Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Bárbara Rey, nome artístico de María Margarita García García, nada en Totana (Murcia) en 1949, é unha vedete, actriz e presentadora de televisión española. Comezou a súa carreira en 1970 cando se presentou ao concurso de Miss España, no que non gañou pero acabou representando ao país en Miss Mundo porque tanto a gañadora como a primeira dama de honra estaban casadas e o regulamento non permitía que se presentaran ao certame internacional. A partir dese momento participou en máis de trinta películas nunha década, a maior parte pertencentes ao xénero do “destape”.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Na mecánica clásica, a forza centrífuga é unha forza ficticia que aparece cando se describe o movemento dun corpo nun sistema de referencia en rotación ou, equivalentemente, a forza aparente que percibe un observador non inercial que se encontra nun sistema de referencia xiratorio. O cualificativo de "centrífuga" significa que "foxe do centro". En efecto, un observador non inercial situado sobre unha plataforma xiratoria sente que existe unha "forza" que actúa sobre el, que lle impide permanecer en repouso sobre a plataforma a menos que el mesmo realice outra forza dirixida cara ao eixe de rotación.
Cabalgar en solitario (en inglés: Ride Lonesome) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu debut cinematográfico. Este filme en Eastmancolor é un dos chamados do "ciclo Ranown" de Boetticher, feitos xunto a Randolph Scott, o produtor executivo Harry Joe Brown e o guionista Burt Kennedy, o cal comezou con Seven Men from Now.
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
A mata do porco, tamén denominada matanza, é o conxunto de operacións que se realizan para o sacrificio do porco, o faenado da canal e a posterior elaboración dos embutidos e outras pezas para conserva-la carne obtida. Non se aplica ó sacrificio industrial nin á actividade da industria cárnica, senón só á mata realizada no domicilio do propietario e exclusivamente para o consumo familiar. Representa —sobre todo noutras épocas— a principal fonte de abastecemento de carne da familia rural para todo o ano, ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo,no liderado político.
O cesio é un elemento químico de símbolo Cs e número atómico 55. É un metal alcalino brando de cor prateada-dourada, cun punto de fusión de 28,44 °C (301,59 K), un dos únicos cinco metais elementais que se poden atopar en estado líquido a temperatura ambiente. As súas propiedades físicas e químicas aseméllanse ás do rubidio e ás do potasio.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rodrigo Gil de Hontañón, nado en Rascafría o 23 de febreiro de 1500 e finado o 31 de maio de 1577en Segovia, foi un arquitecto renacentista considerado como un dos mellores arquitectos españois do século XVI. Seu estilo persoal influíu na obra de arquitectos modernos como Antonio Palacios. A súa obra simboliza a coexistencia entre o gótico tardío e o clasicismo renacentista e, ao mesmo tempo, a superación en España do medievalismo.
O olentzero ou olentzaro é un personaxe da tradición do Nadal vasca. Trátase dun carboeiro mitolóxico que trae os agasallos o día de Nadal. Sobre da súa orixe, a hipótese máis estendida[Cómpre referencia] é que o olentzero é anterior á cristianización do País Vasco e que, como indica Claude Labat "o personaxe do Olentzero debe ser situado dentro das celebracións do solsticio de inverno".
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
The Witcher (serie de televisión)
The Witcher é unha serie de televisión polaco-estadounidense de fantasía e drama producida por Lauren Schmidt Hissrich. Está baseada na serie de libros homónima escrita polo escritor polaco Andrzej Sapkowski. A primeira tempada, que consta de oito episodios, estreouse en Netflix o 20 de decembro de 2019.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famoso polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE, en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres). Existe a polémica de se facer aldea do Parque Natural e engadila ao Parque nacional das Illas Atlánticas.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.337 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns. A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo.
Club Deportivo Atlético Baleares
O Club Deportivo Atlético Baleares (en catalán: Club Esportiu Atlètic Balears) é un club de fútbol de España da cidade de Palma, nas Illas Baleares.
Unha cuña, tamén coñecida como calzo, forra ou sofico, é unha ferramenta con forma triangular e unha das seis clásicas máquinas simples. Adóitase facer de madeira ou de metal e ten unha beira acabada en ángulo agudo. Pódese empregar para separar dous obxectos ou dúas partes dun obxecto, elevalo ou mantelo nun lugar.
Estrella Castrillón Vidal, nada en Irixoa, é unha empresaria, política e excopiloto galega de rally. Gañou xunto a Germán Castrillón seis títulos do Campionato de Galicia de Rally entre 1990 e 2000. Ademais competiu no Campionato de España e en 1990 gañou o campionato de copilotos da Copa de España de Rally.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Francesco "Franco" Battiato, nado en Jonia (hoxe Riposto, en Sicilia) o 23 de marzo de 1945, e finado en Milu, Catania, o 18 de maio de 2021, foi un cantautor, compositor e cineasta italiano e, co pseudónimo de Süphan Barzani, tamén pintor. As cancións de Battiato conteñen elementos esotéricos, filosóficos e relixiosos e moveuse por xéneros como o pop experimental, a música electrónica, o rock progresivo, a new wave, a ópera lírica ou a música étnica. Colaborou con persoeiros como o violinista Giusto Pio ou o filósofo Manlio Sgalambro.
Dorothy Hill, nada en Brisbane o 10 de setembro de 1907 e finada o 23 de abril de 1997, foi unha xeóloga, zoóloga, paleontóloga australiana. Foi a primeira muller profesora nunha universidade australiana, e a única muller presidenta da Academia Australiana de Ciencias, ata que Suzanne Cory ocupou dito cargo entre 2010 e 2014.
Unha carballeira é un lugar poboado por carballos. Como topónimo pode referirse a: Carballeira, lugar da parroquia de Amoroce, no concello de Celanova; Carballeira, lugar da parroquia de Mourillós, no concello de Celanova; Carballeira, lugar da parroquia de Prado, no concello de Covelo; Carballeira, lugar da parroquia da Barcia do Seixo, no concello da Lama; Carballeira, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas; A Carballeira, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín; A Carballeira, lugar de dita parroquia; A Carballeira, lugar da parroquia da Graña de Vilarente, no concello de Abadín; A Carballeira, lugar da parroquia de Limiñón, no concello de Abegondo; A Carballeira, lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas, no concello de Aranga; A Carballeira, lugar da parroquia de Vilarraso, no concello de Aranga; A Carballeira, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo; A Carballeira, lugar da parroquia de Campo, no concello de Arzúa; A Carballeira, lugar da parroquia de Viñós, no concello de Arzúa; A Carballeira, lugar da parroquia da Riba, no concello da Baña; A Carballeira, lugar da parroquia de Arceo, no concello de Boimorto; A Carballeira, lugar da parroquia da Cova, no concello de Carballedo; A Carballeira, lugar da parroquia de Rodís, no concello de Cerceda; A Carballeira, lugar da parroquia do Mato, no concello de Chantada; A Carballeira, lugar da parroquia de Barcia de Mera, no concello de Covelo; A Carballeira, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Crecente; A Carballeira, lugar da parroquia das Maceiras, no concello de Dozón; A Carballeira, lugar da parroquia de Arnois, no concello da Estrada; A Carballeira, lugar da parroquia de Nigoi, no concello da Estrada; A Carballeira, lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello da Estrada; A Carballeira, lugar da parroquia da Somoza, no concello da Estrada; A Carballeira, lugar da parroquia de Forcarei, no concello de Forcarei; A Carballeira, lugar da parroquia de Añá, no concello de Frades; A Carballeira, lugar da parroquia de Gafoi, no concello de Frades; A Carballeira, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol; A Carballeira, lugar da parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar; A Carballeira, lugar da parroquia do Grove, no concello do Grove; A Carballeira, lugar da parroquia de Prado, no concello de Lalín; A Carballeira, lugar da parroquia de Erboedo, no concello da Laracha; A Carballeira, lugar da parroquia de Santa Comba do Trevoedo, no concello de Maside; A Carballeira, lugar da parroquia de Parderrubias, no concello da Merca; A Carballeira, lugar da parroquia de Albixoi, no concello de Mesía; A Carballeira, lugar da parroquia de Castro, no concello de Mesía; A Carballeira, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Mesía; A Carballeira, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero; A Carballeira, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero; A Carballeira, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros; A Carballeira, lugar da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes; A Carballeira, lugar da parroquia de Parada, no concello de Ordes; A Carballeira, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol; A Carballeira, lugar da parroquia de Dordaño, no concello de Oza-Cesuras; A Carballeira, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Carballeira, lugar da parroquia de Cadavedo, no concello da Pastoriza; A Carballeira, lugar da parroquia de Reigosa, no concello da Pastoriza; A Carballeira, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Carballeira, lugar da parroquia de Vilavella, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Carballeira, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Carballeira, lugar da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra; A Carballeira, lugar da parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra; A Carballeira, lugar da parroquia de Vilaxuste, no concello de Portomarín; A Carballeira, lugar da parroquia de Freás, no concello de Punxín; A Carballeira, lugar da parroquia do Hospital, no concello de Quiroga; A Carballeira, lugar da parroquia de Rianxo, no concello de Rianxo; A Carballeira, lugar da parroquia de Navío, no concello de San Amaro; A Carballeira, lugar da parroquia de Santa Cruz da Rabeda, no concello de San Cibrao das Viñas; A Carballeira, lugar da parroquia de Santa Sabiña, no concello de Santa Comba; A Carballeira, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda; A Carballeira, lugar da parroquia de Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa; A Carballeira, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Vilaboa; A Carballeira, lugar da parroquia de Goiriz, no concello de Vilalba; A Carballeira, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba; A Carballeira, lugar da parroquia de Rioaveso, no concello de Vilalba; A Carballeira, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Vilalba; A Carballeira, lugar da parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar; A Carballeira, lugar da parroquia de Roupar, no concello de Xermade; A Carballeira, lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo, no concello de Xunqueira de Espadanedo; A Carballeira de Abaixo, lugar da parroquia da Vila de Abade, no concello de Tordoia; A Carballeira de Arriba, lugar da parroquia da Vila de Abade, no concello de Tordoia; Carballeira Moura da parroquia de Santaballa, no concello de Vilalba.Amais, como apelido pode referirse a: Johán Carballeira, xornalista e político galego (1902-1937); Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz galega (n. 1972).
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Lydia Boquera de Buen, nada en El Prat de Llobregat (Barcelona) o 26 de novembro de 1963, é unha actriz e presentadora de televisión española. Saltou á fama grazas ao famoso concurso televisivo Un, dos, tres... responda otra vez, dirixido por Chicho Ibáñez Serrador, do que saíron tamén rostros coñecidos como os de Victoria Abril ou Miriam Díaz Aroca.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior.
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.