Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Víctor Coyote

    Víctor Coyote

    Víctor María Aparicio Abundancia, máis coñecido como Víctor Coyote, nado en Tui en 1958 e finado en Marugán (provincia de Segovia) o 13 de agosto de 2026, foi un artista polifacético galego.

    481 visitas (↑481 de onte), 481

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Sito Mariño

    Sito Mariño

    Sito Mariño, nado en Arzúa en 1948, é un cantante e empresario galego con ampla traxectoria na música como solista e recoñecido pola súa dedicación ao sector galego.

    374 visitas (↑374 de onte), 374

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    180 visitas (↑180 de onte), 180

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Castro, Cerdedo-Cotobade

    Castro, Cerdedo-Cotobade

    156 visitas (↑156 de onte), 156

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Dirty Loops

    Dirty Loops

    Dirty Loops é un grupo de jazz fusión formado en Estocolmo, Suecia. Está formado por tres membros: o pianista e cantante Jonah Nilsson, o baixista Henrik Linder e o batería Aron Mellergård, que se coñeceron mentres estudaban jazz e produción musical na Real Academia Sueca de Música.

    148 visitas (↑148 de onte), 148

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    De Vacas

    De Vacas

    De Vacas é un cuarteto musical formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia). O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido.

    130 visitas (↑130 de onte), 130

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Juan Antonio Gago de Mendoza

    Juan Antonio Gago de Mendoza

    Juan Antonio Gago de Mendoza, nado na Brea, Seixo, Marín (daquela pertencente á parroquia de San Tomé de Piñeiro) o 7 de novembro de 1761 e finado no verán de 1833, foi un mariñeiro e militar galego.

    119 visitas (↑119 de onte), 119

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    72 visitas (↑72 de onte), 72

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    71 visitas (↑71 de onte), 71

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    George Monck

    George Monck

    George Monck, Iº duque de Albemarle, nado en Potheridge o 6 de decembro de 1608 e finado en Londres o 3 de xaneiro de 1670, foi un militar e político inglés. Desenvolveu unha longa carreira militar ao servizo de diferentes réximes e bandos durante as Guerras dos Tres Reinos e desempeñou un papel decisivo nos acontecementos que levaron á Restauración inglesa de 1660 e ao regreso de Carlos II ao trono. Ao longo da súa carreira serviu primeiro á Coroa, posteriormente ao Parlamento e á Commonwealth de Inglaterra, e finalmente á monarquía restaurada.

    66 visitas (↑66 de onte), 66

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Daniel Chamosa

    Daniel Chamosa

    Daniel Chamosa Dacasa, nado en Pontevedra o 4 de maio de 1997, é un atleta galego que compite en marcha. É irmán da tamén atleta Antía Chamosa.

    60 visitas (↑60 de onte), 60

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Manuel Jesús Orellana Cid

    Manuel Jesús Orellana Cid

    Manuel Jesús Orellana Cid, nado en Sevilla o 21 de febreiro de 1992, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.

    49 visitas (↑49 de onte), 49

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    48 visitas (↑48 de onte), 48

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez, nada no Castro de Caldelas o 15 de decembro de 1983, é unha xornalista galega.

    46 visitas (↑46 de onte), 46

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Ontario

    Ontario

    Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.

    44 visitas (↑44 de onte), 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    43 visitas (↑43 de onte), 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Día Internacional dos Traballadores

    Día Internacional dos Traballadores

    O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.

    42 visitas (↑42 de onte), 42

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Fascismo árabe

    Fascismo árabe

    O fascismo árabe é unha ideoloxía de extrema dereita que combina o fascismo co nacionalismo árabe.

    40 visitas (↑40 de onte), 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Rakel Winchester

    Rakel Winchester

    Rakel Winchester é o nome dunha banda de música cordobesa liderada por Raquel Riquelme, a quen artisticamente tamén se coñece como Rakel Winchester. Mesturan pop con rock e flamenco. As letras son sempre en clave humorística e de temática sexual.

    39 visitas (↑39 de onte), 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    MDA5

    MDA5

    MDA5 (proteína asociada á diferenciación do melanoma 5) é un receptor similar a RIG-I do encima helicase de ARN bicatenario que está codificadao en humanos no xene IFIH1 do cromosoma 2. MDA5 forma parte da familia dos receptores similares a RIG-I (RLR), que tamén inclúe a RIG-I e LGP2, e funciona como un receptor de recoñecemento de padrón con capacidade de detectar virus. Pénsase xeralmente que MDA5 recoñece ARN bicatenario (ou dsRNA) duns 2000 nucleótidos de lonxitude; porén, sábese que mentres que MDA5 pode detectar e unirse ao ARN bicatenario citoplasmático, tamén é activado por un complexo de ARN de alto peso molecular composto de ARN monocatenario (ssRNA) e bicatenario (dsRNA).

    39 visitas (↑39 de onte), 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Jesús Peleteiro Suárez

    Jesús Peleteiro Suárez

    Jesús Ramón Peleteiro Suárez é un xornalista galego que traballa na Televisión de Galicia.

    38 visitas (↑38 de onte), 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    38 visitas (↑38 de onte), 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    37 visitas (↑37 de onte), 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    36 visitas (↑36 de onte), 36

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Tamara Canosa

    Tamara Canosa

    Tamara Canosa Ferrío, nada na Coruña o 12 de abril[Cómpre referencia] de 1983, é unha actriz e directora de teatro galega.

    34 visitas (↑34 de onte), 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    34 visitas (↑34 de onte), 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Rocío Delgado

    Rocío Delgado

    Rocío Delgado Parada, máis coñecida como Rocío Delgado, nada en Vigo o 16 de xullo de 1985, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Pazo de Chirleu

    Pazo de Chirleu

    O pazo de Chirleu é unha casa grande situada no lugar de Aguete (Seixo, Marín). Debe o seu nome á punta Chirleu.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Rusia

    Rusia

    Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.

    31 visitas (↑31 de onte), 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Real Club Celta de Vigo

    Real Club Celta de Vigo

    O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.

    31 visitas (↑31 de onte), 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    30 visitas (↑30 de onte), 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Océano Eskizo

    Océano Eskizo

    Océano Eskizo é unha agrupación de músicos de rock coruñesa que fixo a súa aparición en 2025. Liderada por Xosé Manuel Pereiro, xunta xente que antes estivera tocando noutros grupos da cidade da Coruña, especialemente Radio Océano e Los Eskizos, e de aí vénlle o nome.

    29 visitas (↑29 de onte), 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Presidente de Irlanda

    Presidente de Irlanda

    O presidente é o xefe de estado de Irlanda. O seu nome en lingua irlandesa é Uachtarán na hÉireann. É elixido pola poboación para un período de 7 anos, e pode reelixirse unha vez.

    28 visitas (↑28 de onte), 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Antía Chamosa

    Antía Chamosa

    Antía Chamosa Dacasa, nada en Pontevedra o 7 de outubro de 1999, é unha atleta galega que compite en marcha. Foi campioa de España nos 10.000 metros marcha en 2020 e dos 35 km en 2025, e gañou unha medalla de bronce no Campionato de Europa Sub-23 de Atletismo de 2021, na proba de 20 km marcha. É irmá do tamén atleta Daniel Chamosa.

    28 visitas (↑28 de onte), 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Iván Ferreiro

    Iván Ferreiro

    Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Bulgaria

    Bulgaria

    Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.

    26 visitas (↑26 de onte), 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Real Madrid Club de Fútbol

    Real Madrid Club de Fútbol

    O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.

    26 visitas (↑26 de onte), 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Rober Cagiao

    Rober Cagiao

    Roberto López Cagiao, máis coñecido como Rober Cagiao ou Rober H.L. Cagiao, nado en Bañobre en 1976, é un escritor galego de novela negra en lingua castelá e lingua galega.

    26 visitas (↑26 de onte), 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Augusto Pinochet

    Augusto Pinochet

    Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Alana

    Alana

    Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Alxeria

    Alxeria

    Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Trofeo Teresa Herrera

    Trofeo Teresa Herrera

    O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido (81) e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Xosé Luís Blanco Campaña

    Xosé Luís Blanco Campaña

    Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Fidel Fernán

    Fidel Fernán

    Jesús Fidel Fernández Bello, máis coñecido como Fidel Fernán, nado en Cospeito o 25 de abril de 1954, é un comunicador, empresario e político galego.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Constelación

    Constelación

    Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Economía dos Estados Unidos de América

    Economía dos Estados Unidos de América

    A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Greensboro, Carolina do Norte

    Greensboro, Carolina do Norte

    Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Utah Jazz

    Utah Jazz

    Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Selección de fútbol do Perú

    Selección de fútbol do Perú

    A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Historia do cinema

    Historia do cinema

    A historia do cinema como espectáculo comeza en París o 28 de decembro de 1895, data da primeira exhibición pública en París.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Valentino Rossi

    Valentino Rossi

    Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Roi Casal

    Roi Casal

    Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Marco Antonio

    Marco Antonio

    Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Jesús Vázquez Almuíña

    Jesús Vázquez Almuíña

    Jesús Vázquez Almuíña, chamado Sito, nado en Baiona en 1962, é un médico e político galego, que foi conselleiro de Sanidade de 2015 a 2020 e alcalde de Baiona de 2004 a 2015 e de novo desde 2023.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Nuno García Pico

    Nuno García Pico

    Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Chaíño (Frexulfe, O Valadouro) o 26 de maio de 1995, é un músico galego. Aveciñado en Compostela, formou en 2015 o grupo Oh! Ayatollah, do que foi cantante e teclista e co que publicou un disco en 2018.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Hurling

    Hurling

    O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    NBA

    NBA

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Bandeira da República Popular da China

    Bandeira da República Popular da China

    A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    RIG-I

    RIG-I

    RIG-I (xene inducible polo ácido retinoico I) é un receptor de recoñecemento de padrón (PRR) citosólico que pode funcionar como mediador da indución da resposta dun interferón tipo I (IFN1), codificado en humanos polo xene DDX58 (polipéptido de caixa DEAD 58) do cromosoma 9. RIG-I é unha molécula esencial no sistema inmunitario innato para o recoñecemento de células que foron infectadas por un virus, incluíndo, entre outros, o virus do Nilo Occidental, virus da encefalite xaponesa, virus da gripe A, virus Sendai, flavivirus, e coronavirus. RIG-I é unha ARN helicase de caixa DExD/H dependente do ATP activada por tipos específicos de ARN. RIG-I recoñece ARN bicatenario (dsRNA) curto no citosol cun extremo 5' tri- ou difosfato (ppN, pppN) ou unha carapucha 5' 7-metil guanosina (m7G) (cap-0) sen unha modificación 2′-O-metil ribosa na seguinte unidade (cap-0).

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Xeografía de Naruto

    Xeografía de Naruto

    A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Louisville, Kentucky

    Louisville, Kentucky

    Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición).

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Yomiuri Giants

    Yomiuri Giants

    Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Gran Premio de México de 2017

    Gran Premio de México de 2017

    O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Mandato británico de Palestina

    Mandato británico de Palestina

    O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Pablo González Meixús

    Pablo González Meixús

    Pablo González Meixús, nado en Pontevedra o 21 de maio de 2003, tamén coñecido como Pablo Meixús, é un futbolista galego. Na tempada 2024-25 xoga como defensa no Celta Fortuna, o filial do Real Club Celta de Vigo.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Viva Suecia

    Viva Suecia

    Viva Suecia é un grupo de música indie rock formado en Murcia en 2013.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Valencia CF

    Valencia CF

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Terremoto de Lorca de 2011

    Terremoto de Lorca de 2011

    O terremoto de Lorca do 11 de maio de 2011 sacudiu principalmente á localidade de Lorca, na Rexión de Murcia, España, ás 18:47 hora local (16:47 UTC). Os seus efectos sentíronse en toda a Rexión de Murcia. Este terremoto tivo unha magnitude de 5,1 graos na escala de magnitude de momento; foi precedido por un sismo premonitorio de 4,5 sucedido ás 17:05 hora local dese mesmo día.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Cuatro

    Cuatro

    Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Eurocopa

    Eurocopa

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa (Allariz) o 1 de decembro de 1957 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025, foi un presentador de televisión e cantante galego.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Dámaso Arcediano Monescillo

    Dámaso Arcediano Monescillo

    Dámaso Arcediano Monescillo, nado en Puertollano o 20 de setembro de 1984, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    STAT2

    STAT2

    O transdutor de sinais e activador da transcrición 2 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene STAT2 do cromosoma 12. É membro da familia da proteína STAT. Esta proteína é esencial para a resposta biolóxica dos interferóns (IFNs) de tipo I. Funciona como factor de transcrición augas abaixo da vía dos interferóns de tipo I. A identidade de secuencia de STAT2 entre o rato e o humano é de só o 68 %.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Castro, Cerdedo Cotobade

    Castro, Cerdedo Cotobade

    Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 120 habitantes (55 homes e 65 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 204 habitantes.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Esfinxe colibrí

    Esfinxe colibrí

    A esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Vive no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica, e no norte de África e centro de Asia, India e Indochina. Recibe o seu nome polo seu voo e forma de alimentación, que se asemellan ao do colibrí.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Gonzalo Durán

    Gonzalo Durán

    Gonzalo Durán Hermida, nado en Vilanova de Arousa o 1 de setembro de 1962, é un médico e político galego do PPdeG.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    De Ninghures

    De Ninghures

    De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Lista de ríos de Galicia

    Lista de ríos de Galicia

    Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Día da Galiza Mártir

    Día da Galiza Mártir

    O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Alexandre Bóveda

    Alexandre Bóveda

    Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras de Castelao.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Ceuta

    Ceuta

    Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Mark Donohue

    Mark Donohue

    Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Manuel González González (músico)

    Manuel González González (músico)

    Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk ou Ortiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Wonder (filme)

    Wonder (filme)

    Wonder é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Stephen Chbosky e protagonizado por Julia Roberts, Owen Wilson, Jacob Tremblay, Izabela Vidovic, Mandy Patinkin e Daveed Diggs. Escrito por Jack Thorne, Steven Conrad e Chbosky, baséase na novela homónima de R. J. Palacio. O filme, que conta a historia dun neno con Treacher Collins syndrome, foi estreado nos Estados Unidos o 17 de novembro de 2017 por Lionsgate.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Concellos de Galicia

    Concellos de Galicia

    En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Faia Díaz

    Faia Díaz

    María Faia Díaz Novo, nada en Santiago de Compostela en 1988, é unha cantante galega e historiadora da arte.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Zíngaro

    Zíngaro

    Antonio Barrull Salazar (A Coruña, 1950), coñecido como Zíngaro, é un cantante e compositor español de sangue xitano, cuxo estilo está na corrente de fusión entre flamenco, jazz e rock iniciada a finais dos anos 1970. Seguiu a liña renovadora e visionaria que impulsou Manzanita, cunha voz chea de personalidade, meigallo e un carisma especial. A súa música, a súa forma de interpretar, sorprende e gusta tanto ao curioso coma ao cliente habitual da canción flamenca con toques modernos.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Papeles de Son Armadans

    Papeles de Son Armadans

    Papeles de Son Armadans foi unha revista de literatura creada en 1956 por Camilo José Cela, con redacción en Madrid e Palma. Dirixida polo propio Cela, no equipo editorial estiveron tamén José Manuel Caballero Bonald, Antonio Fernández Molina e Sergio Vilar como secretarios de redacción.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Partido Nacionalista del Rif de Melilla

    Partido Nacionalista del Rif de Melilla

    O Partido Nacionalista del Rif (PNRIF) é un partido bérber e laico de Melilla, fundado en 2003 está dirixido por Mimon Kabbur Hussien, antigo membro do Partido Popular, o PNRIF ten a súa orixe no Grupo Independiente Hispano Bereber que actuou na cidade nos anos noventa. Tivo que cambiar o seu nome a Partido Nacionalista del Rif de Melilla para poder ser legalizado polo ministerio do Interior. Entre as súas propostas está a oficialización da lingua bérber na cidade e o outorgamento da cidadanía española ós descendentes dos rifeños que loitaron por España([1]).

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    San Martiño, Alixo, O Barco de Valdeorras

    San Martiño, Alixo, O Barco de Valdeorras

    San Martiño é un lugar da parroquia de Alixo no concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o INE e o IGE en 2011 estaba deshabitado, ao igual ca no ano anterior.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Veleučilište VERN'

    Veleučilište VERN'

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .