Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Ricardo Hevia Álvarez, nado en Mieres (Asturias) o 16 de setembro de 1940, é un exadestrador profesional de baloncesto español. A súa carreira como adestrador inclúe dirixiu clubs como CB Breogán, OAR Ferrol, Club Ourense Baloncesto ou CB Murcia.Actualmente reside en Lugo e escribe sobre o Breogán en La Voz de Galicia. En decembro de 2021 someteuse a unha operación cirúrxica en Lugo que evoluíu a unha situación de extrema gravidade.
Daphnia magna é unha especie de pequeno crustáceo planctónico (lonxitude do adulto 1,5–5,0 mm) que pertence á subclase Phyllopoda. Vive en diversos ambientes de auga doce, desde pantanos ácidos a ríos creados polo dexeo nival, e está amplamente distribuído polo hemisferio norte e África do sur.A especie leva sendo obxecto de investigacións biolóxicas desde o século XVIII. É moi utilizada en estudos ecolóxicos e evolutivos e en ecotoxicoloxía. É unha comida para peixes moi utilizada en acuicultura e acuarismo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2002 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
San Miguel de Cabreira é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 435 habitantes (236 mulleres e 199 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 478 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 442 habitantes, sendo 220 homes e 222 mulleres.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Persoas supercentenarias e centenarias galegas
Coñécense coa expresión persoa supercentenarias os individuos da especie humana que superan os 110 anos de vida. En Galicia existen rexistros de case dúas ducias de persoas que superaron os 110 anos, das que dez case todas foron mulleres. En Galicia, chegar a ser unha persoa supercentenaria a principios do século XXI supón superar en case trinta de anos a esperanza de vida.
O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo.
Hugin e Munin é unha editorial galega aparecida a finais do ano 2011. Está localizada en Santiago de Compostela e orientada á tradución de literatura estranxeira ó galego. Os primeiros títulos da compañía foron Servizo de Correos e O forasteiro misterioso, obras dos americanos Charles Bukowski e Mark Twain respectivamente.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Auga seca (serie de televisión)
Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués. Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Tetractis é un boletín de divulgación matemática do Departamento de Matemáticas do IES Monelos (A Coruña), coordinado e editado polo profesor de matemáticas Gonzalo Temperán Becerra. Naceu en outubro de 2006, ten periodicidade mensual e cada curso publícanse unha media de dez números. Cada un edítase en papel e formato electrónico e envíase por correo electrónico ao alumnado, ao profesorado e aos subscritores.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 178.645 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Antonio Fernández Resines é un actor español nado o 7 de agosto de 1954 en Torrelavega, Cantabria (España). Resines é un dos actores españois máis coñecidos e de extensísima filmografía, na que figuran moitas películas de éxito do cine español, ademais de varias series de televisión. Recibiu multitude de premios durante a súa traxectoria.
O quecemento global é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quecemento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.
A casa de Andrade foi unha liñaxe da nobreza galega, que acadou o seu auxe na Baixa Idade Media. Os primeiros membros desta liñaxe aparecen nomeados a mediados do século XII, nos Tombos dos mosteiros de Caaveiro e Monfero. Collen o nome da freguesía, logo couto, de Andrade, situada entre os dominios de ambos os dous mosteiros.
Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor francés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo, é moi coñecido pola súa Sinfonía fantástica, estreada en 1830, e o Réquiem, estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Asociación Latinoamericana de Integración
A Asociación Latinoamericana de Integración (ALADI) (em portugués: Associação Latino-Americana de Integração) é un organismo internacional de ámbito rexional. Foi creado o 12 de agosto de 1980 polo Tratado de Montevideo de 1980 (TM80), en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC). Na actualidade, conta con 13 estados membros de Latinoamérica; Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Cuba, Ecuador, México, Panamá, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.
O tertuliano radio-televisivo é un convidado habitual, polo xeral non profesional da comunicación, que opina nos faladoiros da radio e/ou da televisión.En principio eran convidados por seren especialistas ou profesionais do tema tratado no debate, xeralmente en relación coa política ou con temas sociais da actualidade do momento. Con todo, de forma progresiva e seguindo os modelos das televisións italianas e estadounidenses, algúns deles convertéronse en personaxes supostamente especializados en lercheo amarelista e prensa do corazón. Este ámbito inclúe todo tipo de celebridades, antigos paparazzi e exconcursantes de reality shows.
O vapor é un estado da materia no que as moléculas apenas interaccionan entre si, adoptando a forma do recipiente que o contén e tendendo a expandirse todo o posible, ata vencendo forzas gravitatorias. Este concepto é equivalente ao de gas, utilizándose ambos indistintamente moitas veces. Con todo, estritamente resérvase o termo vapor para aquel gas que se pode condensar por presurización a temperatura constante, e gas ao que non pode condensarse isotermicamente por moito que se aumente a presión.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
Filipe IV de España, tamén coñecido como Filipe IV de Habsburgo, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia. Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Daphnia é un xénero de pequenos crustáceos planctónicos, de 0,2 a 6,0 mm de lonxitude. Os Daphnia pertencen á orde Anomopoda, e son uns dos diversos pequenos crustáceos acuáticos que comunmente se chaman pulgas de auga debido o seu estilo natatorio saltatorio que lembra os movementos das pulgas (insectos cos que non teñen nada que ver). Viven en ambientes acuáticos moi diversos, desde pantanos ácidos a lagos e lagoas de auga doce.
O Batallón Đuro Đaković (cirílico serbio: Батаљон Ђуро Ђаковић) foi unha unidade militar formada principalmente por brigadistas iugoslavos. Estaba adscrita ás Brigadas Internacionais, un corpo de voluntarios estranxeiros que participaron na Guerra Civil Española a prol da Segunda República Española. Debe o seu nome a Đuro Đaković, un dos líderes do Partido Comunista de Iugoslavia, executado en 1929 pola súa oposición ao réxime de Alexandre I.O Batallón Deda Blagoev, composto por voluntarios búlgaros, fusionouse co Đuro Đaković durante a organización das Brigadas.
As Illas Cook (en inglés Cook Islands, en maorí das Illas Cook Kūki 'Āirani) conforman un arquipélago localizado no océano Pacífico Sur, entre Hawaii e Nova Zelandia. Posúen un sistema de goberno democrático-parlamentario en Libre asociación con Nova Zelandia. As quince pequenas illas teñen unha área combinada de 240 km².
En informática, o SSH ou Secure Shell (en galego: intérprete de ordes seguro) é, simultaneamente, un protocolo de rede e mais un programa de computador, que permite a conexión con outro computador na rede, de forma que execute comandos nunha unidade remota. Posúe as mesmas funcionalidades do Telnet, coa vantaxe da conexión entre o cliente e o servidor ser criptografada. Unha das súas máis utilizadas aplicacións é o chamado Tunnelling, que ofrece a capacidade de redireccionar paquetes de datos.
Na mitoloxía grega, Radamantis (ou Radamanto) foi un dos tres fillos de Zeus e Europa, princesa de Tiro. O rei de Creta Asterión, esposo de Europa, aceptouno como fillo propio, así como ós seus irmáns, Minos e Sarpedón. Existe unha tradición cretense que afirma que Radamantis era fillo de Hefesto, que neste caso non sería fillo de Zeus senón fillo de Talos e neto de Cres, o heroe fundador de Creta.
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor. Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente.