Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Xunqueiredro ou Xunqueiredo II é un poliedro de 80 caras, que son triángulos equiláteros iguais. Pódese construír a partir de varias stella octángula ou a partir de varios tetraedros. Foi nomeado oficialmente polo Club de Ciencias do IES A Xunqueira II de Pontevedra no acto de entrega de premios do I Concurso Novos Poliedros, organizado por Igaciencia o día 10 de decembro do 2021.
O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Natalia Gastiain Tena, nada o 1 de novembro de 1984 en Londres, é unha músico e actriz inglesa de cinema, televisión e teatro. Filla de nai estremeña e pai vasco. Toca o acordeón na banda Molotov Jukebox, pero é principalmente coñecida por interpretar a Nymphadora Tonks na serie de filmes de Harry Potter e a Osha na serie da HBO Game of Thrones.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.207 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Follas novas é un poemario en lingua galega de Rosalía de Castro, publicado por vez primeira en 1880, editado por La Propaganda Literaria de Alejandro Chao na Habana, Cuba, e impreso en Madrid, con prólogo de Emilio Castelar.Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de Cantares gallegos: O 50% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863,[Cómpre referencia] mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser: En todo estás e ti es todo pra min e en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A lavandeira branca, ou lavandeira propiamente dita, Motacilla alba, é unha especie de ave da orde dos paseriformes e familia dos motacílidos, unha das 13 integrantes do xénero Motacilla.É un paxaro que se encontra en case todos os hábitats, pero principalmente xunto ao ser humano, ao que anuncia a chegada do tempo frío.Na súa ampla área de distribución (Eurasia e norte, leste e oeste de África) distínguense 10 subespecies.
O Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil é un premio que concede Edicións Xerais desde 2006 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais e o Merlín. Por razóns de patrocinio coñeceuse ata o ano 2011 como Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Non se convocou nos anos 2012 e 2013, refundándose co seu actual nome no ano 2014.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais de Galicia desde 1986, entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela. Ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil, mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, que posteriormente tamén mudou de denominación.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Braveheart é unha longametraxe dirixida e protagonizada por Mel Gibson estreada nos cines en 1995. O guión está adaptado do poema épico de Blind Harry The Actes and Deidis of the Illustre and Vallyeant Campioun Schir William Wallace, e foi escrito por Randall Wallace. É un filme que conta a historia do heroe nacional escocés William Wallace e a súa loita contra os ingleses e o seu tiránico rei Eduardo I de Inglaterra na Primeira Guerra de Independencia de Escocia.
Mónica García Gómez, nada en Madrid o 16 de xaneiro de 1974, é unha anestesióloga e política española, deputada da X lexislatura da Asemblea de Madrid dentro do grupo parlamentario de Podemos Comunidade de Madrid e posteriormente deputada da súa XI lexislatura dentro do grupo parlamentario de Más Madrid.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e falecido en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a mecánica de Newton non era suficiente para reconciliar as leis da mecánica clásica coas leis do campo electromagnético.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 17 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.