Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.189 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939, é unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos, é unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a "Raíña do Rock".
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Lydia Boquera de Buen, nada en El Prat de Llobregat (Barcelona) o 26 de novembro de 1963, é unha actriz e presentadora de televisión española. Saltou á fama grazas ao famoso concurso televisivo Un, dos, tres... responda otra vez, dirixido por Chicho Ibáñez Serrador, do que saíron tamén rostros coñecidos como os de Victoria Abril ou Miriam Díaz Aroca.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
Las leyes de la frontera (filme)
Las leyes de la frontera é un filme español de 2021 dirixido por Daniel Monzón adaptando a novela homónima de Javier Cercas. Está protagonizado por Marcos Ruiz, Begoña Vargas e Chechu Salgado.
Un Estado é unha organización política constituída por un conxunto de institucións burocráticas estables, a través das cales exerce o monopolio do uso da forza (soberanía) aplicada a unha poboación dentro duns límites territoriais establecidos.Moitas sociedades humanas foron gobernadas por estados durante milenios; con todo, a maioría das persoas na prehistoria vivían en sociedades sen estado. Os primeiros estados xurdiron fai uns 5500 anos xunto co rápido crecemento das cidades, a invención da escritura, e a codificación de novas clases de relixión. Co tempo, desenvolveuse unha variedade de formas diferentes de estados, empregando unha variedade de xustificacións para a súa existencia (como o dereito divino, a teoría do contrato social, etc.).
O Helsingin Jokerit, ou sinxelamente Jokerit, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Uusimaa (Finlandia). Competiu de xeito ininterrompido na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende 1989 ata 2014, competición que gañou en seis ocasións (cinco dende que adoptou a denominación actual). Dende 2014 xoga na Kontinental Hockey League (KHL), converténdose no primeiro equipo nórdico en disputar a competición.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
O MG Metro 6R4 foi un automóbil de carreiras, MG Metro con homologación de grupo B. Foi construído por Rover e competiu no campionato mundial de rally entre 1985 e 1986. O seu mellor resultado foi o terceiro posto que logrou o piloto británico Tony Pond, xustamente durante o debut do coche, no Rally de Gran Bretaña de 1985.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos.
The Revenant é un filme estadounidense dirixido por Alejandro G. Iñárritu que foi estreado no 2015. Está ambientado en 1823, en Montana e Dacota do Sur, e o guión foi escrito por Mark L. Smith e Iñárritu baseándose na novela de Michael Punke The Revenant: A Novel of Revenge. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Tom Hardy, Will Poulter e Domhnall Gleeson.O desenvolvemento do filme comezou en agosto de 2001, cando Akiva Goldsman mercou o manuscrito de Punke coa intención de producir o filme.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A lingua guanche é unha lingua bérber extinta que foi falada polos guanches das Illas Canarias até o século XVII ou se cadra máis tarde. Desapareceu cando os guanches foron absorbidos pola cultura española dominante. A lingua guanche é coñecida na actualidade a través de oracións soltas e palabras que foron recollidas polos primeiros viaxeiros que contactaron coas illas, alén de varios nomes de lugares e algunhas palabras que foron asimiladas polo castelán falado no arquipélago.
Angel (serie de televisión de 1999)
Angel é unha serie televisiva estadounidense, un spinoff da serie Buffy the Vampire Slayer. A serie foi creada polo mesmo creador de Buffy, Joss Whedon, en colaboración con David Greenwalt. Estreouse en The WB dende o 5 de outubro de 1999 até o 19 de maio de 2004, constando de 5 tempadas e 110 episodios.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os mortos van á présa (en castelán: Los muertos van deprisa) é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que foi estreado o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, a excepción da actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodada en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea.
O artigo é un determinante actualizador con flexión de xénero e número que concorda co núcleo do sintagma nominal. A súa función é a de acompañar ao substantivo actualizándoo e precisándoo, transformándoo de descoñecido e abstracto ("libro") en coñecido e concreto ("o libro"), situándoo no mundo real. A gramática tradicional distinguía entre artigo determinado (o, a, os, as) e indeterminado (un, unha, uns, unhas), sendo en realidade este último un tipo de cuantificador.
Iris Apfel, de solteira Barrel, nada o 29 de agosto de 1921 no barrio de Astoria, Queens, na cidade de Nova York, é unha empresaria estadounidense, deseñadora de interiores e icona da moda. Apfel, xunto co seu home, Carl, liderou unha empresa téxtil entre 1950 e 1992, a cal incluíu un contrato coa Casa Branca durante nove presidencias. Xa xubilada, obtivo unha grande acollida cunha exposición en 2005 no The Costume Institute do Metropolitan Museum of Art.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Antoni Gaudí Cornet, nado en Reus ou en Riudoms (Cataluña) o 25 de xuño de 1852 e finado en Barcelona, o 10 de xuño de 1926, foi un arquitecto catalán, recoñecido internacionalmente como un dos xenios máis relevantes da súa disciplina. O seu estilo, moi complexo de clasificar, pódese definir como unha mestura entre o Art Nouveau (modernismo) e o Neogótico, aínda que elementos cubistas e surrealistas en xeral atópanse nalgunhas das súas obras. A súa contribución á arquitectura é única e está considerado como un dos máximos expoñentes do modernismo.
Robin Williams: Come Inside My Mind
Robin Williams: Come Inside My Mind é un filme documental estadounidense de 2018 dirixido por Marina Zenovich. O filme celebra a vida e a carreira de Robin Williams, quen morreu en 2014. É unha produción de HBO e conta con entrevistas a Whoopi Goldberg, David Letterman e Billy Crystal, entre outros.
Only Murders in the Building é unha serie de televisión estadounidense de misterio creada por Steve Martin e John Hoffman. A primeira tempada, composta de dez episodios, estreouse en Hulu o 31 de agosto de 2021. Conta a historia de tres estraños, interpretados por Steve Martin, Martin Short e Selena Gomez, que comparten unha obsesión por un podcast de crimes reais.
Axencia Europea do Medio Ambiente
A Axencia Europea do Medio Ambiente (en inglés: European Environment Agency; EEA) é a axencia da Unión Europea que achega información independente sobre o medio ambiente. A súa misión é a recollida, elaboración e difusión de información sobre a situación e a evolución do medio ambiente a escala europea. Publica catro tipos de informes, entre os cales salientan os «Indicadores ambientais», considerados a principal contribución da Axencia.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón). O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas.
A actual bandeira de España aparece por mor de que no século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Borbón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos facilmente.
Manuel Azaña Díaz, nado en Alcalá de Henares (Madrid), o 10 de xaneiro de 1880 e finado en Montauban (Francia) o 3 de novembro de 1940, foi un político e escritor español, segundo presidente da Segunda República Española (1936-1939). Foi un dos políticos e oradores máis importantes da política española do século XX, ademais de ser un consolidado escritor (acadou o Premio Nacional de Literatura en 1926 por Vida de Juan Valera). As súas memorias son un documento moi importante para coñecer a sociedade da época.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Dos arquivos do trasno: Contos do Monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.