Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra convertiuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015.Desde outubro de 2017 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión en relación coa celebración do referendo sobre a independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 9 anos de prisión e inhabilitación polo delito de sedición.
Maria Carme Forcadell i Lluís, nada en Xerta, Baix Ebre, o 29 de maio de 1955 é unha lingüista e activista política catalá, presidenta do Parlamento de Cataluña, fundadora da Plataforma per la Llengua, membro da executiva e voceira da xunta do Òmnium Cultural de Sabadell e presidenta da Assemblea Nacional Catalana dende a súa fundación até maio de 2015, e deputada no Parlamento de Cataluña (2015-2018). Permaneceu en prisión preventiva en Alcalá-Meco, á espera do xuízo ó proceso independentista catalán, que comezou o 12 de febreiro de 2019. Finalmente foi condenada polo Tribunal Supremo de España en outubro de 2019, 11 anos e medio de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.
Unha turbina de vapor é unha turbomáquina motora, que transforma a enerxía dun fluxo de vapor en enerxía mecánica a través dun intercambio de cantidade de movemento entre o fluído de traballo (enténdase o vapor) e a roda, órgano principal da turbina, que conta con pas ou paletas que teñen unha forma particular para poder realizar o intercambio enerxético. As turbinas de vapor están presentes en diversos ciclos de potencia que utilizan un fluído que poida cambiar de fase, entre estes o máis importante é o Ciclo Rankine, o cal xera o vapor nunha caldeira, da cal sae nunhas condicións de elevada temperatura e presión. Na turbina transfórmase a enerxía interna do vapor en enerxía mecánica que, tipicamente, é aproveitada por un xerador para producir electricidade.
A estación de Donostia (segundo a denominación de Adif San Sebastián/Donostia), coñecida tamén como Estación do Norte, de Atotxa ou de Iparralde, é unha das estacións de tren de Adif da cidade vasca de Donostia. Foi inaugurada en 1864 e trátase dun dos máis valiosos monumentos da cidade. Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de proximidades na cidade.
Francisco Largo Caballero, nado en Madrid o 15 de outubro de 1869 e finado en París o 23 de marzo de 1946, foi un sindicalista e político español, histórico dirixente do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT). Durante a Segunda República Española foi Ministro de Traballo (1931-1933) e Presidente do Goberno (1936–1937).
Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos que influíron en gran medida na vida de todo o mundo. O mago de Menlo Park (en inglés) The Wizard of Menlo Park), como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da produción en cadea ao proceso da invención.Edison foi considerado un dos máis prolíficos inventores do seu tempo, logrou 1093 patentes ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúeselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Jean Antoine Watteau, máis coñecido como Antoine Watteau (10 de outubro de 1684, Valenciennes - 18 de xullo de 1721, Nogent-sur-Marne), foi un pintor francés. É considerado como un dos primeiros representantes do estilo rococó. Inspirado na commedia dell'Arte, gustáballe representar o mundo teatral nos seus cadros.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Snow White and the Seven Dwarfs
Este artigo trata sobre o filme de animación, para o conto véxase Brancaneves. Snow White and the Seven Dwarfs (en galego: Brancaneves e os sete ananos) é o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 21 de decembro de 1937, e distribuído por RKO Radio Pictures, co que a empresa Disney tiña asinado un acordo de distribución, dende o 8 de febreiro de 1938 nos cines dos Estados Unidos. O guión do filme baséase na famoso conto de fadas Brancaneves dos irmáns Grimm.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish
"Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish" é o cuarto episodio da segunda tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na rede Fox dos Estados Unidos o 1 de novembro de 1990. No episodio, Bart captura un peixe de tres ollos nun río río abaixo da central nuclear de Springfield.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 167.579 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Os cabalos de mar, cabaliños de mar ou hipocampos (xénero Hippocampus), constitúen un grupo de peixes mariños pertencentes á familia Syngnathidae, que tamén inclúe ós peixes pipa. O seu nome débese ó peculiar parecido que presenta a súa cabeza coa dos cabalos. De feito, a característica de ter a cabeza en ángulo recto co resto do corpo non se dá en ningún outro xénero de peixes.
Un museo (do latín musēum e este á súa vez do grego μουσεον = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
As goiabeiras (Psidium spp.) son un xénero dunhas cen especies de árbores tropicais e árbores miúdas na familia Myrtaceae, nativas do Caribe, América Central, América do Norte e o norte de América do Sur. As follas son contrarias, simples, elípticas a ovais, de 5 a 15 centímetros de longo. As flores son brancas, con cinco pétalos e numerosos estames.
O presente artigo amosa unha lista das principais vías romanas. Están clasificadas por rexións e ademais da denominación máis usual da vía, aparece unha indicación das principais cidades do percorrido coa denominación romana e a actual. Sempre que se puido, tamén aparece entre paréntese o ano da creación e o baixo que mandato se realizou.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O Ienisei (en ruso Енисей) é un longo río da Federación Rusa en Siberia, que flúe en dirección norte a través das repúblicas de Tuva e Khakassia, e o krai de Krasnoiarsk até desembocar no golfo homónimo, no mar de Kara (océano Ártico). É o central dos tres grandes ríos siberianos que desembocan no océano Ártico (os outros dous son o Obi e o Lena. Nacido en Mongolia, segue un curso cara ao norte, até desembocar no golfo do Ienisei, no mar de Kara, drenando unha gran parte do centro de Siberia.
"Treehouse of Horror" é o terceiro episodio da segunda tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 25 de outubro de 1990. O episodio inspirouse nos cómics de terror dos anos 50 e comeza cunha exención de responsabilidade de que pode ser demasiado asustado para os nenos.
Campionato de Galicia de fútbol
O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Jacinda Kate Laurell Ardern, nada en Hamilton o 26 de xullo de 1980, é unha política de Nova Zelandia e a Primeira Ministra do país. É a dirixente do Partido Laboral dende o 1 de agosto de 2017. Foi elixida por primeira vez como parlamentaria nas eleccións xerais de 2008 e foi deputada por Mount Albert dende o 8 de marzo de 2017.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución —fidalguía e Igrexa— lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Under sandet é un filme dinamarqués-alemán de 2015 dirixido por Martin Zandvliet. Foi elixido para a súa estrea na sección Plataforma do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015. Foi escollido como candidato de Dinamarca, e finalmente nomeado, para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios.O filme está inspirado en feitos reais e conta a historia de prisioneiros de guerra alemáns enviados a limpar campos de minas en Dinamarca despois do remate da segunda guerra mundial.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e falecido en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a mecánica de Newton non era suficiente para reconciliar as leis da mecánica clásica coas leis do campo electromagnético.
A República de Chechenia (en ruso: Чеченская Республика, "Chechenskaia Respublika"; en checheno: Нохчийн Республика/Noxçiyn Respublika), de xeito simplificado Chechenia (en ruso: Чечня, "Chechnia"; en checheno: Нохчийчоь/Noxçiyçö), é unha república constitucional rusa. Linda ao noroeste co krai de Stavropol, ao nordeste e leste coa república de Daguestán, ao sur con Xeorxia, e ao oeste coa República dos Inguxos e Osetia do Norte-Alania. Está localizada nas montañas do norte do Cáucaso, no Distrito Federal do Sur.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Serramoura é unha serie de televisión de suspense producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia. Emitiuse por vez primeira o domingo a noite do 5 de outubro de 2014 na TVG en horario de máxima audiencia. Desde o 25 de outubro de 2016 a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.
Judy Garland, nada co nome de Frances Ethel Gumm en Grand Rapids, Minnesota, o 10 de xuño de 1922 e finada en Londres, Reino Unido, o 22 de xuño de 1969, foi unha actriz e cantante estadounidense. O seu papel máis coñecido foi Dorothy Gale en The Wizard of Oz (1939). Foi nomeada para o Óscar á mellor actriz e gañou moitos outros premios na súa carreira.
Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro. La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito.
En bioquímica, dous biopolímeros presentan antiparalelismo ou son antiparalelos se discorren paralelamente un con respecto ao outro pero en direccións opostas. Un exemplo son as dúas cadeas complementarias que forman a dobre hélice do ADN, que discorren en direccións opostas (por onde empeza unha acaba a outra).
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).