Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O canal de Suez (قناة السويس, Qanāt al-Suways en árabe) é un canal artificial de 193,3 km que liga o mar Mediterráneo desde o porto exipcio de Port-Saïd ao mar Vermello polo porto de Suez atravesando o desértico istmo de Suez. Permite ás embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ó sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, a leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e a oeste có Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
A homeopatía é un sistema pseudocientífico de medicina alternativa. Foi concibida en 1796 polo médico alemán Samuel Hahnemann. Os seus practicantes, chamados homeópatas, cren que unha substancia que causa síntomas iguais aos dunha enfermidade en persoas sas pode curar síntomas similares en persoas doentes; esta doutrina denomínase similia similibus curentur, ou "o similar cura o similar".
María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Pedro Martínez de Luna, nado en Illueca (actual provincia de Zaragoza) en 1328 e finado en Peñíscola (actual provincia de Castelló en 1423, máis coñecido co alcume de Papa Luna, foi papa na obediencia de Avignon co nome de Bieito XIII, e cardeal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.
Mar adentro é un filme español biográfico-dramático de 2004 coescrito e dirixido por Alejandro Amenábar e protagonizado por Javier Bardem, Belén Rueda e Lola Dueñas. Rodado en Galicia, está baseado na historia real de Ramón Sampedro, un escritor e ex-mariñeiro que quedou tetrapléxico logo dun accidente ocorrido durante a súa xuventude e permanece prostrado nunha cama durante case 30 anos, situación pola que desexa morrer mediante a aplicación da eutanasia. O filme relata a loita de Sampedro para lograr que a lei recoñeza o seu dereito a morrer.Resultou gañadora do Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, entre outros numerosos premios.
Miguel Hernández Gilabert, nado en Orihuela, provincia de Alacant, o 30 de outubro de 1910 e finado en Alacant o 28 de marzo de 1942, foi un poeta e dramaturgo de especial relevancia na literatura castelá do século XX. Aínda que tradicionalmente estivo encadrado na xeración do 36, Miguel Hernández mantivo unha maior proximidade coa xeración anterior, ata o punto de ser considerado por Dámaso Alonso como «xenial epígono da xeración do 27».
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.320 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Segunda división B española 2020/21
A tempada 2020/21 da Segunda División B é á 44ª edición desta competición, terceiro nivel do fútbol en España. Comezou o 17 de outubro de 2020 e rematará o 23 de maio de 2021. Esta será a última edición con este nome antes da reestruturación das categorías non profesionais por parte da RFEF. A tempada anterior rematou bruscamente debido á pandemia causada pola enfermidade COVID-19 do coronavirus respiratorio agudo grave.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Abu-Alí al-Hussain ibn Abd-Al·lah ibn Sina —en turco İbn Sina; en persa ابوعلى سينا (Pur-e Sina fillo de Sina); en árabe أبو علي الحسين بن عبد الله بن سينا, Abū ʿAlī al-Ḥusayn ibn ʿAbd Allāh ibn Sīnā— máis coñecido por Ibn Sina ou sinxelamente como Avicena, nado en Afshana, preto de Bukhara, Gran Khorasán, en 980 e finado en Hamadán en 1037, foi un médico, filósofo, científico polímata persa.Escribiu cerca de catrocentos cincuenta libros sobre diferentes temas, predominantemente de filosofía e medicina. Os seus discípulos chamábano Cheikh el-Raïs, é dicir, 'príncipe dos sabios', ou o máis grande dos médicos, o Mestre por excelencia ou, en fin, o terceiro Mestre (despois de Aristóteles e Al-Farabí). En grego foi chamado Abitianós (Ἀβιτζιανός) e en latín Abitianus, traducido por Abiciá e máis frecuentemente por Avicenna ou Avicena.
Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte da Alemaña. A súa capital é Múnic.
Segunda división B española de fútbol
O Campionato Nacional de Liga de Segunda División B, máis coñecido como Segunda División B, é a terceira categoría da liga española de fútbol. Foi introducida en 1977 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Terceira División. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
As é un xornal español de información deportiva, de tirada diaria, de pago e con distribución matinal editado polo Grupo PRISA. Foi fundado en 1967 por Luis Montiel Balanzat, sendo o actualidade o diario deportivo máis lido na Comunidade de Madrid e o segundo diario deportivo de España tanto en tirada como en vendas e distribución. Así mesmo, o seu web as.com ocupa a terceira posición por número de visitas na clasificación de diarios nacionais.
Unha horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga. Unha horta familiar de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, actual ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora dende 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Love of Lesbian é un grupo musical de indie español formado en Barcelona que está en activo desde 1996. Logo de tres discos en inglés, decidiron cantar en castelán, lingua en que sacaron os seus últimos tres discos. Santi Balmes considerou os inicios en inglés como un "erro" e explicou o cambio como un xeito de autoafirmación.
Bernhard Weisser, nado en 1964 en Gotinga, é un numismático alemán vinculado ao Gabinete Numismático de Berlín. Weisser é un especialista en numismática da Antigüidade, especificamente da Magna Grecia. As súas investigacións céntranse en aspectos como as moedas provinciais romanas e as cuñaxes dos Partos, así como nos achados monetarios de Priene e de Mileto.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Anastasia Lapsui, nada en 1944, é unha directora de cinema, guionista e xornalista rusa de orixe nenets que vive en Finlandia dende 1993. Lapsui, xunto con Markku Lehmuskallio, dirixiu Seitsemän laulua tundralta, o primeiro filme narrativo en lingua nenets. Lapsui gañou numerosos premios, incluíndo o premio Jussi ó mellor filme, e o Gran Premio no Festival Internacional de Cinema Feminino de Créteil.
As Métopas do Partenón son un conxunto de noventa e dúas placas cadradas esculpidas en mármore do Pentélico, situadas orixinalmente arredor do arquitrabe do Partenón na Acrópole de Atenas. Foron esculpidas por varios artistas aínda que o mestre de obras foi certamente Fidias. Foron talladas entre o 447-446 a.C. e o 438-442 a.C. como data probábel de finalización.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
O aceite de cociña é graxa de orixe animal ou vexetal que adoita permanecer en estado líquido a temperatura ambiente. Algúns dos moitos tipos de aceites vexetais son; de oliva, de palma, de soia, de colza, de semente de cabaza, de millo, de xirasol, de cártamo, de cacahuete, de semente de uva, de sésamo, de argán, de farelo de arroz e úsanse para cociñar xunto con outros elementos comestibles. En cociña, o termo xenérico «aceite vexetal» úsase para etiquetar un produto composto por un aceite concreto (por exemplo o de colza) ou por unha mestura de varios aceites, a miúdo baseada no de palma, millo, soia ou xirasol.
Vlora Çitaku, nada o 10 de outubro de 1980, é unha política e diplomática kosovar que actualmente serve como embaixadora da República de Kosovo nos Estados Unidos Anteriormente serviu como Cónsul Xeral de Kosovo en Nova York.Antes de unirse á diplomacia de Kosovo, Vlora serviu como Ministra para a integración europea da República de Kosovo. Foi notable ao destacarse como unha das ministras máis exitosas entre 2011 a 2014 do goberno de Kosovo. Renunciou ó seu escano de deputada na Asemblea de Kosovo ó asumir o cargo gobernamental, que gañou como un dos tres candidatos máis votados.
Azolla caroliniana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.É un pequeno fieito acuático flotante orixinario de Canadá e os Estados Unidos, que posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno. Reprodúcese rapidamente por fragmentación. Como outras salviniáceas é unha planta invasora.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
O Nogueirido, Barallobre, Fene
O Nogueirido é un lugar da parroquia de Barallobre no concello coruñés de Fene na Comarca de Ferrol. Tiña 19 habitantes no ano 2014 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales 8 eran homes e 11 mulleres.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Manned Orbiting Laboratory, coñecido abreviadamente como MOL e tamén como KH-10 pola súa relación cos satélites de recoñecemento da NRO, foi un proxecto de estación espacial militar dos Estados Unidos da década dos anos 1960 que foi cancelado en 1969. MOL foi un proxecto da Forza Aérea dos Estados Unidos ideado tras o fracaso do proxecto de avión espacial Dynasoar.A atmosfera da estación estaría composta por helio e osíxeno. A estación sería lanzada como un todo cunha nave Gemini B acoplada e tripulada, coa vantaxe de que non sería necesario un acoplamento espacial no caso de terse lanzado por separado.
Véneto (en italiano: Veneto, en véneto: Vèneto) é unha rexión de Italia situada na parte nororiental da península itálica. Conta con preto de cinco millóns de habitantes, e a súa capital é a cidade de Venecia. Limita ao leste con Friúl-Venecia Xulia, ao norte con Austria (Tirol e Carintia), a noroeste co Trentino-Tirol do Sur, ao oeste coa rexión da Lombardía, ao sur coa Emilia-Romaña e ao leste co Mar Adriático.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Thomas Clayton Wolfe, nado en Asheville (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1900 e finado en Baltimore (Maryland) o 15 de setembro de 1938, foi un importante novelista estadounidense do inicio do século XX.Thomas escribiu catro longas novelas, alén de varios contos, traballos dramatúrxicos e outras novelas. É coñecido por mesturar prosa extremadamente orixinal, poética, musical e impresionista coa escrita autobiográfica. Os seus libros reflicten vividamente a cultura americana e demais temas do período, aínda que filtrados pola perspectiva sensíbel, sofisticada e super-analítica de Thomas.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2019 tiña 66.065 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Os amish (en alemán de Pensilvania, amisch) son seguidores de igrexas tradicionalistas cristiáns que comparte cos menonitas unha herdanza común anabaptista, son popularmente coñecidos polo seu estilo de vida sinxela, a súa modesta vestimenta tradicional e o seu rexeitamento a adoptaren tecnoloxía do mundo moderno.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
María de la Concepción Rof Carballo
Concepción Rof Carballo, nada na Coruña en 1913 , e finada en Barcelona en 2014, foi unha farmacéutica galega e profesora de Historia da Farmacia na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona.
O termo chuchamel (zugamel ou chupamel) pódese referir a varias especies botánicas: En xeral a todas as madreselvas (rubideiras do xénero Lonicera); en especial: Herba salgueira (Lonicera periclymenum) Cadrifollo (Lonicera implexa) Ortiga morta ou lamio maculado (Lamium maculatum), planta herbácea perenne da familia das labiadas, de follas semellantes ás da estruga e flores de cor púrpura con forma de tubo curvado, que botan un recendo agradábel e que ao chuchalas saben a mel. Cerinta (Cerinthe major), planta herbácea da familia das boraxináceas, anual, glabra, de ata 50 cm, con follas ovovadas, amplexicaules, e característicos ramalletes pendurantes de grandes flores amarelas, cilíndricas, a miúdo cunha mancha castaña na base. Meliloto (Melilotus officinalis), especie herbácea pertencente á familia das leguminosas, que se cultiva como planta forraxeira.
Xibraltar (en inglés e castelán: Gibraltar) é un Territorio Británico de Ultramar situado no extremo meridional da Península Ibérica, ao leste da baía de Alxeciras, que se estende sobre a formación xeolóxica da rocha de Xibraltar (en inglés: the Rock of Gibraltar ou tamén, The Rock), península que domina a beira norte do estreito de Xibraltar, comunicando o mar Mediterráneo e o Océano Atlántico. Xibraltar limita ao norte con España e alberga unha poboación de preto de 29.000 habitantes nunha superficie de menos de 7 km², cunha economía baseada no sector de servizos, principalmente como centro financeiro e turístico. Aproveitando a súa privilexiada posición estratéxica, é tamén unha base aeronaval das Forzas Armadas Británicas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Unha arte de pesca (ou simplemente arte) é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades (pesca marítima ou fluvial, marisqueo).
Heilbronn é unha cidade ao norte de Baden-Württemberg en Alemaña con 122.567 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande do Estado. A cidade está situada a beiras do río Neckar. Antigamente foi unha cidade libre imperial ("freie Reichsstadt") e hoxe en día é unha cidade independente e sede da rexión de Heilbronn.
A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín. Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.
Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Este artigo trata sobre as normas para a escrita do galego da Real Academia Galega, quen ostenta a autoridade legal en materia de normativización. Ao seren estas normas as usadas e promovidas polas institucións oficiais, os medios de comunicación públicos e o ensino público, son consideradas de maneira amplamente maioritaria como a normativa oficial do galego. No entanto, este concepto de oficialidade ten xerado controversia, con sectores que defenden que non existe ningunha normativa oficial.O Estatuto de autonomía de Galicia dotou os poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega.
Library of Congress Control Number
O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).
Un terzo era unha unidade militar do Exército español durante a época da Casa de Austria. Os terzos foron famosos pola súa resistencia no campo de batalla, formando a elite das unidades militares dispoñíbeis para os reis de España da época. Os terzos foron a peza esencial da hexemonía terrestre, e en ocasións tamén marítima do Imperio español.
O Domingo de Ramos é ounha celebración cristiá que rememora a Entrada de Xesús en Xerusalén. Considérase o primeiro día da Semana Santa, período en que os cristiáns conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de marzo e abril.
O latín é unha lingua indoeuropea morta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Utilizouse como lingua de cultura desde a Idade Media ata a época moderna, e aínda hoxe ten algúns usos científicos (por exemplo, o nome científico das especies de seres vivos).
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.