Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947 e finado en Madrid o 3 de marzo de 2026, foi un xornalista galego. Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe.
Os picornavirus son un grupo de virus de ARN relacionados sen envoltura clasificados na familia Picornaviridae que infectan vertebrados incluíndo peixes, mamíferos e aves. Son virus que representan unha gran familia de pequenos, virus de ARN monocatenario de sentido positivo cunha cápside icosaédrica de 30 nm. Os virus desta familia poden causar diversas doenzas, como o arrefriado común, poliomielite, meninxite, hepatite e parálise.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Leila Nachawati Rego, nada en Santiago de Compostela en 1978, é unha escritora e activista sirio-galega. É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid e é especialista en temas de Oriente Medio e África. Colabora con varios medios de comunicación estranxeiros como Global Voices Online, Global Voices Advocacy ou a emisora catarí Al Jazeera, e tamén medios españois como El Mundo ou Eldiario.es.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004. Segundo a lei internacional, a illa de Chipre no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Acontecementos en Vitoria en 1976
Os acontecementos de Vitoria de 1976 refírense a un feitos ocorridos o 3 de marzo de 1976 na cidade alavesa de Vitoria, no País Vasco, durante a chamada etapa de Transición española. Neles produciuse o enfrontamento da policía armada, da cal o responsable máximo era o daquela ministro Manuel Fraga, con traballadores que realizaban unhas xornadas de folga e que se refuxiaron na igrexa de San Francisco de Agarrades no barrio de Zaramaga, co resultado da morte de 5 deles.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Los domingos é un filme dramático de 2025 dirixido por Alauda Ruiz de Azúa e protagonizado por Patricia López Arnaiz, Mabel Rivera, Blanca Soroa, Nagore Aranburu e Miguel Garcés. Foi premiada coa Cuncha de Ouro do Festival Internacional de Cine de Donostia. Nos premios Goya de 2026 recibiu cinco galardóns: o de mellor filme, dirección, actriz secundaria, actriz protagonista e guión orixinal.
A moeda de carta é un tipo de diñeiro fiduciario de necesidade impreso en cartón liso e en cartas da baralla, que se utilizou nalgúns momentos para a actividade comercial en varios países e territorios coloniais, como o Canadá, a Guiana Neerlandesa, Nova Francia, a Luisiana Francesa e a propia Francia metropolitana, desde o século XVII ata principios do século XIX. Nos lugares onde se introduciu, adoita ir seguida de altas taxas de inflación. Este instrumento financeiro considérase o primeiro intento de moeda fiduciaria en Francia e en América do Norte.
Marta Hazas Cuesta, nada en Santander o 31 de decembro de 1977, é unha actriz española coñecida polo seu papel de Amelia en El Internado, serie de Antena 3. Tamén participou de forma esporádica en series como Aída, Los hombres de Paco, Cuéntame cómo pasó, Paco y Veva, Hospital Central, El comisario ou Los Serrano entre outras. É licenciada en Xornalismo, e tamén participou nalgunhas películas, como 8 citas.
A Game Boy (en xaponés: ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada pola empresa xaponesa Nintendo, que posúe un procesador de 8 bits. Esta consola de cuarta xeración foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy).
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao». Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte.
Eclipse lunar de marzo de 2026
A eclipse lunar total do 3 de marzo de 2026 é un evento astronómico no que a Lúa pasará completamente a través da sombra da Terra. Será o primeiro das dúas eclipses lunares previstas para este ano 2026 e será visible principalmente no Océano Pacífico e rexións próximas. A segunda eclipse lunar de 2026 será parcial e ocorrerá o 28 de agosto, mentres que a seguinte eclipse lunar total será o 31 de decembro de 2028.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Pravda (en ruso: Правда, a verdade) é un xornal fundado na Unión Soviética, que foi a publicación oficial do Partido Comunista entre 1918 e 1991. Durante a época soviética converteuse nunha das publicacións máis destacadas, cuxo contido tocaba temas como ciencia, política, cultura e economía. Nos países occidentais fíxose moi famoso polas súas declaracións durante a Guerra fría.
Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829). Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 230.047.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
As Trece Rosas é o nome colectivo dado a un grupo de trece novas, a metade delas membros das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU), fusiladas en Madrid o 5 de agosto de 1939, catro meses despois de finalizar a guerra civil española. O 3 de agosto de 1939, a sentenza do fiscal do Consello Permanente de Guerra atopou as Trece Rosas como «responsables dun delito de adhesión á rebelión». As idades das vítimas estaban entre os dezaoito e os vinte e nove anos.
O termo patrón pode referirse a: Padroeiro, advocación dun templo relixioso ou santo considerado protector dunha poboación ou dun determinado grupo; Na relación clientelar da Roma Antiga, patrón (patronus) é a persoa que ocupa a posición dominante; Persoa que está ao mando dunha embarcación, como o patrón costeiro.
Filipe Luís Kasmirski, nado en Jaraguá do Sul (Santa Catarina) o 9 de agosto de 1985, é un adestrador e exfutbolista brasileiro que xogaba como lateral esquerdo. Dende 2024 adestra o Flamengo, do Campionato Brasileiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira como xogador no fútbol europeo, comezando a destacar no Deportivo da Coruña, co que disputou 137 partidos en catro anos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
María de Castela (raíña de Aragón)
María de Castela, nada en Segovia o 1 de setembro de 1401 e finada en Valencia o 4 de outubro de 1458, foi unha infanta de Castela, princesa de Asturias (1402-1405) e raíña de Aragón (1416-1458), polo seu casamento con Afonso V, o Magnánimo. Foi a primeira filla de Henrique III «o Doente» e de Catarina de Lancaster, e irmá de Xoán II de Castela.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 4° canle máis seguida en lingua española e a 18° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
A licenciatura é unha carreira universitaria de longa duración (entre 4 e 6 anos), diferente á arquitectura e á enxeñería, na que xeralmente se imparten cursos máis especializados que nunha diplomatura. Outra diferenza salientable é que en xeral, as licenciaturas créanse en torno a unha área do saber (Química, Literatura, Dereito etc.), mentres que as diplomaturas e outras carreiras de menor duración adóitanse configurar atendendo ás necesidades dun oficio concreto (Óptica, Enxeñería Técnica, Enfermería). As licenciaturas impártense nas facultades.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Marta Bobo Arce nada en Ourense o 18 de marzo de 1966 é unha ex ximnasta galega, dúas veces campioa de España no concurso xeral (1981 e 1983). Debutou con 15 anos nos campionatos mundiais de Múnic en 1981, pero o seu maior logro deportivo foi o noveno posto acadado nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984. Tratábase da primeira edición en que a ximnasia rítmica era deporte olímpico.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
A dos silvioideos (Sylvioidea) é unha superfamilia de paseriformes da suborde dos páseros e infraorde dos paséridos, cuxa subdivisión en familias estivo moi controvertida durante moitos anos, familias que aínda hoxe están situadas por moitos autores dentro da superfamilia dos muscicapoideos. Despois de servir durante moito tempo de categoría caixón de xastre, foi revisada en profunfidade e refundada grazas ao labor de Cracraft et al. no ano 2004, incluíndo a súa separación da superfamilia dos certioideos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Ana Isabel García Llorente, nada en Adamuz (provincia de Córdoba) o 11 de maio de 1991 e finada en Madrid o 2 de marzo de 2017, foi unha artista, cantante, poeta, feminista e politicóloga andaluza, máis coñecida polos seus nomes artísticos Gata Cattana e Ana Sforza Conseguiu combinar diversas temáticas e estilos de tal forma que forxou un rap único cargado de poesía e mensaxes reivindicativas de corte feminista e político, unido ocasionalmente a ritmos flamencos que á súa vez lograba enfocar desde un son máis electrónico. Outras das súas temáticas recorrentes son a cultura de Andalucía, motivos históricos e da mitoloxía da Idade Antiga, en particular da cultura clásica e do antigo Exipto, así como tamén referentes da poesía, a filosofía, o ensaio, a narrativa e a cultura de masas. A diversidade dos seus temas abarcou desde o materialismo dialéctico, o andalucismo político-cultural e a antiglobalización até a introspección, o existencialismo e o seu reflexo na contemporaneidade, sempre desde unha visión feminista social, de igual forma toda a súa obra está marcada por unha procura ou desexo de transcender a Historia por medio da creación artística.
Mahmoud Ahmadinejad (persa: محمود احمدینژاد, Mahmūd Ahmadinezhād Modelo:IPA-fa, é un político iraniano que foi o sexto Presidente de Irán dende 2005 a 2013. Tamén foi o principal líder político da Alianza dos Construtores do Irán Islámico, unha coalición de grupos políticos conservadores do seu país.
As proteínas SSB (single-stranded DNA binding proteins ou proteínas que se unen a ADN monocatenario ou proteínas de unión á febra sinxela) son un conxunto de proteínas encargadas da estabilización do ADN monocatenario xerado pola acción das helicases durante a replicación do ADN, impedindo así que o ADN se renaturalice ou forme estruturas secundarias que impedisen ofuncionamento doutros encimas. Deste xeito o ADN pode servir de molde para a replicación da dobre hélice e evítase que sexa dixerido por nucleases. As proteínas de tipo SSB son unha clase de proteínas que foron identificadas en virus e organismos procariotas e eucariotas desde as bacterias aos humanos.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Tras catro tempadas na terceira categoría, na tempada 2024/25 regresou á Segunda División.
Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
Os Atentados do 11-M ou Atentados do 11M, coñecidos tamén como 11M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede ferroviaria de Madrid. Foron levados a cabo por unha célula xihadista, segundo a investigación policial e as sentenza da Audiencia Nacional e do Tribunal Supremo. Faleceron 193 persoas e arredor de dúas mil resultaron feridas.
O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións. Os escravos están obrigados a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
O Dicionario de dicionarios da lingua galega, ou só Dicionario de dicionarios (DdD), é unha ferramenta lexicográfica dixital que recompila obras lexicográficas da lingua galega dos séculos XIX e XX. Desenvolvido e mantido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do profesor Antón Santamarina, o DdD foi publicado orixinalmente en CD-ROM, e súa versión web ampliou significativamente o seu contido.