Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Glen Hansard

    Glen Hansard

    Glen Hansard, 21 de abril de 1970 en Dublín – 29 de xullo de 2026 en Dublin, é un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén ten traballado como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.

    172 visitas (↑172 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 172

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    90 visitas (↑66 de onte)51,99,26,226,54,39,39,15,24, 90

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Rudolf Virchow

    Rudolf Virchow

    Rudolf Ludwig Karl Virchow (en alemán [ˈʁuːdɔlf ˈvɪʁço], orixinalmente [ˈfɪʁço]), nado o 13 de outubro de 1821, finado o 5 de setembro de 1902, foi un médico, antropólogo, patólogo, prehistoriador, biólogo, escritor, editor e político alemán. O seu primeiro nome tamén pode aparecer escrito Rudolph (ou Rudolphus en latín), e o terceiro nome tamén se escribe Carl. É coñecido como o "pai da patoloxía moderna" e como o fundador da medicina social, e para os seus colegas como o "Papa da medicina".

    90 visitas (↑61 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,29, 90

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    76 visitas (↑10 de onte)70,81,34,42,61,81,74,53,66, 76

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Hard GZ

    Hard GZ

    Pedro Ruibal Iglesias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1995, máis coñecido polo seu nome artístico Hard GZ, é un rapeiro galego.

    72 visitas (↑72 de onte)0,0,0,0,0,64,31,36,0, 72

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Lucio Martínez Pereda

    Lucio Martínez Pereda

    Lucio Martínez Pereda, nado en Vigo en 1962, é un historiador galego.

    70 visitas (↑70 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 70

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    60 visitas (↑20 de onte)30,31,35,62,56,43,57,42,40, 60

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Xosé Luís Bernal

    Xosé Luís Bernal

    Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco, nado en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1942, é un humorista e actor galego.

    59 visitas (↑42 de onte)0,0,0,0,0,0,21,0,17, 59

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    especial:procurar

    especial:procurar

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    52 visitas (↑17 de onte)101,49,46,37,44,49,95,44,35, 52

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    47 visitas (↑28 de onte)23,25,21,0,20,26,27,17,19, 47

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico con 40 tantos.

    46 visitas (↑9 de onte)16,14,17,0,16,0,19,15,37, 46

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    45 visitas (↓1 de onte)67,74,36,46,57,21,42,45,46, 45

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Kavinsky

    Kavinsky

    Vincent Belorgey, nado en París o 31 de xullo de 1975, é un artista musical máis coñecido como Kavinsky (estilizado como KΔVINϟKY). Os seus estilos son o house francés con lembranzas ás bandas sonoras electro-pop de filmes da década de 1980. Kavinsky dixo que a súa música está inspirada nos moitos filmes que viu cando era un cativo, polo que quedou coas mellores partes deles e consolidounas nun só concepto, a súa música.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Angeliño

    Angeliño

    José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo na Roma, da Serie A italiana. Formado nas canteiras do Bergantiños e do Deportivo da Coruña, desenvolveu a súa carreira como profesional en clubs de sete países diferentes, vestindo as camisetas de Manchester City, New York City, Girona, Mallorca, NAC Breda, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e Roma. É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Alcalde de Trigueros

    Alcalde de Trigueros

    O alcalde de Trigueros preside o concello do municipio, situado na provincia de Huelva (Andalucía, España). Vidal Blanco Domínguez, do Partido Popular, ocupa o cargo desde o 19 de xuño de 2023. A única muller que exerceu como alcaldesa do municipio foi Victoria Caro Regidor, de Izquierda Unida, quen ocupou o posto entre 2011 e 2015.

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    36 visitas (↑6 de onte)66,58,48,55,35,44,46,33,30, 36

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    36 visitas (↑3 de onte)34,44,33,37,24,39,53,29,33, 36

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    José Carlos Suárez García

    José Carlos Suárez García

    José Carlos Suárez García, nado en Vigo o 4 de abril de 1957, é un exfutbolista galego, máis coñecido como Nene Suárez, que xogaba na demarcación de centrocampista.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Relación sexual humana

    Relación sexual humana

    No ser humano chámanse actos sexuais ou relacións sexuais a calquera acto íntimo de carácter sexual celebrados por persoas, en número e xénero variables co obxectivo de dar ou recibir pracer sexual. Neles interveñen aspectos fisiolóxicos, psíquicos, sociais e morais do individuo, entre outros.

    33 visitas (↑33 de onte)15,0,14,0,0,22,0,16,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    33 visitas (↓5 de onte)31,45,26,37,26,44,46,33,38, 33

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Ignacio Rivera Quintana

    Ignacio Rivera Quintana

    Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Once (filme)

    Once (filme)

    Once é un filme irlandés dirixido por John Carney que se estreou no 2007. Está protagonizado por Glen Hansard e Markéta Irglová que interpretan a dous músicos que se coñecen en Dublín, Irlanda. Hansard e Irglová xa tiñan colaborado xuntos como músicos no grupo Swell Season, e eles compuxeron e interpretaron as cancións orixinais do filme.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    De Ninghures

    De Ninghures

    De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.

    30 visitas (↑16 de onte)0,0,16,24,52,72,51,22,14, 30

    8 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    28 visitas (↑28 de onte)25,26,13,22,16,29,22,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Sandía como símbolo palestino

    Sandía como símbolo palestino

    A sandía (en árabe levantino: بطيخ baṭṭīkh) utilizouse como símbolo da perseveranza e resistencia do pobo palestino en protestas e obras de arte, representando a causa palestina no contexto do conflito israelí-palestino. Comezou a usarse como tal en resposta á censura israelí da exhibición da bandeira palestina despois da guerra de 1967, xa que a sandía ten as mesmas cores que a bandeira: vermello, verde, branco e negro.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    26 visitas (↑5 de onte)20,20,22,27,29,32,43,31,21, 26

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    25 visitas (↑4 de onte)34,27,27,21,29,23,30,19,21, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada Pérez, nado en Bande en marzo de 1975, é un político galego do PPdeG.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,24,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Laura Borràs

    Laura Borràs

    Laura Borràs i Castanyer, nada en Barcelona o ​​5 de outubro de 1970, é unha filóloga e política catalá, presidenta da cámara do Parlamento de Cataluña dende marzo de 2021. Foi conselleira de Cultura da Generalitat de Catalunña entre 2018 e 2019. É especialista en teoría da literatura e literatura comparada.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Bewis de la Rosa

    Bewis de la Rosa

    Beatriz del Monte, nada en Madrid en 1994, máis coñecida polo seu nome artístico Bewis de la Rosa, é unha artista española, referente do rap rural en España.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Xosé Freixanes

    Xosé Freixanes

    Xosé María Fernández Freixanes, nado en Pontevedra en 1953 e finado en Madrid o 26 de novembro de 2025, foi un pintor galego. É irmán do empresario e escritor Víctor F. Freixanes.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,27,23,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Posición do can

    Posición do can

    A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.

    23 visitas (↑10 de onte)0,23,17,16,15,25,26,14,13, 23

    9 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    23 visitas (↓1 de onte)20,26,0,17,0,44,22,36,24, 23

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Belye nochi

    Belye nochi

    Belye nochi (en ruso: Белые ночи; en galego: As noites brancas) é unha novela curta de Fiódor Dostoievski, publicada orixinalmente en 1848, nos comezos da súa carreira como escritor. Como moitas das narracións de Dostoievski, a historia cóntaa un narrador anónimo en primeira persoa. Trátase dun home novo que vive en San Petersburgo e sofre pola súa soidade.

    23 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,17, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Bebel García

    Bebel García

    Bebel García García, nado en Ribadeo en 1914 e finado na Coruña o 29 de xullo de 1936, foi un futbolista e político galego.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Mazaricos o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    22 visitas (↑7 de onte)0,0,0,0,15,0,0,0,15, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Luís Iglesia

    Luís Iglesia

    Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego de cine, televisión e teatro, ademais de actor de voz e director de dobraxe.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Odisea

    Odisea

    A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática). A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.

    21 visitas (↓7 de onte)19,21,19,24,19,24,41,0,28, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Isabel Díaz Ayuso

    Isabel Díaz Ayuso

    Isabel Díaz Ayuso, nada en Madrid o 17 de outubro de 1978, é unha política española do Partido Popular, presidenta da Comunidade de Madrid dende agosto de 2019.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Benito Kamelas

    Benito Kamelas

    Benito Kamelas é un grupo de música rock orixinario de Benetússer (provincia de Valencia), fundado en 1997. Teñen unha medalla de prata do seu concello de Benetússer. A canción "He decidido" incluíuse na banda sonora da curtametraxe Volver, de José María Rivero.

    21 visitas (↑8 de onte)0,0,0,15,15,34,19,0,13, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Telmo Martín

    Telmo Martín

    Telmo Martín González, nado en Xil (Meaño) o 16 de agosto de 1958, é un político e empresario da construción galego.

    21 visitas (↑1 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,20, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    William Shakespeare

    William Shakespeare

    William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino de Inglaterra, c. 23 de abril de 1564xul. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado ib o 23 de abrilxul./ 3 de maio de 1616greg.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Astrid Gil-Casares

    Astrid Gil-Casares

    Astrid Gil-Casares Marlier, nada en Madrid o 16 de febreiro de 1973, é unha economista e escritora española de familia galega.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Moncho Reboiras

    Moncho Reboiras

    Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, nado en Imo, concello de Dodro, o 19 de xaneiro de 1950 e finado en Ferrol o 12 de agosto de 1975, foi un dirixente político nacionalista galego da UPG e opositor á ditadura franquista.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,24,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    19 visitas (↑7 de onte)0,0,17,18,16,0,0,0,12, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Sonsoles Espinosa

    Sonsoles Espinosa

    Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é unha xurista, soprano e profesora de música española.

    18 visitas (↓1 de onte)0,26,42,93,37,0,0,0,19, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.663.

    18 visitas (↓11 de onte)0,15,13,0,14,18,24,21,29, 18

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Moeda sikh

    Moeda sikh

    A moeda sikh é a emitida por varios estados sikh con fins comerciais e como símbolos de soberanía. Estas moedas poden variar segundo a rexión, como Majha fronte a Malwa ou Trans-Sutlej fronte a Cis-Sutlej. Descubríronse moedas de varios estados sikh, sinaladamente do efémero estado de Banda, dos misls da Confederación Sikh e do Imperio Sikh, e moedas das entidades políticas sikh de Patiala, Nabha, Jind, Bhadaur, Kaithal, Kalsia, Faridkot e Buria/Jagadhri.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Rafael María de Labra Cadrana

    Rafael María de Labra Cadrana

    Rafael María de Labra Cadrana (A Habana, 7 de setembro de 1840 – Madrid, 16 de abril de 1918) foi un ideólogo, político español, liberal e republicano, destacado abolicionista e prolífico escritor.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Lista de apelidos galegos

    Lista de apelidos galegos

    Segundo o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, existen máis de 6000 apelidos galegos, que corresponden aproximadamente co 95% da poboación galega. Ao longo dos Séculos Escuros, moitos apelidos fóronse, ben adaptándose foneticamente ao español: *Feijoo/Feixoo, ben substituíndo polos seus equivalentes casteláns *Iglesias/Igrexas ou Eirexas. Por tanto, apelidos moi abundantes como Otero ou Alonso non proceden, na maior parte dos casos, de xente que viñese de fóra de Galiza, senón de transformacións que sufriron apelidos xenuinamente galegos (Outeiro e Afonso, neste caso).

    18 visitas (↑6 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,12, 18

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Gazella gazella

    Gazella gazella

    Gazella gazella é unha especie de gacela que está distribuída ampla pero desigualmente no Levante mediterráneo. Segundo datos de 2024, quedan aproximadamente 6.000 exemplares na natureza. A especie está protexida pola lei israelí, sendo Israel o derradeiro santuario importante da especie no Levante.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Juan Carlos Rodríguez Cebrián

    Juan Carlos Rodríguez Cebrián

    Juan Carlos Rodríguez Cebrián, nado en Ourense en maio de 1954, é un empresario galego, que foi director xeral de Inditex a finais do século XX.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Comarcas de Galicia

    Comarcas de Galicia

    En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Gianni Infantino

    Gianni Infantino

    Gianni Infantino, nado en Brig-Glis o 23 de marzo de 1970, é un avogado suízo de ascendencia italiana vinculado administrativamente ao mundo do fútbol.

    17 visitas (↑17 de onte)83,42,48,15,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Ignacio Herrero Fuentes

    Ignacio Herrero Fuentes

    Ignacio Herrero Fuentes, nado en Pedrafita do Cebreiro o 6 de abril de 1909 e finado en San Carlos-Cojedes (Venezuela) en 2001, foi un mestre e político galego.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    16 visitas (↑2 de onte)0,0,0,0,0,159,99,14,14, 16

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    544

    544

    16 visitas (↑3 de onte)0,0,0,0,0,21,25,0,13, 16

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Eclipse solar do 12 de agosto de 2026

    Eclipse solar do 12 de agosto de 2026

    A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Carmela López Moreno

    Carmela López Moreno

    María del Carmen Carmela López Moreno, nada en Burela en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Loureiro, Cerdedo Cotobade

    Loureiro, Cerdedo Cotobade

    Santiago de Loureiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 151 habitantes (65 homes e 86 mulleres), 30 menos ca en 2004. Ten dez entidades de poboación.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Xosé Lois Romero

    Xosé Lois Romero

    Xosé Lois Romero Cajigal, nado o 4 de setembro de 1970 en Mera (Oleiros), é un músico e compositor galego.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,23,19,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Segunda guerra mundial

    Segunda guerra mundial

    A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.

    16 visitas (↑2 de onte)13,0,13,0,19,0,0,0,14, 16

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Jared Leto

    Jared Leto

    Jared Joseph Leto (nado o 26 de decembro de 1971 en Bossier City, Luisiana) é un músico, actor, director e produtor estadounidense. É o vocalista e guitarrista rítmico da banda 30 Seconds to Mars, banda que formou en 1998 xunto co seu irmán máis vello Shannon Leto. Como actor traballou tanto en grandes producións de Hollywood como en filmes independentes e aparece en películas como Fight Club (O club da loita), Requiem for a Dream (Requiem por un soño) ou The Thin Red Line (A delgada liña vermella) entre outras.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Jesús Rey Alvite

    Jesús Rey Alvite

    Jesús Segundo Rey Alvite, tamén coñecido polo pseudónimo Jersaef, nado en Portor (Negreira) o 26 de agosto de 1878 e finado en Vilagarcía de Arousa o 5 de outubro de 1941, foi un mestre, xornalista e escritor galego.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Markéta Irglová

    Markéta Irglová

    Markéta Irglová, nada o 28 de febreiro de 1988 en Valašské Meziříčí, é unha compositora, cantante e actriz checa. Reside na cidade de Nova York dende o 2010.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez, nada no Castro de Caldelas o 15 de decembro de 1983, é unha xornalista galega.

    15 visitas (↓2 de onte)0,0,0,18,60,39,0,25,17, 15

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Camariñas

    Camariñas

    Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán ou camariñés.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Sanxenxo

    Sanxenxo

    Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 tiña 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O xentilicio é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

    15 visitas (↑3 de onte)0,0,14,0,0,0,0,0,12, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Cristina Gómez Dobarrio

    Cristina Gómez Dobarrio

    Cristina Gómez Dobarrio, nada en Verín en 1974, é unha arquitecta técnica, apicultora e política galega do PSdeG-PSOE. Desde 2026 é alcaldesa de Castrelo do Val, a primeira muller en ocupar a alcaldía do concello desde a restauración democrática.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Socialismo

    Socialismo

    O socialismo é unha corrente filosófica política, social e económica, e unha ideoloxía, que abarca unha gama de sistemas socioeconómicos caracterizados pola propiedade social dos medios de produción, e a autoxestión de empresas por parte dos traballadores. Inclúe teorías políticas e os movementos asociados con tales sistemas. A propiedade social pode ser pública, colectiva ou cooperativa.

    15 visitas (↓52 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,67, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    15 visitas (↑3 de onte)29,26,22,19,21,26,52,23,12, 15

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Cinema pornográfico

    Cinema pornográfico

    O cinema pornográfico apareceu rapidamente despois da creación da tecnoloxía de filmes, que fixo que ese tipo de filme fose posíbel. Este cine proxecta, de maneira máis ou menos explícita, os distintos tipos de pornografía.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Estados Unidos de América

    Estados Unidos de América

    Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.

    15 visitas (↑15 de onte)15,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Vicente Gómez García

    Vicente Gómez García

    Vicente Gómez García, nado en Nocedo do Val (Castrelo do Val) en 1954 e finado en Ourense o 16 de xullo de 2026, foi un político galego do PSdeG-PSOE que foi alcalde do seu concello durante máis de dúas décadas.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Vidal Blanco Domínguez

    Vidal Blanco Domínguez

    Vidal Blanco Domínguez, nado en Huelva en 1977, é un profesor de ioga español e político do Partido Popular.

    15 visitas (↓58 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,73, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    14 visitas (↑14 de onte)20,0,0,0,14,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Resposta sexual humana

    Resposta sexual humana

    Chámase resposta sexual humana ó conxunto de cambios psicofisiolóxicos que se producen no corpo humano ante un estímulo sexual, sexa cal for a fonte de desexo ou de excitación. Estes cambios prodúcense en calquera tipo de relación sexual e en calquera conduta sexual, e poden terminar en orgasmo ou non. No ámbito fisiolóxico, os cambios máis significativos que experimenta o corpo son: Afluencia de sangue ós vasos sanguíneos: as veas dilátanse e énchense de sangue (vasoconxestión), o cal provoca que o pene e o clítoris se poñan erectos.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    José Pérez Martínez

    José Pérez Martínez

    José Pérez Martínez, nado cara a 1881 e finado en Ribeira o 6 de maio de 1949, foi un industrial e político galego.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Tom Holland (actor)

    Tom Holland (actor)

    Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Historia do socialismo

    Historia do socialismo

    A historia do socialismo relata a evolución intelectual e política das doutrinas que defenden a propiedade colectiva ou estatal dos medios de produción co fin de redistribuír a riqueza e abolir os antagonismos de clase, xurdidas principalmente na Europa de comezos do século XIX como reacción ás dislocacións da industrialización e ás críticas ilustradas á desigualdade. Os socialistas utópicos, como Henri de Saint-Simon, Charles Fourier e Robert Owen, imaxinaron comunidades cooperativas voluntarias para harmonizar as relacións sociais e paliar a pobreza, como exemplifican asentamentos experimentais como New Harmony, en Indiana, aínda que estes esforzos fracasaron en gran medida debido a incompatibilidades prácticas cos incentivos e coa organización humanas. Pola contra, Karl Marx e Friedrich Engels formularon o «socialismo científico» na década de 1840, analizando as contradicións dialécticas do capitalismo como motor do progreso histórico cara á revolución proletaria e a unha sociedade sen clases, o que influíu na teoría e nos movementos marxistas posteriores.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Pontegadea

    Pontegadea

    Pontegadea é unha empresa galega adicada á xestión de activos inmobiliarios e ao investimento financeiro. Move máis de 20 000 millóns de euros ao ano. O seu único accionista é Amancio Ortega.

    14 visitas (↑2 de onte)0,0,0,0,20,0,0,20,12, 14

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    14 visitas (↓2 de onte)19,29,18,19,23,0,0,13,16, 14

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    14 visitas (↓13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,27, 14

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    HTTP 404

    HTTP 404

    HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,22,0,15,17,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Ourense

    Ourense

    Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Ourense tiña 104.891 habitantes (IGE 2024).

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,14,0,0,0,18,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Zendaya

    Zendaya

    Zendaya Maree Stoermer Coleman, nada o 1 de setembro de 1996 en Oakland, é unha actriz e cantante estadounidense. Gañadora de numerosos premios de elevado prestixio no cine, entre os que se atopan dous Premios Emmy, un Globo de Ouro e un Critics Choice Award.

    14 visitas (↑14 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 14

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Sílvia Orriols

    Sílvia Orriols

    Sílvia Orriols i Serra, nada en Vic en 1984, é unha política catalá, presidenta do partido político independentista e islamófobo Aliança Catalana. Foi candidata á alcaldía de Ripoll nas eleccións municipais de 2019 e 2023, e é alcaldesa dende o 17 de xuño de 2023.

    13 visitas (↑13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 13

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Vigo

    Vigo

    Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.

    13 visitas (↓1 de onte)0,17,0,18,0,0,0,0,14, 13

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    13 visitas (↓1 de onte)20,22,17,0,27,0,20,27,14, 13

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    13 visitas (↑13 de onte)15,14,0,0,0,22,0,18,0, 13

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Campo da Leña (A Coruña)

    Campo da Leña (A Coruña)

    O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.

    13 visitas (↑13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 13

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    A Fonsagrada

    A Fonsagrada

    A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia.

    13 visitas (↑13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 13

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    13 visitas (↓6 de onte)30,25,21,26,27,19,33,17,19, 13

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Estatua de Che Guevara en Oleiros

    Estatua de Che Guevara en Oleiros

    A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.

    13 visitas (↑13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 13

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Abel Caballero

    Abel Caballero

    Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego.

    13 visitas (↑13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 13

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Pedro Theon

    Pedro Theon

    Pedro Theon, orixinalmente Petrus Theon, falecido despois de 867, foi un nobre galego, pai do primeiro conde portucalense Vímara Pérez.

    12 visitas (↑12 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 12

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Lista das aves de Galicia

    Lista das aves de Galicia

    A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

    12 visitas (↑12 de onte)0,0,0,16,0,0,0,16,0, 12

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Asociación Internacional dos Traballadores

    Asociación Internacional dos Traballadores

    A Asociación Internacional dos Traballadores (AIT, ou IWA) é unha organización transnacional anarquista que une a sindicatos de diferentes países de ideoloxía antiautoritaria, na súa maioría anarcosindicalistas, aínda que tamén federa organizacións de traballadores con fins revolucionarias. O seu lema oficial na actualidade é: «Contra a globalización, internacionalismo proletario. Nin guerra entre pobos nin paz entre clases».

    12 visitas (↑12 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 12

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Unto Vello

    Unto Vello

    Unto Vello é un grupo de música tradicional galega creado en 2024 por Bieito Pereira (Brandeso, Arzúa) e Xabi Gómez (Brens, Cee).

    12 visitas (↑12 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 12

    1 días na lista

    🔍 🗞️