Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán. É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico con 40 tantos.
O Samsung Galaxy S26 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 25 de febreiro de 2026, xunto coas súas variantes, o S26+ e o S26 Ultra, e lanzouse o 11 de marzo dese ano. En canto ao seu software, inclúe funcións de Intelixencia artificial como ferramentas de procesamento de imaxes, busca, tradución, asistencia para a creación de contidos e automatización de diversas operacións do sistema.
Álvaro Queipo Somoano, nado en Oviedo o 9 de maio de 1988, é un enxeñeiro industrial e político asturiano do Partido Popular. É deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias pola circunscrición occidental dende 2019 e presidente do Partido Popular de Asturias dende 2023. Medrou en Castropol dende os seis anos .
O fascismo foi un movemento político revolucionario e unha ideoloxía ultranacionalista fundada por Benito Mussolini en Milán o 23 de marzo de 1919 a través dos Fasci Italiani di Combattimento, que rexeitaban o liberalismo parlamentario, o socialismo marxista e o individualismo democrático en favor dun Estado totalitario que encarnase a esencia espiritual da nación e a súa vontade colectiva de poder. O movemento tomou o control a través da Marcha sobre Roma en outubro de 1922, na que aproximadamente 25.000 camisas negras converxeron sobre a capital, o que levou ao rei Vítor Manuel III a nomear a Mussolini primeiro ministro ante o temor a disturbios civís, establecendo así o primeiro réxime fascista. En 1925, Mussolini consolidou a súa autoridade ditatorial, declarando o Estado fascista absoluto e omnicomprensivo, no que «os individuos e os grupos en relación co Estado» quedaban subordinados aos seus imperativos éticos e volitivos.
Adama Traoré Diarra, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 25 de xaneiro de 1996, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Foi oito veces internacional coa selección española. Formado na canteira do Barcelona, debutou co primeiro equipo en 2013.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Paradapiñol, Vilarmel, Quiroga
Paradapiñol é un lugar da parroquia de Vilarmel no concello lugués de Quiroga, na comarca de Quiroga. Segundo o IGE, en 2013 tiña 14 habitantes (7 homes e 7 mulleres).
A lavanda é unha cor pálida derivada da flor da lavanda, de aí o seu nome. O termo "lavanda" tamén se pode usar de forma máis xeral para describir unha ampla gama de púrpuras pálidos, intensos, medios ou agrisados; algúns rosas pálidos ou intensos, maxentas ou mesmo unha mestura de púrpura e branco. A lavanda é unha cor que se usa a miúdo para a decoración de interiores.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2026 será a 77ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase en vinte e catro carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
O Real Club Deportivo da Coruña (oficialmente: Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. ou Real Club Deportivo de A Coruña, S.A.D.), coñecido popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32 490 espectadores. Tras oito anos fóra da máxima categoría, o Deportivo xogará a tempada 2026/27 en Primeira División.
Un nivel de bioseguridade (NBS ou, en inglés, BSL), tamén chamado nivel de patóxeno ou nivel de protección, é un conxunto de precaucións de biocontención necesarias para illar axentes biolóxicos perigosos nunha instalación de laboratorio pechada. Os niveis do grao de contención van desde o nivel 1 de bioseguridade (BSL-1) ao nivel máis alto, o 4 (BSL-4). Na Unión Europea os niveis de bioseguridade están definidos nunha directiva.
O pazo de Arxeriz é unha construción civil do século XVII situada no lugar de Arxeriz (Fión, O Saviñao), orientado cara á Ribeira Sacra do río Miño. Pertence á Fundación Xosé Soto de Fión, e está acondicionado como museo etnográfico. O pazo está dentro dun terreo dunhas 30 hectáreas, que inclúe numerosas edificacións de arquitectura popular, salas habilitadas e un castro no que se están a levar a cabo prospeccións arqueolóxicas.
José Antonio Sánchez Villalobos
José Antonio Sánchez Villalobos, nado en El Ejido o 6 de xullo de 1991, é un árbitro de fútbol español, que milita na Segunda División.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Club Baloncesto Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB. En 1987 disputouse a primeira edición en categoría feminina, que gañou o Círculo Mercantil, aínda que a competición feminina non se estabilizou ata mediados da década de 1990.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.
Antoni Bou i Mena, coñecido como Toni Bou, nado en Piera o 17 de outubro de 1986, é un piloto catalán de trial. Foi 32 veces campión do mundo de trial entre 2007 e 2022, gañando nese período todos os títulos disputados tanto na modalidade indoor como ao aire libre. Deste xeito, é o piloto máis laureado da historia deste deporte, moi por diante de Dougie Lampkin, 12 veces campión do mundo, e de Jordi Tarrés campión sete veces.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Miguel Lamas, nado en Fene en 1993, é un batería galego, gañador dun Premio Grammy Latino. Destacado por colaborar, como independente, en diversos discos da escena musical española. Interpreta tanto música rock, como jazz, ou tamén música tradicional galega, música afro jazz, brasileira ou africana.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera, o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Gabón (en francés: Gabon), oficialmente República Gabonesa (en francés: République Gabonaise) é un país da África limitado ó norte co enclave de Mbini, de Guinea Ecuatorial e o Camerún; ó leste e sur coa República do Congo (tamén chamada Congo-Brazaville para distinguila da República Democrática do Congo ou Congo-Kinshasa), e ó oeste co océano Atlántico. Conseguiu a independencia de Francia en 1960. Dende 1967 ata o 7 de xuño de 2009 o seu presidente foi El Hadj Omar Bongo Ondimba.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
O neofascismo refírese ás ideoloxías, partidos e movementos políticos que xurdiron predominantemente en Europa tras a derrota das potencias do Eixe na segunda guerra mundial, coa aspiración de revivir ou modificar os elementos centrais do fascismo de entreguerras —coma o nacionalismo fervoroso, o autoritarismo xerárquico e o rexeitamento do liberalismo igualitario— mentres se adaptaban ás limitacións democráticas de posguerra e aos marcos legais antifascistas. Estas entidades adoitan evitar o militarismo e o expansionismo explícitos do fascismo orixinal debido ao estigma histórico e ás normas internacionais, salientando no seu lugar a preservación cultural, as posturas antiinmigración e as críticas ás institucións supranacionais coma a Unión Europea. O arquetipo xurdiu en Italia co Movemento Social Italiano (MSI), establecido en 1946 por antigos adeptos do réxime de Benito Mussolini, incluídas figuras coma Giorgio Almirante, que procuraban canalizar os legados fascistas cara a unha oposición parlamentaria contra a influencia comunista e as reformas liberais.
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Polonia, Senegal, Colombia e Xapón. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Bandeira da República Popular da China
A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño. A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e na China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas".
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
A Feira Franca é unha festa celebrada en Pontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. En 2013 foi declarada festa de interese turístico pola Xunta de Galicia Está ambientada na idade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música, obradoiros, artesanía en coiro, madeira, téxtiles e produtos naturais, entre outros.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
O Gran Premio de Italia de 2026 (oficialmente Formula 1 Pirelli Gran Premio d'Italia 2026) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 6 de setembro de 2026 no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a décimo terceira carreira do campionato de 2026, o noventa e cinco Gran Premio de Italia, a 77ª edición do como rolda do Campionato Mundial de Fórmula Un e o septuaxésimo sexto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
Mandato británico de Palestina
O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a primeira guerra mundial e como parte da partición do Imperio Otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio Otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra. Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Rodrigo Sorogoyen del Amo, nado en Madrid o 16 de setembro de 1981, é un director de cinema, realizador e guionista español, galardoado cos premios Goya 2019 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- polo filme El reino (2018) que gañou sete Premios Goya e cinco premios Feroz e premios Goya 2023 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Pena- polo filme As bestas. Os seus filmes Stockholm (2013) e Que Dios nos perdone (2016) tiveron tamén un gran recoñecemento por parte da crítica e do público.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Aiko el grupo é unha banda española de punk pop e indie pop formada en Santander en 2019. O conxunto está integrado por Teresa Iñesta (Camargo, 1996), Lara Miera (Maliaño, 1996) e Bárbara López (Lucena, 1996). A súa música combina elementos do riot grrrl, o o‑fi e o pop de guitarras, caracterizándose por cancións breves, letras irónicas e unha estética deliberadamente desenfadada.
Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Krakatoa (ou Krakatau na lingua indonesia) é un arquipélago, antiga illa e caldeira volcánica situado en Indonesia no estreito de Sonda entre as grandes illas de Xava e Sumatra. A caldeira forma parte dun grupo de illas volcánicas chamado arquipélago de Krakatoa, que comprende catro illas: dúas das cales, Lang e Verlaten, son os restos que quedan dun edificio volcánico maior previo que foi destruído moito antes da soada erupción de 1883; outra illa, Rakata, é o que queda da illa máis grande destruída na erupción de 1883 (Krakatoa). A cuarta illa do arquipélago formouse na caldeira de 1883 no ano 1927 debido a novas erupcións e denomínase Anak Krakatau ou "Fillo do Krakatoa".
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Manuel José Blanco y Calvo de Encalada, nado en Buenos Aires, Vicerreinado do Río da Prata, o 21 de abril de 1790 e finado en Santiago de Chile o 5 de setembro de 1876, foi un militar, político e diplomático chileno, de orixe galega, que tivo unha destacada participación na guerra de independencia de Chile e o Perú. Foi un dos fundadores da Armada de Chile e o seu primeiro comandante, e máis tarde, ao entrar no campo da política, foi o primeiro en ostentar o título de presidente da República de Chile. Fillo do galego Manuel Lorenzo Blanco Cicerón e da chilena Mercedes Calvo de Encalada y Recabarren, naceu na cidade de Santa María de los Buenos Aires, na aquela altura capital do Virreinado do Río da Prata.
Marco Antonio, en latín Marcus Antonius, foi un militar e político romano da época final da República (Roma, circa 83 a.C. - Alexandría, 30 a.C.). Foi un importante colaborador de Xulio César, como comandante militar e administrador. Tralo asasinato de César, coligouse con Octavio e Lépido para formar o Segundo Triunvirato (43 - 33 a.C.).
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.