante a batalla de Madrid, no transcurso da guerra civil española, que levaron á morte de algo máis de dous mil prisioneiros considerados opostos ao bando republicano. Os feitos desenvolvéronse en dous lugares próximos á cidade de Madrid: as paraxes do regato de San José, en Paracuellos de Jarama, e no souto de Aldovea, no termo municipal de Torrejón de Ardoz. As execucións realizáronse aproveitando os traslados de presos de diversos cárceres madrileños, coñecidos popularmente como sacas, levados a cabo entre o 7 de novembro e o 4 de decembro de 1936, mentres se enfrontaban as tropas gobernamentais e franquistas polo control da cidade.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2026
Os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 (en italiano: Olimpiadi invernali del 2026), oficialmente os XXV Xogos Olímpicos de Inverno e comunmente coñecidos como Milano Cortina 2026, foron un evento multideportivo internacional que tivo lugar do 6 ao 22 de febreiro de 2026 en sitios de Lombardía e o nordés de Italia. A oferta conxunta de Milán e Cortina d'Ampezzo obtivo os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 na 134ª Sesión do COI o 24 de xuño de 2019, superando a oferta conxunta feita por Estocolmo e Åre (Suecia); foron os primeiros Xogos Olímpicos que serán oficialmente copatrocinados por dúas cidades, con Milán organizando principalmente eventos sobre xeo, e os eventos restantes celebrándose en grupos arredor de Cortina, e os vales de Valtellina e Fiemme. Marcaron os terceiros Xogos Olímpicos de Inverno, e o cuarto en xeral, que foi acollido por Italia; Cortina d'Ampezzo acollera previamente os Xogos Olímpicos de Inverno de 1956.
A proteína da síndrome de Bloom é unha proteína que nos humanos está codificada no xene BLM do cromosoma 15 e, de forma anormal, non se expresa na síndrome de Bloom. O produto do xene da síndrome de Bloom está relacionado co subconxunto de RecQ das ADN helicases que conteñen a caixa DExH e teñen tanto actividade de ATPase estimulada polo ADN coma de ADN helicase dependente de ATP. As mutacións que causan a síndrome de Bloom eliminan ou alteran motivos de helicase e poden inutilizar a actividade de helicase 3'→5'. A proteína normal pode actuar suprimindo a recombinación homóloga inapropiada.
Alfonso Armada Comyn, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 2013, foi un ex militar español, que alcanzou notoriedade pola súa participación no intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. Ostentaba o título de marqués de Santa Cruz de Rivadulla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
Zara Maria Larsson, nada en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
El 47 é un filme español de 2024 de drama biográfico dirixido por Marcel Barrena, quen escribiu o guión xunto a Alberto Marini. Está protagonizado por Eduard Fernández, Salva Reina, Carlos Cuevas, Zoe Bonafonte, Clara Segura, Óscar de la Fuente, Lolo Herrero, David Verdaguer, Vicente Romero e María Morera. Estreouse o 6 de setembro de 2024, da man de A Contracorriente Films.
O Entroido de Samede é unha celebración popular e tradicional do entroido que se desenvolve na aldea de Samede da parroquia de San Xulián de Vigo, no concello coruñés de Paderne, na bisbarra de Betanzos. Esquecido durante décadas, foi recuperado recentemente, converténdose nunha das referencias do entroido tradicional galego na provincia da Coruña.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.877.
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Linchamento de Elwood Higginbotham
En setembro de 1935 unha turba branca racista linchou a Elwood Higginbottom na cidade de Oxford, Mississippi, Estados Unidos.
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
A familia da helicase RecQ comprende un conxunto de encimas helicases que se descubriu inicialmente en Escherichia coli que é importante para o mantemento do xenoma. Funcionan catalizando a reacción ATP + H2O → ADP + P por medio da cal impulsan o desenrolamento do ADN apareado e móvense en dirección 3' a 5'.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Mensaxe nunha botella (en inglés: Message in a Bottle) é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Luis Mandoki e baseado na novela homónima de Nicholas Sparks. Está protagonizado por Kevin Costner, Robin Wright e Paul Newman, e foi rodado en Maine, Chicago e Wilmington, Carolina do Norte. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 12 de febreiro de 1999 a través de Warner Bros.
Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Antonín Leopold Dvořák (checo: /antoɲiːn ˈlɛopolt ˈdvor̝aːk/), nado en Nelahozeves o 8 de setembro de 1841 e finado en Praga o 1 de maio de 1904, foi un compositor de posromántico natural de Bohemia -territorio entón pertencente ao Imperio Austríaco-, un dos primeiros compositores checos que acadou recoñecemento mundial e un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Está considerado como un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Empregou frecuentemente ritmos e outros aspectos da música folclórica de Moravia e a súa Bohemia natal, seguindo o exemplo do seu predecesor, o nacionalista da era romántica Bedřich Smetana. Tense descrito o estilo de Dvořák como "a recreación máis completa dun idioma nacional co da tradición sinfónica, absorbendo influencias populares e encontrando formas efectivas de empregalas». Sen perder unha ampla proxección internacional, soubo extraer as esencias da música da súa terra natal.
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
Parque Nacional das Montañas Bale
O Parque Nacional dos Montes Bale é un parque nacional situado en Etiopía. O parque abrangue unha área de aproximadamente 2150 km² nos Montes Bale e na meseta de Sanetti, nas Terras Altas de Etiopía. Os hábitats afromontanos do parque teñen unha das maiores incidencias de endemismo animal de calquera hábitat terrestre do mundo.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026, foi un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017. Usou os pseudónimos Yusuf de Ventosela, María das Falas e Pedro Petouto.
Zagori (en grego Ζαγόρι, en arromanio Zagori) é unha rexión, un concello e un sitio designado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, situado nas montañas Pindo en Epiro, no noroeste de Grecia. A sede do concello é a aldea de Asprangeloi. Ten unha superficie duns 1.000 km² e contén 46 aldeas coñecidas como aldeas de Zagori (ou Zagorochoria ou Zagorohoria), e ten forma de triángulo equilátero invertido.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego, que xoga na demarcación de dianteiro no Celta de Vigo. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no club vigués, sendo o xogador con máis partidos na súa historia (534), así como o seu máximo goleador histórico (217 goles). Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981
O Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, abreviado como 23F ou 23-F, foi un golpe de Estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da Unión de Centro Democrático.
Instinto básico (en inglés: Basic Instinct) é un filme estadounidense neo-noir e suspense erótico de 1992 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por Joe Eszterhas. Está protagonizado por Michael Douglas e Sharon Stone. Conta a historia dun detective da policía, Nick Curran (Douglas), que investiga o caso do brutal asasinato dunha estrela de rock.
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
Eric William Dane, nado o 9 de novembro de 1972 en San Francisco, California, e finado o 19 de febreiro de 2026, foi un actor estadounidense. Logo de facer aparicións na televisión entre os anos 1990 e 2000, acadou recoñecemento internacional por interpretar o Doutor "Mark Sloan" na serie Grey's Anatomy. Tamén participou en producións de cinema ó protagonizar filmes como Marley & Me, Historias do San Valentín, e Burlesque.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Aiko el grupo é unha banda española de punk pop e indie pop formada en Santander en 2019. O conxunto está integrado por Teresa Iñesta, Lara Miera e Bárbara López. A súa música combina elementos do riot grrrl, o o‑fi e o pop de guitarras, caracterizándose por cancións breves, letras irónicas e unha estética deliberadamente desenfadada.
O Creampie é unha modalidade do cinema pornográfico na que logo de exacular un home dentro da vaxina ou ano da súa ou do seu compañeiro sexual, retira o pene e obsérvase o escorregamento do seme a través dos mesmos orificios. É un recurso utilizado no cinema pornográfico duro como alternativa á visualización polo espectador da exaculación externa clásica. Nestes casos o momento da exaculación non se pode gravar pola cámera ao producirse internamente, pero en cambio o espectador pode posteriormente ver como o esperma é expulsado lentamente ó exterior a través de contraccións dos músculos vaxinais ou do esfínter anal.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Acontecementos en Vitoria en 1976
Os acontecementos de Vitoria de 1976 refírense a un feitos ocorridos o 3 de marzo de 1976 na cidade alavesa de Vitoria, no País Vasco, durante a chamada etapa de Transición española. Neles produciuse o enfrontamento da policía armada, da cal o responsable máximo era o daquela ministro Manuel Fraga, con traballadores que realizaban unhas xornadas de folga e que se refuxiaron na igrexa de San Francisco de Agarrades no barrio de Zaramaga, co resultado da morte de 5 deles.