Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, militante na segunda Autonómica.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Carlos Santiago Pereira, nado en Marín o 9 de setembro de 1951, é un ex-futbolista galego, que xogaba na demarcación de gardameta. Despois de xogar no Pontevedra, foi traspasado ao Valencia, onde militou varios anos, gañando tres títulos, entre eles a Recopa de Europa 1979/80, na que destacou a súa actuación na final, detendo dous lanzamentos na quenda de penaltis. Xogou ademais no Alavés, no Racing de Santander, no Celta de Vigo, no Arenteiro e no Gran Peña.
José Sacristán, nado en Chinchón (Madrid) o 27 de setembro de 1937 é un actor español de cinema, teatro e televisión. Integrante do grupo de actores do chamado “landismo”, a súa carreira e orientación deu un xiro importante a partir da Transición Española, con filmes tan relevantes como Un hombre llamado Flor de Otoño ou Asignatura pendiente, que lle permitiron enriquecer o seu rexistro interpretativo.
Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago de Compostela
A Igrexa da Compañía de Xesús, máis coñecida polos composteláns como Igrexa da Compañía ou Igrexa da Universidade, situada na praza da Universidade, foi construída polos xesuítas no século XVII, rematando a súa construción en 1767, e pertenceu ao Colexio da Compañía de Xesús até que, tras a expulsión dos xesuítas, pasou a ser a capela da Universidade desde 1769.O edificio é un dos que, pola súa nudez ornamental no exterior e ao aparente clasicismo chamou a atención dos historiadores da arte que a estudaron até o día de hoxe. Isto deu lugar a discusións sobre o seu estilo e, consecuentemente, sobre a súa cronoloxía. Por exemplo, Antonio Bonet Correa sinala que estas razóns (a situación do sepulcro do arcebispo Francisco Blanco Salcedo) e a perfecta adaptación da capela de San Xosé á capela maior e a impresión de que a fachada actual non concorda coa estrutura interior e o estilo da igrexa, leva a pensar que é obra de finais do século XVI, e, polo tanto, a primeira que se construíu en estilo clasicista en Santiago de Compostela, o que o levou a atribuíla a Gaspar de Arce.Ramón Otero Túñez rebateu tal atribución, aínda que baseándose en razóns documentais, o desapropiado que o propio autor do proxecto, Gaspar de Arce, fora el mesmo designado polo concello compostelán para comprobar a nova liña de edificación solicitada polos xesuítas ou, incluso, materiais como os danos do sepulcro do arcebispo Blanco e, concretamente, a supresión da escena da Asunción que aparece citada no seu contrato de execución que poderían explicarse como "danos ocasionados polo traslado desde o emprazamento primitivo".O paso da igrexa á Universidade foi clave para a realización dunha serie de modificacións no edificio.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
En criptografía, Blowfish é un codificador de bloques simétricos, deseñado por Bruce Schneier no 1993 e incluído nun gran número de conxuntos de codificadores e produtos de cifrado. Mentres que ningún analizador de cifrados de Blowfish efectivo foi atopado hoxe en día, déuselle máis atención da decodificación de bloques con bloques máis grandes, como AES e Twofish. Schneier deseñou Blowfish como un algoritmo de uso xeral, intentando substituír o antigo DES e libre de problemas asociados con outros algoritmos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Gaspar de Arce Solórzano, tamén coñecido como Gaspar de Arce "o vello", nado na Junta de Siete Villas, Trasmiera (na actual Cantabria) en 1538, e finado en Santiago de Compostela en 1603, foi un destacado arquitecto renacentista discípulo de Rodrigo Gil de Hontañón, que traballou principalmente en Galicia durante os reinados de Filipe II e Filipe III.
Un acrónimo recursivo ou acrónimo recorrente é aquel que, a diferenza dos acrónimos comúns, non parece explicar de todo o seu significado completo. Mantén a estrutura dos acrónimos comúns en relación a que os seus nomes nacen como resultado da particular abreviatura dunha frase, da que se seleccionan só as iniciais de algunhas palabras clave. Porén, nun acrónimo recursivo unha das súas letras representa ao propio acrónimo.
Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famoso polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE, en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres). Existe a polémica de se facer aldea do Parque Natural e engadila ao Parque nacional das Illas Atlánticas.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 27 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Nena Daconte é o alcume do proxecto musical da cantante e compositora madrileña Mai Meneses. O nome do grupo está tomado dun personaxe do conto "El rastro de tu sangre en la nieve", de Gabriel García Márquez.A súa música mestura o pop e o rock clásicos e fala de preocupacións como o amor, a soidade e a procura de ideais.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Flappy Bird é un xogo para móbiles de 2013 desenvolto en Hanói polo desenvolvedor de software vietnamita Nguyen Hà Đông (Dong Nguyen) e publicado por GEARS Studios, un pequeno desenvolvedor de xogos independente, tamén con sede en Vietnam. O xogo, publicado o 24 de maio de 2013, foi eliminado da App Store e Google Play polo seu creador o 9 de febreiro de 2014 ás 17:00 (GMT) logo de que o seu creador avisara disto dende a súa conta de Twitter. Ademais de Flappy Bird, Nguyen tamén conta con outros xogos, pero non chegaron a ter o mesmo interese.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
Monumentos romanos, Catedral de San Pedro e Igrexa da nosa Señora en Tréveris
Os monumentos romanos, a Catedral de San Pedro e a Igrexa da nosa Señora de Tréveris, catalogáronse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1986.Da UNESCO/CLT/PH: "Tréveris é un exemplo dunha gran capital romana logo da división do imperio. Os restos do Palacio Imperial, ademais da Aula Palatina e as Termas Imperiais, son impresionantes nas súas dimensións. A cidade é un excepcional testemuño da civilización romana debido á densidade e á calidade dos monumentos preservados: a ponte, os restos do muro fortificado, as termas, o anfiteatro, os depósitos, etc.
Asasinato de María Soledad Morales
María Soledad Morales, nada en Valle Viejo (Catamarca, Arxentina) o 12 de setembro de 1972 e finada en San Fernando de Valle de Catamarca (Catamarca, Arxentina) o 8 de setembro de 1990, foi unha estudante arxentina asasinada con 17 anos na capital catamarqueña. Luis «El Flaco» Tula, o seu mozo, doce anos maior, foi acusado de entregala a Guillermo Luque —fillo do entón deputado nacional Ángel Luque—. Este levouna a unha festa en que participaron Diego Jalil (fillo do intendente da cidade nese momento), Arnoldito Saadi (curmán do gobernador de Catamarca) e Miguel Ferreyra (fillo do xefe da policía).
Gloria Jean Watkins, nada o 25 de setembro de 1952 en Hopkinsville, Kentucky, nos Estados Unidos e finada o 15 de decembro de 2021, coñecida como bell hooks (escrito en minúsculas), foi unha escritora, feminista e activista social. O nome "bell hooks" deriva do da súa bisavoa materna, Bell Blair Hooks.O enfoque da escritura de Hooks foi a interseccionalidade entre raza, capitalismo e xénero, e o que ela describe como a súa capacidade para producir e perpetuar sistemas de opresión e dominación de clase. Publicou máis de 30 libros e numerosos artigos académicos, apareceu en documentais e participou en conferencias públicas.
O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito.
Manuel Castells Oliván, nado en Hellín, Albacete, o 9 de febreiro de 1942, é un sociólogo e profesor universitario español, especializado na sociedade da información, a comunicación e a globalización. É catedrático de Socioloxía da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), en Barcelona. É membro da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, da Academia Británica, da Academia de Ciencias Políticas e Sociais dos Estados Unidos, da Academia Mexicana de Ciencias e da Academia Europea.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Bárbara Rey, nome artístico de María Margarita García García, nada en Totana (Murcia) en 1949, é unha vedete, actriz e presentadora de televisión española. Comezou a súa carreira en 1970 cando se presentou ao concurso de Miss España, no que non gañou pero acabou representando ao país en Miss Mundo porque tanto a gañadora como a primeira dama de honra estaban casadas e o regulamento non permitía que se presentaran ao certame internacional. A partir dese momento participou en máis de trinta películas nunha década, a maior parte pertencentes ao xénero do “destape”.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Talavera de la Reina é unha cidade do interior de España, a segunda de Castela-A Mancha en poboación, por detrás de Albacete. Está situada no noroeste da provincia de Toledo, provincia da que é a cidade máis poboada. É a capital, económica e de servizos, dunha ampla comarca que abarca o occidente de Toledo, o sur de Ávila e o nordeste de Estremadura.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
A zanfona (do latín symphonĭa 'concerto') é un instrumento musical de orixe medieval pertencente a familia dos cordófonos, que está estendido na música popular europea, con numerosas variantes en distintas rexións e épocas. O son está producido polo roce dunha roda contra as cordas. As notas prodúcense mediante un teclado, e coma en moitos outros instrumentos acústicos de corda, dispón dunha caixa de resonancia.
Il Divo é un grupo musical que conxunta a lírica e a música culta co pop e outros xéneros musicais; o estilo denominado a nivel internacional como crossover clásico. O grupo está comprendido por un cuarteto vocal de cantantes masculinos: o tenor suízo Urs Bühler, o barítono español Carlos Marín, o tenor estadounidense David Miller e o tenor francés Sébastien Izambard. </gallery> Desde a súa orixe Il Divo gozou dun gran beneplácito a nivel mundial, vendendo até a data de 2014, máis de 26 millóns de copias en discos en todo o mundo e conquistando máis de 160 discos de ouro e platino en 35 países instaurando unha revolución na música clásica e en todo o panorama musical, lexitimando un novo estilo musical, o denominado pópera ou ópera-pop dentro do xénero de crossover clásico.En honra á boa música, ao esforzo e ao talento; en 2011 outorgáronlle o premio ao «Artist of the Decade» (Mellor Artista Da Década) nos premios Classic Brit Awards celebrados no Royal Albert Hall de LondresIl Divo converteuse nun grupo internacional de referencia, xa que en 2005 alcanzou ser no primeiro grupo de crossover clásico na historia en conseguir o primeiro lugar na lista de Billboard 200 estadounidense.
A Primeira División RFEF de España é a terceira categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Foi introducida en 2021 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Segunda División RFEF. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol, da que toma o nome. A súa condición é semiprofesional e, a pesar de non ser membro da LFP, gran parte dos seus clubs teñen unha organización profesional.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.337 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A miristoilación é unha modificación irreversible das proteínas por lipidación consistente na adición por enlace amida covalente dun grupo miristoíl, derivado do ácido mirístico, ao grupo alfa-amino dun residuo de glicina xeralmente do extremo N-terminal da proteína. O ácido mirístico é un ácido graxo saturado de 14 carbonos (14:0). Esta modificación pode realizarse cotraducionalmente (no momento de tradución) ou postraducionalmente (unha vez acabada a tradución).
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña. Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo. Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Celtic Woman: Songs from the Heart
Celtic Woman: Songs from the Heart é o sexto álbum de estudio do grupo irlandés Celtic Woman. Foi lanzado ó mercado o 26 de xaneiro de 2010 e nel participan as cantantes Chloë Agnew, Lynn Hilary, Lisa Kelly, Alex Sharpe, e a violinista Máiréad Nesbitt. Na versión de luxo alemá, editada en xaneiro de 2011, tamén participa Lisa Lambe.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Pezoña é un líquido velenoso segregado por algúns animais. É unha substancia velenosa ou destrutiva tóxica producida e inoculada noutro animal por aparato inoculatorio presente no ser vivo produtor por picadura ou mordedura. Son toxinas que son utilizadas activamente para caza ou defensa; en contraste, os animais velenosos producen velenos, que se utilizan de forma pasiva para defensa.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).