Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
En xenética, a perda de heterocigose (ou de heterocigosidade; PDH, ou LOH na literatura inglesa) é un tipo de anormalidade xenética que se dá en organismos diploides na cal se perde unha copia dun xene completo e da rexión cromosómica que o rodea. Como as células diploides teñen dúas copias de cada xene, unha procedente de cada proxenitor, cando isto ocorre conservará aínda unha copia (só) do xene perdido, pero xa non presentará ningunha heterocigose (lixeiras diferenzas entre as versións do xene herdado ou alelos de cada proxenitor).
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
Paula Ribó González, nada en Barcelona o 30 de abril de 1990, coñecida tamén polo seu alcume Rigoberta Bandini, é unha cantante, actriz de dobraxe e escritora catalá. Foi premiada cun Premio Goya á mellor canción orixinal polo tema Yo solo quiero amor do filme Te estoy amando locamente. Comezou a súa carreira profesional dende nena como actriz de dobraxe na serie de animación Caillou.
Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981
O Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, abreviado como 23F ou 23-F, foi un golpe de Estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da Unión de Centro Democrático.
Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.
Antonio Rodríguez Dovale, coñecido como Toni Dovale, nado na Coruña o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego. Xoga como extremo no Eastern SC, da Primeira División de Hong Kong. Debutou como profesional en 2009 nas filas do Celta de Vigo, e durante os seguintes anos militou en clubs de seis países (España, Estados Unidos, a India, Chipre, Tailandia e Hong Kong).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg, o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre. Os leóns salvaxes viven na África subsahariana e Asia, cunha poboación en perigo crítico ao noroeste da India, tendo desaparecido do norte de África, de Oriente Próximo e do oeste de Asia en tempos históricos.
Coñécese como proceso de El Escorial un xuízo levado a cabo no Mosteiro-Palacio de El Escorial, España, en 1807, como resultado dunha conspiración, intento de golpe de Estado, dirixida por Fernando, príncipe de Asturias, contra seu pai o rei Carlos IV e o seu goberno, dirixido por Manuel Godoy. A trama, coñecida como conspiración de El Escorial, foi pronto descuberta, dando así lugar ao proceso.
A Game Boy Pocket (en xaponés: ゲームボーイポケット, Gēmu Bōi Poketto) é unha consola de videoxogos portátil da cuarta xeración que foi fabricada pola compañía xaponesa Nintendo dende 1996 até 2003, sendo sucedida polas Game Boy Light (esta só no Xapón) e Color en 1998 e a Game Boy Advance en 2001. Houbo varias edicións limitadas da Game Boy Pocket, incluído un modelo de cor metálica dourada exclusivo para o Xapón.
Columbus é a cidade máis grande e capital do estado norteamericano de Ohio. Recibiu ese nome debido ao adiantado Cristovo Colón, foi fundada en 1812 na confluencia dos ríos Scioto e Olentangy, e asumiu as funcións de capital de estado en 1816. A cidade ten unha economía moi diversa baseada na educación, aseguradoras, coidados da saúde e tecnoloxía.
Alfonso Armada Comyn, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 2013, foi un ex militar español, que alcanzou notoriedade pola súa participación no intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. Ostentaba o título de marqués de Santa Cruz de Rivadulla.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Un grupo étnico é un grupo de persoas que se identifican unhas coas outras, ou son identificadas como tal por terceiros, con base en semellanzas culturais ou biolóxicas, ou ambas, reais ou presumidas. Tal como os conceptos de raza e nación, o de etnicidade desenvolveuse no contexto da expansión colonial europea, cando o mercantilismo e o capitalismo promovían movementos globais de poboacións ao mesmo tempo que as fronteiras dos estados eran definidas máis clara e rixidamente. No século XIX, os estados modernos, en xeral, procuraban lexitimidade reclamando a representación de nacións.
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas. Emprégase máis para o desenvolvemento de software, pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido, manter a integridade dos datos, e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A epistemoloxía (do grego, ἐπιστήμη (epistéme), "coñecemento"; λόγος (logos) , "teoría") é a rama da filosofía que examina a natureza, a orixe e os límites do coñecemento. Tamén chamada teoría do coñecemento, explora diferentes tipos de coñecemento, como o coñecemento proposicional sobre os feitos, o coñecemento práctico en forma de habilidades e o coñecemento por familiaridade como familiaridade a través da experiencia. Os epistemólogos estudan os conceptos de crenza, verdade e xustificación para comprender a natureza do coñecemento.
John Arthur Carradine, nado no barrio de Hollywood, nos Ánxeles (California), o 8 de decembro de 1936 e finado en Bangkok o 3 de xuño de 2009, foi un actor estadounidense, máis coñecido polo nome de David Carradine. Acadou sona polo seu traballo na serie de televisión dos anos 70 Kung Fu e máis recentemente coa película Kill Bill. Apareceu en máis de 100 filmes e foi nomeado catro veces a un Globo de Ouro.
Manuel Seoane París, nado en Madrid o 18 de marzo de 1987, é un guitarrista de rock e heavy metal madrileño, de orixe galega. Fíxose coñecido como guitarrista de Ars Amandi e en 2009 creou o seu propio grupo, chamado Burning Kingdom. Posteriormente formou parte de Lujuria durante un par de anos e en 2016 entrou nas bandas Bürdel King, proxecto de Txus di Fellatio paralelo a Mägo de Oz, e Sinbreed, con varios membros de Blind Guardian.
Coa morte nos talóns (en inglés: North by Northwest) é un filme estadounidense de 1959 producido e dirixido por Alfred Hitchcock. Está protagonizado por Cary Grant, Eva Marie Saint e James Mason. O guión foi escrito por Ernest Lehman, que quería escribir "o filme de Hitchcock para rematar todas os filmes de Hitchcock".
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
María Rosa Rodríguez Ramírez, nada en Berazategui (Arxentina) o 18 de outubro de 1993, é unha filóloga, profesora e concursante de televisión galega nada na Arxentina. É coñecida pola súa participación no concurso Pasapalabra de Antena 3, onde foi a primeira muller en superar os 300 programas en competición. O 5 de febreiro de 2026 pasou a ser unha das poucas mulleres en gañar o concurso.
Zeni Geva é unha banda xaponesa de noise rock composta polo cantante e guitarrista KK. Null e o batería Tatsuya Yoshida. Formado en Tokyo in 1987, o nome do grupo podería traducirse aproximadamente como "violencia de cartos" ("Zeni" é un vello termo xaponés para referirse a cartos, e "Geva" vén do alemán "Gewalt," que significa "violencia"). A música de Zeni Geva pode ser diversa e experimental, incorporando elementos que van do death metal e o hardcore punk ata o math rock, rock psicodélico, e noise rock.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.899.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
As actitudes e comportamentos sexuais na Roma antiga reflíctense mediante a arte, literatura e inscricións, e en menor medida por restos arqueolóxicos como artefactos eróticos e arquitectura. Algunhas veces asumiuse que a "licenza sexual ilimitada" era característica da antiga Roma, pero a sexualidade non foi excluída como unha preocupación da mos maiorum, as normas sociais tradicionais que afectaban á vida pública, privada e militar. Pudor, "vergoña, modestia", foron factores reguladores do comportamento, así como as restricións legais a certas transgresións sexuais tanto no período Republicano como no Imperial.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Segisaurus (que quere dicir "lagarto do canón Segi") é un xénero de dinosauro terópodo pequeno que medía aproximadamente 1 metro de lonxitude. O único espécime coñecido foi descuberto nun estrato do Xurásico temperán do canón Tsegi, Arizona, polo cal recibe o seu nome. Segisaurus é o único dinosauro escavado e descuberto nesa área.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Santiago José Carrillo Solares, nado en Xixón o 18 de xaneiro de 1915 e finado en Madrid o 18 de setembro de 2012, foi un político comunista español. Foi secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) desde 1960 até 1982. Combateu na guerra civil española e foi unha figura relevante da oposición ao franquismo e da transición española.
Eleccións municipais de 1979 en Galicia
Tras as eleccións municipais do 8 de abril de 1979, as primeiras dende a recuperación da democracia en Galicia, a distribución das 313 alcaldías galegas quedou así:
Yatsushiro (八代市, やつしろし, Yatsushiro-shi) é un concello e cidade da prefectura de Kumamoto no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kyūshū e ao centro-sur da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 680,59 km² de superficie, unha poboación de 133.280 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 196 h/km².
William Anthony Colón Román, coñecido artisticamente coma Willie Colón ou polo alcume El Malo del Bronx, nado na parte sur do Bronx (Nova York) o 28 de abril de 1950 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 2026, foi un cantante, compositor e trombonista estadounidense de orixe portorriqueña. Está casado e ten catro fillos. Está recoñecido coma un dos pioneiros da salsa, movemento musical aparecido na década dos 70.
Pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia
A pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019. O primeiro caso confirmado en Galicia anunciouse o 4 de marzo de 2020, un paciente de 49 anos procedente de Madrid e que foi ingresado no CHUAC. A data do 19 de agosto de 2021 foron confirmados máis de 175.000 casos e máis de 2.500 mortes.