Wikipedia en galego Top 100

Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...

  1. 1

    María Jamardo

    María Jamardo

    María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.

    210 visitas (↑210 de onte), 210

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  2. 2

    Organización non gobernamental

    Organización non gobernamental

    Unha organización non gobernamental (máis coñecida pola súa sigla ONG) é unha entidade de carácter privado, con fins e obxectivos definidos polos seus integrantes, creada independentemente dos gobernos. Xuridicamente adopta diferentes status, como o da asociación, fundación ou outras formas. Ao conxunto do sector que integran as ONG denomínaselle de diferentes formas como sector voluntario, sector non lucrativo, sector solidario, economía social, terceiro sector, sector social, entre outras.

    168 visitas (↑168 de onte), 168

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  3. 3

    Manuel Peleteiro

    Manuel Peleteiro

    Manuel Marcial Peleteiro Irago, ou Yrago en documentos en lingua castelá, nado cara a 1920 e finado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1965, foi un docente galego.

    140 visitas (↑140 de onte), 140

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  4. 4

    Sol Mariño

    Sol Mariño

    Sol Rivas López, coñecida como Sol Mariño, nada en Vimianzo en 1986, é unha fotógrafa e escritora galega.

    90 visitas (↑90 de onte), 90

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  5. 5

    Jordi Savall

    Jordi Savall

    Jordi Savall i Bernadet, nado en Igualada, en 1941, é un violagambista, director de orquestra e musicólogo catalán, especializado en música antiga.

    89 visitas (↑89 de onte), 89

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  6. 6

    Posicións sexuais

    Posicións sexuais

    Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.

    80 visitas (↑80 de onte), 80

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  7. 7

    Luis Peleteiro Ramos

    Luis Peleteiro Ramos

    Luis Ildefonso Peleteiro Ramos é un profesor galego, o director do colexio Manuel Peleteiro.

    70 visitas (↑70 de onte), 70

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  8. 8

    Foca de Weddell

    Foca de Weddell

    A foca de Weddell (Leptonychotes weddellii) é unha especie relativamene grande e abundante de fócido con distribución circunpolar arredor da Antártida. A foca de Weddell descubriuse e déuselle nome na década de 1820 durante expedicións lideradas polo capitán de barco de caza de focas británico James Weddell na área do Océano do Sur agora chamado mar de Weddell. A historia vital desta especie está ben documentada, xa que ocupa ambientes con xeo fixo (conectado a terra) preto do continente antártico e a miúdo a carón das bases antárticas.

    68 visitas (↑68 de onte), 68

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  9. 9

    Liberalismo

    Liberalismo

    O liberalismo é unha filosofía política que prioriza a liberdade individual como o valor central dunha orde política lexítima, sostendo que a autoridade política e a lei deben xustificarse mediante o consentimento de persoas libres e iguais, e que existen fundamentalmente para garantir dereitos básicos como a liberdade de conciencia, de expresión e de asociación. Xurdido do pensamento ilustrado, o liberalismo nútrese de precedentes anteriores como a Carta Magna, pero foi articulado de xeito sistemático por figuras como John Locke, quen formulou os dereitos naturais á vida, á liberdade e á propiedade, argumentando que os gobernos derivan a súa lexitimidade de protexer estes dereitos fronte ao poder arbitrario. Na súa forma clásica, o liberalismo defende unha intervención estatal mínima, o imperio da lei, os mercados libres e os dereitos de propiedade privada como medios para posibilitar a iniciativa individual e a cooperación voluntaria, principios que a evidencia empírica vincula coa aceleración do crecemento económico durante a Revolución Industrial e o posterior «Gran Enriquecemento», que multiplicou os ingresos globais por factores de entre dez e cen.

    49 visitas (↑49 de onte), 49

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  10. 10

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias

    Eva Iglesias Miguéns, nada o 1 de novembro de 1987 en Rianxo, é unha cantante e actriz galega.

    47 visitas (↑47 de onte), 47

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  11. 11

    Fátima Iglesias

    Fátima Iglesias

    María Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

    45 visitas (↑45 de onte), 45

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  12. 12

    Galicia

    Galicia

    Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

    44 visitas (↑44 de onte), 44

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  13. 13

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela

    Obdulia Taboadela Álvarez, nada en Madrid o 22 de novembro de 1964, é unha profesora universitaria e política coruñesa.

    40 visitas (↑40 de onte), 40

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  14. 14

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz

    Roque Ruiz, nado en Arteixo o 24 de novembro de 1999, é un actor galego.

    39 visitas (↑39 de onte), 39

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  15. 15

    Criptomeria

    Criptomeria

    A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

    37 visitas (↑37 de onte), 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  16. 16

    Carlos Ares

    Carlos Ares

    Carlos Ares, nado en 1997 na Coruña, é un músico, cantautor e produtor galego. A súa música foi definida como pop, folk e alternativa.

    37 visitas (↑37 de onte), 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  17. 17

    Macklemore

    Macklemore

    Ben Haggerty, nado o 19 de xuño de 1983, máis coñecido polo seu nome artístico como Macklemore, e un rapeiro e músico estadounidense. Comezou independentemente no ano 2000 e agora colabora co produtor Ryan Lewis, o violinista Andrew Joslyn e o trompetista Owuor Arunga. Alcanzou a súa popularidade coa canción Thrift Shop, o vídeo musical desta canción foi visto máis de 250 000 000 veces en Youtube.

    37 visitas (↑37 de onte), 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  18. 18

    Lei

    Lei

    Unha lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.

    37 visitas (↑37 de onte), 37

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  19. 19

    Lingua galega

    Lingua galega

    O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

    34 visitas (↑34 de onte), 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  20. 20

    Segunda guerra mundial

    Segunda guerra mundial

    A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.

    34 visitas (↑34 de onte), 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  21. 21

    Colexio Manuel Peleteiro

    Colexio Manuel Peleteiro

    O Colexio Manuel Peleteiro é un colexio galego privado fundado en 1951 co nome de Academia Minerva por Manuel Peleteiro Irago e a súa muller Dolores Ramos Fernández. Impártense ensinanzas dende educación infantil ata segundo de bacharelato, e está considerado un dos mellores colexios privados de España. En 2023 tiña 1370 alumnos matriculados e 128 profesores.

    34 visitas (↑34 de onte), 34

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  22. 22

    A filla do ladrón de bicicletas

    A filla do ladrón de bicicletas

    A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  23. 23

    Charo Lopes

    Charo Lopes

    María del Rosario López Sánchez, coñecida como Charo Lopes, nada en Boiro en 1988, é unha activista e escritora galega.

    33 visitas (↑33 de onte), 33

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  24. 24

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027

    O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  25. 25

    Braulio Vázquez

    Braulio Vázquez

    Braulio Jesús Vázquez Benítez, nado en Pontevedra o 14 de marzo de 1972, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego, actual director deportivo de Osasuna. Como futbolista, xogaba de dianteiro e formouse na canteira do Deportivo da Coruña, co que debutou en Primeira División. Tras pasar pola Primeira Liga, nas filas do Farense, pasou por varios equipos españois, principalmente da Segunda B e a Terceira División.

    32 visitas (↑32 de onte), 32

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  26. 26

    Diario de la Marina

    Diario de la Marina

    Diario de la Marina foi un xornal cubano de carácter conservador, editado na Habana entre 1844 e 1960, autodenominado "El decano de la prensa cubana".

    30 visitas (↑30 de onte), 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  27. 27

    Louisville, Kentucky

    Louisville, Kentucky

    Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición).

    30 visitas (↑30 de onte), 30

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  28. 28

    Samsung Galaxy S20+

    Samsung Galaxy S20+

    O Samsung Galaxy S20+ é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 11 de febreiro de 2020 e lanzado o 13 de marzo do mesmo ano con Android 10 e a capa de personalización One UI 2. Inclúe un procesador Exynos 990 de oito núcleos e unha pantalla AMOLED de 6,7 polgadas cunha frecuencia de actualización de 120 Hz.

    28 visitas (↑28 de onte), 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  29. 29

    Martiño Rivas

    Martiño Rivas

    Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985, é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.

    28 visitas (↑28 de onte), 28

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  30. 30

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F

    O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    27 visitas (↑27 de onte), 27

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  31. 31

    Franco Colapinto

    Franco Colapinto

    Franco Alejandro Colapinto, nado o 27 de maio de 2003 é un piloto de carreiras arxentino, actualmente. competindo na Fórmula 1 para Williams. Colapinto pasou das carreiras de karts ás carreiras de fórmula júnior en 2018 e gañou o seu primeiro campionato no Campionato de España de F4 de 2019 con Drivex.

    26 visitas (↑26 de onte), 26

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  32. 32

    Mark Donohue

    Mark Donohue

    Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  33. 33

    Guerra dos Cen Anos

    Guerra dos Cen Anos

    A guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) foi unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente ao longo de 116 anos, entre o 24 de maio de 1337 e o 19 de outubro de 1453, entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  34. 34

    Monumento á Virxe de Guadalupe

    Monumento á Virxe de Guadalupe

    O Monumento á Virxe de Guadalupe é unha obra realizada entre 1929 e 1932 do escultor galego Francisco Asorey por encarga de Ángel Baltar Cortés, situada en Rianxo, nun pedestal no alto do cantil que hai perante o dique da praia de Tanxil. Con este monumento colocado en 1932 Ángel Baltar pretendía render unha homenaxe a Rianxo.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  35. 35

    Juan Jesús Vivas

    Juan Jesús Vivas

    Juan Jesús Vivas Lara, nado en Ceuta o 27 de febreiro de 1953, é un político español, actual alcalde-presidente da Cidade Autónoma de Ceuta e presidente do Partido Popular de devandita cidade. É licenciado en Económicas pola Universidade de Málaga e funcionario de carreira do concello de Ceuta.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  36. 36

    Juan de Sanclemente

    Juan de Sanclemente

    Juan de Sanclemente Torquemada, nado en Córdoba o 19 de agosto de 1534 e finado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1602, foi bispo da diocese de Ourense de 1578 a 1587 e arcebispo de Santiago de Compostela de 1587 a 1602. Por medo as incursións piratas mandou agochar as reliquias do Apóstolo Santiago, que non serían atopadas de novo ata case tres séculos despois. Fundou o Colexio de San Clemente de Pasantes e o Colexio das Orfas e impulsou a demolición do coro pétreo do mestre Mateu para substituílo por outro de madeira.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  37. 37

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada

    José Antonio Armada Pérez, nado en Bande en marzo de 1975, é un político galego do PPdeG.

    25 visitas (↑25 de onte), 25

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  38. 38

    Eurocopa

    Eurocopa

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  39. 39

    Pobo galego

    Pobo galego

    Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  40. 40

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo

    Marcial Mouzo Vidal, máis coñecido como Marcial Mouzo, nado en Mazaricos o 20 de abril de 1961, é un xornalista e comunicador galego.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  41. 41

    Patrimonio da Humanidade en Alemaña

    Patrimonio da Humanidade en Alemaña

    O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). Defínense como patrimonio natural, aquelas paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  42. 42

    Fernando Salgado García

    Fernando Salgado García

    Juan Fernando Salgado García, nado en Monterroso o 28 de marzo de 1953, é un xornalista e político galego.

    24 visitas (↑24 de onte), 24

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  43. 43

    Ed Sheeran

    Ed Sheeran

    Edward Christopher "Ed" Sheeran, nado en Halifax (West Yorkshire) o 17 de febreiro de 1991, é un cantautor inglés. Firmou un contrato coa discográfica Asylum / Atlantic Records. Sheeran saltou á fama no mes de xuño de 2011, cando o seu primeiro single "The A Team" debutou nas listas británicas co número 3.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  44. 44

    Lg1do

    Lg1do

    Saúl Rodríguez Maroñas, nado en Santa Comba o 11 de marzo de 2008, e máis coñecido coma Lg1do, é un cantante galego de música urbana, trap e reguetón.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  45. 45

    Cabo Verde

    Cabo Verde

    Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  46. 46

    Zeltia

    Zeltia

    Este artigo é sobre a empresa química. Para saber sobre o desaparecido equipo de fútbol Zeltia Deportiva Porriño, vexa Porriño Industrial Club de Fútbol. Zeltia era un grupo galego de empresas químico-farmacéuticas e de biotecnoloxía.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  47. 47

    Nacho Castaño

    Nacho Castaño

    Ignacio Castaño Gómez, máis coñecido como Nacho Castaño, nado en Vilagarcía de Arousa en 1972, é un actor de televisión, cine, dobraxe e teatro galego.

    23 visitas (↑23 de onte), 23

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  48. 48

    Rastro (informática)

    Rastro (informática)

    Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  49. 49

    Masturbación coas mamas

    Masturbación coas mamas

    A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  50. 50

    Jesús Peleteiro Suárez

    Jesús Peleteiro Suárez

    Jesús Ramón Peleteiro Suárez é un xornalista galego que traballa na Televisión de Galicia.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  51. 51

    Elxokas

    Elxokas

    Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  52. 52

    Máquina comecartos

    Máquina comecartos

    Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  53. 53

    Sanguijuelas del Guadiana

    Sanguijuelas del Guadiana

    Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.

    22 visitas (↑22 de onte), 22

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  54. 54

    Massimo Benassi

    Massimo Benassi

    Massimo Adalberto Benassi, nado en Pordenone o 12 de setembro de 1991, é un dirixente deportivo italiano, actual director xeral do Deportivo da Coruña dende 2023.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  55. 55

    Maria Furtwängler

    Maria Furtwängler

    Maria Furtwängler-Burda, nada en Múnic o 13 de setembro de 1966, é unha actriz e médica alemá, coñecida especialmente por interpretar dende 2002 a comisaria de policía Charlotte Lindholm na serie televisiva Tatort.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  56. 56

    Xosé Manuel López Tuñas

    Xosé Manuel López Tuñas

    Xosé Manuel López Tuñas, nado en Negreira o 15 de xaneiro de 1948 e finado no mesmo lugar o 12 de setembro de 2026, foi un mestre, escritor e político galego do PSdeG-PSOE.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  57. 57

    Chuza!

    Chuza!

    Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  58. 58

    9Louro

    9Louro

    Martín Louro, nado en Muros en 2004, máis coñecido coma 9Louro, é un cantante galego de pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton.

    21 visitas (↑21 de onte), 21

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  59. 59

    A riqueza das nacións

    A riqueza das nacións

    Investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións, coñecida habitualmente como A riqueza das nacións (en inglés, The Wealth of Nations), é un tratado de referencia sobre economía política escrito polo pensador da Ilustración escocesa Adam Smith e publicado por primeira vez en marzo de 1776 en Londres. O libro analiza de xeito sistemático os mecanismos que xeran a prosperidade nacional, postulando que a riqueza dun país non deriva do ouro acumulado nin dos balances mercantís, senón da produción anual de bens e servizos posibilitada polo traballo produtivo. Smith presenta a división do traballo como o principal motor das ganancias de produtividade, ilustrado a través do exemplo dunha fábrica de alfinetes, na que a especialización multiplica de xeito notable a produción por traballador en comparación coa fabricación individual.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  60. 60

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2025 o concello tiña 100.965 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  61. 61

    José María Paz Gago

    José María Paz Gago

    José María Paz Gago, tamén coñecido como Chema Paz Gago, nado en Celanova en 1966, é un escritor e profesor galego.

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  62. 62

    Pornografía

    Pornografía

    A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  63. 63

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Lista de xentilicios de concellos galegos

    Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:

    20 visitas (↑20 de onte), 20

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  64. 64

    Xiao, Cerdido, Cerdido

    Xiao, Cerdido, Cerdido

    Xiao é un lugar da parroquia de Cerdido no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Tiña 20 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 13 homes e 7 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 25 habitantes.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  65. 65

    Augusto Pinochet

    Augusto Pinochet

    Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  66. 66

    Real Madrid Club de Fútbol

    Real Madrid Club de Fútbol

    O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  67. 67

    Ontario

    Ontario

    Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  68. 68

    Crowdsourcing

    Crowdsourcing

    O crowdsourcing é unha estratexia polo xeral empresarial que se vale do traballo colectivo para sacar adiante unha determinada actividade, teña esta unha finalidade económica ou non.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  69. 69

    Creampie

    Creampie

    O Creampie é unha modalidade do cinema pornográfico na que logo de exacular un home dentro da vaxina ou ano da súa ou do seu compañeiro sexual, retira o pene e obsérvase o escorregamento do seme a través dos mesmos orificios. É un recurso utilizado no cinema pornográfico duro como alternativa á visualización polo espectador da exaculación externa clásica. Nestes casos o momento da exaculación non se pode gravar pola cámera ao producirse internamente, pero en cambio o espectador pode posteriormente ver como o esperma é expulsado lentamente ó exterior a través de contraccións dos músculos vaxinais ou do esfínter anal.

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  70. 70

    Marco Antonio

    Marco Antonio

    Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).

    19 visitas (↑19 de onte), 19

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  71. 71

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro

    Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa (Allariz) o 1 de decembro de 1957 e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025, foi un presentador de televisión e cantante galego.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  72. 72

    Salustiano Batalla Hermida

    Salustiano Batalla Hermida

    Salustiano Rafael Batalla Hermida, nado en Padrón cara a 1834, foi un militar galego asentado na Arxentina.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  73. 73

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia

    A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  74. 74

    Comarcas de Galicia

    Comarcas de Galicia

    En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  75. 75

    Samsung Galaxy S20

    Samsung Galaxy S20

    O Samsung Galaxy S20 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 11 de febreiro de 2020 e lanzado o 6 de marzo dese mesmo ano. Lanzouse con Android 10 e posteriormente actualizouse a Android 13.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  76. 76

    Hurling

    Hurling

    O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  77. 77

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel Blanco Encalada

    Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  78. 78

    Pablo Fernández Santos

    Pablo Fernández Santos

    Pablo Fernández Santos, nado en León o 4 de xuño de 1976, é un político español, procurador nas Cortes de Castela e León por Podemos.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  79. 79

    Historia do cinema

    Historia do cinema

    A historia do cinema como espectáculo comeza en París o 28 de decembro de 1895, data da primeira exhibición pública en París.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  80. 80

    Silvia Superstar

    Silvia Superstar

    Silvia García Pintos, nada en Vigo o 26 de setembro de 1970, é unha cantante, actriz e empresaria galega, coñecida como Silvia Superstar.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  81. 81

    Rafael Domínguez Artime

    Rafael Domínguez Artime

    Rafael Domínguez Artime, nado en Pontevedra o 29 de maio de 1976, é un médico e político galego, candidato á alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular nas eleccións de 2019. Voceiro do Partido Popular no Concello de Pontevedra. É vicepresidente do Partido Popular Provincial de Pontevedra e vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  82. 82

    Greensboro, Carolina do Norte

    Greensboro, Carolina do Norte

    Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  83. 83

    Michael J. Fox

    Michael J. Fox

    Michael J. Fox, nado Michael Andrew Fox o 9 de xuño de 1961 en Edmonton, é un actor canadense-estadounidense.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  84. 84

    Eva Alonso

    Eva Alonso

    Eva Alonso Gómez, nada en Santiago de Compostela en 1982, é unha produtora de artes escénicas e audiovisuais galega.

    18 visitas (↑18 de onte), 18

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  85. 85

    Emilio Grandío Seoane

    Emilio Grandío Seoane

    Emilio Grandío Seoane, nado na Coruña en 1967, é un historiador, profesor e escritor galego.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  86. 86

    Selección de fútbol do Perú

    Selección de fútbol do Perú

    A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  87. 87

    Posición do misioneiro invertida

    Posición do misioneiro invertida

    A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  88. 88

    Utah Jazz

    Utah Jazz

    Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  89. 89

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    Mundial de Fútbol de 2014 - Final

    A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  90. 90

    Rusia

    Rusia

    Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  91. 91

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos

    Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  92. 92

    Xavier Guerra

    Xavier Guerra

    Javier Jorge Guerra Fernández, nado en Vigo o 12 de xullo de 1964, é un empresario e político galego.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  93. 93

    Concellos do departamento de Aisne

    Concellos do departamento de Aisne

    A seguinte é unha lista das 796 comunas do departamento de Aisne, en Hauts-de-France, en Francia.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  94. 94

    Constelación

    Constelación

    Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  95. 95

    Xosé Miguel Pérez Blecua

    Xosé Miguel Pérez Blecua

    Xosé Miguel Pérez Blecua, nado en San Xoán de Río en 1985, é un enxeñeiro e político galego.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  96. 96

    Cuatro

    Cuatro

    Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.

    17 visitas (↑17 de onte), 17

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  97. 97

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H

    O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

    16 visitas (↑16 de onte), 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  98. 98

    Dous tratados sobre o goberno

    Dous tratados sobre o goberno

    16 visitas (↑16 de onte), 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  99. 99

    Valentino Rossi

    Valentino Rossi

    Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.

    16 visitas (↑16 de onte), 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️
  100. 100

    Guadi Galego

    Guadi Galego

    Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha cantante galega.

    16 visitas (↑16 de onte), 16

    1 días na lista

    🔍 🗞️

Estes datos son de .