Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Unha galaxia elíptica é un tipo de galaxia, cunha forma aproximadamente elipsoidal e unha imaxe suave e case sen trazos característicos. De xeito distinto das galaxias espirais en que hai organización e estrutura, as galaxias elípticas están distribuídas mais igualmente entre as tres dimensións do espazo, sen posuír moita estrutura. As súas estrelas posúen órbitas aleatrias, en contraste coas órbitas planas e organizadas das galaxias espirais.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2026, 72 autores (14 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 64 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño (tres trobadores ligados á ría de Vigo) e en 2025 escolléronse sete mulleres en representación das cantareiras (Adolfina Casás Rama, Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Teresa García Prieto, Asunción Garrido Ameixenda, Prudencia Garrido Ameixenda e Manuela Lema Villar).
Nas plantas espermatófitas, a dispersión de sementes é o movemento, espallamento ou transporte de sementes lonxe da planta parental. As plantas teñen unha mobilidade limitada e dependen dunha variedade de vectores de dispersión para transportaren a súas sementes, incluíndo tanto vectores abióticos, como o vento, coma bióticos, como as aves. As sementes poden dispersarse lonxe da planta parental individualmente ou colectivamente, e tamén dispersarse no espazo e no tempo.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
José Mário dos Santos Mourinho Félix, OIH, nado en Setúbal o 26 de xaneiro de 1963, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de centrocampista. Durante dous anos consecutivos (2004 e 2005), Mourinho foi nomeado o mellor adestrador de fútbol do mundo pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Tras catro tempadas na terceira categoría, na tempada 2024/25 regresou á Segunda División.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc. Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
O estado de alarma é un dos tres réximes de emerxencia contemplados no artigo 116 da Constitución Española de 1978. En concreto, o estado de alarma detállase no punto 2 do devandito artigo. Así mesmo, os seus efectos foron desenvolvidos no artigo 11 da Lei Orgánica 4/1981, dos estados de alarma, excepción e sitio.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
When Johnny Comes Marching Home
"When Johnny Comes Marching Home" é unha canción popular da Guerra Civil Estadounidense, que expresa a morriña da xente polos seus amigos e familiares combatentes na guerra. A canción refírese a un capitán de artillaría lixeira, John O`Rourke, do exército da unión.
María Soledad García Riveiro, nada en Vigo o 30 de novembro de 1976, é unha escritora e ilustradora galega cunha obra caracterizada polo seu compromiso na defensa do idioma galego, da protección do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val Miñor e de Vigo. Autora de 43 obras dentro do proxecto de difusión e prestixio do galego Emocionaria Arte e Literatura.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Os dereitos de autoría (do francés droit d'auteur) é un conxunto de normas e principios que regulan os dereitos morais e patrimoniais que a lei concede ás persoas autoras, polo só feito da creación dunha obra literaria, artística ou científica, tanto publicada ou que aínda non se publicou. Son unha forma de protección proporcionada polas leis vixentes na maioría dos países ás persoas autoras, creadoras, tradutoras, investigadoras ou artistas de obras orixinais, ben sexan literarias, dramáticas, musicais, artísticas e intelectuais. No dereito anglosaxón utilízase a noción de copyright (símbolo ©, traducido literalmente como dereito de copia) que, polo xeral, comprende a parte patrimonial dos dereitos de autoría.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Camilo Blanes Cortés, máis coñecido artisticamente como Camilo Sesto, nado en Alcoi (Provincia de Alacant) o 16 de setembro de 1946 e finado o 8 de setembro de 2019, foi un compositor, cantante e produtor musical español. A súa carreira acadou recoñecemento internacional nas décadas de 1970 e 1980. Está considerado un dos artistas máis influentes e unha das principais voces da música en español.
José María Rodríguez Madoz, máis coñecido como Chema Madoz, nado en Madrid en 1958, é un fotógrafo español. Realizou numerosas exposicións individuais, tanto en España como no estranxeiro, e destacan os seus traballos surrealistas en branco e negro. A súa obra recolle imaxes extraídas de hábiles xogos de imaxinación, nos que perspectivas e texturas tecen as súas imaxes.
Autoeficacia é un concepto da psicoloxía que se refire á crenza dunha persoa na súa capacidade para organizar e executar as accións necesarias para acadar determinados obxectivos ou afrontar situacións concretas. O termo foi desenvolvido por Albert Bandura no marco da súa teoría social cognitiva. A autoeficacia non equivale á confianza xeral nun mesmo nin á autoestima, xa que adoita estar vinculada a tarefas, dominios ou contextos específicos.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.477.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Elena Cazzulani, coñecida familiarmente polo pseudónimo de Ena, nada en Lodi o 23 de decembro de 1920 e finada en Vigevano o 17 de outubro de 2005, foi unha escritora e poetisa italiana; o seu salón literario foi un punto de referencia para a cultura de Lodi e Lombardía en xeral. O concello de Lodi dedicoulle unha rúa en decembro de 2014.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
2004 (MMIV) foi un ano bisesto comezado en xoves, e terminado en venres, segundo o calendario gregoriano; foi ano santo xacobeo, cuarto do terceiro milenio e quinto da década de 2000. Foi designado o Ano Internacional do Arroz polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Foi tamén o Ano do Mono e do elemento madeira, segundo o horóscopo chinés.
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica. Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
Licenza de documentación libre de GNU
A Licenza de documentación libre de GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contido libre. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, "Fundación para o software libre") para o proxecto GNU. Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquera copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Maharbal (en púnico: 𐤌𐤄𐤓𐤁𐤏𐤋; en grego antigo: Μαάρβας) foi un comandante do exército númida a cargo da cabalaría de Haníbal e o seu segundo ao mando durante a segunda guerra púnica. Maharbal era un amigo moi próximo a Haníbal e admirábao moito. A miúdo era crítico para o éxito no campo de batalla de Cartago sobre Roma.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.