Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O inverno é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Comeza ó remate do outono, no hemisferio norte o día 21 de decembro e remata o 20 de marzo, para dar paso á primavera. A característica astronómica é que nese período o ángulo formado pola liña Terra-Sol e centro da Terra-Polo Norte pasa do mínimo (23º 26', solsticio de inverno) a 90º (equinoccio de primavera).
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Joaquín Costa Martínez, nado en Monzón (provincia de Huesca) o 14 de setembro de 1846 e finado en Graus (Huesca) o 8 de febreiro de 1911, foi un político, xurista, economista e historiador aragonés. Foi o maior representante do movemento intelectual coñecido como Rexeneracionismo. As súas ideas de progreso tiñan como referente a modernización e europeización da sociedade e a economía española.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista. O seu funcionamento baséase no centralismo democrático, e conta con militancia en todo o territorio galego[Cómpre referencia].
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Cámara de Comercio Internacional
A Cámara de Comercio Internacional (inglés: International Chamber of Commerce, ICC; francés: Chambre de commerce internationale) é a maior e máis representativa organización empresarial do mundo. Os seus máis de 45 millóns de membros en máis de 100 países teñen intereses que abarcan todos os sectores da empresa privada. O actual presidente da ICC é Ajay Banga e John W.H. Denton AO é o actual secretario xeral.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega. A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.
En bioquímica, a quimiosíntese é a conversión biolóxica dun ou máis compostos que conteñen carbono (xeralmente dióxido de carbono ou metano) e nutrientes en materia orgánica utiliando a oxidación de compostos inorgánicos (como por exemplo o gas hidróxeno, o sulfuro de hidróxeno) ou ións ferrosos como fonte de enerxía, en lugar de utilizar a enerxía da luz do sol como na fotosíntese. Os organismos quimioautótrofos, os cales obteñen carbono do dióxido de carbono por medio da quimiosíntese, son filoxeneticamente diversos e comprenden taxóns abundantes e bioxeoquimicamente importantes como as gammaproteobacterias e epsilonproteobacterias oxidantes de xofre, as Aquificae, as arqueas metanóxenas e as bacterias oxidantes do ferro neutrófilas. Moitos microorganismos en rexións escuras do océano usan a quimiosíntese para producir biomasa a partir de moléculas carbonadas simples.
A DeLorean Motor Company (DMC) orixinal foi unha empresa fabricante de automóbiles estadounidense fundada polo executivo da industria automotriz John DeLorean en 1975. O único modelo que fabricou é o coche deportivo DMC DeLorean, con carrozaría que posúe paneis de aceiro inoxidábel e portas de abertura vertical de á de gaivota. A DMC tivo unha curta e turbulenta historia, que terminou en quebra en 1982.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Bárbara Rey, nome artístico de María Margarita García García, nada en Totana (Murcia) en 1949, é unha vedete, actriz e presentadora de televisión española. Comezou a súa carreira en 1970 cando se presentou ao concurso de Miss España, no que non gañou pero acabou representando ao país en Miss Mundo porque tanto a gañadora como a primeira dama de honra estaban casadas e o regulamento non permitía que se presentaran ao certame internacional. A partir dese momento participou en máis de trinta películas nunha década, a maior parte pertencentes ao xénero do “destape”.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931, é un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
archive.today (anteriormente archive.is) é unha páxina web de arquivo que almacena capturas de páxinas de web. Recupera unha páxina á vez de maneira semellante a WebCite, con capturas máis pequenas que 50MB, mais con apoio para JavaScript para páxinas de arquivos pesados como Google Maps e aplicacións de web progresivas como Twitter. archive.today grava simultaneamente dúas capturas diferentes dunha mesma páxina web.
Marguerite de la Sablière, nada no Reino de Francia en 1640 e finada en París o 8 de xaneiro de 1693, foi unha salonista e polímata francesa, amiga e mecenas da Fontaine, foi a esposa de Antoine Rambouillet (1624-1679), financeiro e poeta protestante encargado da administración dos bens reais, sendo o seu nome de solteira Marguerite Hessein.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Il Divo é un grupo musical que conxunta a lírica e a música culta co pop e outros xéneros musicais; o estilo denominado a nivel internacional como crossover clásico. O grupo está comprendido por un cuarteto vocal de cantantes masculinos: o tenor suízo Urs Bühler, o barítono español Carlos Marín, o tenor estadounidense David Miller e o tenor francés Sébastien Izambard. </gallery> Desde a súa orixe Il Divo gozou dun gran beneplácito a nivel mundial, vendendo até a data de 2014, máis de 26 millóns de copias en discos en todo o mundo e conquistando máis de 160 discos de ouro e platino en 35 países instaurando unha revolución na música clásica e en todo o panorama musical, lexitimando un novo estilo musical, o denominado pópera ou ópera-pop dentro do xénero de crossover clásico.En honra á boa música, ao esforzo e ao talento; en 2011 outorgáronlle o premio ao «Artist of the Decade» (Mellor Artista Da Década) nos premios Classic Brit Awards celebrados no Royal Albert Hall de LondresIl Divo converteuse nun grupo internacional de referencia, xa que en 2005 alcanzou ser no primeiro grupo de crossover clásico na historia en conseguir o primeiro lugar na lista de Billboard 200 estadounidense.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.413 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
Eva Ekeblad (nada Eva De la Gardie), nada en Estocolmo o 10 de xullo de 1724 e finada en Lidköping o 15 de maio de 1786, foi unha agrónoma sueca, científica, anfitrioa de salóns literarios e condesa do Reino de Suecia. O seu descubrimento máis coñecido foi a obtención de fariña e alcohol mediante a pataca (1746). Foi a primeira muller membro da Real Academia Sueca de Ciencias (1748).
Erupción volcánica de La Palma de 2021
A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Shaolin Soccer (en chinés: 少林足球) é un filme de 2001 producido en Hong Kong e dirixido por Stephen Chow, quen tamén é o protagonista. Un antigo monxe shaolin reúnese cos seus cinco irmáns, anos após a morte do seu mestre, para aplicar as súas habilidades sobrehumanas en artes marciais para xogar fútbol e levar o kung fu shaolin ás masas.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego, que é emitido polo público ou os intérpretes nun intre dado, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
Comisión Económica das Nacións Unidas para África
A Comisión Económica das Nacións Unidas para África (CEA; inglés: United Nations Economic Commission for Africa, UNECA ou ECA; francés: Commission économique pour l'Afrique, CEA) foi creada en 1958 polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas para fomentar a cooperación económica entre os seus estados membro (as nacións do continente africano) seguindo unha recomendación da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. É unha das cinco comisións rexionais. A CEA ten 54 estados membro, correspondendo aos 54 estados membro da Nacións Unidas que se atopan dentro do continente africano ou nos océanos próximos ao continente.
Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega e en sesión do 22 de decembro de 2020 foi elixida académica de número. Leu o discurso de ingreso na Pobra do Caramiñal o 11 de novembro de 2021, contestado por Ramón Lorenzo.
Kung Fu Hustle (en chinés: 功夫) é un filme de 2004 de Hong Kong dirixido, producido, coescrito e protagonizado Stephen Chow. O filme conta a historia dunha banda de asasinos, unha aldea pobre con heroes improbábeis e a viaxe dun aspirante a gánster para atoparse a si mesmo. O resto do elenco está composto por Eva Huang, Yuen Wah, Yuen Qiu, Danny Chan Kwok-kwan e Leung Siu-lung.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch
Llanfairpwllgwyngyll, e oficialmente Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch ( pronunciación [ɬanˌvairpuɬˈɡwɨ̞nɡɨ̞ɬ]), é unha vila da illa de Anglesey, en Gales. Atópase no Estreito de Menai, e a ponte Britannia comunícao coa cidade de Bangor, na outra beira do estreito. Esta localidade tamén é coñecida cos nomes alternativos de Llanfairpwll ou Llanfair PG, que o distinguen doutros lugares de Gales que tamén comezan por Llanfair.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que nunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal, e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
Cronoloxía das mulleres na ciencia
Esta é unha cronoloxía das mulleres na ciencia, que abarca desde a historia antiga ata o século XXI. Aínda que a cronoloxía céntrase principalmente nas mulleres dedicadas ás ciencias naturais, como a astronomía, a bioloxía, a química e a física, tamén inclúe a mulleres das ciencias sociais (como a socioloxía ou a psicoloxía) e das ciencias formais (como as matemáticas ou a informática), así como a notables educadoras científicas e médicas. Os acontecementos cronolóxicos enumerados na liña de tempo refírense tanto aos logros científicos como á igualdade de xénero dentro das ciencias.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Euskadi Ta Askatasuna (País Vasco e Liberdade), máis coñecida como ETA, foi unha organización armada de Euskal Herria. Buscaba conseguir a creación dun estado vasco a partir da independencia e unión dos diferentes territorios vascos que forman parte do Estado español e do francés. Era oficialmente considerada como organización terrorista por España, Francia, o Reino Unido, a Unión Europea, os Estados Unidos de América, o Canadá, o Consello de Europa e a ONU. Ten sido criticada por Amnistía Internacional polo uso de métodos violentos como o asasinato e o secuestro , ademais da extorsión a empresarios para obter o chamado «imposto revolucionario», unha das súas fontes de financiamento.
A dos insectos (nome científico Insecta Linnaeus, 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.Os insectos comprenden o grupo de animais máis diversos da Terra con aproximadamente un millón de especies descritas, máis que todos os demais grupos de animais xuntos, e con estimacións de ata trinta millóns de especies non descritas, co que, potencialmente, representarían máis do 90 % das formas de vida do planeta.
En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, en latitude, do ecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén do latín solstitium (sol sistere ou sol quieto).
O solsticio de inverno (solsticio deriva do latín ‘sol’ e sístere, ‘permanecer quieto’) corresponde ao instante en que a posición do Sol no ceo atópase á maior distancia do ecuador celeste. Dependendo da correspondencia co calendario, o evento do solsticio de inverno ten lugar entre o 20 e o 23 de decembro todos os anos no caso do hemisferio norte, e entre o 20 e o 23 de xuño no caso do hemisferio sur.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O dogma da Inmaculada Concepción é un artigo de fe do Catolicismo que sostén a crenza en que María, nai de Xesús, a diferenza de todos os demais seres humanos, non foi alcanzada polo pecado orixinal senón que, desde o primeiro instante da creación da súa alma, estivo libre de todo pecado. Non debe confundirse esta doutrina coa da maternidade virxinal de María, que sostén que Xesús foi concibido sen intervención de home e que María permaneceu virxe antes, durante e despois do parto. Ao desenvolver a doutrina da Inmaculada Concepción, a Igrexa católica contempla a posición especial de María por ser nai de Xesús de Nazaret e sostén que Deus preservou a María libre de todo pecado e, aínda máis, libre de toda mancha ou efecto do pecado orixinal, que había de transmitirse a todos os homes e mulleres por ser descendentes de Adán e Eva, en atención a que ía ser a nai de Xesús, que é tamén Deus.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Ilduara Eriz tamén coñecida como santa Ilduara e frecuentemente Aldara de Celanova foi unha das aristócratas galegas máis importantes de finais do século IX e X. Filla dos condes de Lugo, Ero Fernandes e a súa muller Adosinda. Casada con Gutier Menéndez, foi nai de Rosendo de Celanova. Os seus outros fillos foron Hermesinda, Froilán III (conde de Trastámara), Munio, Aloito e Adosinda.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O rabirrubio tizón, ou simplemente rabirrubio,, chasco, curroxo, ferreiro, negreira, paxaro carbón, paxaro negro, rabirrubia ou tizón (Phoenicurus ochruros) é un paxaro pequeno que era antigamente clasificado na mesma familia cós merlos (Turdidae), pero que agora adoita asignarse á familia Muscicapidae.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur), oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur por Perú e ó oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas. Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero.