Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Star Wars: The Last Jedi (tamén coñecido como Star Wars: Episode VIII – The Last Jedi) é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Rian Johnson. É o segundo título da triloxía secuela e o oitavo filme da serie A guerra das galaxias, despois de Star Wars: The Force Awakens (2015). Foi producido por Lucasfilm e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Coas súas 15 medallas no Campionato Mundial, 17 no Europeo e cinco participacións olímpicas, é unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa.
Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada o 8 de abril de 2013, foi unha política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990. Thatcher foi a Primeira Ministra británica cun mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente.
David Lobato (nado o 24 de xuño de 1990) é un modelo español con base en Sevilla, Andalucía (España). É famoso por colaborar con varias marcas de luxo coñecidas como Prada, Dior, Dolce & Gabbana, entre outras. Lobato tamén participou nos premios Millennial Awards de México en numerosas ocasións e apareceu coa cantante de pop Selena Gomez.Apareceu tamén en ducias de xornais e revistas importantes como Yahoo!
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Victor Marie Hugo /viktɔʁ maʁi yɡo/ —inscrición completa na súa acta de nacemento: Victor, Marie Hugo— , nado en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e finado en París o 22 de maio de 1885, foi un dos máis importantes escritores do romanticismo en francés e a miúdo é identificado como un dos mellores poetas franceses. Tamén foi un político e intelectual comprometido e influente na historia do seu país e da literatura do século XIX. Era irmán dos tamén escritores Eugène Hugo e Abel Hugo. Ocupa un posto notable na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos.
A respiración anaerobia é un proceso de oxidación-redución de nutrientes para a obtención de enerxía na que o aceptor final de electróns é unha substancia distinta do osíxeno, xeralmente inorgánica, que é característico esencialmente dunhas poucas especies de bacterias. Como en toda respiración, o aceptor final de electróns é externo e require xeralmente o funcionamento dunha cadea de transporte electrónico similar á da respiración aerobia . Na respiración anaerobia non se utiliza osíxeno.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Rebordelos (Carballo) en 1895 e finado en 1963, foi un inventor galego.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Porrúa é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias. En 2006 tiña unha poboación de 408 habitantes (segundo o INE) repartidos en 222 vivendas e 9,45 km². Está situada a 4 quilómetros ao suroeste da capital do concello (saída pola estrada Llanes-L´Agüera Meré) e a 2,5 quilómetros de Celoriu (estrada local LL-00).
O elefante africano de sabana (Loxodonta africana) é a maior das dúas especies de elefante africano, mentres que a menor é o elefante africano de bosque, tradicionalmente clasificados os dous como unha mesma especie, coñecida simplemente como elefante africano, pero evidencias recentes levaron a clasificalas como diferentes especies, con todo algunhas autoridades científicas consideraron esas evidencias insuficientes ata que un estudo xenético de 2010 confirmou definitivamente a súa división en dúas especies. Os elefantes de sabana son os maiores animais terrestres vivos, chegando o exemplar máis grande aos 3.96 metros de alto, sendo a media nos machos de 3.3 metros e de 5.5 toneladas de peso e nas femias de 2.8 metros de alto e 3.7 toneladas de peso. A especie caracterízase pola súa gran cabeza, grandes e apuntadas orellas que lles cobren os ombreiros, longa e musculosa trompa e mandíbula pequena con dous cabeiros ben desenvolvidos, algo maiores nos machos.
Marilyn Pauline "Kim" Novak, nada en Chicago o 13 de febreiro de 1933, é unha actriz estadounidense. Considerada un símbolo sexual da época dourada de Hollywood, retirouse da interpretación en 1966, aparecendo a partir de aí só esporadicamente, como nun papel na popular serie de televisión Falcon Crest.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.152 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Celia Villalobos Talero, nada en Arroyo de la Miel (Benalmádena, Málaga) o 18 de abril de 1949, é unha funcionaria e política española, deputada no Congreso por Málaga dende o ano 1986, durante dez lexislaturas. Foi ministra de Sanidade, alcaldesa de Málaga e ocupou diversos cargos de responsabilidade no Congreso dos Deputados e na estrutura orgánica da Alianza Popular (posteriormente coñecida como Partido Popular). Foi portavoz adxunta do Partido Popular na cámara baixa e presidenta da Comisión do Pacto de Toledo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Terminologia Anatomica [TA] (Terminoloxía Anatómica ou Terminoloxía Anatómica Internacional) é o corpo oficial de nomenclatura anatómica creado conxuntamente polo Comité Federal sobre Terminoloxía Anatómica (FCAT) e as 56 Asociacións membros das Asociacións Internacionais de Anatomistas (Federación Internacional de Asociacións de Anatomistas, IFAA). Publicouse en 1998 e substitúe o estándar previo, a Nomina Anatomica [NA]. Terminologia Anatomica contén a terminoloxía para aproximadamente 7500 estruturas anatómicas macroscópicas humanas.
Un hiato é a concorrencia de dúas vogais sucesivas que pertencen a dúas sílabas diferentes, e que polo tanto non forman ditongo. En galego pode haber hiato nos seguintes casos: Dúas vogais abertas (a, e, o) seguidas: aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer). Unha vogal aberta ou media e unha pechada (i, u) tónica.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores). O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares.
A denominación popular caso do metílico designa un gromo de intoxicación alimentaria acaecida en Galicia e nas illas Canarias durante a primavera de 1963, por consumo de bebidas alcohólicas elaboradas a partir de alcohol metílico, co resultado de 51 falecidos e 9 persoas cegas, aínda que se estima que a cifra real de mortos puido contarse por milleiros. Polas obvias similitudes, o caso metílico foi cualificado posteriormente como a colza do franquismo. As primeiras mortes coñecidas acaeceron entre mariñeiros do concello de Haría, pequena localidade do norte de Lanzarote.
Estadio Olímpico de La Cartuja
O Estadio La Cartuja é un estadio multiusos da cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía en España, e situado nun 57% en terreos do próximo municipio de Santiponce. Xunto co Estadio Benito Villamarín e o Estadio Ramón Sánchez Pizjuán conforman os grandes centros deportivos da cidade de Sevilla. Por capacidade sitúase como o terceiro máis grande de España despois do Camp Nou de Barcelona e o Santiago Bernabéu de Madrid.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Francisco Rivera Pérez, coñecido como Paquirri, nado en Zahara de los Atunes (Cádiz) o 5 de marzo de 1948 e finado en Cerro Muriano (Córdoba) o 26 de setembro de 1984, foi un toureiro español. Morreu por unha cornada recibida do touro chamado Avispado na praza de touros de Pozoblanco, na provincia de Córdoba.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración). Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos.
Chámaselle cuberta ao elemento construtivo que protexe aos edificios pola parte superior e, por extensión, á estrutura sustentante de dito elemento. Tamén se lle pode chamar tellado, aínda que este termo se refire concretamente ás cubertas con cubrición de tella; coñecéndose as de lousa e as vexetais coma lousados e colmados respectivamente.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Santa Isabel de Hungría (en húngaro: Szent Erzsébet, en alemán: Elisabeth von Thüringen), nada en Pozsony, Reino de Hungría o 7 de xullo de 1207 e finada en Marburgo, Landgraviato de Turinxia o 17 de novembro, 1231, foi filla do rei Andrés II o Hierosolimitano (1175–1235) e a súa muller Xertrude de Andechs-Merania (asasinada en 1213). Isabel quedou viúva sendo aínda nova, dedicou a súa riqueza aos pobres, construíu hospitais e alí atendeu persoalmente aos necesitados. A partir da súa canonización en 1236 converteuse nun símbolo de caridade cristiá para toda Europa, estendéndose o seu culto moi rapidamente e profundamente desde os territorios xermánicos, polacos, húngaros, checos, até os italianos, ibéricos e franceses.
Iugoslavia nos Xogos Olímpicos
Iugoslavia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1920. Anteriormente, varios atletas de Croacia, Eslovenia e da provincia de Voivodina competiron para Austria ou Hungría cando aqueles países formaban parte do Imperio Austrohúngaro.
Màxim Huerta Hernández, nado en Utiel, Valencia o 26 de xaneiro de 1971, é un xornalista, escritor e político español. En xuño de 2018 desempeñou o cargo de ministro de Cultura e Deporte durante seis días até a súa dimisión ó darse a coñecer unha sentenza por fraude fiscal. Foi gañador do Premio Primavera 2014 coa súa cuarta novela, La noche soñada.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como dianteira no AC Milan, da Serie A de Italia. Amplamente considerada como a mellor futbolista española da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Donald John Trump (pronunciado en inglés: [ˈdɒnəld d͡ʒɒn trʌmp]), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, elixido presidente dos Estados Unidos de América no 2016. Desde o 20 de xaneiro de 2017 é o presidente dos Estados Unidos de América. É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Ernest Lluch i Martín, nado en Vilassar de Mar (provincia de Barcelona) o 21 de xaneiro de 1937 e asasinado en Barcelona o 21 de novembro de 2000, foi un político catalán militante do PSOE. Foi Ministro de Sanidade e Consumo entre 1982 e 1986, e foi asasinado pola banda terrorista ETA á idade de 63 anos, cando estaba retirado da vida política.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona, forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas.As Cíes foron declaradas parque natural en 1980, e desde o 1 de xullo de 2002 forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Rede Natura 2000.
Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.
Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna. Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
O Airbus A350 é un bimotor de pasaxeiros de fuselaxe ancha e longo alcance desenvolvido polo fabricante europeo Airbus. Concebíuse orixinalmente en 2004 como unha versión revisada do A330-200, prevista para aumentar o alcance e para reducir os gastos de explotación. No ano 2006 Airbus redeseñou o avión en resposta ás críticas dalgúns dos seus posibles principais clientes e bautizouno como A350 XWB (extra wide body).
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.