Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 17 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca.
Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldavia situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República de Moldavia con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldava Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. A República de Moldavia non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldova de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.Tras da disolución da Unión Soviética, as tensións entre o goberno de Moldavia e as autoridades do Estado separatista en Tiráspol culminaron nunha conflito militar que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un alto o fogo en xullo de 1992.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.
Karen Horney (IPAc ˈhɔrnaɪ); nada Karen Danielsen, naceu en Blankenese (Alemaña) o 16 de setembro de 1885 e finou en Nova York (Estados Unidos) o 4 de decembro de 1952, foi unha psicóloga e psicanalista alemá nacionalizada estadounidense. As súas teorías cuestionaron o pensamento de Sigmund Freud, como que as diferenzas psicolóxicas entre o home e a muller non son produto inherente da bioloxía humana senón que deben a súa orixe a diversos factores culturais e sociais. O seu pensamento está clasificado dentro do neofreudismo.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Metalurgia Galaica, SA., coñecida polo seu acrónimo Megasa, é unha empresa galega siderometalúrxica situada no concello coruñés de Narón no barrio de Xuvia ao fondo da ría de Ferrol. Adícase á laminación de redondos para construción nun forno eléctrico empregando chatarra ou barras de aceiro. Ten unha capacidade de produción de tres millóns de toneladas.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.852 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken (Lützen, nos arredores de Leipzig, actual Alemaña) e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX. Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida. Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos. Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League), tamén coñecida como Champions League e antigamente como Copa de Europa, é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Rocío Wanninkhof Hornos, nada o 9 de novembro de 1979, e finada o 9 de outubro de 1999, foi unha moza adolescente española que foi asasinada na súa vila natal, en Mijas, Málaga, localizada no Costa do Sol. En 2001, en medio da presión popular e o circo dos medios de comunicación (definido en ocasións como un "linchamento público" do acusado), un xuízo con xurado condenou a María Dolores "Loli" Vázquez, de 52 anos, polo asasinato, aínda que non existían probas que a relacionasen co crime. Vázquez era a amante separada da nai de Wanninkhof, Alicia Hornos.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Doménikos Theotokópoulos (do grego Δομήνικος Θεοτοκόπουλος), coñecido universalmente como El Greco ("O Grego"), nado en Candia (Creta) en 1541 e finado en Toledo o 7 de abril de 1614, foi un pintor, escultor e arquitecto do final do Renacemento que desenvolveu un estilo moi persoal nas súas obras de madurez, de orixe grega e que traballou principalmente en España. As súas obras, xunto coas de Velázquez, Goya, Picasso e Dalí constitúen o epítome da pintura española de tódolos tempos. Ata os 26 anos viviu en Creta (Creta formaba parte naquel tempo da República de Venecia), onde foi un apreciado mestre de iconas no estilo posbizantino vixente na illa.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa. Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Non confundir co Río Moldova, romanés, afluente do Río Siret. Non confundir co Río Moldava ou Vltava, checo, afluente do Río Elba. A República Moldova, ou máis común e simplemente Moldova ou Moldavia, (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Nicolao II de Rusia (en ruso: Николaй Алексaндрович Ромaнов, Nikolai Aleksandrovich Romanov), nado en San Petersburgo o 6 de maioxul./ 18 de maio de 1868greg. e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o último tsar de Rusia. Fillo de Alexandre III, gobernou desde a morte do seu pai, o 20 de outubroxul./ 1 de novembro de 1894greg., ata a súa abdicación o 2 de marzoxul./ 15 de marzo de 1917greg., cando renunciou no seu nome e no do seu fillo Aleksei e o trono pasou ao seu irmán, o gran duque Miguel.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
A Eiriña é un barrio residencial da cidade de Pontevedra, situado ao leste do centro urbano. Sitúase ao norte do Gorgullón, ao noroeste da Parda, ao oeste dos Salgueiriños e ao sur do barrio da Seca. Na actualidade forma parte do núcleo urbano, pero no nomenclátor oficial de 1940 pertencía á parroquia de Mourente.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Helarctos malayanus, coñecido vulgarmete como oso malaio, é unua especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, o único representante do xénero Helarctos.Trátase dunha pequena especie de oso, a menor entre todas as actuais, que vive nos bosques tropicais do sueste asiático, concretamente no centro-oeste de Birmania, Indochina, Malaca, Sumatra e Borneo (nesta última illa representada por unha subespecie endémica). Esta especie está pouco emparentada coas outras especies de osos do mundo.
O ácido vaccénico (do latín vacca, vaca) é un ácido graxo omega-7. É un ácido graxo trans natural, que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos como leite, manteiga, e iogur. Tamén é o ácido graxo trans predominante do leite humano.O seu nome IUPAC é ácido (E)-11-octadecenoico, e a súa denominación abreviada é 18:1 trans-11.Foi descuberto en 1928 en graxas animais e na manteiga.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
O Nawrūz (en persa: نوروز, pero tamén, debido ás diferenzas de pronuncia entre as variedades lingüísticas, Novruz, Nowruz ou Norouz), é unha festa tradicional persa que celebra o Aninovo. É seguida en Irán, Kurdistán, Acerbaixán, Afganistán, Albania, Bosnia, países de Asia Central como Turkmenistán, Taxiquistán, Uzbekistán, Kirguizistán e Casaquistán, así como nas comunidades iranianas en Iraq, Paquistán, Turquía e noutros moitos países. Ocorre o 21 de marzo, aínda que nalgúns lugares celébrase o 20 ou 22, coincidindo co equinoccio de primavera.
The Guilty é un filme estadounidense de 2021 dirixido e producido por Antoine Fuqua a partir dun guión de Nic Pizzolatto. Trátase dun remake do filme dinamarqués de 2018 Den skyldige, e está protagonizado por Jake Gyllenhaal e Christina Vidal, coas voces de Ethan Hawke, Riley Keough, Eli Goree, Da'Vine Joy Randolph, Paul Dano, Peter Sarsgaard e Bill Burr. The Guilty estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2021.
Olaf Scholz, nado o 14 de xuño de 1958 en Osnabrück, é un político alemán e membro do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Foi vicechanceler e ministro federal de Finanzas desde o 14 de marzo de 2018. Nado na Baixa Saxonia e avogado formado en Hamburgo, foi vicepresidente federal das Xuventudes Socialdemócratas nos anos oitenta.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Un xene é a unidade básica de herdanza dos seres vivos. Dende o punto de vista molecular, un xene é unha secuencia lineal de nucleótidos na molécula de ADN (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica. Por exemplo: Proteínas, ARNm, ARN ribosómico, ARN de transferencia e ARN pequenos.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Mathieu Valbuena (AFI: [ma.tjø val.bwe.na]), nado en Bruges (Xironda, Aquitania) o 28 de setembro de 1984, é un futbolista internacional francés que xoga como centrocampista para o FC Dinamo Moscova da Liga Premier rusa. Desempéñase no campo como medio ofensivo ou extremo e é coñecido pola súa rapidez, capacidade técnica e polo seu tenaz estilo de xogo. É descrito polo seu exentrenador no Libourne, Didier Tholot, como "un elemento desestabilizador, capaz de escapulirse rapidamente de dous xogadores para crear espazos, grazas, en gran medida, ao seu talento como regateador".
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.