Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Margarita García San Segundo, coñecida como Ágata Lys, nada en Valladolid o 3 de decembro de 1953 e finada o 12 de novembro de 2021, foi unha actriz española que gañou notoriedade a raíz dos seus destapes no cinema español do tardofranquismo así como pola súa participación no progama de TVE Un, dos, tres... responda otra vez (1972).
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
O tamaño do xenoma é a cantidade total de ADN contido nunha soa copia dun xenoma simple completo. Mídese normalmente pola súa masa en picogramos (billonésimas de gramo, 10−12), abreviado pg, ou menos frecuentemente en daltons, ou como o número total de pares de bases de nucleótidos, xeralmente en megabases (millóns de pares de bases, abreviado Mb ou Mbp). Un picogramo equivale a 978 megabases.
Camela é unha banda de música española de pop electrónico formada en Madrid. Os seus compoñentes son Dionisio Martín Lobato (vocalista-compositor) e María de los Ángeles Muñoz Dueñas (vocalista-compositora). O terceiro integrante, Miguel Ángel Cabrera Jiménez (teclados-compositor), abandonou o grupo en febreiro de 2013 debido á falta de acordo cos seus compañeiros.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
A Noiteboa é a celebración cristiá do nacemento de Xesús. Celébrase a noite do día 24 de decembro, a véspera do día de Nadal (o día 25 de decembro) onde se mesturan antigas tradicións pagás indoeuropeas do solsticio de inverno. Os costumes varían duns países a outros, pero é bastante común reunirse para cear toda a familia, e facer agasallos sobre todo, nos países protestantes.
Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas. É o fillo menor de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI, ao ser proclamado perante as Cortes Xerais.Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022.
O valor C é a cantidade en picogramos de ADN contido nun núcleo haploide (por exemplo o dun gameto) ou a metade da cantidade no núcleo dunha célula somática diploide dun organismo eucariota. Nalgúns casos (especialmente en organismos diploides), os termos valor C e tamaño do xenoma úsanse indistintamente; porén, en poliploides o valor C pode representar dous ou máis xenomas contidos nun mesmo núcleo. Greilhuber et al.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
Mecano foi un grupo español de música pop dos anos 80 e 90. Estaba composto por: Ana Torroja (voz), Nacho Cano (programación, guitarras, teclados e coros) e José María Cano (guitarras, teclados e coros). Mecano vendeu uns 25 millóns de discos en países como España, México, Venezuela, Arxentina ou Chile e acadaron o número un en varias ocasións en Francia e Italia, grazas ós seus traballos nos respectivos idiomas.
As ameixas á mariñeira son un guiso de ameixas moi típico da gastronomía de Galiza, particularmente da zona das Rías Baixas, sendo tamén moi popular noutras zonas de España coma Cantabria. As ameixas elabóranse cun rustrido de cebola e tomate esmagado, e con viño branco. Todo isto aromatizado e corado con pemento.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde fai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
Nena Daconte é o alcume do proxecto musical da cantante e compositora madrileña Mai Meneses. O nome do grupo está tomado dun personaxe do conto "El rastro de tu sangre en la nieve", de Gabriel García Márquez.A súa música mestura o pop e o rock clásicos e fala de preocupacións como o amor, a soidade e a procura de ideais.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
El número uno foi un programa de televisión español emitido por Antena 3 e producido por Gestmusic Endemol. Nel, concursantes anónimos deberán seducir semanalmente, cos temas elixidos por eles mesmos, tanto ao público como ao xurado. Foi estreado o 26 de marzo de 2012 e foi presentado pola galega Paula Vázquez.
"Land Rober" redirixe aquí, para o fabricante inglés de automóbiles véxase: Land Rover.Land Rober Tunai Show é un programa de humor e entretemento que se emite os xoves ás 22:00 na Televisión de Galicia. Está presentado por Roberto Vilar e comezou a emitirse en 2009 co nome de Land Rober. En 2011 deixou de emitirse tras a marcha de Roberto Vilar a Mediaset, ata que a principios de 2015 volveu á grella co novo nome, Land Róber Tunai Show.
Papá Noel ou Santa Claus é o personaxe lendario que segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos por Nadal. É un personaxe inspirado nun bispo cristián de orixe grega chamado Nicolao, que viviu no século IV na Anatolia, nos vales de Licia (na actual Turquía). Era unha das persoas máis veneradas polos cristiáns da Idade Media, do que aínda hoxe se conservan as súas reliquias na basílica de San Nicolao, en Bari (Italia).
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado na Baiuca, Arteixo, o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos, converténdose nunha das figuras máis destacadas da historia do club. Como futbolista xogaba de dianteiro, e tras pasar polo Bergantiños, o Fabril e o Xuvenil, debutou en Primeira División co Deportivo na tempada 1951/52. Xogou seis anos co club coruñés, disputando 146 partidos oficiais e marcando 33 goles.
Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires.
Wii U, coñecida oficialmente como Nintendo Wii U, é unha consola de videoxogos domésticos desenvolvida por Nintendo como sucesora da Wii. Lanzado a finais de 2012, é a primeira consola de videoxogos de oitava xeración e competiu coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. A Wii U recibiu unha recepción xeralmente positiva, que incluíu eloxios polo seu innovador controlador, melloras na funcionalidade en liña da Wii, compatibilidade co software e accesorios de Wii e relativa accesibilidade.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi profesor catedrático de Dereito Político e de Teoría do Estado e Dereito Constitucional, doctor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.547 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico. Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.
O Tió de Nadal é un personaxe mitolóxico catalán e a base dunha tradición moi arraigada en Cataluña. Esta tradición tamén se pode atopar en Occitania baixo o nome Cachafuòc ou Soc de Nadal, e en Aragón como Tronca de Nadal ou Toza. Estaría emparentado coa a árbore de Nadal e, en Galicia co tizón de Nadal, un tronco que se deixa queimar dende a Noiteboa ata Aninovo para afastar os espíritos da casa.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
César Carballo Cardona, nado en Madrid, é un médico e emerxenciólogo español, axudante do servizo de emerxencias do Hospital Universitario Ramón y Cajal e vicepresidente da Sociedade Española de Medicina de Emerxencias e Emerxencias (SEMES) de Madrid. Colaborador prolífico en programas de televisión desde o inicio da pandemia de COVID-19 en España, foi chamado polo Huffington Post e 20minutos un dos especialistas médicos con máis repercusión nos medios da crise.
Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso. Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
José Miguel Conejo Torres, nado en Madrid, o 30 de abril de 1980, máis coñecido como Leiva, é un músico e cantautor español de pop rock. Entre 2001 e 2011 formou parte xunto a Rubén Pozo da banda de pop rock Pereza, coa que gravou 6 discos. Tras a disolución do grupo, iniciou unha carreira en solitario na que leva 4 discos gravados.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.