Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, guitarrista compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko,. Roko sabe tocar a guitarra e compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.
Star Wars: The Last Jedi (tamén coñecido como Star Wars: Episode VIII – The Last Jedi) é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Rian Johnson. É o segundo título da triloxía secuela e o oitavo filme da serie A guerra das galaxias, despois de Star Wars: The Force Awakens (2015). Foi producido por Lucasfilm e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2020. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Ruth Lorenzo Pascual, nada en Las Torres de Cotillas (Murcia) o 10 de novembro de 1982, máis coñecida como Ruth Lorenzo, é unha cantante e compositora española. É coñecida pola súa participación no concurso británico The X Factor en 2008 e por compoñer varios temas de Auryn ou Dannii Minogue. En 2014 foi escollida para representar a España no Festival de Eurovisión 2014 coa canción "Dancing in the rain".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 168.179 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alemaña participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1896, dende a primeira edición das olimpíadas modernas. Alemaña foi a sede de tres Xogos Olímpicos, os Xogos de Verán de 1936 e tamén de Inverno de 1936, e os Xogos de Verán de 1972. Ademais, Alemaña foi escollido como sede en 1916 e 1940, mais ámbolos dous eventos foron cancelados por mor das guerras mundiais.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Francisco Rivera Pérez, coñecido como Paquirri, nado en Zahara de los Atunes (Cádiz) o 5 de marzo de 1948 e finado en Cerro Muriano (Córdoba) o 26 de setembro de 1984, foi un toureiro español. Morreu por unha cornada recibida do touro chamado Avispado na praza de touros de Pozoblanco, na provincia de Córdoba.
The Texas Chainsaw Massacre: The Beginning
The Texas Chainsaw Massacre: The Beginning é un filme estadounidense de terror dirixido por Jonathan Liebesman que foi estreado no 2006. É unha precuela do remake de 2003 The Texas Chainsaw Massacre.
A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón). O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. Na formación do masculino e feminino o galego distínguese das linguas veciñas por: Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o costume, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o pantasma, o mar, o masacre, o nariz, o sinal, o ubre, o xiz...
Chris Hemsworth, nado en Melbourne o 11 de agosto de 1983 é un actor australiano de cine e televisión. É coñecido por interpretar a Kim Hyde na serie de televisión australiana Home and Away (2004) e a Thor nos filmes Thor (2011), The Avengers (2012), Thor: The Dark World (2013) e Avengers: Age of Ultron (2015). Tamén apareceu noutros filmes como Star Trek (2009), A Perfect Getaway (2009), The Cabin in the Woods (2012), Snow White and the Huntsman (2012), Red Dawn (2012) e Rush (2013).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Alemaña Occidental nos Xogos Olímpicos
A Alemaña Occidental competiu nos Xogos Olímpicos entre 1952 e 1988. En 1952, cando Alemaña participou por vez primeira logo da segunda guerra mundial, o equipo de Alemaña Occidental participou de facto xa que os deportistas de Alemaña Oriental rexeitaron competir xuntos, polo que os resultados son contados como Alemaña. Entre 1956 e 1964, ámbolos dous países competiron xunto como o Equipo Alemán Unificado.
A praia de Guadamía, tamén coñecida como praia de Aguamía ou de L'Aguada, atópase na localidade de Llames, na desembocadura do río Guadamía, que marca o límite entre os concellos de Llanes e Ribeseya. Enmárcase nas praias da Costa Verde e está considerada paisaxe protexida desde o punto de vista medioambiental (pola súa vexetación e tamén polas súas características xeolóxicas). Por este motivo está integrada na Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.
As células de Paneth, son un tipo de células do epitelio do intestino delgado (fundamentalmente) con funcións protectoras. En dito epitelio están acompañadas polas células caliciformes, enterocitos, e células enteroendocrinas. Poden identificarse microscopicamente pola súa localización no fondo das glándulas intestinais (criptas de Lieberkühn), xusto debaixo das células nai ou troncais intestinais, e polos seus grandes gránulos eosinófilos refrinxentes secretores que ocupan a maioría do seu citoplasma.
Victor Marie Hugo /viktɔʁ maʁi yɡo/ —inscrición completa na súa acta de nacemento: Victor, Marie Hugo— , nado en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e finado en París o 22 de maio de 1885, foi un dos máis importantes escritores do romanticismo en francés e a miúdo é identificado como un dos mellores poetas franceses. Tamén foi un político e intelectual comprometido e influente na historia do seu país e da literatura do século XIX. Era irmán dos tamén escritores Eugène Hugo e Abel Hugo. Ocupa un posto notable na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos.
Venres negro ou Sexta feira negra (inglés: Black Friday) é un termo creado para a venda polo miúdo nos Estados Unidos para nomear a venda anual que acontece no día seguinte ao Día de Acción de Grazas, o cuarto xoves de novembro. A idea está sendo adoitada por outros países como España, Canadá, Australia, Reino Unido, Portugal, Paraguai e Brasil. Desde a década de 2000, é considerado como o comezo da tempada de nadal de compras nos EUA, a maioría das principais tendas abren moi cedo (e máis recentemente durante horas da noite) e ofrecen vendas promocionais.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada o 8 de abril de 2013, foi unha política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990. Thatcher foi a Primeira Ministra británica cun mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente.
Os Atlánticos foi unha serie galega emitida pola TVG entre os anos 2008 e 2009 en dúas tempadas que suman un total de 26 episodios. Producida por Filmanova e Continental, trátase dunha ficción que se desenvolve na ficticia vila de Vilardenós e que xira arredor á actividade dunha pequena orquestra de cinco músicos cuxo nome é o que dá título á serie. Rodouse en Pontedeume cun elenco que estivo encabezado por Xabier Deive, Xosé Barato, Sonia Méndez, Nacho Castaño, Antía Otero e Ledicia Sola.
A praia de Borizu é unha praia que se atopa entre as localidades Barru e Celoriu, dentro do concello de Llanes. Fronte á praia hai unha pequena illa chamada Arnielles ou Borizu, que na súa zona oeste é coñecida como Les Cabreres. Borizu ten forma de cuncha, presentando unha lonxitude de 400 metros, cunha anchura variábel pero que pode considerarse duns 65 metros de media.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Alemaña Oriental nos Xogos Olímpicos
A República Democrática Alemá, a miúdo tamén chamada Alemaña Oriental, fundou un Comité Olímpico Nacional separado da Alemaña Occidental o 22 de abril de 1951. Non foi recoñecido polo Comité Olímpico Internacional durante unha década. O equipo olímpico da Alemaña Oriental competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1968, e fíxoo por derradeira vez en 1988.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Internet é unha rede informática de ámbito planetario, formada con ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano posto en funcionamento dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación.
Ágatha Ruiz de la Prada y Sentmenat, XII marquesa de Castelldosrius, XXIX baronesa de Santa Pau e Grande de España, nada en Madrid o 22 de xullo de 1960, é unha deseñadora de roupa española. Estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona. Comezou a súa carreira como deseñadora en 1981, cando presentou a súa primeira colección en Local, un Centro de Deseño.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O porco (tamén coñecido como cocho, marrán, chino ou quino) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.
Checoslovaquia nos Xogos Olímpicos
Checoslovaquia participou por vez primeria nos Xogos Olímpicos en 1920, despois de competir como Bohemia dende 1900 até 1912. O país enviou deportistas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás en 1984, cando se uniu ao boicot liderado pola Unión Soviética. Checoslovaquia participou en cada edición dos Xogos Olímpicos de Inverno dende os inaugurais de 1924 até 1992.
Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa
Vilaxoán é unha vila situada na parroquia de Sobrán, en Vilagarcía de Arousa. Foi concello de seu entre 1836 e 1913. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1 354 habitantes (697 mulleres e 657 homes), o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 428 veciños, e 2005, cando eran 1 447.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Roteiro en feminino Sons de Mulleres
O Roteiro en feminino Sons de Mulleres é un itinerario proxectado por Mulheres Nacionalistas Galegas que sinalizou a Concellería de igualdade do Concello de Vigo, e que ten como obxectivo visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia da cidade de Vigo. Realiza un percorrido por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo.O I Roteiro en Feminino foi presentado en 2011 no Museo de Arte Contemporánea de Vigo nun acto que contou coa presenza de mulleres que colaboraron cos testemuños das súas vivencias persoais no traballo de campo do itinerario, así como de familiares das mulleres que nel se lembran.En 2012 foi inaugurada a sinalización nun acto realizado diante do punto nº 14 do itinerario, o espazo contra a Violencia de Xénero. No acto interviñeron a concelleira de igualdade de Vigo, Chus Lago e a coordinadora do proxecto María Casar.Co gallo das celebracións do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade organiza visitas guiadas percorrendo o itinerario.
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Ernest Lluch i Martín, nado en Vilassar de Mar (provincia de Barcelona) o 21 de xaneiro de 1937 e asasinado en Barcelona o 21 de novembro de 2000, foi un político catalán militante do PSOE. Foi Ministro de Sanidade e Consumo entre 1982 e 1986, e foi asasinado pola banda terrorista ETA á idade de 63 anos, cando estaba retirado da vida política.
Diana, princesa de Gales (de solteira Diana Frances Spencer), nada en Sandringham, Norfolk, o 1 de xullo de 1961 e finada en París o 31 de agosto de 1997, foi a primeira esposa do príncipe Carlos de Gales. É coñecida internacionalmente como Lady Di. Durante o seu matrimonio co príncipe Carlos de Gales, herdeiro da Coroa Británica, tivo dous fillos, os príncipes Guillerme e Henrique.
Donald John Trump (pronunciado en inglés: [ˈdɒnəld d͡ʒɒn trʌmp]), nado en Nova York o 14 de xuño de 1946, é un executivo, empresario, político e escritor, elixido presidente dos Estados Unidos de América no 2016. Desde o 20 de xaneiro de 2017 é o presidente dos Estados Unidos de América. É o fundador da empresa Trump Entertainment Resorts.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Enténdese por lusofonía o intersistema cultural que agrupa as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto. Así, na lusofonía converxen territorios e comunidades unidos por lazos históricos e por canles de identidade que teñen un vínculo forte e común, a lingua portuguesa, coas súas diversas posibilidades de realización e de actualización.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
A praia de Rodiles é unha praia do litoral oriental de Asturias pertencente ao concello de Villaviciosa e forma parte Reserva Natural Parcial da Ría de Villaviciosa. Atópase na marxe oriental da desembocadura da ría de Villaviciosa. O extremo occidental da praia comunica coa praia de Misiego, situada no delta da ría.
O menhir de ouro (en francés: Le Menhir d'or) é unha aventura da serie Astérix de René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (ilustracións) editado orixinalmente como audiolibro en 1967. Foi reeditado como álbum fóra da colección e publicado en varias linguas simultaneamente o 21 de outubro de 2020. Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Xerais en outubro de 2020.