Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados, é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros» ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Theodore John Kaczynski, nado en Chicago (Illinois) o 22 de maio de 1942, e finado o 10 de xuño de 2023, máis coñecido co alcume de Unabomber, foi un matemático, filósofo, neoludita e terrorista estadounidense, que se dedicou á fabricación e envío de cartas e paquetes bomba, motivado e influenciado por un pensamento crítico da sociedade actual.
Top Gun é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Tony Scott e producido por Don Simpson e Jerry Bruckheimer, en asociación con Paramount Pictures. O guión foi escrito por Jim Cash e Jack Epps Jr., e foi inspirado por un artigo titulado "Top Guns", publicado na revista California tres anos antes. Está protagonizado por Tom Cruise, Kelly McGillis, Val Kilmer, Anthony Edwards e Tom Skerritt.
Marcus Aurelius Antoninus Basianus, nado en Lugdunum, actual Lión, o 4 de abril de 188 e finado o 8 de abril do ano 217, político romano e fillo do entón gobernador da Galia Septimio Severo, foi un emperador romano co nome oficial de Marcus Aurelius Severus Antoninus Augustus. O seu nome de Caracalla fai referencia a unha capa de orixe gala que usaba decote e co alcume pasou á historia.
Daniel James Irving, nado o 16 de abril de 1969, e coñecido como Dan Druff, é un baixista, técnico de guitarras e vocalista estadounidense que traballou con artistas como Queens of the Stone Age, Slayer, Butt Trumpet, The Distillers, Monster Magnet e Sum 41. Ata a data traballou nunhas 50 gravacións de estudio. Estivo tamén de xira con Guns N' Roses na súa Chinese Democracy Tour.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Un colo de botella poboacional ou xenético é unha forte redución no tamaño dunha poboación dunha especie de seres vivos debida a acontecementos ambientais como fames, terremotos, inundacións, incendios, doenzas e secas, ou tamén por actividades humanas como xenocidios, especiocidios, violencia estendida, caza excesiva ou sacrificios de animais molestos para reducir a súa poboación intencionadamente. Estes acontecementos poden reducir a variación no acervo xenético dunha poboación; a partir do cal só queda unha poboación máis pequena, cunha menor diversidade xenética, para transmitir os xenes ás futuras xeracións de descendentes. A diversidade xenética permanece baixa, incrementándose só cando se produce un fluxo xénico desde outra poboación ou se incrementa moi de vagar co paso do tempo a medida que se van producindo mutacións aleatorias.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada. Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte terrestre que representa América Central.
Gladiator II é un filme histórico e épico de 2024 dirixido e producido por Ridley Scott. É a secuela de Gladiator (2000), e foi escrita por David Scarpa baseándose nunha historia que escribiu con Peter Craig. O filme foi producido por Scott Free Productions e Rede Wagon Entertainment e distribuída por Paramount Pictures.
A PO-235 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Carballedo (Cerdedo Cotobade) e o alto da Portela da Cruz. Atravesa os concellos de Cerdedo Cotobade e A Lama. Ten unha lonxitude de 25 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-232 en Carballedo (Cerdedo Cotobade) e finaliza nun cruzamento coa OU-0415 na Portela da Cruz, no límite provincial de Pontevedra e Ourense.
O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.
Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris.
O Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.
As Illas Kerguelen (antes denominadas como Illas da Desolación) constitúen un arquipélago situado no Océano Índico meridional, a uns 5000 km ao sur-sueste de Cidade do Cabo, e a uns 2000 km ao norte das costas da Antártida. Son posesión de Francia, e como tal están incluídas nos Territorios Austrais Franceses (Terres Austrais et Antarctiques Françaises, TAAF). As súas coordenadas están comprendidas entre os 48º35' e 49º54' S / 68º43' e 70º35 E de Greenwich.
José Costas Fischer, nado en Freaza (Traspielas, Fornelos de Montes) o 17 de decembro de 1996, é un cantante galego, máis coñecido como Costas. Participou e foi un dos finalistas da quinta edición do programa A liga dos cantantes extraordinarios, emitido na TVG no 2024. É un dos cantantes do Grupo Tekila.
Marco Aurelio Antonino Augusto (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), alcumado o Sabio ou Filósofo, nado en Roma o 26 de abril de 121 e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispana e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.
A Liga das Nacións da UEFA é unha competición internacional bienal de fútbol disputada polas seleccións nacionais masculinas das asociacións membros da UEFA, a máxima organización do fútbol europeo. A primeira edición comezou en setembro de 2018 e rematou en xuño de 2019 coa fase final celebrada en Portugal, da que saíu campioa a selección anfitrioa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 235.149.
En ecoloxía, un efecto fervenza é unha serie de extincións secundarias que se desencadean pola extinción primaria dunha especie clave nun ecosistema. As extincións secundarias ocorren probablemente cando as especies ameazadas son: dependentes dunhas poucas fontes de alimento específicas, mutualistas (dependentes da especie clave dalgunha maneira), ou forzadas a coexistir cunha especie invasora que se introduce no ecosistema. As introducións de especies nun ecosistema alleo poden a miúdo devastar comunidades enteiras e mesmo ecosistemas enteiros.
Kingdom of Heaven é un filme épico escrito por William Monahan e dirixido por Ridley Scott, que se estreou o 6 de maio de 2005. É unha coprodución entre os Estados Unidos de América, o Reino Unido e Alemaña. A historia trata sobre as Cruzadas no século XII. A maior parte da rodaxe realizouse en Marrocos, onde Ridley Scott xa rodara anteriormente Gladiator e Black Hawk Down, ademais de aparecer en distintos momentos monumentos de cidades españolas como Huesca (Castelo de Loarre), Córdoba, Ávila e Sevilla.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A cabalgada dos malditos (en inglés: A Time for Killing) é un filme estadounidense de 1967 dirixido orixinalmente por Roger Corman pero rematado por Phil Karlson. Rodado en Panavision e Pathécolor, está protagonizado por Glenn Ford, George Hamilton, Inger Stevens e Harrison Ford (acreditado como Harrison J. Ford) no seu primeiro papel acreditado nun filme.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.
Aldrei, Marrozos, Santiago de Compostela
Aldrei é un lugar da parroquia de Marrozos, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2023 tiña 116 habitantes (50 homes e 66 mulleres).
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
A espirulina ou spirulina é un produto formado por biomasa de cianobacterias (algas verde-azuis) que pode ser consumido por humanos e animais. As tres especies fontes deste produto son: Arthrospira platensis, A. fusiformis e A. maxima (antes clasificadas no xénero Spirulina). A Arthrospira cultívase en todo o mundo e utilízase como suplemento dietético ou alimento natural.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
Erling Braut Haaland, tamén escrito Håland, nado en Leeds o 21 de xullo de 2000, é un futbolista noruegués. Xoga como dianteiro no Manchester City da Premier League e na selección de Noruega. Considerado un dos mellores xogadores do mundo e o mellor futbolista noruegués de todos os tempos, destaca pola súa velocidade, forza, e finalización dentro da área.
Carlos Santiago Cela Pereira, nado en Vigo o 5 de novembro de 1936, é un exfutbolista galego. Destacou dende novo e foi internacional coa selección española xuvenil, coa que se proclamou campión do mundo en 1954, sendo o máximo goleador do torneo e marcando un dos tantos na final contra a Alemaña de Uwe Seeler. Posteriormente xogou no Espanyol e pertenceu varios anos ao Real Madrid, pero a dura competencia no club branco fixo que saíse cedido a varios equipos.
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
Este artigo trata sobre a bebida, para a planta véxase o artigo: Cafeeira; para o establecemento onde se serve café véxase o artigo: Cafetaría. Denomínase café a unha bebida (infusión) que se elabora co gran torrado e posteriormente moído da cafeeira (Coffea) ou planta do café. De cor escura, amargo e lixeiramente ácido, o café ten un efecto estimulante nos humanos, principalmente debido ao seu contido en cafeína, pero tamén se atopa dispoñible comercialmente café descafeinado.
César Montaña Lehmann, nado en Madrid o 2 de marzo de 1964, de nome artístico César Strawberry, é un escritor, compositor e cantante español, popular por ser membro e voceiro do grupo Def Con Dos. Tamén é vocalista no grupo Strawberry Hardcore. Como escritor ten publicadas tres novelas, un libro de relatos compartido e a primeira parte da biografía do grupo Def Con Dos.
Android Oreo é o nome da versión 8.0 descontinuada do sistema operativo Android, que se anunciou o 21 de marzo de 2017 e se publicou o 21 de agosto dese ano, o día da eclipse solar total nos Estados Unidos. Primeiro lanzouse como unha vista previa alfa para desenvolvedores para teléfonos de Google (Nexus e Pixel). A segunda versión, considerada unha versión beta, lanzouse o 17 de maio.
Carl Edward Sagan, nado en Brooklyn (Nova York) o 9 de novembro de 1934 e finado en Seattle (estado de Washington) o 20 de decembro de 1996, foi un astrónomo, astrofísico, cosmólogo, astrobiólogo, escritor e divulgador científico estadounidense. Foi un defensor do pensamento escéptico científico e do método científico, pioneiro da exobioloxía e promotor da procura de intelixencia extraterrestre a través do Proxecto SETI. Impulsou o envío de mensaxes a bordo de sondas espaciais, destinadas a informar a posibles civilizacións extraterrestres acerca da cultura humana. Mediante as súas observacións da atmosfera de Venus, foi dos primeiros científicos en estudar o efecto invernadoiro a escala planetaria.
Na antiga Roma, a toga era o vestido público dos cidadáns. O seu uso era requirido en todos os actos da vida oficial, tanto civil como militar ou relixiosa e estáballes prohibido levala aos estranxeiros, os escravos ou os proscritos. Unha toga era un pano branco, habitualmente de lá, semicircular e de aproximadamente tres por catro metros.
Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego, que xoga de extremo dereito e lateral dereito no Bayer Leverkusen da Bundesliga alemá. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 23 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións, catro Mundiais de Clubs e unha Copa Intercontinental da FIFA. Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007. Pasou polos distintos equipos xuvenís do club branco e polos seus dous filiais, logrando o ascenso a Segunda división co Real Madrid Castilla en 2012.