Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Aubameyang

    Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico con 40 tantos.

    110 visitas (↑110 de onte)0,0,0,70,34,0,0,0,0, 110

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    108 visitas (↓8 de onte)121,147,134,97,88,97,115,84,116, 108

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Lúa Arufe

    Lúa Arufe

    Lúa Arufe Calo, nada no Porto do Son o 6 de setembro de 2008, é unha futbolista galega. Xoga como dianteira no FC Barcelona Feminino B desde a tempada 2024-25.

    90 visitas (↑90 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 90

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Lingua castelá

    Lingua castelá

    O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

    89 visitas (↑89 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 89

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos

    Javier de Hoyos Martínez, nado en Santander o 23 de outubro de 1990, é un xornalista, actor e modelo español. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Antonio de Nebrija.

    86 visitas (↑42 de onte)29,44,87,874,144,48,36,45,44, 86

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Canadá

    Canadá

    O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

    84 visitas (↑84 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 84

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Patroclo

    Patroclo

    Na mitoloxía grega, Patroclo (en grego antigo: Πάτροκλος, lit. 'gloria do pai') era un dos heroes gregos que interviñeron na guerra de Troia, sendo este unha importante personaxe na Ilíada de Homero. Nado na Lócrida Opuntia, Patroclo era fillo do argonauta Menecio.

    82 visitas (↑82 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 82

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Xeoloxía

    Xeoloxía

    A xeoloxía, do grego γῆ gē ('Terra') e λόγος lógos ('palabra', 'razón, 'tratado'), é a ciencia que estuda a Terra, a súa composición, estrutura, propiedades físicas e químicas, historia e os procesos que a formaron. A xeoloxía tal como a coñecemos hoxe foi establecida a partir dos estudos de James Hutton, ao que se considera como o pai da xeoloxía moderna. O campo das disciplinas académicas implicadas encóntrase dentro da Licenciatura (hoxe Grao), de "Ciencias xeolóxicas", isto é, un compendio de diferentes ciencias ou disciplinas autónomas sobre distintos aspectos do estudo global do noso planeta e, por extensión, do estudo do resto dos corpos e materias do sistema solar (planetoloxía, astroxeoloxía ou xeoloxía planetaria).

    81 visitas (↑81 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 81

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    80 visitas (↓14 de onte)129,162,219,260,177,102,90,104,94, 80

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Xosué

    Xosué

    Xosué, Joshua ou Yehoshua (hebreo: יְהוֹשֻׁעַ, israelí: Yəhoshúa,Yehōšua, lit.: Iavé é salvación) foi un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo, no Libro dos Números, e máis no Libro de Xosué, segundo os cales foi escollido por Iavé para suceder a Moisés como líder dos israelitas durante a conquista de Canaán. Conquistou a maior parte do territorio da Terra Prometida e distribuíuno entre as Doce tribos de Israel.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Xénese

    Xénese

    O libro da Xénese, (do grego Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en hebreo תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, Bereshit, "no principio"). É o primeiro libro da tora ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do Tanak, a biblia hebrea (coñecida polos cristiáns como o Antigo Testamento). Fai parte dos primeiros cinco libros (Pentateuco), xunto con Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio, cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a Moisés.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Xacob

    Xacob

    Este artigo trata sobre un personaxe bíblico, para o nome véxase Santiago (nome). Xacob foi un dos patriarcas hebreos, segundo as narracións da Xénese (ou Bereshit en hebreo). Ten como nome alternativo Israel.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Sete Palabras

    Sete Palabras

    As Sete Palabras (Septem Verba en latín) é a denominación máis habitual das sete derradeiras frases que Xesús pronunciou durante a súa crucifixión, antes de morrer, segundo se recolle nos Evanxeos canónicos. Os dous primeiros, o de Mateu e o de Marcos, mencionan soamente unha, a cuarta. O de Lucas relata tres: a primeira, a segunda e a sétima.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Catarrhini

    Catarrhini

    Catarrhini é unha das dúas subdivisións da infraorde dos Siimiformes, os primates superiores ou simios. Abrangue aos monos do Vello Mundo e aos Hominoidea, os cales teñen as divisións de xibóns e os Hominidae (orangutáns, gorilas, chimpancés, bonobos e humanos). Son todos nativos de África e Asia.

    80 visitas (↑80 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Dionisio o Exiguo

    Dionisio o Exiguo

    Dionisio o Exiguo, tamén coñecido como Dionisio o Humilde, nado circa 470 e finado circa 544, foi un monxe do século VI nado na Escitia Menor, a moderna Dobruia, repartida entre Romanía e Bulgaria. Foi membro da comunidade dos monxes escitas concentrada en Tomis, a principal cidade da Escitia Menor. Dionisio é famoso por ser o inventor da era Anno Domini, que se usa para numerar os anos tanto do calendario gregoriano coma do calendario xuliano (cristianizado).

    79 visitas (↑79 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 79

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Simón González Salgado

    Simón González Salgado

    Simón González Salgado, nado en San Cibrao das Viñas o 13 de agosto de 1964, é un deportista de kickboxing, campión do mundo en trece ocasións na modalidade de Full Contact. Na actualidade reside na cidade de Vigo onde imparte clases de boxeo, kickboxing e full contact no seu propio ximnasio.

    77 visitas (↑77 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 77

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Pianista

    Pianista

    Un pianista é unha persoa que toca o piano profesionalmente ou como afección. A maioría dos xéneros da música occidental empregan o piano. En consecuencia, os pianistas poden escoller entre un amplo repertorio e estilos, incluíndo música clásica, jazz, blues e música rock.

    58 visitas (↑20 de onte)0,0,0,0,0,0,0,21,38, 58

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    55 visitas (↑12 de onte)49,52,84,33,54,59,56,68,43, 55

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    48 visitas (↑30 de onte)0,30,22,0,0,0,58,23,18, 48

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Memorias de África

    Memorias de África

    Memorias de África (en inglés: Out of Africa) é un filme estadounidense de 1985, baseado no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptado por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, o filme foi dirixido por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado. Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Kenya, durante a época na que esta era unha colonia británica.

    43 visitas (↑43 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 43

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Lg1do

    Lg1do

    Saúl Rodríguez Maroñas, nado en Santa Comba o 11 de marzo de 2008, e máis coñecido coma Lg1do, é un cantante galego de música urbana, trap e reguetón.

    42 visitas (↓34 de onte)19,0,0,0,22,25,28,40,76, 42

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    Adama Traoré Diarra

    Adama Traoré Diarra

    Adama Traoré Diarra, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 25 de xaneiro de 1996) é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Foi oito veces internacional coa selección española. Formado na canteira do Barcelona, debutou co primeiro equipo en 2013.

    40 visitas (↑40 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    40 visitas (↓5 de onte)48,38,42,36,28,29,47,32,45, 40

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    悪魔の実(ゾオン系)まんが芸人悦次郎中谷はかせ

    悪魔の実(ゾオン系)まんが芸人悦次郎中谷はかせ

    38 visitas (↑38 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 38

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Ceuta

    Ceuta

    Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África.

    35 visitas (↑15 de onte)0,0,0,0,0,23,22,21,20, 35

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    El Colorado

    El Colorado

    El Colorado é unha aldea andaluza pertencente ao concello de Conil de la Frontera, na provincia de Cádiz. Ten 2.569 habitantes, os mesmos que a súa vila irmá, Barrio Nuevo. É coñecido pola súa variedade de tendas e negocios, incluíndo unha farmacia, tendas de roupa, tendas de lambetadas, restaurantes, supermercados e mesmo escolas.

    34 visitas (↑34 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Colexio de San Clemente

    Colexio de San Clemente

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Freguesías de Portugal

    Freguesías de Portugal

    No 2010, segundo o INE, Portugal contaba con 4.260 freguesías:

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Luz Casal

    Luz Casal

    María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Ester Expósito

    Ester Expósito

    Ester Expósito, nada en Madrid o 26 de xaneiro de 2000, é unha actriz española de cine e televisión, coñecida por interpretar a Carla Rosón Caleruega na serie de Netflix Élite (2018) e a Cayetana Aldama en Alguien tiene que morir (2020).

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Deportivo da Coruña

    Deportivo da Coruña

    O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.

    33 visitas (↑11 de onte)0,0,0,29,0,0,0,0,22, 33

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    O Sexo, Agolada

    O Sexo, Agolada

    Santiago do Sexo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 83 habitantes.

    33 visitas (↑33 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Roi Casal

    Roi Casal

    Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,33,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Candorca

    Candorca

    A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.

    30 visitas (↑30 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    15.ai

    15.ai

    15.ai foi unha aplicación web gratuíta e non comercial que empregaba intelixencia artificial (IA) para xerar, a partir de texto, voces de personaxes ficticios de obras da cultura popular. Creada por un investigador en intelixencia artificial coñecido polo pseudónimo «15» durante a súa etapa no MIT, a aplicación permitía aos usuarios facer que personaxes de videoxogos, programas de televisión e filmes pronunciasen textos personalizados con distintos matices emocionais; tamén podía xerar o son resultante en menos tempo do que duraba a súa reprodución. A plataforma destacaba pola capacidade de producir voces convincentes con moi poucos datos de adestramento; o nome «15.ai» facía referencia á afirmación do creador de que era posible clonar unha voz con só quince segundos de son.

    29 visitas (↑29 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 29

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    29 visitas (↓6 de onte)33,37,26,26,0,0,28,20,35, 29

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    Axpo Holding

    Axpo Holding

    Axpo Holding AG é unha empresa enerxética suíza con sede en Baden, no cantón de Argovia, e a sociedade matriz do Grupo Axpo. Constituída en 2001 a partir da reorganización da antiga Nordostschweizerische Kraftwerke AG (NOK), está participada integramente polos cantóns do nordés de Suíza e as súas empresas cantonais de electricidade. O grupo desenvolve actividades de xeración, redes eléctricas, comercialización e comercio de enerxía, así como servizos enerxéticos e contratos de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA).

    28 visitas (↑28 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    28 visitas (↑5 de onte)37,55,57,28,18,27,25,32,23, 28

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Rakel Winchester

    Rakel Winchester

    Rakel Winchester é o nome dunha banda de música cordobesa liderada por Raquel Riquelme, a quen artisticamente tamén se coñece como Rakel Winchester. Mesturan pop con rock e flamenco. As letras son sempre en clave humorística e de temática sexual.

    27 visitas (↑11 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,16, 27

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Mondra

    Mondra

    Martín Mondragón, nacido en Recesende (Teo) no ano 2000, é un cantante e bailador galego, coñecido polo nome artístico de Mondra.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Colexio de Sanclemente de Pasantes

    Colexio de Sanclemente de Pasantes

    Colexio de Sanclemente de Pasantes O Colexio de Sanclemente de Pasantes foi unha institución educativa vinculada á Igrexa compostelá, destinada ao sostemento de estudantes pasantes que servían na Catedral de Santiago. Historia A fundación do Colexio de Sanclemente de Pasantes remóntase ao século XVII, cando se estableceu unha dotación destinada a garantir a formación e manutención dos pasantes vinculados á Igrexa compostelá. Estes estudantes desempeñaban funcións litúrxicas e administrativas, e recibían ensino e apoio económico para completar a súa formación.

    27 visitas (↑27 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    26 visitas (↑9 de onte)29,28,75,49,30,36,41,23,17, 26

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Eugenio Urtaza Norat

    Eugenio Urtaza Norat

    Eugenio Urtaza Norat, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1947, foi un dos fundadores do Partido Comunista de España en Galicia.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Macondo

    Macondo

    Macondo é unha vila ficticia na que se desenvolven as novelas Cien años de soledad, Los funerales de la Mamá Grande, La hojarasca, La mala hora e Monólogo de Isabel viendo llover en Macondo do escritor colombiano Gabriel García Márquez. No 2005 houbo unha iniciativa para renomear Aracataca, vila natal de García Márquez, como Macondo. Realizouse un referendo e a medida non foi aprobada.

    25 visitas (↓3 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,28, 25

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Islandia

    Islandia

    Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

    25 visitas (↑25 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Vicky Luengo

    Vicky Luengo

    María Victoria Luengo Sáez, nada en Palma de Mallorca o 7 de abril de 1990, máis coñecida como Victoria Luengo ou Vicky Luengo, é unha actriz española recoñecida polo seu papel protagonista na serie Antidisturbios (2020), pola que foi nomeada a diversos premios, e recibiu o Premio Ondas en 2021 á mellor intérprete feminina en ficción. Ademais, protagonizou Reina Roja (2024), e gañou o Premio Fundación Princesa de Xirona das Artes (2024) polo seu "amor polo oficio".

    24 visitas (↑24 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Rusia

    Rusia

    Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.

    24 visitas (↑5 de onte)25,26,26,47,22,25,0,21,19, 24

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    24 visitas (↑3 de onte)26,28,26,48,19,27,18,19,21, 24

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Dolly Parton

    Dolly Parton

    Dolly Rebecca Parton, nada en Sevierville (Tennessee) o 19 de xaneiro de 1946 e finada en Nashville o 25 de agosto de 2026, foi unha cantante, compositora, actriz, e empresaria estadounidense.

    24 visitas (↓9 de onte)0,0,0,0,335,289,95,42,33, 24

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Plácido Lizancos Santos

    Plácido Lizancos Santos

    Plácido Lizancos Santos, nado en Fisterra o 28 de xaneiro de 1932 e finado na Coruña o 5 de decembro de 2018, foi un tradutor, editor e pedagogo galego.

    24 visitas (↓4 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,28, 24

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    23 visitas (↑4 de onte)0,20,19,0,0,36,0,26,19, 23

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Alxeria

    Alxeria

    Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.

    23 visitas (↑6 de onte)27,21,26,26,20,27,20,0,17, 23

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Colexio de San Clemente de Pasantes

    Colexio de San Clemente de Pasantes

    O Colexio de San Clemente de Pasantes é un edificio civil de inicios do século XVII, localizado en Santiago de Compostela, nas inmediacións da Porta Faxeira e do lado norte do Parque da Ferradura. Actualmente acolle o IES Rosalía de Castro, e anteriormente foi o instituto feminino.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Xan das Bólas

    Xan das Bólas

    Fernando Tomás Ares Pena, alcumado Xan das Bólas, nado na Coruña o 30 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1977, foi un actor galego. Foi un dos actores secundarios cunha traxectoria máis longa na historia do cine español, aparecendo en arredor de 300 filmes, habitualmente con pequenos papeis cómicos nos que representaba personaxes con variados oficios. Con todo, o seu traballo foi criticado por boa parte da intelectualidade e a crítica galega pola ridiculización do pobo galego á que contribuía coas súas interpretacións de personaxes risibles, ás que engadía un esaxerado acento galego.

    23 visitas (↑23 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Elizabeth Arden

    Elizabeth Arden

    Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,20,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Bulgaria

    Bulgaria

    Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.

    22 visitas (↓4 de onte)31,36,26,25,21,25,0,31,26, 22

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Augusto Pinochet

    Augusto Pinochet

    Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.

    22 visitas (↑4 de onte)20,24,23,23,18,25,25,17,18, 22

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    Ticiano Picón

    Ticiano Picón

    Ticiano Picón San Miguel, que empregou o pseudónimo Juan Expósito, nado en Tudela de Duero (Valladolid) o 3 de marzo de 1892 e finado en Argelès-sur-Mer en 1939, foi un mestre e militar anarquista español.

    22 visitas (↑22 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    22 visitas (↑1 de onte)0,32,0,20,24,0,19,26,21, 22

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    21 visitas (↑2 de onte)26,28,16,27,26,20,21,20,19, 21

    9+ días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    José Mouriño Cuba

    José Mouriño Cuba

    José Mouriño Cuba, nado en Lousada (Xermade) o 25 de novembro de 1948, é un enxeñeiro técnico agrícola, biólogo e escritor galego. Foi un dos maiores impulsores das Denominacións de Orixe de Galicia e das Indicacións Xeográficas Protexidas, especialmente da provincia de Lugo, como Ribeira Sacra, a do queixo San Simón da Costa, queixo do Cebreiro, faba de Lourenzá, grelos de Galicia , Lacón Galego e pemento de Mougán. Tamén está considerado un dos grandes impulsores da agricultura ecolóxica de Galicia debido á súa implicación clave na creación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Hurling

    Hurling

    O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.

    21 visitas (↑6 de onte)23,23,25,23,18,20,25,0,15, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Ontario

    Ontario

    Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.

    21 visitas (↑3 de onte)27,0,0,0,20,27,24,21,18, 21

    6 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Aitana Sánchez-Gijón

    Aitana Sánchez-Gijón

    Aitana Sánchez-Gijón De Angelis, nada en Roma o 5 de novembro de 1968, é unha actriz española de cine, teatro e televisión. É académica de honra da Academia das Artes Escénicas de España de 2022. En febreiro de 2025 outorgaronlle o Premio Goya de Honra.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Bandeira da República Popular da China

    Bandeira da República Popular da China

    A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".

    21 visitas (↑21 de onte)21,22,22,23,0,22,26,17,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    David Perdomo

    David Perdomo

    David Lendoiro Perdomo, coñecido artisticamente como David Perdomo, nado na Coruña o 19 de decembro de 1979, é un actor, humorista e cantante de punk, rock e heavy metal galego.

    21 visitas (↑1 de onte)0,0,48,17,20,0,0,0,20, 21

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Bil Nsongo

    Bil Nsongo

    Bil Dornol Nsongo Tonfack, nado en Yaoundé o 21 de setembro de 2004, é un futbolista camerúnes que xoga na posición de dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.

    21 visitas (↓6 de onte)22,40,26,25,0,24,0,44,27, 21

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Gerardo Lobeira Rodríguez

    Gerardo Lobeira Rodríguez

    Gerardo Lobeira Rodríguez, nado en Loira (Seixo, Marín) o 30 de xaneiro de 1908 e finado en Bagnols-sur-Cèze o 27 de agosto de 1944, foi un militar e guerrilleiro galego.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Sito Miñanco

    Sito Miñanco

    José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, nado en San Tomé do Mar (Cambados) o 23 de setembro de 1955, é un empresario e, no seu momento, contrabandista galego.

    21 visitas (↑21 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    21 visitas (↓4 de onte)26,23,21,28,19,0,21,20,25, 21

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

    20 visitas (↑20 de onte)20,20,22,42,0,25,0,17,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Día Internacional dos Traballadores

    Día Internacional dos Traballadores

    O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.

    20 visitas (↑3 de onte)20,0,0,0,0,25,25,0,17, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Xeografía de Naruto

    Xeografía de Naruto

    A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.

    20 visitas (↑20 de onte)22,20,22,41,0,23,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Cuatro

    Cuatro

    Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.

    20 visitas (↑4 de onte)23,20,25,26,18,22,16,0,16, 20

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    20 visitas (↑20 de onte)23,0,22,23,21,0,0,17,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Chanel

    Chanel

    Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.

    20 visitas (↑20 de onte)0,0,20,0,0,0,0,0,0, 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    A Coruña

    A Coruña

    A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

    19 visitas (↑19 de onte)24,23,28,27,0,31,34,20,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    19 visitas (↓7 de onte)22,42,26,21,0,24,15,44,26, 19

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Real Madrid Club de Fútbol

    Real Madrid Club de Fútbol

    O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.

    19 visitas (↑19 de onte)20,24,24,42,18,24,0,17,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Wikipedia

    Wikipedia

    Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,17,0,18,0,15,22,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Manuel Fernández Trigo

    Manuel Fernández Trigo

    Manuel Fernández Trigo, nado o 30 de maio de 1932 na Coruña e finado o 21 de marzo de 2011 en Madrid, foi un adestrador e directivo deportivo galego.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    El ser querido

    El ser querido

    El ser querido é un filme español de 2026 dirixido por Rodrigo Sorogoyen e coescrito con Isabel Peña. Está protagonizado por Javier Bardem e Vicky Luengo, que interpretan unha relación pai-filla.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Louisville, Kentucky

    Louisville, Kentucky

    Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición).

    19 visitas (↑3 de onte)23,19,25,22,21,0,0,0,16, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Yomiuri Giants

    Yomiuri Giants

    Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.

    19 visitas (↑19 de onte)20,19,22,22,18,0,18,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Eurocopa

    Eurocopa

    19 visitas (↑19 de onte)22,18,21,22,21,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Consello de Ministros de España

    Consello de Ministros de España

    O Consello de Ministros de España é un órgano colexiado político constitucional integrado polo presidente do Goberno, os vicepresidentes e os ministros. Habitualmente reúnense os martes laborais ás 10:00 horas no Palacio da Moncloa, en Madrid. Porén, con carácter excepcional, póde convocarse en calquera outro día, hora ou lugar do territorio nacional, ou, de xeito telemático, por decisión do presidente do goberno, sempre que todos os membros participantes se atopen no territorio nacional e poidan acreditar a súa identidade.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Marco Antonio

    Marco Antonio

    Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).

    19 visitas (0 de onte)24,21,21,24,0,23,26,17,19, 19

    5 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Mark Donohue

    Mark Donohue

    Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.

    19 visitas (↑19 de onte)20,21,23,21,19,0,0,18,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Dámaso Arcediano Monescillo

    Dámaso Arcediano Monescillo

    Dámaso Arcediano Monescillo, nado en Puertollano o 20 de setembro de 1984, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.

    19 visitas (↑19 de onte)0,0,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Alba Mancebo

    Alba Mancebo

    Alba Mancebo Soto, coñecida como Alba Mancebo, nada en Cambeda (Vimianzo) en 1993, é unha xornalista e presentadora de tv galega.

    19 visitas (↑19 de onte)0,28,0,0,0,0,0,0,0, 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Valencia CF

    Valencia CF

    19 visitas (↑3 de onte)23,23,22,23,18,23,18,0,16, 19

    2 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Utah Jazz

    Utah Jazz

    Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.

    18 visitas (↑18 de onte)22,21,20,44,0,23,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Anna's Archive

    Anna's Archive

    Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes.

    18 visitas (↑18 de onte)27,18,0,18,0,0,0,17,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Tadej Pogačar

    Tadej Pogačar

    Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.

    18 visitas (↓7 de onte)0,0,0,0,23,0,0,19,25, 18

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    David Senra

    David Senra

    David Senra Martínez , nado en Santiago de Compostela en 1992, é un piloto galego de karting.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,26,28,0,0,0,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Harald V de Noruega

    Harald V de Noruega

    Harald V, nado en Skaugum (Asker) o 21 de febreiro de 1937 e finado en Oslo o 28 de agosto de 2026, foi un nobre europeo, rei de Noruega dende o 17 de xaneiro de 1991. É fillo de Olavo V e de Marta de Suecia, é o primeiro rei de Noruega nado no país dende o rei Olavo IV, que nacera en 1370.

    18 visitas (↓31 de onte)0,0,0,0,0,0,39,134,49, 18

    4 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Selección de fútbol do Perú

    Selección de fútbol do Perú

    A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.

    18 visitas (↓7 de onte)23,41,23,24,18,23,0,46,25, 18

    3 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Mandato británico de Palestina

    Mandato británico de Palestina

    O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.

    18 visitas (↑18 de onte)22,23,20,24,18,23,19,0,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    De Ninghures

    De Ninghures

    De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.

    18 visitas (↑18 de onte)0,0,30,88,36,0,0,25,0, 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .