Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
Wonder é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Stephen Chbosky e protagonizado por Julia Roberts, Owen Wilson, Jacob Tremblay, Izabela Vidovic, Mandy Patinkin e Daveed Diggs. Escrito por Jack Thorne, Steven Conrad e Chbosky, está baseado na novela homónima de R. J. Palacio. O filme, que conta a historia dun neno con Treacher Collins syndrome, foi estreado nos Estados Unidos o 17 de novembro de 2017 por Lionsgate.
Telescopio espacial James Webb
O James Webb Space Telescope ou JWST é un proxecto dunha misión non tripulada norteamericana da Administración Nacional de Aeronáutica e Espazo (NASA), co propósito de colocar un observatorio no espazo para capturar radiación infravermella. O telescopio deberá observar a formación das primeiras galaxias e estrelas, estudar a evolución das galaxias, ver a produción dos elementos por parte das estrelas e ver os procesos de formación de estrelas e planetas. Chamouse inicialmente Next Generation Space Telescope (Telescopio Espacial de Nova Xeración) ou NGST. O termo "próxima xeración" refírese ao feito de que se pretende substituír ao Hubble, porque despois do seu lanzamento desenvolvéronse novas tecnoloxías que permitiron a construción do novo telescopio baixo un novo concepto.
Pedro Martínez de Luna, nado en Illueca (actual provincia de Zaragoza) en 1328 e finado en Peñíscola (actual provincia de Castelló en 1423, máis coñecido co alcume de Papa Luna, foi papa na obediencia de Avignon co nome de Bieito XIII, e cardeal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Margarita García San Segundo, coñecida como Ágata Lys, nada en Valladolid o 3 de decembro de 1953 e finada o 12 de novembro de 2021, foi unha actriz española que gañou notoriedade a raíz dos seus destapes no cinema español do tardofranquismo así como pola súa participación no progama de TVE Un, dos, tres... responda otra vez (1972).
Francesc Macià i Llussà, nado en Vilanova i la Geltrú o 21 de outubro de 1859 e finado en Barcelona o 25 de decembro de 1933, foi un político e militar catalán de ideoloxía republicana e independentista catalá. Foi tenente coronel do exército de terra, 122º Presidente da Generalitat de Cataluña (sucedido por Lluís Companys i Jover) e un dos fundadores dos partidos Estat Català e Esquerra Republicana de Catalunya.
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.569 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado na Baiuca, Arteixo, o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos, converténdose nunha das figuras máis destacadas da historia do club. Como futbolista xogaba de dianteiro, e tras pasar polo Bergantiños, o Fabril e o Xuvenil, debutou en Primeira División co Deportivo na tempada 1951/52. Xogou seis anos co club coruñés, disputando 146 partidos oficiais e marcando 33 goles.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os nucleomorfos son núcleos eucariotas pequenos e vestixiais que se encontran entre os pares de membranas internos e externos de certos plastos. Pénsase que son vestixios de núcleos de primitivas algas vermellas e verdes que foron fagocitados por un eucariota máis grande. Como o nucleomorfo se encontra entre dous conxuntos de membranas, son un apoio á teoría endosimbiótica e son unha proba de que os plastos que os conteñen son plastos complexos.
María Belén Rueda García-Porrero, máis coñecida como Belén Rueda, nada en Madrid o 16 de marzo de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión española. Logo dunha extensa carreira televisiva en series e programas durante máis de dez anos, Belén Rueda debutou no cine en 2004 con Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar, protagonizou El orfanato en 2007 e Los ojos de Julia en 2010. Nela compartiu repartición con actores como Javier Bardem ou Lola Dueñas e gañou ademais o premio como mellor actriz revelación na XIX edición dos Premios Goya.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Buchnera aphidicola, é unha especie de bacteria do grupo das Proteobacteria, e único membro do xénero Buchnera. É o endosimbionte primario dos insectos áfidos (pulgóns) e foi estudado nos pulgóns dos chícharos Acyrthosiphon pisum. Crese que Buchnera tivo un antepasado gramnegativo de vida libre similar ás modernas Enterobacterales, como Escherichia coli.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación. Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Ilves Naiset, ou símplemente Ilves, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da competición. Xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 500 persoas.
Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Sally Cecilia Hawkins, nada en Londres o 27 de abril de 1976 é unha actriz británica, coñecida polas súas interpretacións de Poppy en Happy-Go-Lucky, Susan en Vera Drake (2004), Sue Trinder na serie da BBC, Fingersmith (2005), Anne Elliot en Persuasion (2007) e Rita O'Grady en Made in Dagenham (2010). Foi candidata ao Oscar polas súas actuacións en Blue Jasmine (2013) e The Shape of Water (2017), polo que recibiu varios premios e candidaturas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Holstein (AFI: [ˈhɔlʃtain]) (en baixo saxón: Hosteen, en danés: Holsten, en latín: Holsatia) é a rexión situada entre os ríos Elba e Eider. Na actualidade forma parte de Schleswig-Holstein, o Estado federado situado máis ao norte de Alemaña. A capital de Holstein é Kiel.Holstein existíu anteriormente como o Condado de Holstein (en alemán: Grafschaft Holstein), o posterior Ducado de Holstein (en alemán: Herzogtum Holstein) e foi o extremo setentrional do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Pedro María Piqueras Gómez, nado en Albacete o 6 de maio de 1955, é un xornalista español. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, dedicou a maior parte da súa carreira á información en radio e televisión, traballando como presentador de informativos ou programas de actualidade.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Nasuia deltocephalinicola é unha especie de bacterias que mantén unha relación endosimbiótica intracelular con insectos cicadélidos, da que en 2013 se informou que tña o xenoma máis pequeno entre todas as bacterias, de só 112.091 nucleótidos. En comparación, o xenoma humano ten 3,2 miles de millóns de nucleótidos. O segundo xenoma máis pequeno é o da bacteria Tremblaya princeps, que ten 139.000 nucleótidos.
Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento') é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
O Eoceno, unha división da escala temporal xeolóxica, é unha época xeolóxica da historia da Terra, a segunda do período paleóxeno na era cenozoica. Comprende o tempo entre o final do paleoceno (hai 55,8 ± 0,2 millóns de anos) e o principio do oligoceno (hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos).Durante esta época formáronse algunhas das cordilleiras máis importantes do mundo, como os Alpes ou o Himalaia, e aconteceron varios cambios climáticos importantes como o máximo térmico do Paleoceno-Eoceno, que aumentou a temperatura do planeta e delimita o inicio desta época xeolóxica, o evento Azolla, un arrefriamento global que daría paso ás primeiras glaciacións, ou eventos de extinción masiva como a Gran Ruptura (en francés Grande Coupure, que marca o final do eoceno. As aves predominaban sobre os demais seres, e os primeiros cetáceos comezaron o seu desenvolvemento.
Notting Hill é un filme británico-estadounidense de 1999 dirixido por Roger Michell. O guión foi escrito por Richard Curtis, autor de Catro vodas e un funeral (1994), e o filme foi producido por Duncan Kenworthy. Está protagonizado por Julia Roberts, Hugh Grant, Rhys Ifans, Emma Chambers, Tim McInnerny, Gina McKee e Hugh Bonneville.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Papá Noel ou Santa Claus é o personaxe lendario que segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos por Nadal. É un personaxe inspirado nun bispo cristián de orixe grega chamado Nicolao, que viviu no século IV na Anatolia, nos vales de Licia (na actual Turquía). Era unha das persoas máis veneradas polos cristiáns da Idade Media, do que aínda hoxe se conservan as súas reliquias na basílica de San Nicolao, en Bari (Italia).
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2020–21 compite no subgrupo A do grupo I da segunda división B, logo de descender na tempada anterior.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Ariana Grande-Butera, coñecida profesionalmente como Ariana Grande, nada en Boca Raton o 26 de xuño de 1993, é unha cantante e actriz estadounidense. Comezou a súa carreira no musical de Broadway 13, antes de intepretar a Cat Valentine na serie de televisión de Nickelodeon Victorious en 2009. Despois do remate da serie, Grande converteuse nunha ídolo adolescente noutra serie, Sam & Cat, que rematou no 2014.
Certame Literario da Facultade de Filoloxía da UDC
O Certame Literario da Facultade de Filoloxía da UDC ou Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía é un concurso literario convocado pola Comisión de Cultura e Extensión do centro cuxo principal obxectivo é promover entre o alumnado as iniciativas literarias e ofrecer desta maneira a creatividade. Este certame pódese considerar unha das canteiras que serve ao panorama literario galego actual, pois moitas das persoas premiadas neste concurso seguen a participar activamente como creadores no sistema cultural galego da actualidade.