Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Paco Mivida

    Paco Mivida

    Francisco Álvarez García, nado en Mera (Oleiros) o 18 de abril de 1939, é un humorista galego, máis coñecido co nome artístico de Paco Mivida.

    134 visitas (↑134 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 134

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    115 visitas (↑18 de onte)167,149,154,121,147,134,97,88,97, 115

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Nepal

    Nepal

    O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.

    102 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,85, 102

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Dolly Parton

    Dolly Parton

    Dolly Rebecca Parton, nada en Sevierville (Tennessee) o 19 de xaneiro de 1946 e finada en Nashville o 25 de agosto de 2026, foi unha cantante, compositora, actriz, e empresaria estadounidense.

    95 visitas (↓194 de onte)0,0,0,0,0,0,0,335,289, 95

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Tesouro de Villena

    Tesouro de Villena

    O Tesouro de Villena é un dos achados áureos máis importantes da Idade de Bronce europea. Está conformado por 59 obxectos de ouro, prata, ferro e ámbar que totalizan un peso de case 10 quilos. Esa magnitude convérteo no tesouro de vaixela áurea máis importante da Península Ibérica e o segundo de toda Europa, só superado polo das Tumbas Reais de Micenas, Grecia.

    92 visitas (↑92 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 92

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    90 visitas (↓12 de onte)37,36,44,129,162,219,260,177,102, 90

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Mar Caribe

    Mar Caribe

    O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas.

    87 visitas (↑87 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 87

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    O berro

    O berro

    O berro (en noruegués Skrik) é unha serie de catro pinturas do noruegués Edvard Munch, a máis célebre das cales data de 1893. A obra representa unha figura andróxina nun momento de profunda angustia e desespero existencial. O plano de fondo é o peirao da ría de Oslo (Oslofjord) ao solpor.

    81 visitas (↑81 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 81

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Novo Testamento

    Novo Testamento

    Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateu, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán. O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento.

    81 visitas (↑81 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 81

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Ouro

    Ouro

    O ouro é un elemento químico de número atómico 79 (isto convérteo nun dos elementos de maior número atómico que se producen na natureza) situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum ‘brillante amencer’). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia.

    81 visitas (↑81 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 81

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Paris Hilton

    Paris Hilton

    Paris Whitney Hilton, nada en Nova York o 17 de febreiro de 1981, é unha personalidade dos medios estadounidense, muller de negocios, membro da alta sociedade, modelo, cantante, actriz, deseñadora de moda e DJ. Hilton é bisneta de Conrad Hilton, fundador dos Hoteis Hilton, e criouse entre Nova York e Beverly Hills. Comezou unha carreira como modelo na adolescencia, cando asinou coa axencia de modelos neoiorquina Trump Model Management. A súa imaxe pública nocturna convertérona nunha habitual do xornalismo sensacionalista, e Hilton foi declarada a "It Girl líder de Nova York" en 2001.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Excalibur

    Excalibur

    Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn, nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch, en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen; esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante". A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Mono (animal)

    Mono (animal)

    Mono é un termo non taxonómico que designa un amplo conxunto de primates simiiformes. Os termos mono e simio son sinónimos, pero na xerga zoolóxica adoita distinguirse entre ambos os termos por influencia do inglés, idioma no que os termos equivalentes monkey e ape teñen diferente significado. Así, en dita xerga científica, os monos actuais comprenderían os Platyrrhini (monos do Novo Mundo) e os Cercopithecoidea (monos do Vello Mundo), pero non os primates hominoides máis próximos ao ser humano, como o orangután, o gorila, o chimpancé e os xibóns, que serían simios.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Atalanta

    Atalanta

    Atalanta é unha personaxe da mitoloxía grega. Existen dúas versións sobre a súa historia. Na versión arcadiana, é filla de Iasos, rei do Peloponeso.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Era xeolóxica

    Era xeolóxica

    Unha era xeolóxica é unha subdivisión do tempo xeolóxico que divide os eóns na escala de tempo xeolóxico. Estas eras adoitan dividirse en períodos. A entidade responsábel da definición e clasificación das eras xeolóxicas é a The International Commission on Stratigraphy (ICS) (Comisión Internacional sobre Estratigrafía) que, á súa vez, é o maior corpo científico dentro da International Union of Geological Sciences (Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas).

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Berilo

    Berilo

    O berilo (do grego Βήρυλλος beryllos, aludindo á cor azul verdosa da augamariña) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2(Si6O18) (contén un 15% de BeO, un 20% de Al2O3 e un 65% de SiO2).

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Elemento químico

    Elemento químico

    Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.

    79 visitas (↑79 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 79

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Condutividade térmica

    Condutividade térmica

    A condutividade térmica é unha propiedade física dos materiais que mide a capacidade de condución de calor. Noutras palabras a condutividade térmica é tamén a capacidade dunha substancia de transferir a movemento cinético das moléculas as moléculas adxacentes ou a outras substancias coas que está en contacto. A inversa da condutividade térmica é a resistividade térmica, que é a capacidade dos materiais para opoñerse ó paso da calor.

    77 visitas (↑77 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 77

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Biblia do rei Xacobe

    Biblia do rei Xacobe

    A Biblia do rei Xacobe (en inglés: King James Version, KJV, tamén coñecida como King James Bible, KJB) é unha tradución ó inglés da Biblia cristiá para a Igrexa de Inglaterra, que comezou en 1604 e foi rematada en 1611. Os libros da Biblia do rei Xacobe inclúen os 39 libros do Antigo Testamento, unha sección intertestamentaria que contén 14 libros apócrifos (a maioría dos cales correspóndense cos deuteronómicos adheridos polos católicos), e os 27 libros do Novo Testamento. Foi impresa polo impresor do rei, Robert Barker, e foi a terceira tradución ó inglés aprobada polas autoridades da Igrexa de Inglaterra.

    74 visitas (↑74 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 74

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    58 visitas (↑58 de onte)0,16,30,0,30,22,0,0,0, 58

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    56 visitas (↓3 de onte)64,44,81,49,52,84,33,54,59, 56

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Yayoi Kusama

    Yayoi Kusama

    Yayoi Kusama (草間 彌生 ou 草間 弥生), nada en Matsumoto (Nagano) o 22 de marzo de 1929 e finada en Tokyo o 14 de agosto de 2026, foi unha artista e escritora xaponesa. Ao longo da súa carreira traballou nunha ampla variedade de medios, incluíndo pintura, collage, escultura, performance art ou land art, nos cales salienta a súa temática interesada polas cores psicodélicas, as repeticións e os patróns.

    55 visitas (↑55 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 55

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Bernabé Sanz Pérez

    Bernabé Sanz Pérez

    Bernabé Sanz Pérez, nado o 14 de decembro de 1926 en Villarquemado (Provincia de Teruel) e finado o 13 de xaneiro de 2026, foi un veterinario e académico de número da Real Academia Nacional de Farmacia cunha recoñecida traxectoria académica e científica no eido da bromatoloxía e a microbioloxía. Estudou na Universidade de Zaragoza, onde se doutorou en Veterinaria, e foi catedrático da Universidade de Oviedo e da Universidade Complutense de Madrid.

    50 visitas (↑50 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 50

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    47 visitas (↑18 de onte)31,36,34,48,38,42,36,28,29, 47

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Ratko Mladić

    Ratko Mladić

    Ratko Mladić ou Ратко Младић, nado en Božinovići o 12 de marzo de 1942, é un militar serbio de Bosnia e Hercegovina, Xefe de Estado Maior do Exército da República Srpska (VRS) durante a guerra en Bosnia, entre 1992 e 1995.

    47 visitas (↑47 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Villena

    Villena

    Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant que limita con Castela-A Mancha e Murcia polo oeste. É cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó. Está a unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abrangue unha superficie de 345,6 km², polo que é o segundo concello máis extenso da provincia.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    41 visitas (↑5 de onte)37,28,45,29,28,75,49,30,36, 41

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Rachel Parton George

    Rachel Parton George

    Rachel Ann Parton George, anteriormente Dennison, de solteira Parton, nada o 31 de agosto de 1959, é unha cantante estadounidense, e a irmá máis nova da recoñecida Dolly Parton.

    41 visitas (↑41 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 41

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Harald V de Noruega

    Harald V de Noruega

    Harald V, nado en Skaugum (Asker) o 21 de febreiro de 1937, é un nobre europeo, rei de Noruega dende o 17 de xaneiro de 1991. É fillo de Olavo V e de Marta de Suecia, é o primeiro rei de Noruega nado no país dende o rei Olavo IV, que nacera en 1370.

    39 visitas (↑39 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    36 visitas (↓12 de onte)0,28,20,29,44,87,874,144,48, 36

    9 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Samsung Galaxy S20

    Samsung Galaxy S20

    O Samsung Galaxy S20 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 11 de febreiro de 2020 e lanzado o 6 de marzo dese mesmo ano. Lanzouse con Android 10 e posteriormente actualizouse a Android 13.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Riyad Mahrez

    Riyad Mahrez

    Riyad Karim Mahrez (en árabe: رياض كريم محرز), nado en Sarcelles, Francia o 21 de febreiro de 1991, é un futbolista alxerino, que xoga como dianteiro e extremo no Al-Ahli da liga saudita e na selección de Alxeria. Comezou a súa carreira en clubs menores de Francia antes de xogar no Le Havre, onde destacou polas súas habilidades técnicas e chamou a atención de equipos europeos máis importantes. En 2014 fichou polo Leicester City.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Azanasius al-Xair

    Azanasius al-Xair

    Azanasius (en árabe: أثناسيوس), nado como Musa ibn Xiris al-Xair (en árabe: مُوسَى بْن جِرِّيس الشَّاعِر) en Maalula (Imperio Otomán) o 14 de setembro de 1897 e finado na mesma vila o 28 de febreiro de 1993, foi un relixioso greco-melquita, arcebispo de Banias entre 1951 e 1984.

    35 visitas (↑35 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 35

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    34 visitas (↑3 de onte)21,0,19,24,23,28,27,0,31, 34

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Marta Nóvoa

    Marta Nóvoa

    Marta Nóvoa Iglesias, nada en San Cibrao das Viñas en 1980, é unha enxeñeira e política galega do Partido Popular de Galicia.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    28 visitas (↑28 de onte)0,22,22,33,37,26,26,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Lg1do

    Lg1do

    Saúl Rodríguez Maroñas, nado en Santa Comba o 11 de marzo de 2008, e máis coñecido coma Lg1do, é un cantante galego de música urbana, trap e reguetón.

    28 visitas (↑3 de onte)0,0,0,19,0,0,0,22,25, 28

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Wenceslao González Manteiga

    Wenceslao González Manteiga

    Wenceslao González Manteiga, nado en São Paulo o 31 de maio de 1956, é un matemático galego, catedrático da área de Estatística e Investigación Operativa pola Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Luis Miguel Ramis

    Luis Miguel Ramis

    Luis Miguel Ramis Monfort, nado en Tarragona o 25 de xullo de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español, que xogaba de defensa central. Dende 2026 adestra a Osasuna, na Primeira División. Formado na canteira do Gimnàstic de Tarragona, debutou na Primeira División co Real Madrid, antes de pasar polo Tenerife e o Deportivo da Coruña, gañando con este último o título de liga na tempada 1999/00.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Eunike Tanzil

    Eunike Tanzil

    Eunike Tanzil (Indonesia, 17 de agosto de 1998) é unha compositora, pianista e produtora musical indonesia. Residente en California, colaborou con varios artistas e músicos, como Laufey, TwoSet Violin, Anna Lapwood, Sophie Kauer, Ray Chen, Jeff Danna, Jhett Tolentino e Feby Putri. Contribuíu ás bandas sonoras de Asian Persuasion (2023), Be Somebody (2021), The Addams Family 2 (2021), I Wanna Dance With Somebody (2022) e Abominable and the Invisible City.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Elena Candia

    Elena Candia

    María Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978, é unha avogada e política galega do PPdeG. Desde o 7 de maio de 2026 é alcaldesa de Lugo tras saír adiante unha moción de censura apoiada na concelleira tránsfuga exsocialista María Reigosa.

    26 visitas (↑26 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Marco Antonio

    Marco Antonio

    Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).

    26 visitas (↑3 de onte)23,25,20,24,21,21,24,0,23, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Bandeira da República Popular da China

    Bandeira da República Popular da China

    A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".

    26 visitas (↑4 de onte)23,24,19,21,22,22,23,0,22, 26

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    25 visitas (↓2 de onte)31,31,29,37,55,57,28,18,27, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Diáspora galega

    Diáspora galega

    Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Pétur Jonsson

    Pétur Jonsson

    Petur Jonsson, nado en Reiquiavik no século XX, é un músico e produtor de cine islandés.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Augusto Pinochet

    Augusto Pinochet

    Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.

    25 visitas (0 de onte)23,23,22,20,24,23,23,18,25, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Día Internacional dos Traballadores

    Día Internacional dos Traballadores

    O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.

    25 visitas (0 de onte)41,23,21,20,0,0,0,0,25, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Hurling

    Hurling

    O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.

    25 visitas (↑5 de onte)24,23,20,23,23,25,23,18,20, 25

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Noelia Rey

    Noelia Rey

    Noelia Rodríguez Rey, máis coñecida como Noelia Rey, nada en Ourense o 9 de abril de 1995, é unha xornalista galega de televisión.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,29,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Supersimetría

    Supersimetría

    A supersimetría é un marco teórico da física de partículas que suxire a existencia dunha simetría entre partículas con espín enteiro (bosóns) e partículas con espín semienteiro (fermións). Propón que para cada partícula coñecida existe unha partícula compañeira con propiedades de espín diferentes. Realizáronse múltiples experimentos sobre a supersimetría que non conseguiron achegar probas sobre a súa existencia na natureza.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    José María Aznar

    José María Aznar

    José María Aznar López, nado o 25 de febreiro de 1953 en Madrid, foi o cuarto presidente do goberno español dende a democracia. O seu mandato durou dende o 4 de maio de 1996 ata o 17 de abril de 2004. É presidente da Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES) e membro do Consello de Estado.

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Ontario

    Ontario

    Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.

    24 visitas (↓3 de onte)41,24,22,27,0,0,0,20,27, 24

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Sexo anal

    Sexo anal

    O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.

    24 visitas (↓72 de onte)21,0,32,23,26,23,27,0,96, 24

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

    23 visitas (↑23 de onte)23,0,0,0,0,0,0,32,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    22 visitas (↑22 de onte)32,25,23,27,25,0,0,18,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Esther Pedrosa

    Esther Pedrosa

    Esther Pedrosa Carrete, nada en Santiago de Compostela o 19 de maio de 1961, é unha atleta, adestradora e política galega.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Ceuta

    Ceuta

    Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.

    22 visitas (↓1 de onte)23,0,0,0,0,0,0,0,23, 22

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Real Club Celta de Vigo

    Real Club Celta de Vigo

    O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,17,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    22 visitas (↑22 de onte)0,18,25,28,0,16,25,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    Manuel Albo

    Manuel Albo

    Manuel Albo Carballeira, nado en Xunqueira (Viveiro) o 7 de maio de 1886 e finado en Montevideo en 1935, foi un médico, profesor e político galego.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    21 visitas (↓14 de onte)55,39,50,43,27,19,24,68,35, 21

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    21 visitas (↑21 de onte)19,25,0,26,23,21,28,19,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Masacre de Srebrenica

    Masacre de Srebrenica

    O masacre ou xenocidio de Srebrenica consistiu no asasinato de aproximadamente uns 8.000 bosníacos na rexión de Srebrenica, en xullo de 1995, durante a Guerra de Bosnia. O devandito asasinato masivo, levado a cabo por unidades do Exército da República Serbia (VRS), baixo o mando do xeneral Ratko Mladić, así como por un grupo paramilitar serbio coñecido como "Os Escorpións" , produciuse nunha zona previamente declarada como "segura" polas Nacións Unidas xa que nese momento se atopaba baixo a "protección" de 400 cascos azuis holandeses. Aínda que se buscou especialmente a eliminación dos homes musulmáns bosníacos, o masacre incluíu o asasinato de nenos, adolescentes, mulleres e anciáns.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    21 visitas (↑1 de onte)28,29,32,26,28,16,27,26,20, 21

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Real Academia Nacional de Farmacia

    Real Academia Nacional de Farmacia

    A Real Academia Nacional de Farmacia (RANF) de España ten a súa orixe en 1737, ano no que nunha real cédula de Filipe V aprobou os estatutos do "Real Colegio de Profesores Boticarios" de Madrid.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Concellos de Galicia

    Concellos de Galicia

    En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,27,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Carmela López Moreno

    Carmela López Moreno

    María del Carmen Carmela López Moreno, nada en Burela en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,0,33,31,0,27,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Alxeria

    Alxeria

    Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.

    20 visitas (↓7 de onte)23,25,19,27,21,26,26,20,27, 20

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Mandato británico de Palestina

    Mandato británico de Palestina

    O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.

    19 visitas (↓4 de onte)22,22,22,22,23,20,24,18,23, 19

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Rodrigo Sorogoyen

    Rodrigo Sorogoyen

    Rodrigo Sorogoyen del Amo, nado en Madrid o 16 de setembro de 1981, é un director de cinema, realizador e guionista español, galardoado cos premios Goya 2019 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- polo filme El reino (2018) que gañou sete Premios Goya e cinco premios Feroz e premios Goya 2023 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Pena- polo filme As bestas. Os seus filmes Stockholm (2013) e Que Dios nos perdone (2016) tiveron tamén un gran recoñecemento por parte da crítica e do público.

    19 visitas (↓13 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,32, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    19 visitas (↑19 de onte)19,17,21,0,32,0,20,24,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Yomiuri Giants

    Yomiuri Giants

    Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.

    18 visitas (↑18 de onte)20,23,23,20,19,22,22,18,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Pion (satélites)

    Pion (satélites)

    Pion é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos para a medición da atmosfera terrestre

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Xiros idiomáticos galegos

    Xiros idiomáticos galegos

    Os xiros idiomáticos son expresións propias dunha lingua cun significado unitario que non pode deducirse do significado das palabras que os forman e que carece de tradución literal noutra lingua. Tamén podemos denominalos locucións ou mesmo frases feitas, as cales na actualidade son interferidas continuamente pola lingua castelá, sobre todo nas xeracións máis novas, nas cidades e mesmo nos medios de comunicación. A seguinte lista contén unha serie de xiros idiomáticos e ditos propios da lingua galega.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    PO-548

    PO-548

    A PO-548 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontecesures e Vilagarcía de Arousa; atravesa os concellos de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten unha lonxitude de 4,10 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Pontecesures e finaliza nun cruzamento coa N-640a en Vilagarcía de Arousa.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Nico González

    Nico González

    Nicolás González Iglesias, nado na Coruña o 3 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego, que xoga de centrocampista no Newcastle United, da Premier League de Inglaterra. É fillo do histórico capitán do Deportivo da Coruña, Fran, e sobriño do tamén exfutbolista José Ramón.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Ascensión Vidal Piazuelo

    Ascensión Vidal Piazuelo

    Petra Ascensión Vidal Piazuelo, nada en en La Puebla de Híjar (Provincia de Teruel) o 13 de maio de 1901 e finada en Madrid o 22 de novembro de 1989, foi unha das primeiras estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Óliver Escobar

    Óliver Escobar

    Óliver Escobar Rodríguez, nado en Xove o 30 de setembro de 1979, é un poeta e politicólogo galego.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Valencia CF

    Valencia CF

    18 visitas (↓5 de onte)21,23,21,23,23,22,23,18,23, 18

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    18 visitas (↓9 de onte)41,28,27,26,28,26,48,19,27, 18

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Modesto Pose

    Modesto Pose

    Modesto Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) o 28 de decembro de 1955, é un médico e político galego do PSdeG-PSOE.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Mazaricos o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    18 visitas (↓19 de onte)23,33,24,22,0,0,0,36,37, 18

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Álvaro Morata

    Álvaro Morata

    Álvaro Borja Morata Martín, nado en Madrid o 23 de outubro de 1992, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é a Juventus de Turín.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Beatriz Luengo

    Beatriz Luengo

    Beatriz Luengo González, nada en Madrid o 23 de decembro de 1982, é unha actriz, bailarina e cantante española.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Lista de castelos de Portugal

    Lista de castelos de Portugal

    Esta é uma lista dos Castelos de Portugal, lista ordenada por ordem alfabética da unidade territorial administrativa (freguesía ou concello) onde os castelos estão localizados.

    17 visitas (↓6 de onte)0,18,0,0,25,21,19,0,23, 17

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Wiki

    Wiki

    Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.

    17 visitas (↑17 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Cuatro

    Cuatro

    Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.

    16 visitas (↓6 de onte)22,25,20,23,20,25,26,18,22, 16

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Lista das aves de Galicia

    Lista das aves de Galicia

    A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Norma de repertorio

    Norma de repertorio

    Por normas de repertorio enténdense aqueles elementos repertoriais que, sen ser presentados como delimitadores de sistemas, dotan de maior xenuinidade ao entendemento e elaboración dos produtos desa comunidade como propios da mesma ou constitúen as especificidades de que se nutren as tendencias subsistémicas, entendendo estas últimas como prácticas que, a pesar de presentaren determinadas especificidades dentro do sistema orixinario, non pretenden impugnar a súa pertenza a este.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Marcador do discurso

    Marcador do discurso

    Os marcadores do discurso —tamén chamados ligazóns extraoracionais, conectores argumentativos, extraoracionais ou procesadores textuais— son unidades lingüísticas invariables que non desempeñan ningunha función sintáctica no marco da predicación oracional. Son, xa que logo, elementos marxinais con respecto á oración, pero cumpren un cometido común no discurso: guiar, de acordo coas súas propiedades morfosintácticas, semánticas e pragmáticas, as inferencias que se realizan durante a comunicación.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Diego Rubio (historiador)

    Diego Rubio (historiador)

    Diego Rubio Rodríguez, nado en Cáceres en 1986, é un académico e político español, actual director do Gabinete da Presidencia do Goberno de España desde 2024. Anteriormente foi profesor e investigador na Universidade de Oxford.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,34,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Manuel González González (músico)

    Manuel González González (músico)

    Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk ou Ortiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.

    16 visitas (↑16 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez

    Lucía Rodríguez Vázquez, nada no Castro de Caldelas o 15 de decembro de 1983, é unha xornalista galega.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Novela bizantina

    Novela bizantina

    A novela bizantina foi un dos principais tipos de prosa narrativa do século XVII. De certo xeito, trátase do xénero antecesor da moderna novela de aventuras. Narra viaxes nas cales se suceden aventuras complicadas, separacións e encontros de personaxes, recoñecementos casuais, cun ton de sucesos extraordinarios.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    15 visitas (↓9 de onte)36,24,19,22,42,26,21,0,24, 15

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Gran Premio de México de 2017

    Gran Premio de México de 2017

    O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

    15 visitas (↓6 de onte)41,24,20,22,39,28,20,18,21, 15

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Micción

    Micción

    A micción é un proceso polo que a mexa urinaria se baleira de ouriños cando está chea. A vexiga urinaria ou mexa (que en estado baleira se atopa comprimida polos demais órganos) énchese de a pouco até que a tensión das súas paredes se eleva por enriba dun valor limiar e entón se desencadea un reflexo neuróxeno chamado reflexo miccional que provoca a micción (mexar), e se non se consegue, polo menos produce o desexo consciente de mexar. O proceso da micción é, na maioría das veces, controlado voluntariamente.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    15 visitas (↑15 de onte)0,0,24,0,0,17,0,18,0, 15

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .