Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    874 visitas (↑787 de onte)72,45,21,0,28,20,29,44,87, 874

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    260 visitas (↑41 de onte)71,72,53,37,36,44,129,162,219, 260

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    97 visitas (↓37 de onte)180,201,157,167,149,154,121,147,134, 97

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    De Ninghures

    De Ninghures

    De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.

    88 visitas (↑58 de onte)19,48,0,21,77,31,0,0,30, 88

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Jesús Vázquez Almuíña

    Jesús Vázquez Almuíña

    Jesús Vázquez Almuíña, chamado Sito, nado en Baiona en 1962, é un médico e político galego, que foi conselleiro de Sanidade de 2015 a 2020 e alcalde de Baiona de 2004 a 2015 e de novo desde 2023.

    84 visitas (↑64 de onte)23,0,0,0,0,0,35,0,20, 84

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Reservorio natural

    Reservorio natural

    Na ecoloxía das enfermidades infecciosas e epidemioloxía, un reservorio natural, tamén chamado reservorio de enfermidade ou reservorio de infección, é a poboación de organismos ou o ambiente da especie na cal vive de forma natural, persiste e se reproduce un patóxeno infeccioso ou do cal o patóxeno depende de forma primaria para sobrevivir. Un reservorio é normalmente un hóspede vivo dunha especie determinada, como un animal, humano ou planta, dentro do cal sobrevive o patóxeno, a miúdo sen causar doenzas graves no propio reservorio. Segundo algunhas definicións, un reservorio pode tamén ser un ambiente externo a un organismo, como a auga contaminada, solo ou aire, se o patóxeno pode persistir alí o suficiente tempo para contribuír á transmisión.

    72 visitas (↑72 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 72

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico con 40 tantos.

    70 visitas (↑70 de onte)0,0,91,35,0,0,0,0,0, 70

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Saúl Ais Reig

    Saúl Ais Reig

    Saúl Ais Reig, nado en Muro de Alcoy o 12 de setembro de 1985, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.

    57 visitas (↑57 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 57

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Samsung Galaxy S7 Edge

    Samsung Galaxy S7 Edge

    O Samsung Galaxy S7 Edge é un teléfono intelixente baseado en Android. Foi presentado o 1 de febreiro de 2016 e lanzado o 11 de marzo dese ano. A diferenza do S7 principal, presenta unha pantalla curva.

    56 visitas (↑56 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 56

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Muchachada Nui

    Muchachada Nui

    Muchachada Nui foi un programa de televisión de humor surrealista que se emitiu en La 2 de Televisión Española. É unha continuación do programa La hora chanante emitido en Paramount Comedy.

    54 visitas (↑54 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 54

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Maribel Verdú

    Maribel Verdú

    María Isabel Verdú Rollán, coñecida profesionalmente como Maribel Verdú, nada en Madrid o 2 de outubro de 1970, é unha actriz española. É unha das actrices españolas máis populares e recoñecidas.

    51 visitas (↑51 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 51

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Víctor Coyote

    Víctor Coyote

    Víctor María Aparicio Abundancia, máis coñecido como Víctor Coyote, nado en Tui en 1958 e finado en Marugán (provincia de Segovia) o 13 de agosto de 2026, foi un artista polifacético galego.

    49 visitas (↓27 de onte)481,328,163,156,117,97,69,116,76, 49

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    49 visitas (↓26 de onte)21,20,0,37,28,45,29,28,75, 49

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    48 visitas (↑22 de onte)32,25,28,41,28,27,26,28,26, 48

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Ganito Kami Noon, Paano Kayo Ngayon?

    Ganito Kami Noon, Paano Kayo Ngayon?

    Ganito Kami Noon, Paano Kayo Ngayon? é un filme filipino de 1976 dirixido por Eddie Romero. Foi escollido como candidato de Filipinas para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 49ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

    47 visitas (↑47 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Rusia

    Rusia

    Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.

    47 visitas (↑21 de onte)31,24,24,44,27,20,25,26,26, 47

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Utah Jazz

    Utah Jazz

    Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.

    44 visitas (↑24 de onte)24,22,24,37,22,18,22,21,20, 44

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Minyons de Terrassa

    Minyons de Terrassa

    Os Minyons de Terrassa son un grupo de castellers fundado en 1979. Teñen a súa sede en Terrasa e a súa camisa é de cor malva. Os Minyons son a agrupación máis antiga de Terrasa, cidade sen tradición casteleira ata a súa aparición, e son unha das agrupacións máis destacadas do mundo "casteller", sendo os primeiros en teren completadas construcións de 10 pisos de altura.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Real Madrid Club de Fútbol

    Real Madrid Club de Fútbol

    O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.

    42 visitas (↑18 de onte)26,24,26,41,23,21,20,24,24, 42

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

    42 visitas (↑20 de onte)20,19,22,38,24,20,20,20,22, 42

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Xeografía de Naruto

    Xeografía de Naruto

    A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.

    41 visitas (↑19 de onte)22,24,21,36,24,21,22,20,22, 41

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Frank Germain Jonathan Miller

    Frank Germain Jonathan Miller

    Frank Germain Jonathan Miller, nado en Neuchâtel (Suíza) o 24 de maio de 2006, é un xogador de fútbol helvético-camerunés. xoga como central no Celta de Vigo Fortuna, de Primeira Federación.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Samsung Galaxy S7

    Samsung Galaxy S7

    O Samsung Galaxy S7 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 1 de febreiro de 2016 e lanzado o 11 de marzo dese ano. A diferenza da variante Edge, o S7 ten unha pantalla plana.

    37 visitas (↓5 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,42, 37

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    36 visitas (↓6 de onte)43,44,39,31,36,34,48,38,42, 36

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Fernando Fernández Rego

    Fernando Fernández Rego

    Fernando Fernández Rego, nado en Ferrol o 25 de maio de 1979, é un profesor, xornalista e escritor galego.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Bernard Somuah

    Bernard Somuah

    Bernard Sarppong Somuah, nado o 10 de febreiro de 2006 en Ghana, é un futbolista que xoga como dianteiro no Celta Fortuna, filial do Celta de Vigo.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    33 visitas (↓51 de onte)48,89,154,64,44,81,49,52,84, 33

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Foise co vento

    Foise co vento

    Foise co vento (en inglés: Gone with the Wind) é un filme estadounidense de 1939 dirixido por Victor Fleming. É un filme de xénero épico, histórico e romántico adaptado da novela homónima de 1936 escrita por Margaret Mitchell. Foi producido por David O. Selznick de Selznick International Pictures.

    32 visitas (↑32 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    María Lago Lestón

    María Lago Lestón

    María Lago Lestón, nada en Muros en 1987, é unha farmacéutica e política galega do BNG.

    31 visitas (↑7 de onte)0,0,984,148,37,0,0,0,24, 31

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Forma canónica de Jordan

    Forma canónica de Jordan

    A forma canónica de Jordan ou forma normal de Jordan é un concepto matemático empregado en álxebra lineal. Debe o seu nome ó matemático francés Camille Jordan, que a descubriu en 1871 para solucionar sistemas de ecuacións diferenciais complexas para matrices complexas. En concreto, é a representación dun endomorfismo cunha matriz de Jordan, que é unha forma especial de matriz triangular superior, en certa base axeitada, denominada como base de Jordan.

    31 visitas (↑31 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 31

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    MicroSD

    MicroSD

    As tarxetas MicroSD, tamén coñecidas como T-Flash ou TransFlash, son un formato de tarxeta de memoria flash máis pequeno que a MiniSD. Foron desenvolvidas pola empresa estadounidense SanDisk e adoptadas pola SD Card Association en xullo de 2005 co nome de MicroSD. Miden 15 x 11 x 1 milímetros, cunha superficie de 165 mm². Isto fainas tres veces e media máis pequenas que unha tarxeta miniSD, que, ata a súa aparición, era o formato de tarxeta SD máis pequeno, e aproximadamente unha décima parte do volume dunha tarxeta miniSD. En canto ás súas velocidades de transferencia, non son moi altas. Non obstante, empresas como SanDisk traballaron nisto, chegando a versións que admiten velocidades de lectura de ata 10 Mbit/s.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Deportivo da Coruña

    Deportivo da Coruña

    O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,41,23,25,19,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Economía dos Estados Unidos de América

    Economía dos Estados Unidos de América

    A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.

    29 visitas (↓13 de onte)24,24,40,40,24,18,22,20,42, 29

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Noelia Rey

    Noelia Rey

    Noelia Rodríguez Rey, máis coñecida como Noelia Rey, nada en Ourense o 9 de abril de 1995, é unha xornalista galega de televisión.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,29,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Greensboro, Carolina do Norte

    Greensboro, Carolina do Norte

    Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.

    29 visitas (↓13 de onte)24,21,41,43,23,21,24,20,42, 29

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    28 visitas (↓29 de onte)34,24,32,31,31,29,37,55,57, 28

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    28 visitas (↑7 de onte)0,26,30,19,25,0,26,23,21, 28

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Eleccións municipais de 2019 en Galicia

    Eleccións municipais de 2019 en Galicia

    As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia escolléronse 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes logo da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade no de Cerdedo Cotobade. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Audioslave

    Audioslave

    Audioslave foi un supergrupo estadounidense de hard rock, rock alternativo e post-grunge formado en Glendale (California) no ano 2001 e separado no ano 2007. Os membros do grupo foron o daquela ex-vocalista de Soundgarden Chris Cornell, e os ex-membros de Rage Against the Machine Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). A crítica describiu inicialmente o grupo como unha combinación de Soundgarden e Rage Against the Machine, pero trala publicación do seu segundo álbum Out of Exile os medios afirmaron de forma unánime que o grupo establecera unha identidade diferente.

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    David Senra

    David Senra

    David Senra Martínez , nado en Santiago de Compostela en 1992, é un piloto galego de karting.

    28 visitas (↑2 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,26, 28

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Constelación

    Constelación

    Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.

    27 visitas (↓15 de onte)24,22,44,41,24,22,22,22,42, 27

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    27 visitas (↑11 de onte)17,27,0,28,29,32,26,28,16, 27

    7 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Carmela López Moreno

    Carmela López Moreno

    María del Carmen Carmela López Moreno, nada en Burela en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,33,31,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    NBA

    NBA

    27 visitas (↓12 de onte)22,22,42,40,23,21,21,19,39, 27

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Scuderia Ferrari

    Scuderia Ferrari

    Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    27 visitas (↑4 de onte)27,27,36,21,0,32,23,26,23, 27

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Historia do cinema

    Historia do cinema

    A historia do cinema como espectáculo comeza en París o 28 de decembro de 1895, data da primeira exhibición pública en París.

    27 visitas (↓10 de onte)23,23,42,41,24,19,22,21,37, 27

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    27 visitas (↓1 de onte)22,0,23,21,0,19,24,23,28, 27

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Cuatro

    Cuatro

    Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.

    26 visitas (↑1 de onte)21,23,23,22,25,20,23,20,25, 26

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Ángel Arcos

    Ángel Arcos

    Ángel Arcos Cadilla, nado no Rosal o 18 de abril de 2006, e tamén coñecido como Angelito, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo dereito no Celta Fortuna de Primeira Federación. Foi, ademais, internacional coa Selección española de fútbol sub-19, igual que outros canteiráns celestes da súa promoción, coma Hugo Burcio ou Óscar Marcos.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Albert Einstein

    Albert Einstein

    Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".

    26 visitas (↑5 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,21, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Carmela Galego

    Carmela Galego

    Carmela Galego Marante, nada na Coruña en 1979, é unha historiadora de arte, mestra e activista cultural galega. Desde o 10 de xuño de 2025 exerce como presidenta colexiada da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    26 visitas (0 de onte)38,58,47,0,22,22,33,37,26, 26

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Alxeria

    Alxeria

    Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.

    26 visitas (0 de onte)24,28,27,23,25,19,27,21,26, 26

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Bulgaria

    Bulgaria

    Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.

    25 visitas (↓1 de onte)26,40,48,44,26,23,31,36,26, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Valentino Rossi

    Valentino Rossi

    Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.

    25 visitas (↓18 de onte)23,23,43,41,22,21,22,22,43, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    25 visitas (↑9 de onte)0,0,0,0,18,25,28,0,16, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Charles Darwin

    Charles Darwin

    Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.

    25 visitas (↓1 de onte)25,41,46,40,22,20,22,40,26, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Escudo de España

    Escudo de España

    O escudo de España é o símbolo heráldico que representa o Reino de España. Como símbolo institucional está regulado e é usado polo Goberno e institucións derivadas. O Xefe de Goberno e ministerios utilizan o mesmo símbolo, mentres que o rei Filipe VI ostenta outro escudo tamén regulado oficialmente.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Eurídice Cabañes

    Eurídice Cabañes

    Eurídice Cabañes Martínez, nada en Valencia o 26 de setembro de 1983, é unha filósofa española especializada en filosofía da tecnoloxía. É presidenta de ArsGames en México e foi asesora e colaboradora no Centro Multimedia do CENART. Investiga varias disciplinas, entre elas filosofía, arte, tecnoloxía e ciencias cognitivas.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Selección de fútbol do Perú

    Selección de fútbol do Perú

    A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.

    24 visitas (↑1 de onte)23,41,48,40,23,21,23,41,23, 24

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    24 visitas (↑5 de onte)30,28,45,55,39,50,43,27,19, 24

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Tonhito de Poi

    Tonhito de Poi

    Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969, é un artista polifacético galego.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Mandato británico de Palestina

    Mandato británico de Palestina

    O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.

    24 visitas (↑4 de onte)21,21,23,22,22,22,22,23,20, 24

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Marco Antonio

    Marco Antonio

    Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).

    24 visitas (↑3 de onte)23,24,23,23,25,20,24,21,21, 24

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Jacobo Paz

    Jacobo Paz

    Jacobo Paz Limia, nado na Coruña en 1979, é un guionista e dramaturgo galego.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Augusto Pinochet

    Augusto Pinochet

    Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.

    23 visitas (0 de onte)25,22,23,23,23,22,20,24,23, 23

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Valencia CF

    Valencia CF

    23 visitas (↑1 de onte)21,19,22,21,23,21,23,23,22, 23

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Hurling

    Hurling

    O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.

    23 visitas (↓2 de onte)22,21,23,24,23,20,23,23,25, 23

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Avelaíña

    Avelaíña

    As avelaíñas, matacandís ou velairiñas son insectos tamén chamados bolboretas nocturnas, pertencentes á orde dos lepidópteros. Teñen hábitos nocturnos, se ben é certo que tamén hai especies crepusculares e diúrnas. Antes estaban clasificadas no grupo Heterocera, que xeralmente era considerado suborde, pero este é un grupo polifilético, que xa non se utiliza nas clasificacións máis modernas.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    23 visitas (↑1 de onte)23,20,24,23,40,20,23,0,22, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Bandeira da República Popular da China

    Bandeira da República Popular da China

    A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".

    23 visitas (↑1 de onte)22,23,24,23,24,19,21,22,22, 23

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Catedral de Santiago de Compostela

    Catedral de Santiago de Compostela

    A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Louisville, Kentucky

    Louisville, Kentucky

    Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición).

    22 visitas (↓3 de onte)22,22,22,23,42,21,23,19,25, 22

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Yomiuri Giants

    Yomiuri Giants

    Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.

    22 visitas (0 de onte)21,21,22,20,23,23,20,19,22, 22

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Eurocopa

    Eurocopa

    22 visitas (↑1 de onte)21,23,22,23,42,19,22,18,21, 22

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Vivien Leigh

    Vivien Leigh

    Vivian Mary Hartley, nada en Darjeeling, India o 5 de novembro de 1913 e finada en East Sussex o 8 de xullo de 1967, foi unha actriz de cinema e teatro británica.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Carapuchiña Vermella

    Carapuchiña Vermella

    Carapuchiña Vermella é un conto de fadas de transmisión oral, espallado por gran parte de Europa, que despois se plasmou en diferentes escritos; chamado así polo feito de que a nena protagonista leva sempre posta unha carapucha ou caparucha de cor vermella. O relato marca un claro contraste entre a aldea segura, e o bosque perigoso; unha contraposición habitual no mundo medieval.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    21 visitas (↓5 de onte)23,42,44,36,24,19,22,42,26, 21

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Ural Español Club de Fútbol

    Ural Español Club de Fútbol

    O Ural Español Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego do barrio de Santa Lucía da cidade da Coruña. Fundouse en 1929 e dende 2026 compite só en categorías inferiores. En 2020 cambiou o seu uniforme e escudo polos do Ural CF e engadiu o nome deste á súa denominación.

    21 visitas (↓12 de onte)0,0,0,0,0,0,0,61,33, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Luís González Blasco

    Luís González Blasco

    Luís González Blasco ou Luís Gonçales Blasco, tamén coñecido como Foz, nado en Foz o 18 de agosto de 1941 e finado en Ames o 18 de agosto de 2026, foi un profesor e político galego.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,224,171,50,20,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Xosé Ramón Fernández-Oxea

    Xosé Ramón Fernández-Oxea

    Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Mark Donohue

    Mark Donohue

    Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.

    21 visitas (↓2 de onte)18,22,23,23,43,19,20,21,23, 21

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Gran Premio de México de 2017

    Gran Premio de México de 2017

    O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

    20 visitas (↓8 de onte)21,43,46,41,24,20,22,39,28, 20

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Galipedia

    Galipedia

    A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 233.201.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Cambridge International Education

    Cambridge International Education

    Cambridge International Education (abreviado CIE; informalmente coñecido como Cambridge International ou simplemente Cambridge, e anteriormente chamado CAIE, Cambridge Assessment International Education e CIE – Cambridge International Examinations) é un provedor de cualificacións internacionais. Ofrece exames e titulacións a 10 000 centros educativos en máis de 160 países. Forma parte de Cambridge University Press & Assessment, un departamento da Universidade de Cambridge.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,19,17,21,0,32,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Lucas Vázquez

    Lucas Vázquez

    Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego, que xoga de extremo dereito e lateral dereito no Bayer Leverkusen da Bundesliga alemá. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 23 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións, catro Mundiais de Clubs e unha Copa Intercontinental da FIFA. Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007. Pasou polos distintos equipos xuvenís do club branco e polos seus dous filiais, logrando o ascenso a Segunda división co Real Madrid Castilla en 2012.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,20,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    19 visitas (↓2 de onte)37,33,0,0,18,0,0,25,21, 19

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Lista de ríos de Galicia

    Lista de ríos de Galicia

    Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

    18 visitas (↑18 de onte)19,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Andrés do Barro

    Andrés do Barro

    Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Leslie Howard

    Leslie Howard

    Leslie Howard, nado o 3 de abril de 1893 e finado no océano Atlántico o 1 de xuño de 1943, foi un actor de teatro e cine, director e produtor británico.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,17,20,27,18,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Perlora

    Perlora

    Perlora é unha parroquia das doce que compoñen o concello asturiano de Carreño. Segundo o INE en 2011 tiña 729 habitantes (351 homes e 378 mulleres).

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Upaon-Açu

    Upaon-Açu

    Upaon-Açu é unha illa brasileira no estado do Maranhão, cunha superficie de 1.410´015 km². Forma parte do Arquipélago do Golfo Maranhense e é nela que se atopa a capital do Estado, San Luís de Maranhão. O nome Upaon-Açu déronllo os tupinambas e significa "illa grande".

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Modelo estándar

    Modelo estándar

    O modelo estándar da física de partículas é a teoría que describe tres das catro forzas fundamentais da natureza –as interaccións fortes e débiles e a forza electromagnética–, e tamén clasifica os distintos tipos de partículas elementais. Desenvolveuse principalmente durante as décadas de 1960 e 1970 con contribucións esenciais de científicos como Sheldon Glashow, Steven Weinberg, Abdus Salam ou Gell-Mann entre outros, aínda que a súa formulación e confirmación continuaron posteriormente. A día de hoxe, case todas as probas experimentais das tres forzas descritas polo modelo están de acordo coas súas predicións.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    David Perdomo

    David Perdomo

    David Lendoiro Perdomo, coñecido artisticamente como David Perdomo, nado na Coruña o 19 de decembro de 1979, é un actor, humorista e cantante de punk, rock e heavy metal galego.

    17 visitas (↓31 de onte)0,0,0,0,0,27,0,0,48, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Polinyà

    Polinyà

    Polinyà é un concello catalán da provincia de Barcelona e pertencente á comarca do Vallès Occidental.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Pradejón

    Pradejón

    Pradejón é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .