Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O intercambio contracorrente e o equicorrente son mecanismos de transferencia dalgunha propiedade (calor, materia, concentración etc.) dun fluido a outro por medio dunha membrana semipermeable ou un material condutor, sendo o primeiro un concepto clave en enxeñaría química, termodinámica entre outros; por exemplo, para a extracción da sacarosa da remolacha ou a purificación do cloruro de sodio. Tamén actúan moitos sistemas contracorrente na fisioloxía dos seres vivos.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Anthony Traill, nado en Pietermaritzburg o 27 de febreiro de 1939 e finado en Xohanesburgo o 26 de abril de 2007, foi un lingüista e fonetista surafricano. Especializouse na documentación e análise da lingua taa, tamén coñecida como ǃXóõ, unha lingua da familia tuu e a súa relación con outras linguas khoisas, que na época tiñan a consideración de familia lingüística. A súa investigación abrangueu especialmente a fonética e a fonoloxía dos clics.
Mundial de Fútbol de 2014 - Final
A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.
A Semana Santa de Toledo é unha celebración relixiosa que conmemora a Paixón, morte e resurrección de Xesucristo. Recoñecida como Festa de interese turístico internacional, esta festividade constitúe tamén un dos principais atractivos turísticos da cidade. Desenvólvese ao longo de nove días, dende o Venres de Dores ata o Domingo de Resurrección, xeralmente entre os meses de marzo e abril, segundo o calendario litúrxico.
A aprendizaxe supervisada é un paradigma da aprendizaxe automática no que se estima unha regra de predición a partir dunha mostra de observacións que contén variables de entrada e unha resposta, saída ou etiqueta asociada. Se a entrada se denota por X {\displaystyle X} e a resposta por Y {\displaystyle Y} , o procedemento emprega pares observados ( x i , y i ) {\displaystyle (x_{i},y_{i})} para construír unha función capaz de predicir a resposta de casos novos. O obxectivo científico non é reproducir sen máis a mostra de adestramento, senón obter pouco erro sobre a poboación e as condicións de uso relevantes.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Festas de interese turístico internacional de España
A declaración de Festa de interese turístico internacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ás festas ou acontecementos que supoñan manifestacións de valores culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas, e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico. Esta categoría foi creada en 1979 para adaptar as novas competencias dos ministerios durante a Transición. Dende 1965 e ata 1979 só existía a declaración de Festa de interese turístico, e coa nova reforma as denominacións honoríficas dividíronse en tres categorías: festas de interese turístico internacional, festas de interese turístico nacional e festas de interese turístico.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
As Torres de Oeste, tamén coñecidas polo seu nome medieval latino de Castellum Honesti, son os restos dunha fortaleza situada na parroquia de Santa Baia de Oeste, no concello pontevedrés de Catoira, na desembocadura do río Ulla, no fondo da ría de Arousa. O recinto, de orixe prerromana e romana, converteuse entre os séculos IX e XII no principal baluarte defensivo da comarca fronte ás incursións normandas e sarracenas que buscaban chegar a Santiago de Compostela remontando o Ulla, e por esa razón a Historia Compostelana referiuse a el coma "chave e selo de Galicia". Do recinto orixinal, que chegou a contar con sete torres distribuídas nun perímetro amurallado, consérvanse hoxe dúas torres de fábrica prerrománica, os alicerces doutra e unha capela románica do século XII dedicada ao apóstolo Santiago.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Patrimonio da Humanidade en Rusia
Os sitios do Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) son lugares de importancia para o patrimonio cultural ou o patrimonio natural, tal e como se describe na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, establecida en 1972. O patrimonio cultural comprende monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), conxuntos de edificios e sitios (incluíndo xacementos arqueolóxicos). Defínense como patrimonio natural os elementos naturais (que consisten en formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies animais e vexetais ameazadas) e os sitios naturais que son importantes desde o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
A extraversión é un dos trazos ou dimensións fundamentais da personalidade humana máis recoñecidos e estudados na psicoloxía contemporánea. Define o grao no que un individuo é sociable, asertivo,enérxico e propenso a buscar a compañía de outros, así como a súa tendencia a experimentar emocións positivas e entusiasmo ante os estímulos do mundo exterior. A diferenza do uso coloquial do termo, que a miúdo reducese á mera facilidade para conversar ou á simpatía, a psicoloxía científica define a extroversión a través dun enfoque dimensional continuo.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
"Colección Xabarín" e "Colección Xabaril" redirixen aquí, para o contedor de programas infantís da TVG véxase "Xabarín Club". Xabarín (inicialmente "Xabarín" e posteriormente renomeada como "Xabaril") é unha colección de literatura xuvenil (de aventuras, misterio, ficción científica etc) en lingua galega, de Edicións Xerais de Galicia, que botou a andar no ano 1983. Maiormente son traducións de obras da literatura universal, inda que tamén inclúe obras orixinais en galego.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
Alessandro "Sandro" Mazzola, nado en Turín o 8 de novembro de 1942, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro ou centrocampista ofensivo. Desenvolveu a totalidade da súa carreira no Inter de Milán, co que marcou 161 goles en 568 partidos oficiais, e foi 70 veces internacional coa selección italiana. Está considerado como un dos mellores futbolistas italianos de todos os tempos, e como un dos mellores xogadores da súa xeración, debido á súa velocidade, ritmo, creatividade, técnica e visión de gol.
Roteiro de Memoria As Catalinas
O Roteiro de Memoria As Catalinas é un itinerario de 1,98 quilómetros situado no concello de Carral, que une a Canteira das Catalinas coa igrexa parroquial de Santa Mariña de Beira.
Covadonga Tomé Nestal, nada en Luarca o 30 de agosto de 1970, é unha médica pediatra e política asturiana. Foi a cabeza de lista de Podemos Asturies nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023, nas que logrou acta de deputada pola circunscrición central. Tras a abandonar esa formación, dende 2024 pertence ao Grupo Mixto e é voceira de Somos Asturies.
O Gran Premio de México de 2017 (oficialmente coñecido como Gran Premio de Fórmula 1 de México de 2017)foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 29 de outubro de 2017 no Autódromo Hermanos Rodríguez en Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a décimo sétima vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Xesús Campos Álvarez, coñecido como Chichi Campos, nado en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife) o 31 de decembro de 1952 e finado en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 1991, foi un humorista gráfico e xornalista galego. Foi un dos publicistas con maior talento e vea crítica da década dos setenta e oitenta do século XX. En 2024, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dedicoulle o Día da Ilustración.
A Bandeira é unha vila da parroquia de Manduas no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE, en 2015 tiña 757 habitantes (381 homes e 376 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 2007, cando tiña 694 habitantes, en 2023 tiña 868 habitantes (433 homes e 435 mulleres). É o lugar máis poboado de toda a parroquia.