Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O canal de Suez (قناة السويس, Qanāt al-Suways en árabe) é un canal artificial de 193,3 km que liga o mar Mediterráneo desde o porto exipcio de Port-Saïd ao mar Vermello polo porto de Suez atravesando o desértico istmo de Suez. Permite ás embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
A homeopatía é un sistema pseudocientífico de medicina alternativa. Foi concibida en 1796 polo médico alemán Samuel Hahnemann. Os seus practicantes, chamados homeópatas, cren que unha substancia que causa síntomas iguais aos dunha enfermidade en persoas sas pode curar síntomas similares en persoas doentes; esta doutrina denomínase similia similibus curentur, ou "o similar cura o similar".
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Hijas de Galicia foi unha institución creada en Cuba en 1917 para protexer a mulleres emigrantes galegas dos abusos e discriminacións que sufrían. A asociación xestouse dentro de outra xa existente de emigrados galegos: Solidaridad Pontevedresa. En 1924, Hijas de Galicia abriu o Hospital Concepción Arenal e en 1938 construíu un gran Balneario social para lecer e repouso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha), é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal. En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha.
Alfred Molina, nado o 24 de maio de 1953 en Paddington, Londres, é un actor inglés. Coñecido polos seus papeis nos filmes Na busca da arca perdida, Prick Up Your Ears, The Man Who Knew Too Little, Spider-Man 2, Maverick, Species, Not Without My Daughter, Chocolat, Frida, Steamboy, The Hoax, Prince of Persia: The Sands of Time, The Da Vinci Code, A Panther in the Basement, An Education e The Sorcerer's Apprentice.
María de los Ángeles de las Heras Ortiz, nada en Madrid o 4 de outubro de 1944 e finada en Torrelodones o 25 de marzo de 2006, foi unha actriz e cantante española, coñecida artisticamente como Rocío Dúrcal. Foi a solista española máis vendedora de discos con máis de 80 millóns ata a actualidade. Foi o máximo expoñente feminino da música ranchera no mundo, sendo bautizada "A Raíña das Rancheras".
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2021 será a 72ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Pilotos e equipos competirán polos títulos de Campión do Mundo de Pilotos e Campión do Mundo de Construtores respectivamente.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Unha horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga. Unha horta familiar de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Azolla caroliniana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, un dos sete comprendidos no xénero Azolla.É un pequeno fieito acuático flotante orixinario de Canadá e os Estados Unidos, que posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno. Reprodúcese rapidamente por fragmentación. Como outras salviniáceas é unha planta invasora.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.320 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Aránzazu Isabel María Sánchez Vicario, máis coñecida como Arantxa Sánchez Vicario, nada en Barcelona o 18 de decembro de 1971, é unha ex tenista española. Durante a súa carreira foi número 1 do mundo da WTA en 1995. Gañou catro títulos do Grand Slam en categoría individual, seis en categoría de dobres e catro en dobres mixtos, ademais de catro medallas olímpicas e cinco títulos de Copa Federación co Equipo español.
María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
A canle de Panamá (en castelán: Canal de Panamá) é unha canle de navegación interoceánica de 77,1 quilómetros, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar.
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
Lista de presidentes dos Estados Unidos de América
O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Partidos políticos de España inscritos de 1981 a 1985
Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1981 a 1985.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Michael Schumacher (pronunciado /mɪçaeːl ʃuːmaxɐ/), nado en Hürth-Hermülheim o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en 1994 e 1995, e cinco con Ferrari entre 2000 e 2004, Tamén foi subcampión en 1998 e 2006, terceiro en 1992, 1996 e 2005, cuarto en 1993 e quinto en 1999. Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos.
Autenticación (do grego αυθεντικός; real ou xenuíno, e de authentes; autor) é o acto de establecer ou confirmar algo ou alguén coma auténtico, isto é, certifica que algo é veraz. A autenticación dun obxecto pode significar a comprobación da súa orixe. A autenticación dunha persoa a miúdo consiste en verificar a súa identidade.
O nome Manuel López Rodríguez pode referirse a: Manuel López Rodríguez (Vilasantar 1946 - Dénia 2014), un xornalista, editor gráfico, profesor, autor e fotógrafo de prensa galego Manuel López Rodríguez, tamén coñecido como Manuel L. Rodrigues ou Manuel Lôpez Rodrigues (Noia 1978), un poeta, artista e editor galego.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Os galaicos (termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί) eran un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego. Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, actual ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora dende 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.
Marie Van Brittan Brown, nada en Queens (Nova York) o 30 de outubro de 1922 e finada o 2 de febreiro de 1999, foi unha inventora estadounidense. Inventou un sistema de vixilancia doméstico que incluía un circuíto pechado de televisión, que rexistrou en 1966 xunto ao seu marido Albert Brown co número de patente 3,482,037. A patente foi concedida en 1969.
Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrol, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
O colchón é unha peza almofadada e flexíbel que se coloca sobre a cama e se emprega para deitar o corpo e durmir. O colchón recheo de la chegou a Europa despois das Cruzadas, cando os europeos adoptaron o costume árabe de durmir sobre coxíns. Antigamente, os colchóns, denominados na época almadraques ou xergóns, constaban dunha funda rechea de materiais orgánicos como palla, la, follas etcétera, que eran o niño ideal para pequenos insectos, polo que cumpría ventilalos e airealos decote.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A teoría do xene egoísta, tamén chamada visión da evolución centrada nos xenes ou teoría da selección de xenes mantén que a evolución adaptativa ten lugar por medio da supervivencia diferencial de xenes que están en competencia, incrementando a frecuencia alélica daqueles alelos cuxos efectos no trazo fenotípico promoven exitosamente a súa propia propagación, definindo xene como "non só un simple anaco físico de ADN [senón tamén] todas as réplicas dese particular anaco de ADN distribuídas por todo o mundo". Os propoñentes deste xeito de ver a evolución argumentan que, como a información herdable pasa de xeración en xeración case exclusivamente por medio do ADN, entón é mellor considerar a selección natural e a evolución desde a perspectiva dos xenes. Os partidarios desta visión ou concepción da evolución centrada nos xenes argumentan que esta permite comprender fenómenos diversos como o altruísmo e o conflito intraxenómico, que doutro modo serían difíciles de explicar.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.
A expresión O2 pode referirse a: O2, que é a fórmula do elemento químico Osíxeno molecular; Telefónica O2, un operador de telecomunicacións; o O-2 Skymaster, un modelo de avión; O2: un álbum do grupo de pop O-Town; O2: un álbum dos rockeros FireHouse; a SGI O2, unha estación de traballo de Silicon Graphics; O2, unha das formas de Dark Matter, inimigo dos xogos de Kirby. o O2, un domo en Londres. A Base de Datos orientada a obxectos OOBD chamada O2.
Foo Fighters é unha banda de rock alternativo estadounidense fundada en Seattle (Estado de Washington) en 1995 polo que fora ata ese momento batería de Nirvana, Dave Grohl. Inicialmente foi un proxecto composto só por Grohl, e no seu primeiro traballo, Foo Fighters, foi o único membro oficial, pero este recrutaría aos antigos membros de Sunny Day Real Estate Nate Mendel (baixo) e William Goldsmith (batería), e ao seu compañeiro en Nirvana Pat Smear (guitarra) para completar a formación.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Library of Congress Control Number
O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).