Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl
Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl é un filme dirixido por Gore Verbinski que foi estreado no 2003.
Pokémon Red Version e Pokémon Blue Version son dous videoxogos de rol desenvolvidos por Game Freak e publicados por Nintendo para a consola Game Boy. Son os primeiros títulos da serie de videoxogos Pokémon. Foron estreados orixinalmente no Xapón en 1996 como Pocket Monsters: Red e Pocket Monsters: Green, con Pocket Monsters: Blue sendo estreado ese mesmo ano como unha edición especial.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Outeiro é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña 10 habitantes no ano 2020 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 son homes e 3 son mulleres. Este lugar dista da capital do concello 5,3 quilómetros pola estrada OU-0206, aproximadamente 8 minutos en coche.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 170.614 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Acabadora (en italiano: Accabadora) é unha novela escrita por Michela Murgia e publicada orixinalmente en lingua italiana en maio de 2009 pola editorial Einaudi. En maio de 2010, a novela foi premiada co SuperMondello, o recoñecemento máis importante do premio Mondello e, en setembro dese mesmo ano, co premio Campiello.Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2018.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Sanguñedo é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña 29 habitantes no ano 2020 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 15 son homes e 14 son mulleres. Este lugar dista da capital do concello 4,1 quilómetros pola estrada OU-0206, aproximadamente 6 minutos en coche.
The Waylanders é un videoxogo de rol desenvolvido pola empresa coruñesa Gato Studio e estreado para Microsoft Windows en 2020. Baseado nas lendas galegas e na mitoloxía celta, a acción do xogo está ambientada en dous momentos temporais: o período celta e a Idade Media, nos inicios do Camiño de Santiago, sendo posible que o personaxe principal viaxe no tempo entre os dous períodos. O xogador poderá tomar o rol dun guerreiro, un gardián, un pícaro, un explorador, un feiticeiro ou un sanador, podendo escoller entre catro formas ou razas, humano, moure, semi-fomore e licántropo.
Carlos Padín Busto, nado en Catoira o 15 de outubro de 1974, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Catoira S.D. Foi capitán do Pontevedra e chegou con el a segunda división. Todos os seus logos levarono a xogar co Deportivo B, e chegar a xogar dous partidos co Deportivo da Coruña, xogando 72 minutos contra o Valladolid perdendo 1-0, e 9 minutos entrando de suplente fronte o Athletic Club con vitoria do Deportivo da Coruña 3-0 en Riazor.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Boulogne-sur-Mer (en picardo Boulonne) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia. Con 40 874 habitantes intramuros en 2017 constitúe a segunda localidade por poboación do departamento logo de Calais e a primeira pola súa densidade de poboación. Ademais é o centro dunha aglomeración de 132 000 habitantes que é a 61º área urbana de Francia.
Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981 e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994), tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica. Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993 e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Corporacións democráticas en Verea desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Antonio Dorado Fidalgo — Independentes 1983 Alcalde: Antonio Dorado Fidalgo — Independentes 1987 Alcalde: Manuel Nieto Rivero — PSdeG-PSOE 1991 Alcalde: Manuel Nieto Rivero — PSdeG-PSOE 1995 Alcalde: Manuel Nieto Rivero — PSdeG-PSOE 1999 Alcalde: Manuel Nieto Rivero — PSdeG-PSOE 2003 Alcalde: Félix Parada Martínez — PSdeG-PSOE. Substituído en 2004 mediante moción de censura por Juan Antonio Martínez González (PPdeG) 2007 Alcalde: Juan Antonio Martínez González — PPdeG 2011 Alcalde: Juan Antonio Martínez González — PPdeG 2015 Alcalde: Juan Antonio Martínez González — PPCandidatos: Juan Antonio Martínez González (PP), José Antonio Pérez Valado (BNG) e Félix Parada Martínez (PSdeG-PSOE).
Abeleda é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña 8 habitantes no ano 2020 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 4 eran homes e 4 eran mulleres. Este lugar dista da capital do concello 3,9 quilómetros pola estrada OU-0206, aproximadamente 6 minutos en coche.
O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .
Lawrence Harvey Zeiger, máis coñecido polo pseudónimo de Larry King, nado en Brooklyn (Nova York) o 19 de novembro de 1933 e finado nos Ánxeles o 23 de xaneiro de 2021, foi un escritor, xornalista e locutor estadounidense. Entre 1985 e 2010 conduciu un programa nocturno de entrevistas na CNN chamado Larry King Live, un dos programas de entrevistas máis duradeiros na televisión estadounidense.
"In God We Trust" é o lema dos Estados Unidos de América, e foi adoptado oficialmente en 1956 para substituír o non oficial E pluribus unum, que fora adoptado cando se creou o Gran Selo dos Estados Unidos en 1782. "In God we trust" apareceu por vez primeira nunha moeda estadounidense en 1864 e nos billetes dende 1957. Algúns secularistas opóñense ó seu uso.É tamén o lema do estado de Florida.
Benito Soto Aboal, nado en Pontevedra o 22 de marzo de 1805 e falecido en Cádiz ou en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830, foi un pirata galego con sona de acadar grandes cotas de crueldade. Moitos datos da súa biografía son confusos e existen fontes contraditorias sobre eles. Segundo Philip Henry George Gosse, en Los piratas del oeste, los piratas de oriente: o nome máis notable, asociado á ruta oriental ás Indias, pertence ó século XIX e o nome é Benito de Soto...natural da Coruña.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O derbi entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, popularmente coñecido como O Noso Derbi, é o enfrontamento deportivo entre os dous principais clubs de fútbol galegos, o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Téñense enfrontado en máis de 200 ocasións, ao longo de case un século dunha rivalidade que naceu no mesmo ano da fundación do Celta, 1923. Os dous primeiros enfrontamentos producíronse na tempada 1924/25 do Campionato de Galicia, gañando o primeiro deles o Deportivo por 3-0, no antigo campo de Riazor, idéntico resultado ao obtido no partido de volta no campo de Coia, desta vez con vitoria céltica.
Clásicos do Pensamento Universal
Clásicos do Pensamento Universal é unha colección de literatura traducida á lingua galega que se publica dende 2002, a raíz dun convenio entre o BBVA e a Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto está sufragado pola dita entidade bancaria, mentres que o labor de edición queda a cargo dun equipo de traballo universitario do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. O seu fondo está conformado por obras clásicas traducidas dende a lingua orixinal, tanto do ámbito científico como do humanístico e social.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Eagle Woman That All Look At (en lakota: Waŋblí Ayútepiwiŋ, tamén coñecida como Matilda Picotte Galpin) nada no ano 1820 e finada o 18 de decembro de 1888, foi unha activista, líder, diplomática, comerciante e intérprete lakota, principalmente coñecida polos seus esforzos de mediación nos conflitos entre os colonos brancos, o goberno dos Estados Unidos de América e os síux. Foi recoñecida tamén como a única muller xefa entre os síux.A intervención diplomática de Eagle Woman tiña como obxectivo acadar a paz. Porén, tralas recolocacións en reservas tratou de convencer os síux para adaptarse á nova era.
André Claro Amaral Ventura (Algueirão, Sintra, 15 de xaneiro de 1983) é un político, profesor universitario e comentarista deportivo portugués. Actualmente é deputado na Asemblea da República Portuguesa e presidente do Partido CHEGA. Tamén é inspector da Autoridade Tributaria, pero de baixa sen soldo desde 2014. É considerado polos medios portugueses, así como por algúns políticos e comentaristas políticos, o primeiro deputado de extrema dereita con sede na Asemblea da República a Revolución dos Caraveis.
Bernard Sanders, coñecido como Bernie Sanders, nado o 8 de setembro de 1941, é un destacado político estadounidense afiliado ao Partido Demócrata dese país. Nas eleccións do ano 2007, presentouse como candidato "independente" para poder conservar a súa banca. É por iso que está catalogado como Independente demócrata, sen deixar a súa afiliación ao partido.
O Agrupación Estudiantil é un club de fútbol galego, fundado en 1982 na parroquia de Loimil, no concello da Estrada, e que dende 2020 ten a súa sede en Santiago de Compostela. Compite na Terceira división e dende o seu traslado a Santiago xoga os seus partidos como local no Campo Municipal de Santa Isabel (ata entón facíao no Campo dos Casares da Estrada).
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Casal de Abade, Sanguñedo, Verea
Casal de Abade é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no ano 2020 tiña nove habitantes (oito homes e unha muller). Este lugar dista da capital do concello 4,9 quilómetros pola estrada OU-0206.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada o 8 de abril de 2013, foi unha política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990. Thatcher foi a Primeira Ministra británica cun mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente.
A Matanza de Atocha de 1977 foi un atentado terrorista cometido por extremistas de dereita no centro de Madrid a noite do 24 de xaneiro de 1977, no marco do chamado terrorismo tardofranquista. Cinco sindicalistas foron asasinados, marcando a transición española iniciada trala morte do ditador Francisco Franco. Un comando ultradereitista penetrou nun despacho de avogados en dereito laboral de Comisións Obreiras e militantes do Partido Comunista de España, situado no número 55 da rúa de Atocha, abrindo fogo contra os alí presentes, matando a cinco persoas e deixando catro feridos.
A peste negra foi unha epidemia concreta de peste que chegou a Europa, a China, o Medio Oriente e outras rexións do Mundo durante o século XIV (1347-1350), matando un terzo da poboación de Europa e proporcións probabelmente semellantes noutras rexións. A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixa Idade Media, da construción das catedrais e do Feudalismo e Mercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dos Descubrimentos e do Renacemento, logo que a poboación volveu medrar. Durante o período de revolución que causou, cuestionáronse institucións como a Igrexa católica, prosperaron novas formas de relixión místicas e de pensar e minorías inocentes como os leprosos e os xudeus foron perseguidas e acusadas de seren a causa da peste.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Banco de Galicia (oceanografía)
O banco de Galicia é un monte submarino situado no océano Atlántico, que se encontra a uns 180 km ao oeste da costa galega de Fisterra e que varía na súa profundidade entre os 650 e 1500 metros. Ten puntos de caídas abruptas que chegan aos 5000 metros. Está declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA).
Conor Anthony McGregor (en irlandés: Conchúr Antóin Mac Gréagóir), nado en Dublín o 14 de xullo de 1988, é un loitador irlandés de artes marciais mixtas, que compite na Ultimate Fightning Championship (UFC). É o campión do peso lixeiro e do peso pluma da UFC. Durante a súa carreira, McGregor competiu como peso lixeiro, pluma e wélter. O peso de McGregor anda polos 77 kg.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Suabia (rexión administrativa)
Suabia (en alemán Schwaben, en bávaro Schwobm) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.Está situada no suroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, a Franconia Media e a Alta Baviera. Ademais ten unha fronteira exterior con Austria, que se encontra aberta grazas ao Acordo de Schengen.
Winx Club é unha serie de televisión animada italiana, realizada polos estudios Rainbow S.r.l., e creada e dirixida por Iginio Straffi, a partir do 2004. O éxito da serie deu lugar a unha franquía internacional de xoguetes, libros, roupa, videoxogos, DVD e dúas películas. As Winx son unhas adolescentes guapas, con moito estilo e un don especial para a maxia.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.