Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981
O 23F ou 23-F foi un golpe de estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 171.524 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Manuel Gutiérrez Mellado, nado en Madrid o 30 de abril de 1912 e finado en Torremocha del Campo o 15 de decembro de 1995, foi un militar e político español, primeiro marqués de Gutiérrez-Mellado, capitán xeneral ad honorem do Exército de Terra, vicepresidente primeiro do Goberno para Asuntos da Defensa e ministro de Defensa durante a Transición.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisinos Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica. O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Un Estado Unitario é aquel onde existe un só centro de poder político que estende o seu accionar ao longo de todo o territorio do respectivo Estado, mediante os seus axentes e autoridades locais, delegadas dese mesmo poder central. Ademais conta cun só poder lexislativo que lexisla para todo o país; un poder xudicial, que aplica o dereito vixente a todo o territorio do Estado e que no seu seo establécese unha Corte Suprema de Xustiza, a cal ten xurisdición a nivel nacional, un só poder executivo que esta conformado por todos os gobernantes (presidente, gobernadores, alcaldes...); e ademais conta cunha soa constitución política que rexe en todo o territorio e á cal se achan sometidas todas as autoridades e habitantes do Estado. Noutras palabras no Estado unitario dáse a cuádrupla unidade: unidade de ordenamento xurídico (dereito), unidade de autoridades gobernativas, unidade de gobernados ou destinatarios do ordenamento xurídico e das decisións políticas e unidade de territorio.
Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados.
Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .
Alfonso Armada Comyn, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 2013, foi un ex militar español, que alcanzou notoriedade pola súa participación no intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. Ostentaba o título de marqués de Santa Cruz de Rivadulla.
O Vicerreinado de Nova Granda (en castelán: Virreinato de Nueva Granada), tamén coñecido como Vicerreinado de Santafé ou Vicerreinado do Novo Reino de Granada, foi unha entidade territorial, integrante do Imperio Español, estabelecida pola Coroa (1717-1723, 1739-1810 e 1816-1819) na derradeira fase da colonización española de América. Foi creado polo rei Filipe V en 1717 dentro da nova política dos borbóns e suspendido en 1723, por problemas financeiros, sendo reinstaurado en 1739 até que o movemento independentista o disolve de novo en 1810. En 1815, foi reconquistado polo exército do rei Fernando VII, sendo novamente restaurado, até que o exército libertador logrou a súa independencia definitiva do poder español en 1819.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Estados Unidos de Colombia foi un estado federal que abranguía o territorio das actuais repúblicas de Colombia e Panamá na súa totalidade e porcións do Brasil e do Perú. Sucedeu á Confederación Granadina en 1861 —acción que foi confirmada coa constitución de 1863— dotando o país dun sistema político federalista e liberal que iniciou as dúas décadas coñecidas como a era do Olimpo Radical.O país foi oficialmente chamado Estados Unidos de Colombia o 3 de febreiro de 1863 pola Constitución de Rionegro, a cal foi promulgada o 8 de maio polos liberais radicais quen acabaran de gañar a guerra civil de 1860 a 1862. Esta república foi creada polos liberais radicais, baseándose nos modelos constitucionais europeos, sen tomar en conta as diferenzas entre un sistema capitalista, e un sistema que recentemente saía dunha economía feudal.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
A imprenta é un conxunto de tecnoloxías que permiten reproducir textos escritos e ilustracións en grandes cantidades sobre soportes planos, xeralmente papel, permitindo a difusión a grande escala. Coa denominación de imprenta referímonos ás distintas técnicas para a produción de impresos, e que abranguen dende a composición dos textos, ata a encadernación, pasando pola propia impresión.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur), oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur por Perú e ó oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas. Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero.
A Independencia de Colombia foi o proceso histórico que permitiu a emancipación de Colombia do Imperio Español, dando fin ó período colonial. Devandito proceso librouse no medio dun conflito desenvolvido durante o primeiro cuarto do século XIX para emancipar o territorio que daquela era coñecido como Provincias Unidas de Nova Granada. Esta foi parte das guerras de independencia hispanoamericanas, unha serie de loitas xurdidas en América Latina motivadas pola invasión francesa de España en 1808, a cal foi parte das guerras napoleónicas en Europa.
2021 (MMXXI) é o ano actual do calendario gregoriano comezado en venres. En 2021 espérase que se celebren eventos orixinariamente previstos para 2020 incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.
O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América Central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas.
A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.
Venezuela é un país federal suramericano, limitado ao norte polo mar Caribe, ao leste polo océano Atlántico e pola Güiana, ao sur polo Brasil e ao oeste por Colombia. O país, alén da porción continental, inclúe tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constitúen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Holandesas, e tamén con Trinidad e Tobago.
Pau Gasol Sáez, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1980, é un xogador catalán de baloncesto. Dende 2021 xoga no FC Barcelona. Foi o segundo español en xogar na NBA despois de Fernando Martín, sendo escollido polos Atlanta Hawks no Draft da NBA de 2001, e os seus dereitos vendidos á recentemente trasladada franquía dos Memphis Grizzlies, antigamente en Vancouver, onde gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA. Actualmente posúe os maiores rexistros da franquía de Memphis en partidos xogados, minutos xogados, tiros de campo feitos e anotados, tiros libres feitos e anotados, rebotes totais, defensivos e ofensivos, tapóns, roubos e puntos.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento. As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón. O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.
O conflito armado colombiano comezou aproximadamente en 1964 ou 1966 e é unha guerra interna de baixa intensidade entre o goberno de Colombia, grupos paramilitares, sindicatos do crime, a guerrilla de esquerdas de Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), e o Exército de Liberación Nacional (ELN), cada un loitando por facer medrar a súa influencia no territorio colombiano.Ten as súas raíces históricas no conflito coñecido como La Violencia, que foi desencadeado co asasinato do líder político populista Jorge Eliécer Gaitán en 1948, e pola represión anticomunista dos Estados Unidos de América na Colombia rural da década de 1960. Isto provocou ós militantes liberais e comunistas a reorganizarse nas FARC.As razóns da loita varían dun grupo a outro. As FARC e outros movementos de guerrilla din loitar polos dereitos dos pobres de Colombia, para protexelos da violencia do goberno e para proporcionar xustiza social a través do comunismo.
Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media situase o redor dos 4000 metros.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo Mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
A Gran Colombia foi un Estado de América do Sur creado en 1819 polo Congreso de Angostura a través da Ley Fundamental de la República (ratificada despois no Congreso de Cúcuta en 1821) pola unión de Venezuela e a Nova Granada nunha soa nación baixo o nome de República de Colombia, á que logo se adheriron Panamá (1821) e Ecuador (1822). O termo Gran Colombia emprégase pola historiografía para distinguila da actual República de Colombia, cuxo territorio daquela era coñecido como Nova Granada / Cundinamarca. Esta república existiu de iure entre 1821 e 1831 e configurouse a partir da unión das anteriores entidades coloniais do Vicerreinado de Nova Granada, a Capitanía Xeneral de Venezuela, a Presidencia de Quito e a Provincia Libre de Guayaquil.
Unha feira é un acontecemento social, económico e cultural -establecido, temporáneo ou ambulante, periódico ou anual- que leva a cabo nunha sede e que chega a abarcar xeralmente un tema ou propósito común. Pode ter por obxectivo primordial a promoción da cultura, algunha causa ou estilo de vida, xeralmente nunha forma divertida e variada; máis comunmente o obxectivo é a estimulación comercial, pois ten a finalidade de lucro ou de xerar ganancias para as localidades anfitrioas, persoas ou organizacións patrocinadoras, e participantes hospitalarios, a cambio dun tempo grato que inclúe diversión e entretemento, participación en xogos de azar e de destreza, alimentos, manxares e lambetadas, obxectos, ou xoguetes etc., para os participantes visitantes e negociantes, xa sexan estes menores ou maiores de idade, dependendo do acontecemento, consignas, características, costumes locais e leis que rexen o lugar.
Porto Rico (coñecido oficialmente como Estado Libre Asociado de Porto Rico; ou en inglés: Commonwealth of Puerto Rico) é un grupo de illas na parte oriental do Mar Caribe, territorio non incorporado dos Estados Unidos desde o ano 1898. No 1952 conformouse o "Estado Libre Asociado de Porto Rico", traducido oficialmente ao inglés como Commonwealth of Porto Rico. É de interese o feito de que o tipo de goberno en Porto Rico non é unha "mancomunidade", posto que o E.L.A. é unha fórmula de autonomía política de natureza limitada, territorial e sen a soberanía dun país independente.
Xamaica (en inglés e oficialmente Jamaica) é unha illa e país das Grandes Antillas, de 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho, situado no mar Caribe. Está a 630 km do continente centroamericano, a 150 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa de A Española, na que están Haití e a República Dominicana.
Os taironas foron un grupo indíxena que habitaba nos departamentos colombianos de Magdalena, Guajira e do Cesar, nas faldras da Serra Nevada de Santa Marta, incluíndo as concas dos ríos Guachaca, Don Diego, Buritaca e a zona baixa costeira comprendida dentro do Parque Nacional Natural Tayrona. Trátase dun grupo de filiación chibcha. Presúmese que o nome tairona poida estar relacionado cos termos teyuna e teiruna, que se atoparon en varias linguas dos pobos indíxenas que aínda sobreviven na serra de Santa Marta, todos eles de filiación arhuácica-magdalénica.
O home ( pronunciación ), ou varón, é un ser humano macho, de sexo oposto á muller. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade). O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.
O impresionismo é considerado o movemento máis importante na pintura das últimas décadas do século XIX. Nestas datas, o marco artístico, dominado por un eclecticismo que se estaba movendo xa nunha calexa sen saída, era forzosamente pouco satisfactorio para calquera espírito creador e empezou a fomentar o que se chamou a xeración das rupturas estilísticas, unha serie de rupturas que darán personalidade propia á arte contemporánea. A primeira delas ou, se se prefire, o seu preámbulo, é o Impresionismo, un movemento, resultado dunha prolongada evolución, que coloca definitivamente ao século XIX baixo o signo da paisaxe e que busca unha linguaxe nova baseada nun naturalismo extremo.
Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano de Occidente. É o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas é anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.
Rumasa, acrónimo de Ruiz-Mateos Sociedad Anónima, foi un holding de empresas españolas propiedade de José María Ruiz-Mateos, e cuxa matriz foi fundada por el mesmo en 1961. Rumasa foi expropiada polo Goberno español o 23 de febreiro de 1983, en virtude do Decreto-Lei 2/1983 . O grupo Rumasa, no intre en que se anunciou a disposición, estaba constituído por máis de 700 empresas, e 60.000 traballadores, facturando uns 350.000 millóns de pesetas (máis de 2.000 millóns de euros) anuais.
Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e falecido o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.
Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado no ano 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel. Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".
Partidos políticos de España inscritos de 1981 a 1985
Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1981 a 1985.
Pablo Rivadulla Duró, nado en Lleida no 1988, coñecido artisticamente como Pablo Hasél, é un rapeiro catalán. Empezou utilizando unicamente o nome de Hasél nas súas primeiras pezas, utilizando logo o nome de Pablo Hasél. Nas súas letras, sempre directas e sen eufemismos, trata tres tipos de temáticas onde lle amosa ao público a realidade que percibe mediante feitos, críticas e teoría política comunista: "crítica social e rap antisistema, temas sentimentais e persoais e finalmente, temas nos que se ri de todo", segundo declarou nunha entrevista, aínda que nas súas últimas maquetas trata as dúas primeiras temáticas.
Os Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco. É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF). Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.
Os muiscas son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano cundiboyacense. No presente, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté. Segundo o censo de 2005 feito polo Ministerio de Interior, 14 051 muiscas viven en Colombia.Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas), entraron en contacto co Imperio español en 1537, no intre da conquista.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Os quimbaya foron unha etnia e cultura indíxena colombiana famosa pola súa produción de pezas de ouro de alta calidade e beleza. Cara o 1530 estaban organizados na chamada federación quimbaya, centrada arredor da cidade de Chinchiná. Esta federación opuxo unha forte resistencia armada ós españois, e malia a súa derrota, continuaron existindo até o 1700, cando desapareceron como grupo recoñecible.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O termo muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo meniña o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho.
En xenética, un clon (grego κλώνος klōn, ‘fillo’) é un conxunto de seres xeneticamente idénticos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reprodución asexual. O termo foi creado en 1903 por H. J. Webber coa explícita intención de contribuír ao desenvolvemento léxico da entón nova ciencia da xenética, e ese uso é o único válido na linguaxe científica. Respondía á necesidade de referirse a unha variedade de cultivo multiplicada exclusivamente de maneira vexetativa (mediante esgallos ou estacas), como era e é común respecto das árbores froiteiras.
A dos insectos (nome científico Insecta Linnaeus, 1758) son unha clase de animais invertebrados, e o grupo máis grande dentro do filo dos artrópodos, caracterizados por presentar un par de antenas, tres pares de patas e dous pares de ás (que, con todo, poden reducirse ou faltar). A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía. O seu nome provén do latín insectum, calco do grego ἔντομα, 'cortado no medio'.Os insectos comprenden o grupo de animais máis diversos da Terra con aproximadamente un millón de especies descritas, máis que todos os demais grupos de animais xuntos, e con estimacións de ata trinta millóns de especies non descritas, co que, potencialmente, representarían máis do 90 % das formas de vida do planeta.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O nome de ameixa é denominación común dun grupo de moluscos bivalvos de alto interese comercial e de morfoloxía semellante aínda que pertencen a especies diferentes. A superficie da cuncha é substancialmente lisa e de cores variables. Viven soterrados a escasa profundidade nos fondos areosos do mar, malia que hai especies que viven en augas doces.
Galicola foi o nome dun refresco de cola feito e distribuído en Galiza pola Asociación Cultural Fontaira dende novembro de 2009, e que destina o 5% das vendas para a promoción e normalización da lingua galega. Por outra banda, segundo os impulsores da iniciativa, tamén se busca: Destacar que a asociación organiza un premio, o premio Angelo Casal, dotado co devantido 5% das vendas e que en 2010 foi concendido á agrupación Mocidade pola Língua para sufragar a súa iniciactiva a prol do galego.
As vías romanas foron esenciais para o crecemento do Imperio romano, capacitando aos romanos para mobilizar os seus exércitos. Un vello proverbio di que "todos os camiños levan a Roma." As vías romanas foron proxectadas para dificultar nas provincias a organización de resistencia contra o Imperio. No seu cúlmen, o sistema de vías romanas atinxiu 85.300 km (53.000 millas), cuns 372 ramais.