Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Almudena Grandes Hernández, nada en Madrid o 7 de maio de 1960 e finada o 27 de novembro de 2021, foi unha escritora española de lingua castelá. Varias das súas obras foron levadas ao cinema. Nos derradeiros anos da súa vida estivo emparellada sentimentalmente co poeta granadino Luís García Montero.
Luís García Montero, nado en Granada o 4 de decembro de 1958, é un poeta e crítico literario español, ensaísta, catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada. Pertence á xeración dos oitenta ou postnovísimos dentro da corrente denominada poesía da experiencia. Director do Instituto Cervantes desde 2018.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
A xeada é un fenómeno climático que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao nivel de conxelación da auga, e fai que a auga que está no aire se conxele, depositándose en forma de xeo nas superficies. Para que se dea este tipo de meteoro cómpre que a humidade relativa do aire sexa superior á máxima humidade relativa á temperatura da xeada; en caso contrario, non haberá suficiente auga na atmosfera para depositarse nas superficies aínda que exista a sensación de 'frío de xeada'. Se o vento é intenso, o depósito de auga será asemade pequeno.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Enrique Morente Cotelo, coñecido artisticamente como Enrique Morente, nado na cidade española de Granada o 25 de decembro de 1942 e falecido en Madrid o 13 de decembro de 2010, foi un cantaor controvertido no flamenco. Despois duns comezos ortodoxos derivou cara ao experimentalismo, renovando as melodías do cante e colaborando con músicos de diversos estilos sen renunciar ás súas raíces nin ó cante flamenco más tradicional. Malia as críticas do sector máis purista do público e da crítica, foi un dos cantaores flamencos máis influentes de finais do século XX e comezos do XXI, que non só innovou, senón que tamén creou tradición: as súas interpretacións foron recreadas por xente como Camarón de la Isla, Mayte Martín, Carmen Linares, Miguel Poveda, Segundo Falcón ou Arcángel.
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender a un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O cubo de Rubik (ou tamén chamado o cubo máxico) é un puzzle mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernő Rubik no ano 1974. Orixinalmente foi chamado "o cubo máxico" polo seu inventor, pero o nome foi trocado máis adiante por Ideal Toys en 1980 a "cubo de Rubik". Neste mesmo ano, gañou o premio alemán de "Xogo do Ano" (Spiel des Jahres).
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 177.945 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 1 do mundo na clasificación ATP. Gañador en 20 ocasións dun torneo de Grand Slam, igualando o récord establecido por Roger Federer. Campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Nome da décimo quinta letra do alfabeto grego (ὂ μικρόν); equivale ao /o/, o breve. Minúscula ο, maiúscula Ο. Adoita transcribirse como o. Provén da letra do alfabeto fenicio ‘Ayin, que representa unha fricativa laringal sonora, da que carece o grego, podéndose, xa que logo, aproveitar o signo para a vogal /o/, dado que o fenicio non notaba as vogais.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Torrón, Cabreira, Salvaterra de Miño
O Torrón é un lugar da parroquia de Cabreira, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, na comarca do Condado. Segundo o IGE, en 2020 contaba cunha poboación de 17 habitantes (9 homes e 8 mulleres).
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de filmes en galego con maior recadación
A continuación detállase unha lista dos filmes en galego con maior recadación da historia do cinema de Galicia.
Mdungazwe Nghunghunyana Nxumalo ou Reinaldo Frederico Gungunhana, nado en 1850 e finado en 1906, foi o derradeiro emperador de Gaza ( no sur do actual Mozambique) que reinou entre 1884 e 1895. Membro da dinastía Jamine, de orixe nguni, que viña gobernando Gaza dende 1824. Vasalo portugués, rebelouse contra o poder colonial e derrotado marchou ao desterro, primeiro en Lisboa e logo nas Azores onde morreu.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
As Cantigas de Santa María son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en galego-portugués, que no século XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela. Atópanse repartidas en catro manuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en Madrid (códice To, por Toledo), dous en San Lorenzo de El Escorial (códices E e T) e o cuarto en Florencia (códice F). A colección mariana data de entre os anos 1270 e 1283.
Cancioneiro é o nome que se acostuma dar a calquera libro impreso ou manuscrito que conteña unha colección de cancións, e por extensión, ao rexistro sonoro destas cancións. Dependendo da época en que a música foi composta, os cancioneiros poden ser divididos entre medievais, renacentistas, románticos, contemporáneos etc.
Os micetozoos (Mycetozoa) son un grupo de mofos mucosos ou mucilaxinosos (aínda que non todos os mofos mucosos pertencen a este grupo) hoxe clasificados como Amoebozoa. Antes clasificábanse nos antigos taxons dos Myxomycota ou Mixomicetos. É un grupo peculiar de protistas que adoptan tres formas distintas no decurso da súa vida.
A temperatura é unha magnitude física que indica a densidade de enerxía interna dun sistema referida ás nocións comúns de quente, morno ou frío que pode ser medida cun termómetro. A temperatura é un parámetro termodinámico do estado dun sistema que caracteriza a calor, ou transferencia de enerxía térmica, entre ese sistema e outros. En física, defínese como unha magnitude escalar relacionada coa enerxía interna dun sistema termodinámico, definida polo principio cero da termodinámica.
Os biosbardos é un conxunto de relatos escritos por Eduardo Blanco-Amor publicado en 1962. Son relatos en primeira persoa cun protagonista e narrador infantil distinto en cada conto ambientados nunha cidade, Auria, transposición literaria do seu Ourense natal.O número de relatos cambiou coas diferentes edicións, sendo sete na primeira, oito na segunda e sete nas seguintes. Dous dos oito contos deste libro teñen como argumento o biosbardo, "Os biosbardos" e "Bartomeu e os biosbardos", e son os que lle dan o seu nome ó título do libro.
O San Roque, Cabreira, Salvaterra de Miño
O San Roque é un lugar da parroquia de Cabreira, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, na comarca do Condado. Segundo o IGE, en 2020 contaba cunha poboación de 50 habitantes (20 homes e 30 mulleres), sendo así o lugar con maior número de habitantes da parroquia.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A ditadura é unha forma de goberno no que unha persoa, ou un grupo de persoas máis ou menos extenso, exerce o poder en virtude dunha afirmación persoal, sen limitacións legais ou constitucionais efectivas. O concepto de ditadura úsase contemporaneamente dunha forma moito máis laxa para designar todo tipo de réximes non democráticos modernos. Este "estiramento conceptual" do termo restoulle precisión e capacidade de diferenciación ao colocar baixo unha mesma etiqueta a réximes políticos que teñen pouco en común.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O esquío vermello (Sciurus vulgaris) é unha especie de mamífero da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos e tribo dos Sciurini, pertencente ao xénero Sciurus. É un roedor fundalmente herbívoro que vive nas árbores, sendo moi común en toda Eurasia. En Portugal, o esquío vermello desapareceu no século XVI, pero na década de 1990 poboacións vindas de España volveron colonizar o norte do país.Na Gran Bretaña en Irlanda e no norte de Italia o seu número foi diminuíndo nos últimos anos, en parte debido á introdución do esquío cincento americano (Sciurus carolinensis).
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Un enlace covalente é unha forma de enlace químico caracterizado pola compartición dun ou máis pares de electróns entre átomos para producir unha atracción mutua que mantén unida a molécula resultante. Os átomos tenden a compartir electróns de tal maneira que se enchan as órbitas exteriores. Estes enlaces son sempre máis fortes que o enlace de hidróxeno intermolecular e semellantes en forza ou máis fortes que o enlace iónico.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Coidemos Lugo é un movemento social lucense adicado a promover o amor, o coidado e a valorización do patrimonio, do medio ambiente e dos espazos públicos en xeral. Naceu de xeito espontáneo en agosto do ano 2020 con 25 persoas fundadoras, e en pouco tempo involucrou a centos de persoas nas súas accións de limpeza e a milleiros de persoas a través das redes sociais.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Eleccións municipais na Fonsagrada
Corporacións democráticas na Fonsagrada desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Antonio López Vidal — UCD 1983 Alcalde: Antonio López Vidal — CG 1987 Alcalde: Mario Arias Mon — PSdeG-PSOE 1991 Alcalde: Mario Arias Mon — PPdeG 1995 Alcalde: Bertín Deza Fernández — UM 1999 Alcalde: Bertín Deza Fernández — UM 2003 Alcalde: Ricardo Parada Mariñas — PSdeG-PSOE 2007 Alcalde: Argelio Fernández Queipo — PSdeG-PSOE 2011 Alcalde: Argelio Fernández Queipo — PSdeG-PSOE 2015 Alcalde: Argelio Fernández Queipo — PSdeG-PSOECandidatos: Argelio Fernández Queipo (PSdeG-PSOE), Tobías Martínez Cotarelo (PP) e Aitor Rodríguez Villagarcía (BNG).
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas
Manuel Rodríguez-Arijón Pallas, nado en Vilar de Peres, Rebordelos (Carballo) en 1895 e finado na mesma parroquia en 1963, foi un inventor galego.
San Miguel de Cabreira é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 435 habitantes (236 mulleres e 199 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 478 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 442 habitantes, sendo 220 homes e 222 mulleres.
Mantua (Mantova en italiano, Mäntua no dialecto mantuano e Māntva no dialecto emiliano) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima en Lombardía. Ten unha poboación 48.364 habitantes (2021), que se duplica contando os arredores, pasando dos 100.000 habitantes. Limita cos concellos de Bagnolo San Vito, Curtatone, Porto Mantovano, Roncoferraro, San Giorgio di Mantova e Virgilio.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
O independentismo galego é un movemento político e social dentro do nacionalismo galego que avoga pola independencia política de Galiza respecto de España, e a súa conversión nun estado independente e soberano, así como a anexión daqueles territorios galegofalantes baixo a administración de Castela e León e Asturias, a coñecida como Galiza estremeira (As Portelas, O Bierzo e Terra Eo-Navia).Os comezos do separatismo popular en Galiza poden remontarse aos anos 20 e 30 do século XX, case un século despois da disolución do Reino de Galiza no ano 1833, momento no que se produciu un forte proceso de centralismo español no cal Galiza perdeu todas as atribucións políticas, económicas, militares e diplomáticas, e España iniciou unha burocracia centralizada e a procura da homoxeneización xurídica, lingüística e cultural. Unha das primeiras organizacións independentistas galegas foi o Comité Revoluzonareo Arredista Galego, fundado por Fuco Gómez en Cuba no ano 1921. No ano 1931, Antón Alonso Ríos proclamou a República Galega como unha reacción ao malestar xerado polo caciquismo e mais pola paralización das obras do ferrocarril.