Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Queer as Folk (Estados Unidos)
Queer as Folk é unha coprodución televisiva dos Estados Unidos e o Canadá, producida por Showtime e Temple Street Productions e baseada na serie británica do mesmo nome creada por Russell T. Davies. Os guionistas principais son Ron Cowen e Daniel Lipman, que tamén a produciron xunto co presidente de Warner Bros. Televisión, Tony Jonas.
A Inquisición española ou tamén coñecida como Tribunal do Santo Oficio da Inquisición actuou baixo o control dos reis de España de 1478 ata 1834. Esta Inquisición foi o resultado da expansión dos cristiáns fronte aos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns da península ao catolicismo. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada limpeza de sangue contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.
O modelo de mosaico fluído é o modelo da estrutura da membrana celular aceptado actualmente proposto en 1972 por S. J. Singer e Garth Nicolson. Elaborouse facendo estudos de microscopía electrónica, estudos de interaccións hidrófilas e dos enlaces non covalentes (pontes de hidróxeno), e aproveitando o desenvolvemento de técnicas como a criofractura e o contraste negativo. O modelo substituíu o de Davson e Danielli, que se revelou insatisfactorio.
Ignacio de Loyola Rodríguez Scull, coñecido como Arsenio Rodríguez, nado en Matanzas (Cuba) o 30 de agosto de 1911 e finado nos Ánxeles (California) o 31 de decembro de 1971, foi un compositor e intérprete de tres cubano cun importante papel no desenvolvemento do chamado son montuno. A súa formación de conxunto con varias trompetas, definiu un son que, visto en perspectiva, sentou as bases para o desenvolvemento do que que hoxe se coñece como salsa. Foi un prolífico compositor, escribindo preto de 200 cancións.
Ernesto Ekaizer, nado en Bos Aires (Arxentina) en 1949, é un xornalista e escritor arxentino que reside e traballa en España. É autor, entre outros, do libro Indecentes, publicado en 2012, obra que interpreta a crise económica de 2008 en diante e, de maneira específica, a española, como unha estafa á sociedade por parte do sector financeiro nacional e internacional.
O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.
Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O estilo severo é o estilo que floreceu na escultura da Grecia Antiga entre o período Arcaico e o período Clásico, denominando tamén o seu período particular no ámbito da historia da arte escultórica. Tamén por veces é referido como Pre-Clasicismo, Estilo Austero, ou Clasicismo Primitivo. Porén máis do que unha simple transición, o estilo Severo expresa valores estéticos e sociais específicos, xustificando a súa delimitación como un estilo independente.
Thomas Simon, nado en Londres en 1618 e finado probablemente na mesma cidade en 1665, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas inglés, cunha carreira vinculada á Real Casa da Moeda de Londres, na que ocupou o cargo de gravador xefe entre os anos 1645 e 1660. En ocasións, traballaba como gravador sobre deseños creados polo seu irmán Abraham.
Qal'at Bani Hammad (árabe: قلعة بني حماد), tamén coñecido como Qal'a Bani Hammad ou Qal'at do Beni Hammad (entre outras variantes), é unha cidade palatina fortificada en Alxeria. Agora en ruínas, no século XI, serviu como primeira capital da dinastía Hammadid. Atópase nas Montañas Hodna ao nordeste de M'Sila, a unha altitude de 1418 m., e recibe abundante auga das montañas circundantes.
Lista de comunidades autónomas españolas por poboación
Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.
En química, un hidrato é unha substancia que contén auga ou os seus elementos constituíntes. O estado químico da auga varía amplamente entre os diferentes tipos de hidratos, algúns dos cales xa se chamaban así antes de que fose coñecida a súa estrutura química. Tense usado o termo hidrato con estes tres sentidos: Produtos de reaccións de hidratación.
A montaña máxica (en alemán: Der Zauberberg) é unha novela de Thomas Mann que se publicou en 1924. É considerada a novela máis importante do seu autor e un clásico da literatura en lingua alemá do século XX que foi traducido a numerosos idiomas. Thomas Mann comezou a escribir a novela en 1912, por mor dunha visita á súa esposa no Sanatorio Wald de Davos no que se atopaba internada.
Cuanza Norte é unha das 18 provincias de Angola, localizada na rexión central do país. A súa capital é a cidade e comuna de N'dalatando, tamén coñecida como Nadalatando, sede do municipio de Cazengo que, segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, contaba cunha poboación aproximada de 130 000 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 20,56 hab./km².
O teorema de Bell establece que non existe unha teoría de física local baseada en variables ocultas que poida coincidir coas predicións da mecánica cuántica. Desenvolvido por John Stewart Bell, considérase unha importante contribución a favor da mecánica cuántica, en particular do seu carácter contraintuitivo no rexeitamento da localidade, tocando cuestións fundamentais para a filosofía da física moderna.
Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Corporacións democráticas en Santiago de Compostela desde a aprobación da Constitución de 1978.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
As chamadas Guerras fernadinas foron unha serie de disputas polo trono de Castela entre o rei Fernando I de Portugal e o rei Henrique II de Castela e despois polo fillo deste, Xoán I de Castela, tras o asasinato de Pedro o Cruel (ou o Xusticeiro), o último descendente lexítimo da Casa de Borgoña en sentar no trono do Reino de Castela e León, a mans do seu medio irmán Henrique. Pódense dividir en tres fases: entre 1369-1370, 1372-1373 e 1381-1382. Cada un destes tres períodos de guerra acabaron cun tratado de paz: o tratado de Alcoutim (1371), o tratado de Santarém (1373) e o tratado de Elvas (1382).
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa: Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas na Editorial Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
María de Zayas Sotomayor, nada en Madrid en 1590 e finada en 1647, foi unha escritora española do Século de Ouro. As súas novelas curtas tiveron grande éxito e seguíronse reimprimiendo ata que no século XVIII a Inquisición decidiu prohibilas. Foi, xunto a Ana Caro de Mallén e sor Juana Inés da Cruz, unha das tres grandes escritoras do século XVII español.
Ética demostrada segundo a orde xeométrica
Ética demostrada segundo a orde xeométrica (en latín: Ethica ordine geometrico demonstrata ou Ethica more geometrico demonstrata) é considerada a principal obra do filósofo neerlandés Baruch Spinoza. Foi publicada postumamente en 1677, ano da morte do autor. A Ética está organizada segundo un método axiomático-dedutivo inspirado na xeometría euclidiana co obxectivo de garantir a certeza dos resultados.
The Cloverfield Paradox é un filme estadounidense de 2018 de ciencia ficción e terror dirixido por Julius Onah. Foi escrito por Oren Uziel e Doug Jung, e producido por Bad Robot Productions, de J. J. Abrams. É o terceiro filme da franquía Cloverfield, despois de Cloverfield (2008) e 10 Cloverfield Lane (2016).
Pedro María Piqueras Gómez, nado en Albacete o 6 de maio de 1955, é un xornalista español. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, dedicou a maior parte da súa carreira á información en radio e televisión, traballando como presentador de informativos ou programas de actualidade.
O artigo é un determinante actualizador con flexión de xénero e número que concorda co núcleo do sintagma nominal. A súa función é a de acompañar ao substantivo actualizándoo e precisándoo, transformándoo de descoñecido e abstracto ("libro") en coñecido e concreto ("o libro"), situándoo no mundo real. A gramática tradicional distinguía entre artigo determinado (o, a, os, as) e indeterminado (un, unha, uns, unhas), sendo en realidade este último un tipo de cuantificador.
O músculo psoas-ilíaco é un músculo do abdome e da parta anterior da coxa. Está formado por dúas porcións, unha superior, o psoas maior e unha inferior, o ilíaco: Psoas maior: insírese na columna vertebral, nas apófises costiformes na décimo segunda vértebra dorsal e das cinco vértebras lumbares. Descende cara ás porcións ilíacas do coxal.
Vilastrexe, Villestro, Santiago de Compostela
Vilastrexe é un lugar da parroquia de Villestro no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 153 habitantes (73 homes e 80 mulleres).
José Luis Rodríguez Zapatero ( pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.
Teia (falecido o 552 ou 553), tamén coñecido como Teza, Theia, Thila, Thela ou Teias, foi o último rei ostrogodo en Italia. Teia era un oficial que serviu baixo o mando de Tótila e foi elixido o seu sucesor cando este foi derrotado na batalla de Tagina (tamén coñecida como batalla de Busta Gallorum.) No seu camiño cara ao sur de Italia, conseguiu o apoio de prominentes figuras no exército de Tótila - como Scipuar, Gundulf (Indulf), Gibal e Ragnaris - para facer o seu último ataque contra o xeneral bizantino Narsés na batalla de Mons Lactarius, ao sur de Nápoles, en outubro do 553. O exército ostrogodo volveu ser derrotado.
Tom Peter Odell, nado o 24 de novembro de 1990, é un cantautor británico. Lanzou o seu primeiro EP, Songs from Another Love, en 2012 e gañou o premio da Elección dos Críticos dos BRIT Awards a comezos de 2013. O seu primeiro álbum de estudio , Long Way Down, está dispoñíbel desde o 24 de xuño de 2013.
Harry Potter e a pedra filosofal
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo. Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é unha novela de fantasía escrita pola autora británica J. K. Rowling. É a primeira novela da saga Harry Potter e a primeira novela de Rowling, e conta a historia de Harry Potter, un mozo meigo que descobre a súa herdanza máxica no seu undécimo aniversario, cando recibe unha carta de aceptación na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego, que xoga na demarcación de dianteiro no Celta de Vigo. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no club vigués, sendo o xogador con máis partidos na súa historia (534), así como o seu máximo goleador histórico (217 goles). Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Se tiene que morir mucha gente
Se tiene que morir mucha gente é unha serie de televisión española de comedia do ano 2026. Creada e escrita por Victoria Martín, está baseada na súa propia novela homónima. Está protagonizada por Anna Castillo, Macarena García e Laura Weissmahr.