Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado en Los Angeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.
Sorteo Extraordinario de Nadal
O Sorteo Extraordinario de Nadal (en castelán: Sorteo Extraordinario de Navidad), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría de Nadal, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España cada 22 de decembro, e que ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. Forma parte dos sorteos de Lotaría Nacional. O premio máximo recibe o nome de "O Gordo", que dende 2011 ten un valor de catro millóns de euros o billete, 400.000 euros por décimo.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Gromia é un xénero de protistas, estreitamente relacionado cos foraminíferos, que habita en ambientes mariños e de auga doce. Os Gromia son ameboides e producen pseudópodos filosos que se estenden no exterior saíndo da testa proteinácea da célula por un oco da zona oral. A testa, que é unha cápsula feita de proteínas que rodea o citoplasma, está constituída por varias capas de membrana, que lembran pola súa forma un panal de abellas, o cal é un carácter definitorio deste xénero.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Reservation Dogs é unha serie de televisión estadounidense creada por Sterlin Harjo e Taika Waititi para FX Productions. É a primeira serie notábel que conta con guionistas e directores indíxenas, así como un elenco e un equipo de produción case completamente composto por indíxenas norteamericanos. É tamén a primeira serie rodada completamente en Oklahoma.
Cronoloxía das mulleres na ciencia
Esta é unha cronoloxía das mulleres na ciencia, que abarca desde a historia antiga ata o século XXI. Aínda que a cronoloxía céntrase principalmente nas mulleres dedicadas ás ciencias naturais, como a astronomía, a bioloxía, a química e a física, tamén inclúe a mulleres das ciencias sociais (como a socioloxía ou a psicoloxía) e das ciencias formais (como as matemáticas ou a informática), así como a notables educadoras científicas e médicas. Os acontecementos cronolóxicos enumerados na liña de tempo refírense tanto aos logros científicos como á igualdade de xénero dentro das ciencias.
Clostridium pasteurianum (anteriormente chamada Clostridium pastorianum) é unha especie de bacteria descuberta en 1890 polo microbiólogo ruso Sergei Winogradsky. Foi o primeiro microorganismo de vida libre (non simbiótico) descuberto que podía fixar o nitróxeno libre do aire.Clostridium pasteurianum é un produtor de ácidos carboxílicos. Ten a capacidade de converter carbohidratos a butirato, acetato, dióxido de carbono e hidróxeno molecular por medio da fermentación.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Boa constrictor é unha especie de cobra non velenosa de gran tamaño membro da familia Boidae. Habita nas zonas tropicais de América do Norte, América Central e América do Sur, así como nalgunhas illas do Caribe. É unha especie frecuentemente criada en catividade, os seus patróns de cores son moi variables e distintivos.
Erupción volcánica de La Palma de 2021
A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
O inverno é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Comeza ó remate do outono, no hemisferio norte o día 21 de decembro e remata o 20 de marzo, para dar paso á primavera. A característica astronómica é que nese período o ángulo formado pola liña Terra-Sol e centro da Terra-Polo Norte pasa do mínimo (23º 26', solsticio de inverno) a 90º (equinoccio de primavera).
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Co nome de Ferreiriño desígnanse popularmente diferentes paxaros da orde Passeriformes, familia Paridae, aínda que tamén se aplica para denominar outros paseriformes doutras familias próximas. Outros nomes comúns a estes paxaros son os de ferreiro ou ferreirolo e, máis locais, ferreira (Dumbría), ferrete (Ares) e filosiña (Cangas) . Pedreira López e Penas Patiño suxiren que o nome común lles vén do canto metálico destas aves, que lembra o golpear dun ferreiro sobre o incre .
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os birlos celtas son un xogo tradicional desenvolvido en Galicia. O mestre e escritor galego Miguel Anxo Mouriño, ten publicado que o nome patrimonial é birlos celtas, "pero a interferencia do castelán substituíu a palabra autóctona, seguramente para sempre, pola foránea de Bolos, quedando a pegada da orixinal só no nome dunha das xogadas deste deporte". Actualmente existen dúas grandes modalidades de xogos de birlos: de derribo e pasabolos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
The Witcher (serie de televisión)
The Witcher é unha serie de televisión polaco-estadounidense de fantasía e drama producida por Lauren Schmidt Hissrich. Está baseada na serie de libros homónima escrita polo escritor polaco Andrzej Sapkowski. A primeira tempada, que consta de oito episodios, estreouse en Netflix o 20 de decembro de 2019.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 83.260 habitantes en 2020, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 296.692 habitantes (2020).
Manola Brunet India, nada en Cariñena en 1955, é unha xeógrafa española especializada en cambio climático. Desde abril de 2018 preside a Comisión de Climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial, sendo a primeira muller en dirixir a comisión desde a súa creación hai noventa anos. É unha experta internacional nas áreas de reconstrución instrumental e análise do clima e conta cunha longa traxectoria de colaboración coa Organización Meteorolóxica Mundial, participando desde 2001 nas actividades da Comisión de Climatoloxía.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
En bioquímica, a quimiosíntese é a conversión biolóxica dun ou máis compostos que conteñen carbono (xeralmente dióxido de carbono ou metano) e nutrientes en materia orgánica utiliando a oxidación de compostos inorgánicos (como por exemplo o gas hidróxeno, o sulfuro de hidróxeno) ou ións ferrosos como fonte de enerxía, en lugar de utilizar a enerxía da luz do sol como na fotosíntese. Os organismos quimioautótrofos, os cales obteñen carbono do dióxido de carbono por medio da quimiosíntese, son filoxeneticamente diversos e comprenden taxóns abundantes e bioxeoquimicamente importantes como as gammaproteobacterias e epsilonproteobacterias oxidantes de xofre, as Aquificae, as arqueas metanóxenas e as bacterias oxidantes do ferro neutrófilas. Moitos microorganismos en rexións escuras do océano usan a quimiosíntese para producir biomasa a partir de moléculas carbonadas simples.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista. O seu funcionamento baséase no centralismo democrático, e conta con militancia en todo o territorio galego[Cómpre referencia].
Spider-Man, literalmente home araña, é un personaxe de cómic creado en 1962 por Stan Lee (autor tamén dos "Catro Fantásticos" e da "Patrulla-X) para Marvel Comics. Apareceu por primeira vez no Amazing Fantasy #15 (agosto do 1962). Spider-man foi versionado por diversos autores, actualmente é o superheroe máis representativo desta editorial.
En Bioloxía e Ecoloxía, enténdese por simbiose unha relación interespecífica entre dous organismos (simbiontes) que se benefician mutuamente nunha relación obrigada. Se un dos simbiontes perece, o outro tamén perecerá ao perder o recurso de que se ve beneficiado. Un exemplo de simbiose é a que se produce entre a anemone de mar e o caranguexo ermitán.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Estatuto de autonomía de Galicia de 1981
O Estatuto de Autonomía de Galicia (ou, sinxelamente, Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia, en vigor dende 1981. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a condición de nacionalidade histórica a esta Comunidade Autónoma. Os poderes en que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.533 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Carlos Sainz Vázquez de Castro
Carlos Sainz Vázquez de Castro ( pronunciación ), coñecido como Carlos Sainz Jr ( pronunciación ), ou simplemente Carlos Sainz, naceu en Madrid o 1 de setembro de 1994, é un piloto de carreiras español, fillo do ex campión mundial de Rallyes Carlos Sainz e de Reyes Vázquez de Castro. En 2012 Sainz competiu nos campionatos británico e europeo de Fórmula 3 con Carlin. En 2014 participou co equipo DAMS na Fórmula Renault 3.5.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Joaquín Costa Martínez, nado en Monzón (provincia de Huesca) o 14 de setembro de 1846 e finado en Graus (Huesca) o 8 de febreiro de 1911, foi un político, xurista, economista e historiador aragonés. Foi o maior representante do movemento intelectual coñecido como Rexeneracionismo. As súas ideas de progreso tiñan como referente a modernización e europeización da sociedade e a economía española.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
Lucille Désirée Ball, nada en Jamestown (Nova York) o 6 de agosto de 1911 e finada nos Ánxeles o 26 de abril de 1989, foi unha comedianta, actriz, modelo e produtora executiva estadounidense, célebre por protagonizar os programas I Love Lucy, The Lucy-Desi Comedy Hour, The Lucy Show, Here's Lucy e Life with Lucy. Foi unha das estrelas máis populares e influentes do seu país, cunha das carreiras máis longas de Hollywood, especialmente na televisión, onde Ball comezou a actuar na década de 1930, converténdose en actriz de radio e estrela de filmes de serie B nos anos corenta.
Salvador é un filme estadounidense de 1986 co-escrito e dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por James Woods no papel do xornalista Richard Boyle, xunto con Jim Belushi, Michael Murphy, Elpidia Carrillo, John Savage e Cynthia Gibb nos papeis secundarios. Stone escribiu o guión xunto con Boyle.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
Fermin José Muguruza Ugarte, nado en Irún (Guipúscoa) o 20 de abril de 1963, é un cantante, instrumentista e produtor musical vasco, tamén coñecido como Comandante Muguruza ou DJ Laia. Irmán dos tamén músicos Iñigo e Jabier Muguruza, é unha das figuras máis influentes e carismáticas do panorama musical vasco. Ademais de cantar, toca a guitarra, o acordeón e manexa as programacións.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Literatura galega dos Séculos Escuros
A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros.
Claudine Picardet (nada Poullet, e logo Guyton de Morveau), nada en Dijon o 7 de agosto de 1735 e finada en París o 4 de outubro de 1820, foi unha química, mineróloga, meteoróloga e tradutora científica francesa . Destacou entre os químicos franceses de finais do xviii polas súas abundantes traducións de literatura científica do sueco, inglés, alemán e italiano ao francés. Axudou a establecer Dijon e París como centros científicos, contribuíndo substancialmente á difusión do coñecemento científico durante un período crítico da revolución química .
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.