Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Cristina Ortiz Rodríguez, nada o 19 de marzo de 1964 en Adra e finada o 9 de novembro de 2016 en Madrid, máis coñecida polo alcume de La Veneno ("A Veleno"), foi unha vedete, cantante e colaboradora de televisión española, famosa por intervir nos programas de entrevistas nocturnos Esta noche cruzamos el Mississippi e La sonrisa del pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997, ámbolos dous programas presentados polo xornalista Pepe Navarro. La Veneno foi unhas das primeiras mulleres transxénero en visibilizar a realidade do colectivo transxénero, e é recoñecida como unha das iconas LGBT máis atrevidas de España.
Serramoura é unha serie de televisión de suspense producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia. Emitiuse por vez primeira o domingo a noite do 5 de outubro de 2014 na TVG en horario de máxima audiencia. Desde o 25 de outubro de 2016 a canle rusa AXN Sci-Fi emite a serie co título de Черный лес.
Pablo Emilio Escobar Gaviria, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Lista de municipios portugueses
Esta é unha lista de municipios portugueses ordenados alfabeticamente. Actualmente (2006), Portugal ten 308 concellos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Akka Mahadevi ( en kanarés: ಅಕ್ಕ ಮಹಾದೇವಿ), nada en Udutadi no século XII, foi unha poetas da literatura kanaresa e unha destacada mística da corrente lingayat hinduísta. O termo Akka ("Irmá máis vella") é un título honorífico, que lle deron grandes santos lingayta como Basavanna, Siddharama e Allamaprabhu. No seo da literatura kanaresa e na historia de Karnakata está considerada unha muller digna de exemplo e no seo do hinduísmo goza da consideración de santa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 167.725 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O Fuck for forest, tamén coñecida polas siglas FFF, é unha organización ecoloxista fundada en Noruega por Leoa Johansson e Tommy Hol Ellingsen que recada diñeiro para rescatar as selvas pluviais mundiais, producindo material pornográfico e tendo relacións sexuais en público. Nos seus primeiros seis meses de existencia o grupo recibiu financiamento inicial do goberno de Noruega.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O estado de alarma é un dos tres réximes de emerxencia contemplados no artigo 116 da Constitución Española de 1978. En concreto, o estado de alarma detállase no punto 2 do devandito artigo. Así mesmo, os seus efectos foron desenvolvidos no artigo 11 da Lei Orgánica 4/1981, dos estados de alarma, excepción e sitio.O estado de alarma declárase co obxectivo de asegurar o restabelecemento da normalidade da vida cotiá ante perturbacións como catástrofes, crises sanitarias ou episodios de desabastecemento de produtos básicos.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Non confundir con feixónA feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Acerbaixán, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
José Alberto Mujica Cordano, nado en Montevideo o 20 de maio de 1935, é un agricultor e político uruguaio, Foi o cuadraxésimo presidente do Uruguai entre 2010 e 2015. Cun pasado guerrilleiro no que ingresou no Movemento Nacional de Liberación-Tupamaros, foi elixido deputado e senador, para posteriormente ocupar o posto de Ministro de Gandaría, Agricultura e Pesca entre 2005 e 2008. Logo de ocupar a Presidencia, foi elixido senador de novo , nas eleccións de 2014.
Loving Pablo é un filme español de 2017 dirixido por Fernando León de Aranoa. Está baseado nas memorias Amando a Pablo, odiando a Escobar de Virginia Vallejo. Estreouse fóra de competición na 74ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia e na sección "Special Presentations" no Festival Internacional de Cinema de Toronto.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía: Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
As cucúrbitas (Cucurbita) é un xénero pertencente á familia das cucurbitáceas, comprende un grupo de plantas rubideiras coñecidas coma cabaceiras ou calacueiras, cultivadas polas súas flores, as súas sementes comestíbeis, e especialmente os seus froitos coñecidos coma cabazas, cabazos, cabaciñas e calacús, dependendo da especie e a zona. A diversidade dos cultivares e a facilidade coa que as especies de Cucurbita hibridan leva a moita confusión arredor da súa nomenclatura.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Kimy Pernía Domicó, nado en Tierralta (Colombia) en 1950 e finado o 2 de xuño de 2001, foi un dirixente indíxena dos emberá katío do alto Sinú, en Colombia. Foi un activista que liderou a loita contra a construción do encoro de Urrá I, no departamento de Córdoba. O seu criticismo do proxecto motivou o seu secuestro e desaparición o 2 de xuño de 2001.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Martin Eden é unha novela de 1909 escrita polo autor estadounidense Jack London. Conta a historia dun mozo proletario e autodidacta e a súa loita por converterse en escritor. O tema central do desenvolvemento artístico de Eden sitúa a novela dentro da tradición do Künstlerroman, un xénero no cal se narra a creación e o desenvolvemento dun artista.
Lista de comunidades autónomas españolas por poboación
Lista das comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación segundo padrón municipal, a 1 de xaneiro do 2018.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
Exipto participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1912, e dende entón enviou deportistas para competir na maioría das edicións dos Xogos de Verán. Xunto con Iraq e o Líbano, Exipto boicoteou os Xogos de 1956 en protesta da invasión tripartita israelí, británica e francesa de Exipto na guerra de Suez. Porén, as probas de hípica celebráronse en Estocolmo cinco meses antes (debido a regulacións de corentena australiana), e tres xinetes exipcios competiron alí.
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur. Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lila de Lilith é unha libraría feminista creada no ano 2011 en Santiago de Compostela por Patricia Porto Paderne. Como libraría especializada, reúne bibliografía de mulleres autoras e ensaio en temáticas cruzadas coa perspectiva de xénero. Ademais conta cun espazo polivalente de intercambio e creación de propostas culturais, sociais, educativas e artísticas feministas.
O tuvalés é unha lingua polinesia do grupo Elliceano, falado principalmente en Tuvalu, onde é lingua oficial. Está distantemente relacionado con outras linguas polinesias como o hawaiano, o maorí, o tahitiano, o samoano e o tongano, e está máis relacionado con idiomas falados no norte e centro de Melanesia e parte de Polinesa. Existen 13.051 falantes de tuvalés no mundo, dos cales 10.670 viven en Tuvalu.
George Soros, nado en Budapest o 12 de agosto de 1930, é un financeiro, investidor e ecoloxista político, de orixe húngara e nacionalidade canadense.Actualmente, é presidente do Soros Fund Management LLC e do Open Society Institute. Soros fíxose famoso como a persoa que "comeu o Banco de Inglaterra" o Mércores Negro (16 de setembro de 1992). Cunha fortuna neta valorada en arredor de 22.000 millóns de dólares americanos (setembro 2011), foi cualificado pola revista Forbes como a 7ª persoa máis soluble no mundo.Por outra parte, é coñecido polo seu apoio a diversos movementos sociais (ecoloxistas) dentro dunha filosofía de sociedade aberta moi influída polo liberalismo de Karl Popper.
Xosé Oliveira Blanco "O Moreno", nado no barrio do Sobreiro en Lavadores, en abril de 1915 e finado o 25 de xaneiro de 1991, foi un gaiteiro galego.Era compoñente do cuarteto de gaiteiros Os Morenos de Lavadores, xunto o seu irmán Manuel, Olimpio Alonso e Xosé Suárez. Foi profesor de Ricardo Portela.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).
Roteiro en feminino Sons de mulleres
O Roteiro en feminino Sons de mulleres é un proxecto de Mulheres Nacionalistas Galegas que, co apoio e colaboración da Concellería de igualdade do Concello de Vigo, ten como obxectivo visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia da cidade de Vigo. Realiza un percorrido por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo.O I Roteiro en Feminino foi presentado en 2011 no Museo de Arte Contemporánea de Vigo nun acto que contou coa presenza de mulleres que colaboraron coas testemuñas das súas vivencias persoais no traballo de campo do Roteiro, así como de familiares das mulleres que nel se lembran.En 2012 foi inaugurada a sinalización nun acto realizado diante do punto Nº 14 do roteiro, o espazo contra a Violencia de Xénero.Co gallo das celebracións do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade organiza visitas guiadas percorrendo o roteiro.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
O castro de San Cibrao de Las, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, é un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia, e un dos catro piares da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías. A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores.
Coñécese como gripe de 1918 unha pandemia de gripe que afectou a todo o planeta precisamente cando remataba a primeira guerra mundial. Entre xaneiro de 1918 e decembro de 1920 infectou 500 millóns de persoas, aproximadamente un cuarto da poboación da época , e matou entre 17 e 50 millóns de persoas, un número tres veces maior que o de baixas na guerra.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 103 habitantes (57 homes e 46 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes. Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Fernando Simón Soria, nado en Zaragoza o 29 de xullo de 1963, é un médico epidemiólogo español, director desde 2012 do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade de España, coñecido pola súa actuación como portavoz do comité especial sobre a doenza do virus do ébola en España en 2014 e como portavoz do Ministerio de Sanidade durante a pandemia Pandemia por coronavirus de 2020 en España.
Batalla da fraga de Teutoburgo
A Batalla da fraga de Teutoburgo foi un encontro armado que tivo lugar no outono do ano 9 entre unha confederación de tribos xermánicas, acaudillados por Arminio, e tres lexións romanas (a Lexión XVII, a XVIII e a XIX) comandadas por Publio Quintilio Varo, gobernador da provincia Xermania Magna, que se estendía até o río Elba.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.