Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A Copa do Mundo de 2026 é a 23ª edición do máximo campionato internacional de seleccións nacionais de fútbol organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo está a ter lugar en 10 cidades dos Estados Unidos, 3 do Canadá e 3 de México, cuxa candidatura conxunta derrotou a de Marrocos o 13 de xuño de 2018 na votación levada a cabo no 68º Congreso da FIFA celebrado en Moscova. É a primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol organizada por tres países, e a primeira con 48 seleccións nacionais participantes, en lugar das 32 de edicións anteriores.
Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Súper Campionato de España de Rallys. Anteriormente competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rallys e no antigo Campionato de España e en 2023 proclamouse campión da Copa de España de Rallys de Asfalto. Álvaro é neto e sobriño de pilotos.
Verónica Fernández de Echegaray, máis coñecida como Verónica Echegui, nada en Madrid o 16 de xuño de 1983 e finada na mesma cidade o 24 de agosto de 2025, foi unha actriz española que se deu a coñecer por protagonizar a película Yo soy la Juani (2006), pola que recibiu un nomeamento aos Premios Goya á mellor actriz revelación. Posteriormente, recibiu nomeamentos como mellor intérprete feminina protagonista por El patio de mi cárcel (2008) e Katmandú, un espejo en el cielo (2011), ademais da mellor intérprete feminina de repartición por Explota Explota (2020). En 2025 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
David Hockney, nado en Bradford o 9 de xullo de 1937 e finado en Londres o 12 de xuño de 2026, foi un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX. O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005. Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.
Heartbrand é unha marca de xeados, propiedade da multinacional Unilever, con sede en Londres (Reino Unido) e Rotterdam (Países Baixos). Creada en 1998, o seu obxectivo era unir varias marcas de empresas especializadas en xeados envasados, previamente adquiridas por Unilever, baixo unha única marca. Por este motivo, o seu nome varía segundo o país, aínda que internacionalmente coñécese como Heartbrand, así polo logotipo en forma de corazón da marca.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
Uyariy (do quechua, "escoitar") é un documental peruano-español de 2025 dirixido por Javier Corcuera que aborda o masacre de Juliaca, ocorrido o 9 de xaneiro de 2023, no contexto do estalido social no Perú entre 2022 e 2023 contra o goberno de Dina Boluarte. A obra recolle testemuños de familiares das vítimas e reflexiona sobre os feitos dende unha perspectiva de memoria e xustiza. O documental foi dirixido e escrito polo cineasta peruano Javier Corcuera, recoñecido por traballos anteriores como La espalda del mundo, Sigo siendo (Kachkaniraqmi) e El viaje de Javier Heraud.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Real Exército Republicano Irlandés (en inglés: Real Irish Republican Army; en irlandés: Arm Poblachtach Ríoga na hÉireann) ou Real IRA (RIRA), foi un grupo paramilitar republicano irlandés disidente que pretendía crear unha Irlanda Unida. Formouse en 1997 despois dunha división na IRA provisional por membros disidentes, que rexeitaron o cesamento do fogo da IRA ese ano. Do mesmo xeito que o IRA Provisional anterior, o IRA Real viuse a si mesmo como o único sucesor lexítimo da Irish Republican Army orixinal e deseñouse simplemente como "the Irish Republican Army" en inglés ou Óglaigh na hÉireann en irlandés.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Sigo siendo (Kachkaniraqmi) é un filme documental dirixido por Javier Corcuera Andrino e rodado en 2012 en diversos lugares do Perú retratando as historias de músicos populares das tres rexións naturais peruanas e as relacións entre eles, así como o retorno dos personaxes aos seus lugares de orixe onde as súas primeiras melodías foron compostas.
Oliver Cromwell, nado en Huntingdon o 25 de abril de 1599 e finado en Londres o 3 de setembro de 1658, foi un líder político e militar inglés, famoso por converter a Inglaterra nunha república denominada Mancomunidade de Inglaterra (en inglés, Commonwealth of England). Durante os corenta primeiros anos da súa vida non foi máis que un labrador xentilhome, pero ascendeu de forma meteórica ata comandar un exército e, eventualmente, impor o seu liderado sobre Inglaterra, Escocia e Irlanda como Lord Protector, do 16 de decembro de 1653 ata o día da súa morte. Cromwell é unha figura moi controvertida na historia inglesa: para algúns historiadores como David Hume e Christopher Hill, non é máis que un ditador rexicida; para outros, como Thomas Carlyle e Samuel Rawson Gardiner, Cromwell é un heroe da loita pola liberdade.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Podiceps andinus é unha especie extinta de mergullón non voador que habitaba na zona húmida de Bogotá na sabana de Bogotá na Cordilleira Oriental dos Andes de Colombia. A especie aínda era abundante no lago de Tota en 1945. A miúdo era considerado unha subespecie do mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), e xeneticamente esta aniñado nel; difire do mergullón de pescozo negro principalmente por ter unha parte dianteira do pescozo de cor marrón avermellada (non negra), e penachos da zona dos oídos de tons máis alaranxados (en vez de amarelos).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Antoni Gaudí Cornet, nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán, recoñecido internacionalmente como un dos xenios máis relevantes da súa disciplina. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre a Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. A súa contribución á arquitectura é única e está considerado como un dos máximos expoñentes do modernismo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego, que dende 2017 adestra o Liceo da Coruña. Considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutou aos 15 anos co Dominicos na División de Honra (actual OK Liga) e con 17 converteuse no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Dominicos, co que gañou a Copa do Rei en 1990, e xogou tamén no Liceo.
Curaçao (/ˈkjʊərəsoʊ, -saʊ, ˌkjʊərəˈsoʊ, -ˈsaʊ/, Holandés: [kyːraːˈsʌu, kuːr-] ( ); papiamento: Kòrsou), oficialmente o País de Curaçao (neerlandés: Land Curaçao; papiamento: Pais Kòrsou), é un país insular nas Antillas Menores no sur do mar Caribe e a rexión do Caribe Holandés, a uns 65 km. ao norte da costa de Venezuela. É un país constituínte do Reino dos Países Baixos.
O masacre de Juliaca corresponde a un episodio violento ocorrido o 9 de xaneiro de 2023, no cal a Policía Nacional do Perú disparou contra os manifestantes en Juliaca durante a paralización de Puno no contexto das protestas de 2023. Cando menos 18 civís, entre manifestantes e transeúntes, resultaron asasinados e máis de 100 resultaron feridos, ademais de que todas as mortes atribuíronse a feridas de bala. Un policía tamén foi asasinado aquel día.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
O babuíno anubis (Papio anubis) é un membro da familia Cercopithecidae (monos do Vello Mundo). A especie é a máis estendida de todas as especies de babuíno: atópase en vinte e cinco países de África, estendéndose desde o sur de Malí até Etiopía e Tanzania. Tamén se atopan poboacións illadas nalgunhas das montañas das rexións do Sáhara.
Os Peares é un núcleo de poboación galego repartido entre catro parroquias de catro concellos pertencentes a dúas provincias. Oficialmente, con este nome existen unha parroquia do concello ourensán da Peroxa e o único lugar desta parroquia. Por extensión úsase este topónimo para referirse ao núcleo de poboación que forman a parroquia e lugar anteriormente mencionados, e mais os lugares do Coitelo no tamén ourensán concello de Nogueira de Ramuín, A Granxa no concello lugués de Carballedo e O Torrón no tamén concello lugués de Pantón.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Instituto Caro y Cuervo é un centro colombiano de estudos superiores en literatura, filoloxía e lingüística da lingua castelá e das linguas nativas de Colombia, chamado así na honra dos humanistas e filólogos colombianos Miguel Antonio Caro e Rufino José Cuervo Urisarri. Creado pola Lei 5a. de 1942, o Instituto posúe unha traxectoria de máis de oitenta anos na salvagarda do patrimonio lingüístico de Colombia.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
En xeoloxía, unha localidade tipo ou área tipo é a localidade xeográfica ou área pola cal foi nomeada unha determinada rocha tipo, unidade estratigráfica ou especie mineral. Contén o estratotipo (sección tipo) ou afloramentos expostos especialmente ben perservados apropiados para un posterior estudo máis amplo da rocha, unidade estratigráfica ou mineral. O concepto é similar ao sitio tipo en arqueoloxía.
A República de Suráfrica é un país situado no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Zimbabwe; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesotho é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.
Michael Joseph Jackson, nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles, foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop", a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
José Ignacio Peleteiro Ramallo, coñecido como Jota Peleteiro ou simplemente Jota, nado na Pobra do Caramiñal o 6 de xuño de 1991, é un exfutbolista galego que xogaba de mediapunta. Formado na canteira do Celta de Vigo, non encontrou sitio no primeiro equipo, polo que saíu cedido primeiro ao Real Madrid Castilla e logo ao Eibar. No club vasco foi un dos xogadores máis destacados da tempada 2013/14, sendo elixido no once ideal da Segunda División, e na antepenúltima xornada de liga anotou o histórico gol que lle deu ao equipo o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia.
Karate Kid (en inglés: The Karate Kid) é un filme estadounidense de 1984 escrito por Robert Mark Kamen e dirixido por John G. Avildsen. Foi o primeiro título da franquía The Karate Kid e está protagonizado por Ralph Macchio, Noriyuki "Pat" Morita e Elisabeth Shue. The Karate Kid conta a historia de Daniel LaRusso (Macchio), un adolescente adestrado en karate polo señor Miyagi (Morita) para axudar a defenderse a si mesmo e competir nun torneo contra os seus abusadores, sendo un deles o ex-mozo da súa noiva Ali Mills (Shue).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 231.910.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que naceu en 2020 coa intención de representar todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Markdown é unha linguaxe de marcado lixeira creada por John Gruber e Aaron Swartz que permite a creación de texto formateado a partir de texto chan. Trata de conseguir a máxima lexibilidade e facilidade de publicación tanto na súa forma de entrada como de saída, inspirándose en moitas convencións existentes para marcar mensaxes de correo electrónico usando texto chan. Distribúese baixo licenza BSD e distribúese como plugin (ou polo menos está dispoñible) en diferentes sistemas de xestión de contidos (CMS).