Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Carlos Padín Busto, nado en Catoira o 15 de outubro de 1974, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Catoira S.D. Foi capitán do Pontevedra e chegou con el a segunda división. Todos os seus logos levarono a xogar co Deportivo B, e chegar a xogar dous partidos co Deportivo da Coruña, xogando 72 minutos contra o Valladolid perdendo 1-0, e 9 minutos entrando de suplente fronte o Athletic Club con vitoria do Deportivo da Coruña 3-0 en Riazor.
O utilitarismo é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de benestar de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, Jeremy Bentham.
Lawrence Harvey Zeiger, máis coñecido polo pseudónimo de Larry King, nado en Brooklyn (Nova York) o 19 de novembro de 1933 e finado nos Ánxeles o 23 de xaneiro de 2021, foi un escritor, xornalista e locutor estadounidense. Entre 1985 e 2010 conduciu un programa nocturno de entrevistas na CNN chamado Larry King Live, un dos programas de entrevistas máis duradeiros na televisión estadounidense.
O estandarte do corvo (en nórdico antigo, hrafnsmerki; en anglosaxón, hravenlandeye) foi unha bandeira posibelmente de natureza totémica empregada por varios xefes tribais viquingos e outros rexentes escandinavos entre os séculos IX e XI. A bandeira é descrita na arte nórdica de forma aproximadamente triangular, co bordo externo redondeado, de onde colgan unha serie de lingüetas e borlas. Posúe certa similitude cos cataventos finamente tallados empregados nas proas dos drakkar.Conxectúrase que o estandarte do corvo era un símbolo do deus da guerra Odín, quen ás veces era descrito en compaña de dous corvos chamados Hugin e Munin, e a súa intención ao portala en batalla puido ser provocar o temor dos inimigos invocando o poder do deus.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 170.549 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Pokémon Red Version e Pokémon Blue Version son dous videoxogos de rol desenvolvidos por Game Freak e publicados por Nintendo para a consola Game Boy. Son os primeiros títulos da serie de videoxogos Pokémon. Foron estreados orixinalmente no Xapón en 1996 como Pocket Monsters: Red e Pocket Monsters: Green, con Pocket Monsters: Blue sendo estreado ese mesmo ano como unha edición especial.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae. O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A mazá é o froito comestible da maceira, máis particularmente, da maceira doméstica (Malus domestica), árbore froiteira amplamente cultivada. É unha froita pomácea de forma redonda e sabor máis ou menos doce ou ácido segundo as variedades. O estudo do cultivo das mazás constitúe unha parte da pomoloxía, que é a rama da botánica que estuda as froitas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Unha cookie é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
A COVID-19 (do inglés coronavirus disease 2019 ou enfermidade por coronavirus 2019) é unha enfermidade infecciosa respiratoria causada polo virus SARS-CoV-2. Esta doenza foi identificada primeiramente en 2019 en Wuhan, capital da provincia chinesa de Hubei, e desde entón espallouse por todo o mundo, orixinando a pandemia por coronavirus de 2019–2021. Os seus síntomas comúns son febre, tose e dificultade para respirar.
Leonarda Fuentes Couto máis coñecida co alcume da A Negra ou Leonarda de Tallo, nada en 1851 e finada a carón do pazo Torres de Tallo, (Tallo, Ponteceso) en 1937, foi a primeira regueifeira galega, afamada e recoñecida no eido da improvisación oral en verso galego. Foi pioneira nesta arte de controversia con fouteza e bravura. Figura pioneira e piar esencial para a recuperación desta arte oral popular.
Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de presidentes dos Estados Unidos de América
O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.
Lista de circuítos da Fórmula 1
A seguinte é unha lista de circuítos que albergaron carreiras de Fórmula 1 desde a tempada de Fórmula 1 de 1950 ata a tempada de Fórmula 1 de 2020. En total, 73 circuítos diferentes de 32 países albergaron carreiras do Campionato Mundial. O primeiro en facelo foi Silverstone, onde se levou a cabo a primeira carreira, o Gran Premio do Reino Unido de 1950.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Statu quo é unha frase latina, que se traduce como "estado das cousas", que fai referencia ao estado global dun asunto nun momento dado. Normalmente trátase de asuntos con dúas partes interesadas máis ou menos contrapostas, no que un conxunto de factores dan lugar a un certo equilibrio (statu quo) máis ou menos duradeiro no tempo, sen que devandito equilibrio teña que ser igualitario, (por exemplo, nunha situación de dominación existe un statu quo a favor do dominador). Relacionada con ela, a frase mantemento do statu quo fai referencia á continuación da situación de equilibrio, aínda que os factores individuais poden cambiar, pero de forma complementaria, facendo que se manteña o estado de equilibrio global.
Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
O software adware é un software que mentres funciona amosa mensaxes publicitarios de distintos produtos ou servizos. Estas aplicacións inclúen código adicional, que é o encargado de amosar a publicidade a través de ventás emerxentes, barra de ferramentas etc. Esta práctica úsase para subvencionar economicamente a aplicación, permitindo que o usuario obteña esta por un prezo máis baixo e incluso gratis, mentres que proporciona ó programador un beneficio, que axuda a motivalo para escribir, manter e actualizar o programa.
O dos colémbolos (Collembola) é un grupo de artrópodos que constitúen unha das tres grandes liñaxes (xunto con Protura e Diplura) dos modernos hexápodos que xa non se considera que pertenzan aos insectos. Aínda que estes tres grupos (considerados como subclases ou ordes, segundo os autores), son ás veces agrupados nunha clase denominada Entognatha (entógnatos) por teren pezas bucais internas, non parece que estean máis relacionados entre si do que o están cos insectos, os cales teñen pezas bucais externas. Algúns estudos das súas secuencias de ADN suxiren que os colémbolos representan unha liña evolutiva separada dos outros hexápodos, pero outros estudos non concordan con isto; esta discrepancia parece estar causada polos patróns moi diverxentes de evolución molecular que se observan nos artrópodos.
Cristina del Valle, nada en Uvieu o 1 de agosto de 1960, é unha cantante, compositora, activista e feminista asturiana, coñecida tamén pola súa labor altruísta contra a violencia de xénero. Formou parte do dúo español Amistades Peligrosas, co que lanzou 6 álbums de estudio (2.000.000 de copias vendidas) e en solitario 5. Reside en Madrid.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Na electrónica, “circuíto impreso”, “tarxeta de circuítos impresos” ou “placa de circuítos impresos” (do inglés: Printed Circuit Board, PCB), é a superficie constituída polos camiños, pistas ou buses de material condutor laminadas sobre unha base non condutora. O circuíto impreso empregase pra conectar electricamente a través dos camiños condutores, e soster mecanicamente, por medio da base, un conxunto de compoñentes electrónicos. Os camiños son xeralmente de cobre mentres que a base fabricase de resinas de fibra de vidro reforzada, cerámica, plástico, teflón o polímeros coma á baquelita.A produción dos PCB e o montaxe dos compoñentes pode ser automatizada.1 Isto permite que os ambientes de produción en masa, sexan máis económicos e confiables que outras alternativas de montaxe (p.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Winx Club é unha serie de televisión animada italiana, realizada polos estudios Rainbow S.r.l., e creada e dirixida por Iginio Straffi, a partir do 2004. O éxito da serie deu lugar a unha franquía internacional de xoguetes, libros, roupa, videoxogos, DVD e dúas películas. As Winx son unhas adolescentes guapas, con moito estilo e un don especial para a maxia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Bernard Sanders, coñecido como Bernie Sanders, nado o 8 de setembro de 1941, é un destacado político estadounidense afiliado ao Partido Demócrata dese país. Nas eleccións do ano 2007, presentouse como candidato "independente" para poder conservar a súa banca. É por iso que está catalogado como Independente demócrata, sen deixar a súa afiliación ao partido.
María Dolores Flores Ruiz, máis coñecida polo nome artístico de Lola Flores, nada en Xerez da Fronteira o 21 de xaneiro de 1923 e finada en Alcobendas (Madrid) o 16 de maio de 1995, foi unha cantante de copla, bailaora e actriz española, artisticamente alcumada "La Faraona". Estivo casada co guitarrista Antonio González "El Pescaílla" (1926-1999), co que tivo tres fillos, os cantantes Lolita Flores (Dolores González Flores) (1958), Antonio Flores (Antonio González Flores) (1961-1995) e Rosario Flores (Rosario González Flores) (1964). Foi irmá da tamén cantante Carmen Flores (1936), tía do ex futbolista e adestrador Quique Sánchez Flores (1965) e avoa das actrices Elena Furiase (filla de Lolita) e Alba Flores (filla de Antonio).
Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 4° canle máis seguida en lingua española e a 18° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
O derbi entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, popularmente coñecido como O Noso Derbi, é o enfrontamento deportivo entre os dous principais clubs de fútbol galegos, o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Téñense enfrontado en máis de 200 ocasións, ao longo de case un século dunha rivalidade que naceu no mesmo ano da fundación do Celta, 1923. Os dous primeiros enfrontamentos producíronse na tempada 1924/25 do Campionato de Galicia, gañando o primeiro deles o Deportivo por 3-0, no antigo campo de Riazor, idéntico resultado ao obtido no partido de volta no campo de Coia, desta vez con vitoria céltica.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart máis coñecido co nome de Wolfgang Amadeus Mozart (ˈvɔlfgaŋ amaˈdeus ˈmoːtsart), nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. A obra mozartiana abarca todos os xéneros musicais da súa época e alcanza máis de seiscentas creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión universal. Na súa nenez máis temperá en Salzburgo, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e do violín.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lupin é unha serie de televisión francesa creada por George Kay e François Uzan estreada en Netflix o 8 de xaneiro de 2021. A serie consiste en 10 capítulos, estreados en dúas quendas. Está protagonizada por Omar Sy no papel de Assane Diop, un home inspirado polas aventuras de Arsène Lupin, personaxe creado por Maurice Leblanc.
O Parque Nacional de Yosemite / joʊˈsɛmɨti sitúase a aproximadamente 320 km ao leste de San Francisco, en California, Estados Unidos. Cobre unha área de 3.081 km² e esténdese a través das ladeiras orientais da cadea montañosa de Serra Nevada. É visitado por máis de tres millóns de persoas cada ano, e a gran maioría só percorre a parte do val de Yosemite.
Antonio Fernández Fernández (sindicalista)
Antonio Fernández Fernández, coñecido como Pavito, nado en Cangas e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Boulogne-sur-Mer (en picardo Boulonne) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia. Con 40 874 habitantes intramuros en 2017 constitúe a segunda localidade por poboación do departamento logo de Calais e a primeira pola súa densidade de poboación. Ademais é o centro dunha aglomeración de 132 000 habitantes que é a 61º área urbana de Francia.
Aubrey Fitz Gerald Bell, nado en Muncaster, Cumbria, Inglaterra o 20 de agosto de 1881 e finado en Victoria, Columbia Británica (Canadá) o 7 de maio de 1950, foi un escritor e tradutor inglés. Pasou dende a infancia longas temporadas en Saint-Jean-de-Luz, Francia, onde a familia posuía unha casa. En Saint-Jean-de-Luz comezou a mostrar interese polas culturas da península ibérica e aprendeu o vasco.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.