Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra convertiuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015.Desde outubro de 2017 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión en relación coa celebración do referendo sobre a independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 9 anos de prisión e inhabilitación polo delito de sedición.
Maria Carme Forcadell i Lluís, nada en Xerta, Baix Ebre, o 29 de maio de 1955 é unha lingüista e activista política catalá, presidenta do Parlamento de Cataluña, fundadora da Plataforma per la Llengua, membro da executiva e voceira da xunta do Òmnium Cultural de Sabadell e presidenta da Assemblea Nacional Catalana dende a súa fundación até maio de 2015, e deputada no Parlamento de Cataluña (2015-2018). Permaneceu en prisión preventiva en Alcalá-Meco, á espera do xuízo ó proceso independentista catalán, que comezou o 12 de febreiro de 2019. Finalmente foi condenada polo Tribunal Supremo de España en outubro de 2019, 11 anos e medio de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.
Jean Antoine Watteau, máis coñecido como Antoine Watteau (10 de outubro de 1684, Valenciennes - 18 de xullo de 1721, Nogent-sur-Marne), foi un pintor francés. É considerado como un dos primeiros representantes do estilo rococó. Inspirado na commedia dell'Arte, gustáballe representar o mundo teatral nos seus cadros.
Vera Ivanovna Zasulich (en ruso: Ве́ра Ива́новна Засу́лич), nada en Mikhailovka (provincia de Smolensk) o 27 de xulloxul./ 8 de agosto de 1849greg. e finada en Petrogrado o 8 de maio de 1919, foi unha escritora e revolucionaria marxista, membro fundador do Grupo para a Emancipación do Traballo. Nada nunha familia nobre empobrecida, frecuentou durante os seus estudos en Petrogrado os ambientes revolucionarios estudantís.
Francisco Largo Caballero, nado en Madrid o 15 de outubro de 1869 e finado en París o 23 de marzo de 1946, foi un sindicalista e político español, histórico dirixente do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT). Durante a Segunda República Española foi Ministro de Traballo (1931-1933) e Presidente do Goberno (1936–1937).
Unha turbina de vapor é unha turbomáquina motora, que transforma a enerxía dun fluxo de vapor en enerxía mecánica a través dun intercambio de cantidade de movemento entre o fluído de traballo (enténdase o vapor) e a roda, órgano principal da turbina, que conta con pas ou paletas que teñen unha forma particular para poder realizar o intercambio enerxético. As turbinas de vapor están presentes en diversos ciclos de potencia que utilizan un fluído que poida cambiar de fase, entre estes o máis importante é o Ciclo Rankine, o cal xera o vapor nunha caldeira, da cal sae nunhas condicións de elevada temperatura e presión. Na turbina transfórmase a enerxía interna do vapor en enerxía mecánica que, tipicamente, é aproveitada por un xerador para producir electricidade.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de circuítos da Fórmula 1
A seguinte é unha lista de circuítos que albergaron carreiras de Fórmula 1 desde a tempada de Fórmula 1 de 1950 ata a tempada de Fórmula 1 de 2017. En total, 72 circuítos diferentes albergaron carreiras do Campionato Mundial. O primeiro en facelo foi Silverstone, onde se levou a cabo a primeira carreira, o Gran Premio do Reino Unido de 1950.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 167.579 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Campionato de Galicia de fútbol
O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Isiah Lord Thomas III, nado o 30 de abril de 1961 en Chicago, Illinois, foi un xogador de baloncesto estadounidense que destacou profesionalmente na década dos 80 e a principios dos 90. Desenvolveu toda a súa carreira nos Detroit Pistons até a súa retirada en 1994. Até a tempada 2007-2008, desempeñouse como presidente de operacións e adestrador dos New York Knicks, mais os seus problemas cos xogadores e os pésimos resultados deportivos motivaron a súa saída.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Non confundir cos sinusoides dalgunhas funcións matemáticas ou de ondas Un sinusoide é un tipo de vaso sanguíneo capilar especial. Trátase de canais vasculares revestidos de endotelio de perfil transversal irregular, xeralmente de diámetro relativamente grande . Os sinusoides son similares a capilares fenestrados, pero non iguais, e clasifícanse como capilares descontinuos ou de poro aberto para distinguilos dos fenestrados.
Lista dos mamíferos de Galicia
A seguinte é unha lista alfabética das especies de mamíferos atopados en Galicia ou nas proximidades da súa costa. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polos especialistas en mamíferos Xoán Ignacio Díaz da Silva e Yosy Cartelle e os datos obtidos da Lista Vermella da IUCN . Esta clase contén arredor de 5.487 especies vivas das cales un 25% (1.141) están en perigo de extinción e unhas 100 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio ou nas costas galegas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
Some Enchanted Evening (The Simpsons)
"Some Enchanted Evening" é o décimo terceiro e último episodio da primeira tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 13 de maio de 1990. Escrito por Matt Groening e Sam Simon e dirixido por David Silverman e Kent Butterworth, "Some Enchanted Evening" foi o primeiro episodio producido para a primeira tempada e foi destinado emitido como estrea da serie no outono de 1989, pero emitido como final da tempada primeira por problemas de animación.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Fernando de Magalhães, (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelá), nado a finais do século XV (1480?) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca, e finado na illa filipina de Mactan o 27 de abril de 1521, foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico coñecido en aqueles tempos como mar do Sur. No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
A lingua achomi (en persa: اچمی), tamén chamado larestani, lari ou khodmoni, é unha lingua da familia irania falada no sur de Irán, principalmente na provincia de Fars, onde é falada polo pobo achomi, un grupo étnico persa xiíta e sunnita.Esta lingua ten unha gramática diferente á gramática actual da lingua persa e ten unha forte conexión coa lingua pahlavi e coa lingua parta.
Judy Garland, nada co nome de Frances Ethel Gumm en Grand Rapids, Minnesota, o 10 de xuño de 1922 e finada en Londres, Reino Unido, o 22 de xuño de 1969, foi unha actriz e cantante estadounidense. O seu papel máis coñecido foi Dorothy Gale en The Wizard of Oz (1939). Foi nomeada para o Óscar á mellor actriz e gañou moitos outros premios na súa carreira.
Henri Matisse ou Henri-Émile-Benoît Matisse (en francés ɑ̃ʁi emil bənwɑ matis) nado en Le Cateau-Cambrésis o 31 de decembro de 1869 e finado en Niza o 3 de novembro de 1954, foi un pintor, escultor e deseñador francés que destacou por un uso característico da cor e por un debuxo fluído, brillante e orixinal. Como debuxante, gravador e escultor, pero principalmente como pintor, Matisse é comunmente considerado, xunto con Picasso e Marcel Duchamp, como un dos tres artistas que axudaron a definir os acontecementos revolucionarios nas artes plásticas nas primeiras décadas do século XX, responsables de importantes avances na pintura e na escultura. Aínda que é considerado como o máximo representante do fauvismo, estilo que cultivou nos seus primeiros anos, tamén foi aclamado como un dos representantes da tradición clásica na pintura francesa.Primeiro traballou nun estilo académico e posteriormente cultivou o impresionismo, o puntillismo, e o fauvismo, do que foi mestre de escola; continuou sempre, dentro dunha heterodoxia, fiel ao fauvismo.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
As proteínas (do grego πρωτεϊνη, primeiro) son unhas macromoléculas formadas por α-aminoácidos. Poden estar formadas por unha ou varias cadeas de aminoácidos. As proteínas son moléculas orgánicas esenciais na estrutura e función dos seres vivos (por exemplo, forman parte integral dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como encimas).
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
El día de la bestia (1995) é unha película dirixida polo bilbaíno Álex de la Iglesia, que o consagrou como un dos realizadores de máis éxito do cine español ó conseguir entre outros o Premio Goya á mellor dirección. Un dos logros da película foi conquistar tanto á crítica como ó público, utilizando o xénero da chamada "comedia satánica". Unha comedia delirante á vez que unha visión apocalíptica da fin de milenio.
Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas. É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI, ao ser proclamado perante as Cortes Xerais.Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.
A Terra ( pronunciación ) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
Lluís Companys i Jover, nado en El Tarròs (Tornabous), o 21 de xuño de 1882 e asasinado en Barcelona o 15 de outubro de 1940, foi un político catalán. Primeiro Presidente do Parlamento de Cataluña (1932-1933), Ministro do Goberno Español (2º semestre de 1933) e Presidente da Generalitat de Cataluña (1934-1940) durante a Segunda República Española.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Pablo José López Jiménez, nado en Fuengirola (Málaga) o 11 de marzo de 1984, máis coñecido como Pablo López, é un cantante e músico español. O seu xénero musical é pop melódico. Deuse a coñecer a nivel nacional tras o seu paso pola sexta edición do programa de televisión Operación Triunfo 2008 (OT), onde quedou como finalista en segunda posición e tamén é coñecido polo éxito do seu primeiro sinxelo «Vi», do álbum Once historias y un piano, que chegou a ser disco de ouro en España.En 2015 volveu ao panorama musical e televisivo español co lanzamento do seu disco El mundo y los amantes inocentes.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Leonor de Aquitania (en francés Aliénor d’Aquitaine ou Éléonore de Guyenne; en inglés Eleanor of Aquitaine), nada contra 1122 ou 1124 en Belin ou en Bordeos, Ducado de Aquitania, e finada o 31 de marzo ou o 1 de abril de 1204, en Poitiers, e non na Abadía de Fontevraud, como se cita en moitos textos, foi condesa de Poitiers, duquesa de Aquitania e Güiena, duquesa de Gascuña por dereito propio, así como raíña consorte de Francia e raíña consorte de Inglaterra. Foi a nai de Ricardo Corazón de León e de Xoán sen Terra. Durante o seu primeiro matrimonio participou na Segunda Cruzada e, á súa volta da Terra Santa, Leonor desempeñou un importante papel na política da Europa Occidental.
Na cosmoloxía física, a expresión Big Bang ('grande explosión') ten tres significados relacionados: O primeiro fai referencia ós feitos observables que acreditan a evolución do universo, isto é os datos recollidos polos telescopios e demais instrumentos científicos, coma a radiación de fondo de microondas, ou o corremento ao vermello da luz emitida dende as estrelas e Galaxias. Un segundo fai referencia ao modelo cosmolóxico explicativo da evolución do universo dende hai 13.800 millóns de anos, a partir dun estado enormemente denso e quente e de dimensión mínima ata a súas dimensións actuais e a súa posterior evolución. E por último, nun senso máis técnico, utilizase para describir a explosión ocorrida uns 10-35 segundos despois do instante cero, tendo en conta que máis aló de 10 -43 segundos despois da singularidade ou momento cero da historia do universo non son aplicábeis as leis físicas coñecidas, sendo este límite temporal o Tempo de Planck (o tempo que tarda un fotón en percorrer a lonxitude de Planck).
Ace Ventura: When Nature Calls
Ace Ventura: When Nature Calls é un filme estadounidense dirixido por Steve Oedekerk e protagonizado por Jim Carrey, que foi estreado en 1995.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Macedonia do Norte nos Xogos Olímpicos
Macedonia do Norte participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos como un estado independente en 1996, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán e de Inverno. Até o ano 1988, os deportistas macedonios competiron por Iugoslavia, e en 1992 participaron como participantes independentes. O nome provisional de "Antiga República Iugoslava de Macedonia" foi usado até os Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, no contexto do conflito polo nome de Macedonia.
Lei orgánica para a mellora da calidade educativa
A Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE)), chamada popularmente a ley Wert, é unha lei do ordenamento xurídico español con carácter de lei orgánica que modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), e seis artigos e unha disposición adicional da Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación (LODE). Desde a presentación do proxecto de lei, o 17 de maio de 2013, por parte do ministro de Educación, Cultura e Deporte do goberno popular de Mariano Rajoy, José Ignacio Wert, ata a súa aprobación definitiva polas Cortes Xerais o 28 de novembro, foi unha lei contestada e controvertida por parte de varios sectores sociais e políticos. A lei levantou unha forte polémica debido ao seu carácter altamente conservador, que produciu un distanciamento entre a comunidade educativa e o Ministerio de Educación pola falta de consenso.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
Snow White and the Seven Dwarfs
Este artigo trata sobre o filme de animación, para o conto véxase Brancaneves. Snow White and the Seven Dwarfs (en galego: Brancaneves e os sete ananos) é o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 21 de decembro de 1937, e distribuído por RKO Radio Pictures, co que a empresa Disney tiña asinado un acordo de distribución, dende o 8 de febreiro de 1938 nos cines dos Estados Unidos. O guión do filme baséase na famoso conto de fadas Brancaneves dos irmáns Grimm.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
O Nepal competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1968. O país tamén participou en catro edicións dos Xogos Olímpicos de Inverno. Tejbir Bura, cidadán nepalí, gañou unha medalla olímpica de ouro en alpinismo nos Xogos Olímpicos de 1924 como parte da expedición británica ao Everest de 1922.