Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Ricardo Hevia Álvarez, nado en Mieres (Asturias) o 16 de setembro de 1940, é un exadestrador profesional de baloncesto español. A súa carreira como adestrador inclúe dirixiu clubs como CB Breogán, OAR Ferrol, Club Ourense Baloncesto ou CB Murcia.Actualmente reside en Lugo e escribe sobre o Breogán en La Voz de Galicia. En decembro de 2021 someteuse a unha operación cirúrxica en Lugo que evoluíu a unha situación de extrema gravidade.
Daphnia é un xénero de pequenos crustáceos planctónicos, de 0,2 a 6,0 mm de lonxitude. Os Daphnia pertencen á orde Anomopoda, e son uns dos diversos pequenos crustáceos acuáticos que comunmente se chaman pulgas de auga debido o seu estilo natatorio saltatorio que lembra os movementos das pulgas (insectos cos que non teñen nada que ver). Viven en ambientes acuáticos moi diversos, desde pantanos ácidos a lagos e lagoas de auga doce.
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai.
Área de Libre Comercio das Américas
A Área de Libre Comercio das Américas, coñecida polas siglas ALCA (inglés: Free Trade Area of the Americas, FTAA), foi o nome oficial dun acordo multilateral de libre comercio, asinado en Miami, EUA durante a I Cume das Américas en 1994, que abranguía a todos os países do continente americano, con excepción de Cuba. A ALCA debería ter comezado a funcionar a partir da IV Cume das Américas, realizada en Mar del Plata, Arxentina en 2005, pero nesa mesma reunión entrou en crise, sendo considerada por moitos como "un proxecto morto".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Lista de circuítos da Fórmula 1
A seguinte é unha lista de circuítos que albergaron carreiras de Fórmula 1 desde a tempada de Fórmula 1 de 1950 ata a tempada de Fórmula 1 de 2020. En total, 73 circuítos diferentes de 32 países albergaron carreiras do Campionato Mundial. O primeiro en facelo foi Silverstone, onde se levou a cabo a primeira carreira, o Gran Premio do Reino Unido de 1950.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista e independentista.
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente por Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en 3D xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Takifugu rubripes é unha especie de peixe globo, chamada no Xapón torafugu (xaponés: 虎河豚). Distínguese por ter un xenoma moi pequeno que foi totalmente totalmene secuenciado porque a especie se utiliza como organismo modelo en moitos experimentos e é unha referencia en xenómica. Igual que outras especies do seu xénero, T. rubripes é aprezado polo seu uso nos pratos de fugu no Xapón e Corea do Sur.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Un sinal de son é un sinal analóxico electricamente exacto a un sinal sonoro; normalmente está acoutado ao rango de frecuencias audibles polos seres humanos que está entre os 20 e os 20.000 Hz, aproximadamente (o equivalente, case exacto a 10 oitavas). Dado que o son é unha onda de presión requírese un transdutor de presión (un micrófono) que converta as ondas de presión de aire (ondas sonoras) en sinais eléctricos (sinais analóxicos). A conversión contraria realízase mediante un altofalante, que converte os sinais eléctricos en ondas de presión de aire.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
O Nadal na cultura popular galega
As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 1 do mundo na clasificación ATP. Gañador en 20 ocasións dun torneo de Grand Slam, igualando o récord establecido por Roger Federer. Campión de Roland Garros en 13 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019 e 2020), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O dólar Eisenhower é unha moeda con valor facial dun dólar cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1971 e 1978, caracterizada por amosar no seu anverso a figura do ex-presidente estadounidense Dwight D. Eisenhower. No reverso represéntase unha imaxe estilizada en conmemoración da misión lunar Apollo 11 en 1969, baseada na insignia oficial desta misión. Ambas as faces foron deseñadas por Frank Gasparro, daquela gravador xefe da Cada da Moeda dos EEUU. O dólar Eisenhower é a primeira moeda dun dólar cuñada pola US Mint desde a cancelación da serie do "dólar Peace" en 1935.
Pedro Martínez de Luna, nado en Illueca (actual provincia de Zaragoza) en 1328 e finado en Peñíscola (actual provincia de Castelló en 1423, máis coñecido co alcume de Papa Luna, foi papa na obediencia de Avignon co nome de Bieito XIII, e cardeal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Nick Sagan, nado en Boston (Massachusetts) o 16 de setembro de 1970, é un escritor norteamericano.É autor das novelas de ciencia ficción Ameaza Virtual (orixinalmente Idlewild), Paraíso Virtual (título en portugués, orixinalmente en inglés Edenborn) e Everfree (non traducida ao galego nin ao portugués), así como de varios episodios de Star Trek: The Next Generation e Star Trek: Voyager. É fillo do astrónomo Carl Sagan e da artista e escritora Linda Salzman e irmán de Dorion, Sasha, Jeremy e Samuel.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Acordo Comercial sobre Relacións Económicas entre Australia e Nova Zelandia
O Acordo Comercial sobre Relacións Económicas entre Australia e Nova Zelandia (inglés: Australia–New Zealand Closer Economic Relations Trade Agreement (ANZCERTA); máis coñecido como Closer Economic Relations, CER) é un acordo de libre comercio entre os gobernos de Nova Zelandia e Australia. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1983, pero o tratado actual non foi asinado até o 28 de marzo de 1983 polo Viceprimeiro Ministro de Australia e Ministro de Comercio, Lionel Bowen e o Alto Comisionado para Australia de Nova Zelandia, Laurie Francis en Canberra, Australia.
Asociación Latinoamericana de Integración
A Asociación Latinoamericana de Integración (ALADI) (em portugués: Associação Latino-Americana de Integração) é un organismo internacional de ámbito rexional. Foi creado o 12 de agosto de 1980 polo Tratado de Montevideo de 1980 (TM80), en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC). Na actualidade, conta con 13 estados membros de Latinoamérica; Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Cuba, Ecuador, México, Panamá, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
O 404 é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado".
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O termo Revolución Rusa (ruso: Русская революция, Russkaya revolyutsiya) agrupa todos os sucesos que conduciron ao derrocamento do réxime tsarista e á instauración preparada doutro, leninista, a continuación, entre febreiro e outubro de 1917, que levou á creación da República Socialista Federativa Soviética de Rusia. O tsar viuse obrigado a abdicar e o antigo réxime foi substituído por un Goberno provisional durante a primeira revolución de febreiro de 1917 (marzo no calendario gregoriano, pois o calendario xuliano estaba en uso en Rusia entón). Na segunda revolución, en outubro, o Goberno provisional foi eliminado e substituído cun goberno bolxevique (comunista).
Juan Antonio Posse Varela, nado en Soesto (Laxe) en 1766 e finado en San Andrés del Rabanedo (León) o 13 de maio de 1854, foi un relixioso galego. Exerceu o seu ministerio relixioso en León dende 1794 ata o seu pasamento. Como relixioso afastouse das características xerais dos seus colegas da época, pois, aínda que algúns destes cualificativos son discutidos polos estudosos da súa vida e obra, pasa por ser un sacerdote ilustrado e liberal, constitucionalista español e tamén pregaleguista; republicano nunha época en que poucos o eran; colectivista cando todo o liberalismo defendía a propiedade privada; anticlerical —e loitador contra a Inquisición— e, á vez, profundamente crente e relixioso ata case o integrismo, debido á influencia que exerceran nel as lecturas xansenistas.
Bernardo Fernández Piñeiro, nado en Pontedeume en 1981, é un político galego. Membro do PSdeG-PSOE, é alcalde de Pontedeume tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015. Ademais é o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña e Vicesecretario Xeral do PSdeG-PSOE na mesma provincia.
Unha nave é unha embarcación ou barco, especialmente os de gran tamaño. Outras embarcacións de gran tamaño son os navíos, usados para a guerra ou o transporte de mercancías, e os buques, barcos de gran tamaño e solidez de certa importancia pola misión a que son destinados e polas longas travesías que se poden realizar con eles.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Chenta Tsai Tseng, coñecido polo seu nome artístico Putochinomaricón, nado en Taipei (Taiwan) o 20 de decembro de 1990, é un cantante, músico, arquitecto, artista multimedia e activista español de orixe taiwanesa. Comezou a súa carreira en 2018, co seu primeiro LP, Corazón de cerdo con ginseng al vapor, en formato dixital e cunha reducida tirada en físico. En maio de 2019 publicou o seu segundo traballo, Miseria Humana.
As parias (do latín pariāre: ‘igualar [unha conta]’, pagar) eran xuros ou tributos que pagaban os reinos de taifas (1031-1492) ós reis cristiáns para que non os atacasen e para que fosen protexidos dos propios enfrontamentos que se producían entre as taifas ou dos ataques doutros reinos cristiáns. Cando, a partir do ano 1031 tivo lugar a desmembración do califato de Córdoba, comezou a desaparecer a inferioridade militar dos cristiáns ante os musulmáns. Con todo, hai que ter en conta que aínda que ao estar divididos en reinos de taifas o seu poder militar era menor que o dos reinos cristiáns.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.