Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Almudena Grandes Hernández, nada en Madrid o 7 de maio de 1960 e finada o 27 de novembro de 2021, foi unha escritora española de lingua castelá. Varias das súas obras foron levadas ao cinema. Nos derradeiros anos da súa vida estivo emparellada sentimentalmente co poeta granadino Luís García Montero.
O Día do Mestre é unha festividade na que se rende homenaxe ás persoas que fan do ensino o seu traballo habitual, como mestres e profesores. A data desta celebración varía entre os diferentes países, aínda que a UNESCO suxire facelo o 5 de outubro, declarado Día Mundial dos Docentes, práctica que foi seguida por numerosas nacións. En 1943, a Primeira Conferencia de Ministros e Directores de Educación das Repúblicas Americanas, celebrada en Panamá, propuxo tamén unha data unificada para todo o continente; elixiuse o 11 de setembro, aniversario do falecemento do estadista e educador arxentino Domingo Faustino Sarmiento.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Luís García Montero, nado en Granada o 4 de decembro de 1958, é un poeta e crítico literario español, ensaísta, catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada. Pertence á xeración dos oitenta ou postnovísimos dentro da corrente denominada poesía da experiencia. Director do Instituto Cervantes desde 2018.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Nome da décimo quinta letra do alfabeto grego (ὂ μικρόν); equivale ao /o/, o breve. Minúscula ο, maiúscula Ο. Adoita transcribirse como o. Provén da letra do alfabeto fenicio ‘Ayin, que representa unha fricativa laringal sonora, da que carece o grego, podéndose, xa que logo, aproveitar o signo para a vogal /o/, dado que o fenicio non notaba as vogais.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender a un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e falecido en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina. Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Australia. Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas.
Francisco Jiménez de Cisneros ou Ximénez de Cisneros, cuxo nome de pila era Gonzalo, máis coñecido como o cardeal Cisneros, nado en Torrelaguna no 1436 e finado en Roa o 8 de novembro de 1517, foi cardeal, arcebispo de Toledo, primado de España e terceiro inquisidor xeneral de Castela, pertencente á Orde Franciscana (O.F.M. Obs.). Tamén gobernou a coroa de Castela en dúas ocasións por incapacidade da raíña Xoana. Entre 1506 e 1507 presidiu o Consello de Rexencia que asumiu o goberno castelán trala morte do rei Filipe o Fermoso en espera da chegada de Fernando o Católico.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena.
Cancioneiro é o nome que se acostuma dar a calquera libro impreso ou manuscrito que conteña unha colección de cancións, e por extensión, ao rexistro sonoro destas cancións. Dependendo da época en que a música foi composta, os cancioneiros poden ser divididos entre medievais, renacentistas, románticos, contemporáneos etc.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 17 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.918 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2021, ano dedicado a Xela Arias, 61 autores (5 mulleres e 56 homes) foron homenaxeados nas 59 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas.
Mantua (Mantova en italiano, Mäntua no dialecto mantuano e Māntva no dialecto emiliano) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima en Lombardía. Ten unha poboación 48.364 habitantes (2021), que se duplica contando os arredores, pasando dos 100.000 habitantes. Limita cos concellos de Bagnolo San Vito, Curtatone, Porto Mantovano, Roncoferraro, San Giorgio di Mantova e Virgilio.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Os biosbardos é un conxunto de relatos escritos por Eduardo Blanco-Amor publicado en 1962. Son relatos en primeira persoa cun protagonista e narrador infantil distinto en cada conto ambientados nunha cidade, Auria, transposición literaria do seu Ourense natal.O número de relatos cambiou coas diferentes edicións, sendo sete na primeira, oito na segunda e sete nas seguintes. Dous dos oito contos deste libro teñen como argumento o biosbardo, "Os biosbardos" e "Bartomeu e os biosbardos", e son os que lle dan o seu nome ó título do libro.
Encanto é un filme estadounidense de 2021 de animación por computadora, musical e fantasía producido por Walt Disney Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É o sesaxésimo filme producido polo estudio, dirixido por Byron Howard e Jared Bush, codirixido por Charise Castro Smith e producido por Clark Spencer e Yvett Merino, coa música orixinal de Lin-Manuel Miranda. Está protagonizado polas voces de Stephanie Beatriz, John Leguizamo, María Cecilia Botero, Diane Guerrero, Jessica Darrow, Angie Cepeda e Wilmer Valderrama.
Movemento Apostólico de Schönstatt
O Movemento Apostólico de Schönstatt ou Schoenstatt é un movemento católico de devoción mariana fundado en 1914 por Josef Kentenich en Alemaña. Na actualidade conta con preto de 100 000 adherentes en máis de 40 países.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir. Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Rocío Wanninkhof Hornos, nada o 9 de novembro de 1979, e finada o 9 de outubro de 1999, foi unha moza adolescente española que foi asasinada na súa vila natal, en Mijas, Málaga, localizada no Costa do Sol. En 2001, en medio da presión popular e o circo dos medios de comunicación (definido en ocasións como un "linchamento público" do acusado), un xuízo con xurado condenou a María Dolores "Loli" Vázquez, de 52 anos, polo asasinato, aínda que non existían probas que a relacionasen co crime. Vázquez era a amante separada da nai de Wanninkhof, Alicia Hornos.
Historia do Deportivo da Coruña
A historia do Deportivo da Coruña abrangue máis de 115 anos, dende a súa fundación na Sala Calvet da Coruña en 1906.
O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde arredor do século IX a.C. Deriva do alfabeto fenicio e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes. Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade. En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...).
Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro
O Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro é un certame organizado desde o ano 2012 polo Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores premiando a poesía. É un premio a un único poema cunha extensión máxima de 150 versos.
Esperanza Guisán Seijas, nada na Coruña o 23 de abril de 1940 e falecida o 27 de novembro de 2015, foi unha profesora e filósofa galega. Catedrática de Filosofía Moral e Política pola Universidade de Santiago de Compostela, introduciu no panorama intelectual de fala hispana o utilitarismo contemporáneo, un dos principais modelos actuais de pensamento ético e político a nivel internacional. Tal e como ela mesma describiu, a súa actividade centrouse na ética normativa, a educación ou desenvolvemento moral, a vinculación entre a ética e a filosofía política e a investigación meta-ética, en especial as cuestións referidas á fundamentación da racionalidade práctica.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Aceredo é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 24 habitantes no ano 2019 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 12 eran homes e 9 mulleres. Aceredo está desde o 2009 dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Cemiterio de Santo Amaro da Coruña
O cemiterio de Santo Amaro, tamén coñecido como cemiterio de San Amaro é un camposanto situado na Coruña. A superficie do cemiterio é de máis de 26 000 m² e está composto por tres áreas, a relixiosa, a civil e a británica. Esta última está pechada e é propiedade do Reino Unido.
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Literatura galega do Rexurdimento
O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas. Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Mujeres Libres foi unha organización feminista dentro do anarcosindicalismo español entre abril de 1936 e febreiro de 1939, durante a guerra civil española. Xunto á Confederación Nacional do Traballo (CNT), a Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL) e a Federación Anarquista Ibérica (FAI), constituíu unha das organizacións clásicas do movemento libertario español. Malia a igualdade de xénero que propuña a CNT dende as súas orixes, moitas das mulleres que militaban no movemento consideraron necesaria unha organización específica para desenvolveren plenamente as súas capacidades e a súa loita política.
Ruby é unha linguaxe de programación reflexiva e orientada a obxectos (linguaxe interpretada), creada polo programador xaponés Yukihiro "Matz" Matsumoto en 1993. Combina unha sintaxe inspirada en Python, Perl con características de programación orientada a obxectos similares a Smalltalk. Comparte tamén funcionalidade con outras linguaxes de programación como Lisp, Lua, Dylan e CLU. Ruby é unha linguaxe de programación interpretada nunha soa pasada e a súa posta en funcionamento oficial é distribuída baixo unha licenza de software libre.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.