Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Karl Friedrich Hieronymus von Münchhausen, Barón de Münchhausen, nado o 11 de maio de 1720 en Bodenwerder (Baixa Saxonia) e finado o 22 de febreiro de 1797, foi un militar e señor rural alemán. Os relatos das súas aventuras serviron de base para a célebre serie As Aventuras do Barón de Münchhausen, compiladas por Rudolph Erich Raspe e publicadas en Londres en 1785. Son historias fantásticas e moi esaxeradas, propagadas sobre todo no xénero de literatura xuvenil.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática). A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.
A tumba de Vix, túmulo de Vix ou túmulo da Dama de Vix, é unha tumba principesca das chamadas de carro que apareceu ao escavar a necrópole dun oppidum da cultura de Hallstatt situado xunto á cidade francesa de Vix, no norte de Borgoña, Francia. Forma parte dun importante conxunto prehistórico dos períodos celtas da cultura de Hallstatt e de La Téne, que inclúe un importante asentamento fortificado e varios túmulos.
Ghost Stories (álbum de Coldplay)
Ghost Stories é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Coldplay. Co-producido con Paul Epworth xunto con Daniel Green e Rik Simpson, foi lanzado por Parlophone o 16 de maio de 2014. En Norte América foi lanzado por Atlantic Records o 19 de maio de 2014.
O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo, por ser o día en que a liturxia católica conmemora a san Xaquín e santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús.
A eritroblastose fetal ou doenza hemolítica do neonato é un trastorno sanguíneo no que unha nai produce anticorpos durante o embarazo que atravesan a placenta e se unen aos eritrocitos ou glóbulos vermellos do feto, ocasionando a súa destrución (hemólise) cando a nai e o meniño teñen incompatibilidade de grupo sanguíneo (o feto presenta un grupo sanguíneo ou antíxeno eritrocitario do que a nai carece). A máis coñecida é a incompatibilidade do grupo sanguíneo RhD, na cal a nai é RhD negativa e o feto é RhD positivo. A razón desta doenza é que o sistema inmune da nai considera os eritrocitos Rh+ do bebé como «estraños», e susceptibles de ser atacados polo sistema inmune materno.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Nós - Candidatura Galega foi unha coalición electoral creada para presentarse ás eleccións xerais de 2015 en España e que se presentou nas catro provincias galegas. A formación principal da coalición era o Bloque Nacionalista Galego e acompañárono o Partido Galeguista, Coalición Galega, o Partido Comunista do Pobo Galego e a Fronte Obreira Galega. Tamén recibiu o apoio do alcalde de Lalín, de Compromiso por Galicia, Rafael Cuíña.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Alberto Romero Tomás, nado en Cardona (provincia de Barcelona) o 17 de novembro de 1974, é un humorista, guionista e actor catalán, máis coñecido coma Berto Romero. Participou nos programas de humor Buenafuente (La Sexta) e Buenas noches y Buenafuente (Antena 3), e foi columnista do xornal Público. Actualmente presenta xunto a Andreu Buenafuente o programa de radio da Cadena SER Nadie sabe nada, onde improvisan temas propostos polo público.
As receptor tirosina quinases (RTKs) ou tirosina quinases receptoras son receptores da superficie celular de alta afinidade para moitos polipéptidos que funcionan como factores de crecemento, citocinas e hormonas. Dos 90 xenes únicos de tirosina quinase identificados no xenoma humano, 58 codifican proteínas tirosina quinase receptoras. As receptor tirosina quinases non só son reguladores clave de procesos celulares normais, senón que tamén teñen un papel crítico no desenvolvemento e progresión de moitos tipos de cancro.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Os flamengos (en neerlandés: vlamingen) son un grupo étnico xermánico nativo de Flandres, no norte de Bélxica, que falan neerlandés, especialmente o dialecto histórico falado en Flandres, coñecido como neerlandés flamengo. É un dos dous principais grupos étnicos de Bélxica, sendo o outro o valón. Os flamengos representan a maioría da poboación de Bélxica (arredor dun 60%).
A abadía de Hersfeld (en alemán: Reichsabtei Hersfeld), tamén coñecida como abadía imperial de Hersfeld, foi unha importante abadía imperial (do Sacro Imperio Romano Xermánico, rexida pola orde beneditina, situada en Bad Hersfeld, no norte de Hesse, Alemaña, na confluencia dos ríos Geisa, Haune e Fulda. A súa colexiata é, na actualidade, a maior igrexa románica en ruínas de Europa.
Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976, foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.626.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.
José Torres Mourelle, coñecido como Pepe Torres, nado en Ourense o 8 de outubro de 1901 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1988, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Considerado un dos mellores extremos galegos da historia, destacou especialmente no Deportivo da Coruña das décadas de 1920 e 1930.
NRBQ, acrónimo de New Rhythm and Blues Quintet, foron unha banda de Miami do xénero do power pop e do eclepticismo blues. A banda mestura jazz do estilo de Thelonious Monk co rock, o pop e o rockabilly. O conxunto estivo composto por Terry Adams, Scott Ligon, Casey McDonough e Jake Edwards desde a súa fundación en 1968.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Ad Astra é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido por James Gray. Está protagonizado por Brad Pitt, Tommy Lee Jones, Ruth Negga, Liv Tyler e Donald Sutherland, e conta a historia dun astronauta que vai a espazo na procura do seu pai perdido, cuxo experimento ameaza o Sistema Solar. O proxecto foi anunciado a comezos de 2016, con Gray declarando que quería facer "a representación máis realista dunha viaxe espacial que xamais fose feita nun filme".
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.
O Futbol Club Andorra é un club de fútbol español de Andorra la Vella, en Andorra. Foi fundado en 1942 e o seu terreo de xogo é o Nou Estadi Encamp, con capacidade para 5.600 espectadores. Aínda que pertence ao microestado de Andorra, está afiliado á Federación Catalá de Fútbol e compite nas ligas españolas desde 1948.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico.
O Cinto de asteroides é unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter onde se localiza un gran número de asteroides. O maior deles é 1 Ceres. É o cinto principal de asteroides, xa que existen concentracións de planetoides en áreas como, por exemplo, o espazo entre Xúpiter e Neptuno, onde se localizan os centaurus.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
A masturbación é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua.
Cangas de Morrazo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Supercopa de España de Fútbol 2011
A Supercopa de España de Fútbol 2011 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 14 e 17 de agosto de 2011. Foi disputada polo FC Barcelona, campión da Liga 2010–11 e o Real Madrid, campión da Copa do Rei 2010–11. O Barcelona gañou por 5–4 no global, conseguindo o seu 10º título.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
"Colección Xabarín" e "Colección Xabaril" redirixen aquí, para o contedor de programas infantís da TVG véxase "Xabarín Club". Xabarín (inicialmente "Xabarín" e posteriormente renomeada como "Xabaril") é unha colección de literatura xuvenil (de aventuras, misterio, ficción científica etc) en lingua galega, de Edicións Xerais de Galicia, que botou a andar no ano 1983. Maiormente son traducións de obras da literatura universal, inda que tamén inclúe obras orixinais en galego.