Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Red Hot Chili Peppers é un grupo musical de rock baseado no estado estadounidense de California, fundado no ano 1983. O seu principal estilo é un rock cun toque funk, pero incorpora tamén elementos doutros xéneros como o punk rock e o rock psicodélico. No presente a banda está formada polos membros fundadores do grupo, Anthony Kiedis e Flea, xunto co batería Chad Smith e o guitarrista John Frusciante.
British Broadcasting Corporation
A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Star Wars Episode II: Attack of the Clones
Star Wars Episode II: Attack of the Clones é un filme de 2002 escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o quinto filme da saga A guerra das galaxias e o segundo en orde cronolóxica interna da saga.
Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols
Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols foi o primeiro e único álbum de estudio da lendaria banda punk The Sex Pistols. A día de hoxe é considerado un dos traballos musicais máis influentes do punk e o rock and roll en xeral. A tradución máis axeitada ó galego do título do disco sería Impórtanos un collón, aquí están os Pistolos ou Impórtanos uns collóns, aquí están os Sex Pistols".
Harry Potter and the Goblet of Fire (videoxogo)
Harry Potter and the Goblet of Fire é un videoxogo producido por Electronic Arts que foi oficialmente lanzado á venda o 11 de novembro do 2005, exactamente unha semana antes de que se estrease o cuarto filme. O xogo, como tamén o filme, están baseados en Harry Potter e o Cáliz de fogo, novela de J. K. Rowling e os seus máis importantes lanzamentos son para a PlayStation 2, Xbox, GameCube, PC e PlayStation Portable.
Golpe de Estado de Primo de Rivera
O golpe de estado de Primo de Rivera tivo lugar en España entre o 13 e o 15 de setembro de 1923 encabezado polo entón capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera. Tivo como consecuencia a instauración dunha ditadura grazas sobre todo a que o rei Afonso XIII non se opuxo ao golpe e nomeou o xeneral sublevado xefe do Goberno á fronte dun Directorio militar. O historiador Francisco Alía Miranda sinalou que o golpe de estado de Primo de Rivera foi atípico pola súa simplicidade.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.
World Trade Center (1973–2001)
O World Trade Center (en galego: Centro Mundial de Comercio) foi un complexo de varios edificios no Lower Manhattan, na cidade de Nova York, Estados Unidos, sendo os dous máis altos as emblemáticas Torres Xemelgas (en inglés: Twin Towers). Foron deseñadas polo arquitecto estadounidense de orixe xaponesa Minoru Yamasaki e por Leslie Robertson. O World Trade Center orixinal era un complexo de sete edificios que, ademais de incluír as Torres Xemelgas, tamén incluía outros 5 edificios de menor altura; entre eles estaban o World Trade Center 7 (un rañaceos de 47 andares) e o WTC 3 (un hotel de 22 andares).
By the way, oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Red Hot Chili Peppers, publicado o 9 de xullo de 2002 a través do selo Warner Bros. Records e producido por Rick Rubin. Neste disco os Peppers introducen ritmos máis melódicos, incorporando máis baladas do que era normal até agora, isto implica unha certa ruptura cos discos anteriores, nos que o estilo da banda era máis puramente funk.
Star Wars Episode I: The Phantom Menace
Star Wars Episode I: The Phantom Menace, (en galego: Star Wars Episodio I: A Ameaza pantasma) é un filme de ópera espacial de 1999, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o cuarto filme da saga A guerra das galaxias e o primeiro en orde cronolóxica interna da saga.
A National Football League (en galego: Liga Nacional de Fútbol Americano), mellor coñecida polas súas siglas en inglés, (NFL), é a maior liga de fútbol americano profesional dos Estados Unidos e está considerada como a máis grande e prestixiosa propiedade deportiva nese país. A NFL toma a figura xurídica de Asociación Deportiva, controlada polos seus propios membros. Foi creada por once equipos en 1920 como a American Professional Football Association (a liga mudou o nome polo de American Professional Football League en 1921, e mudouno novamente en 1922 polo nome agora vixente).
Neogale macrodon (antes Neovison macrodon), xeralmente chamado visón mariño, é unha especie de visón recentemente extinguida que vivía na costa leste de América do Norte na zona do golfo de Maine na plataforma continental de Nova Inglaterra. Estaba estreitamente emparentado co visón americano Neogale vison, e continúa debaténdose se este visón mariño debe considerarse unha subespecie (co nome Neogale vison macrodon) do visón americano ou unha especie separada. A principal xustificación para consideralo unha especie separada é a diferenza de tamaño entre os dous visóns, mais poden facerse tamén outras distincións, como o seu pelame máis avermellado.
Alternativa para Alemaña (AfD - Alternative für Deutschland) é un partido político alemán que se fundou en 2013 como unha formación euroescéptica e economicamente liberal-conservadora, pero ao longo da súa evolución desprazou o seu centro de gravidade cara ás políticas migratorias e de asilo, o nacionalismo alemán e o nacionalconservadorismo nun proceso de radicalización cara á dereita, que acabou situándoo ideoloxicamente na dereita radical ou na extrema dereita.
All That You Can't Leave Behind
All That You Can't Leave Behind é o décimo álbum de estudio da banda irlandesa de rock U2, editado o 30 de outubro do 2000 a través do selo Island Records no Reino Unido e de Interscope Records nos Estados Unidos. All That You Can't Leave Behind leva vendidos ao redor dos 12 millóns de copias e gañou sete premios Grammy.
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
O English Electric Lightning (posteriormente BAC Lightning) foi un avión caza británico supersónico da guerra fría, lembrado principalmente pola súa velocidade alta e o seu aspecto metálico. O Lightning entrou en servizo na Royal Air Force e a Real Forza Aérea Saudita. O avión utilizouse en exhibicións de voo, superou varias marcas mundiais de velocidade e foi o primeiro avión supercruceiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Samsung Galaxy S26 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 25 de febreiro de 2026, xunto coas súas variantes, o S26+ e o S26 Ultra, e lanzouse o 11 de marzo dese ano. En canto ao seu software, inclúe funcións de Intelixencia artificial como ferramentas de procesamento de imaxes, busca, tradución, asistencia para a creación de contidos e automatización de diversas operacións do sistema.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina. A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.
Earvin Effay "Magic" Johnson, Jr., nado o 14 de agosto de 1959 en Lansing, Míchigan, é un ex xogador e adestrador de baloncesto, considerado un dos mellores da historia. Militou en Los Angeles Lakers da NBA dende 1979 até 1991, regresando por un breve período en 1996. Tras gañar en 1979 a NCAA coa Universidade de Michigan State, Johnson chegou aos Lakers cos que establecería unha das mellores carreiras na historia da liga, proclamándose campión da NBA en cinco ocasións despois de xogar nove finais, ademais dun gran número de premios individuais como o MVP da Tempada, MVP das Finais (en tres ocasións ambos) e MVP do All-Star Game.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Feyenoord Rotterdam é un equipo de fútbol dos Países Baixos, da cidade de Rotterdam. Foi fundado en 1908 e xoga na primeira división da liga holandesa, a Eredivisie. É o club máis popular de Holanda e o terceiro en canto a títulos obtidos tras o Ajax Ámsterdan e o PSV Eindhoven, ademais de ser o primeiro club holandés en conquistar a Copa Intercontinental, a Copa de Europa e a Copa da UEFA. Posúe unha rivalidade histórica co Ajax, e cos seus veciños do Sparta Rotterdam.
Planet of the Apes (filme de 2001)
Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2001. É un remake do filme de 1968 O planeta dos simios que á súa vez está baseado na novela de Pierre Boulle La planète des singes. Está protagonizado por Mark Wahlberg, Tim Roth, Helena Bonham Carter, Michael Clarke Duncan, Paul Giamatti, Estella Warren, Cary-Hiroyuki Tagawa, David Warner e Kris Kristofferson.
Rusia, oficialmente Federación Rusa, é un país situado no leste de Europa e no norte de Asia. É o estado máis extenso do mundo, abrangue once fusos horarios e comparte fronteiras terrestres con catorce países. Cunha poboación superior aos 140 millóns de habitantes, Rusia é o país máis poboado de Europa e o noveno máis poboado do mundo.
Berkeley Software Distribution
BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de sistema operativo derivado do UNIX nado a partir das contribucións realizadas a ese sistema pola Universidade de Berkeley en California.
A National Hockey League ou Ligue nationale de hockey en francés (en galego Liga Nacional de Hóckey), comunmente abreviado como NHL en inglés ou LNH en francés é unha organización deportiva composta de equipos de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É a liga de hockey sobre xeo profesional máis importante do mundo, e unha das grandes ligas deportivas dos Estados Unidos e o Canadá. A liga está formada por 32 equipos: 25 nos Estados Unidos e 7 no Canadá.
A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja". Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta.
Economía dos Estados Unidos de América
A economía dos Estados Unidos de América é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un produto interior bruto duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o PIB da Unión Europea, mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no capitalismo.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 233.462.
The Lodger: A Story of the London Fog
The Lodger: A Story of the London Fog é un filme británico mudo dirixido por Alfred Hitchcock en 1927. Protagonizárono Marie Ault, Arthur Chesney, June Tripp, Malcolm Keen e Ivor Novello. Baséase nunha historia de Marie Adelaide Lowndes e foi o terceiro filme dirixido por Hitchcock, sendo o primeiro de estilo "Hitchcock".
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Ontario é unha provincia do Canadá e a máis populosa do país. Segundo o censo de poboación de 2021, é o fogar do 38,5% da poboación total do país, e é a segunda provincia por tamaño detrás do Quebec. A maior cidade canadense, Toronto, así como a capital nacional do país, Ottawa, están localizadas en Ontario.
Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo F
O Grupo F da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Alemaña, México, Suecia e Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Greensboro é unha cidade no estado de Carolina do Norte, nos Estados Unidos. É a terceira maior cidade en canto á poboación en Carolina do Norte e a maior cidade do condado de Guilford e arredores da rexión metropolitana de Piedmont Triad. De acordo co Censo de Estimación dos Estados Unidos do 2011 a poboación de Greensboro é de 273.425 habitantes.
Sanguijuelas del Guadiana é unha banda de música emerxente procedente de Casas de Don Pedro (Badaxoz), na comarca da Siberia Estremeña. O seu estilo, que eles mesmos definen como "rock rústico", combina elementos do rock and roll, o punk, o flamenco e a música electrónica con letras que narran a vida cotiá nas zonas rurais da España baleirada.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Eagles of Death Metal é unha banda estadounidense de garage rock procedente de Palm Desert (California), formada en 1998 por Jesse Hughes e Josh Homme. A pesar de que Hughes é o líder da banda, Homme é o compoñente máis coñecido dos dous por ser o líder de Queens of the Stone Age e membro da desaparecida banda Kyuss. Son os dous únicos membros permanentes do grupo, aínda que Homme raramente toca en directo debido aos compromisos cos seus outros proxectos.
O Football Club Deportivo Galicia é un club de fútbol de Londres, Inglaterra. Fundado en 1968 por emigrantes galegos, milita na Primeira División da Combined Counties League, o noveno nivel do sistema de ligas de fútbol de Inglaterra. Xoga os seus partidos como local no Bedfont Recreation Ground de Bedfont.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2026
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2026 será a 77ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase en vinte e catro carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Need for Speed (NFS ou nd4spd) é unha serie de videoxogos pertencente a EA Games, dispoñible para múltiples plataformas (PC, Playstation,etc). É un xogo de carreiras, que leva ás rúas, estradas e autoestradas automóbiles reais, deportivos, todo terreos... ós que ultimamente incorpóraselle as opcións de poder tunealo.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo.
Khmer vermellos (en francés Khmers Rouges, en camboxano ខ្មែរក្រហម, Khmae Krɑ-hɑɑm) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomaron o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Os Khmer vermellos fundaron Kampuchea Democrática, un sistema de goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrución da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Ademais dun férreo control militar sobre a poboación civil, sometida en boa parte a un réxime de traballos forzados, desenvolveron extensos métodos de detención, tortura e asasinatos selectivos en masa, baixo a consigna da chamada «procura do inimigo interno».
Polar Satellite Launch Vehicle
Polar Satellite Launch Vehicle ou PSLV é o nome dun modelo de foguete espacial da India deseñado para ser capaz de lanzar cargas medias en órbitas polares.
A Selección de fútbol do Perú é o equipo representativo do Perú nas competicións oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Peruana de Fútbol, a cal é membro da Confederación Suramericana de Fútbol. O debut da selección peruana produciuse o 1 de novembro de 1927 ante a selección do Uruguai no Campionato Suramericano daquel ano.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.