Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Un dobre enlace ou enlace dobre en química é un enlace químico entre dous elementos químicos no que están implicados catro electróns de enlace en lugar dos habituais dous. O dobre enlace máis común é o que se establece entre dous átomos de carbono, tal como o dos alquenos. Hai moitos tipos de dobre enlace entre dous átomos diferentes, por exemplo no grupo carbonilo entre un átomo de carbono e outro de oxíxeno.
María Rosa Rodríguez Ramírez, nada en Quilmes (Arxentina) o 18 de outubro de 1993, é unha filóloga, profesora e concursante de televisión galega nada na Arxentina. É coñecida pola súa participación no concurso Pasapalabra de Antena 3, onde foi a primeira muller en superar os 300 programas en competición. O 5 de febreiro de 2026 pasou a ser unha das poucas mulleres en gañar o concurso.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2026
Os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 (en italiano: Olimpiadi invernali del 2026), oficialmente os XXV Xogos Olímpicos de Inverno e comunmente coñecido como Milano Cortina 2026, é un próximo evento multideportivo internacional que terá lugar do 6 ao 22 de febreiro de 2026 en sitios de Lombardía e o nordés de Italia. A oferta conxunta de Milán e Cortina d'Ampezzo obtivo os Xogos Olímpicos de Inverno 2026 na 134ª Sesión do COI o 24 de xuño de 2019, superando a oferta conxunta feita por Estocolmo e Åre (Suecia); serán os primeiros Xogos Olímpicos que serán oficialmente copatrocinados por dúas cidades, con Milán organizando principalmente eventos sobre xeo, e os eventos restantes celebraranse en grupos arredor de Cortina, e os vales de Valtellina e Fiemme. Marcarán os terceiros Xogos Olímpicos de Inverno, e o cuarto en xeral, que será acollido por Italia; Cortina d'Ampezzo acollera previamente os Xogos Olímpicos de Inverno de 1956.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A liga dos cantantes extraordinarios
A Liga dos cantantes extraordinarios é un programa musical emitido na TVG no que compiten cantantes de orquestra.
Xosé Antonio Andrade Figueiras
Xosé Antonio Andrade Figueiras, nado en Seavia (Coristanco) en 1957, é un avogado e escritor galego.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
PyMOL é un software de fonte dispoñible dun sistema de visualización de moléculas creado por Warren Lyford DeLano. Comercializouno inicialmente DeLano Scientific LLC, que era unha compañía de software privada dedicada a crear ferramentas útiles que se fixesen accesibles universalmente para as comunidades científicas e educativas. Actualmente comercialízaa Schrödinger, Inc.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Immune Epitope Database and Analysis Resource
A Immune Epitope Database and Analysis Resource ou IEDB (Base de datos de epítopos inmunes e recurso de análise) é un proxecto científico realizado en La Jolla Institute for Allergy and Immunology (LIAI), coa axuda de National Institute of Allergy and Infectious Diseases (NIAID) dos Estados Unidos, que forma parte dos National Institutes of Health (NIH) e o Department of Health and Human Services (HHS). O seu obxectivo é a diseminación de información sobre epítopos inmunes para facilitar a xeración de novas ferramentas de investigación, técnicas de diagnóstico, vacinas e terapias.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Santa Compaña ou, mellor, Compaña, é unha procesión de mortos ou de ánimas en pena que percorren de noite os camiños dunha parroquia para anunciar a morte dalgún veciño, disque cun ano de antelación. O mito das procesións de mortos ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa Occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia: Galicia, norte de Portugal e Asturias.
O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada, lei medieval que permitía aos terratenentes abusaren dos labradores que traballasen e morasen nos terreos da súa propiedade. A queima do Meco no entroido corresponde ao axustizamento violento por parte das masas, que nun acto de rebeldía aforcaran a este ser ao pé dunha figueira.
Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina
Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, nado en Bilbao o 6 de xullo de 1973, máis coñecido como Txeroki, é un membro da banda terrorista ETA, da que asumiu a xefatura militar no 2008 até a súa detención en novembro do mesmo ano.
El diputado é unha película dramática española de 1978 dirixida por Eloy de la Iglesia e protagonizada por José Sacristán. Foi filmada en Madrid e estreada o 20 de outubro de 1978 en España. Na súa trama mistúrase a problemática da homosexualidade da época e a turbulenta vida política na España da transición á democracia.
Sirāt é un filme franco-galego de 2025 coescrito e dirixido por Óliver Laxe. O filme estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025, onde foi nomeado para a Palma de Ouro. Na 83ª edición dos Globos de Ouro foi nomeado ao mellor filme en lingua estranxeira e á mellor banda sonora orixinal (Kangding Ray).Finalmente gañou o Premio do Xurado.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 229.643.
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de preto de 600.000 persoas, a maior de Galicia. Co seu nome homenaxea o escritor Álvaro Cunqueiro.
O neocórtex, tamén chamado neopalio ou isocórtex, é un conxunto de capas do córtex cerebral dos mamíferos que intervén nas funcións cerebrais elevadas como a percepción sensorial, cognición, xeración de ordes motoras, razoamento espacial e linguaxe. O neocórtex subdivídese en isocórtex verdadeiro e o proisocórtex.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Grande Circo Místico é un filme brasileiro de 2018 dirixido e escrito por Cacá Diegues, sendo o seu primeiro filme logo de 12 anos. É unha coprodución entre o Brasil, Francia e Portugal. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018 e foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
As ruínas de Gede son un sitio Patrimonio da Humanidade da UNESCO preto da costa do océano Índico, no leste de Kenya. O sitio está adxacente á cidade de Gede (tamén coñecida como Gedi) no Distrito de Kilifi e dentro do Bosque de Arabuko-Sokoke. Gede é un dos moitos asentamentos costeiros medievais swahili que se estenden desde Barawa, Somalia ata o río Zambezi en Mozambique.
Cámara dos comúns do Reino Unido
A Cámara dos comúns do Reino Unido (en inglés House of Commons e oficialmente The Honourable the Commons of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland in Parliament assembled ) é a cámara baixa do Parlamento do Reino Unido. É un corpo elixido democraticamente formado por 646 membros, coñecidos como membros do Parlamento ou MP. Os membros son elixidos polo sistema electoral maioritario (first past the post), mantendo o cargo ata que se disolve o Parlamento (un máximo de cinco anos). Cada membro é elixido, e representa, un distrito electoral ou constituency.
Mao Tse Tung ou Mao Zedong (en chinés tradicional: 毛澤東; en chinés simplificado: 毛泽东; pinyin: Máo Zédōng; Wade-Giles: Mao2 Tse2-tung1), nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi o máximo dirixente do Partido Comunista da China (PCCh) e da República Popular da China. Baixo o seu liderado, o Partido Comunista fíxose co poder na China continental en 1949, cando se proclamou a nova República Popular, trala vitoria na guerra civil contra as forzas da República da China. A vitoria comunista provocou a fuxida de Chiang Kai-shek e os seus seguidores do Kuomintang para Taiwán e converteu a Mao no líder máximo da China ata a súa morte en 1976.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.
José Carlos Bergantiños Díaz, nado en Parga (Guitiriz) en 1955, é un emprendedor, marchante e galerista galego, coñecido por estar envolto nunha trama de falsificación de obras de arte en Nova York. Tamén está acusado de ser co-responsable do desfalco e o colapso do Banco Peravia na República Dominicana, onde é considerado prófugo da xustiza.
Santo Estevo de Buño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.
A literatura galego-portuguesa ou literatura galaico-portuguesa, é aquela escrita en galego-portugués entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Foi a primeira lírica dos reinos cristiáns peninsulares, despois da dos reinos musulmáns. A literatura galego-portuguesa deste período deu lugar a máis de 2 000 cancións poéticas, compostas por uns 150 trobadores, e espallouse por todo o norte peninsular, de Galiza a Aragón.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de «nacionalidade histórica» situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona). O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Unha unidade de tempo é calquera intervalo particular de tempo, usado como unha forma estándar de medir ou expresar a duración. A unidade base de tempo no Sistema Internacional de Unidades (SI), e por extensión na maior parte do mundo contemporáneo, é o segundo, definido como aproximadamente 9.000 millóns de oscilacións do átomo de cesio. A definición exacta moderna do SI é «[O segundo] defínese tomando o valor numérico fixo da frecuencia do cesio, ΔνCs, a frecuencia de transición hiperfina do estado fundamental non perturbada do átomo de cesio 133, como 9192631770 cando se expresa na unidade Hz, que é igual a s−1».
O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Rondallas é unha película española de comedia dramática de 2025, escrita e dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. Está protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cine de San Sebastián o 22 de setembro de 2025, e estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026 nunhas 150 pantallas, con distribución de Beta Fiction Spain.