Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O cría comercial do salmón ou salmonicultura é un tipo de acuicultura enfocada na produción de peixes da familia dos salmónidos (Salmonidae). Ao ser peixes anádromos deben pasar durante o seu ciclo de vida por etapas de auga doce e auga salgada. O salmón, xunto coa carpa, son as especies de peixe máis importante para a acuicultura.
Kosovo (en albanés: Kosovë, Kosova; en serbio: Косово ou Косово и Метохија ou Космет, Kosovo ou Kosovo i Metohija ou Kosmet) é unha rexión e tamén un Estado parcialmente recoñecido co nome de República de Kosovo (en albanés: Republika e Kosovës, en serbio: Република Косово, Republika Kosovo), situado na Península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Ten unha superficie de 10 980 km² e unha poboación estimada de 1 733 842 habitantes (2007). A súa capital é Pristina e está composto polas rexións históricas de Kosovo e Metohija.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Ione Belarra Urteaga, nada en Pamplona o 25 de setembro de 1987, é unha política e psicóloga vasca, membro do consello cidadán estatal de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España. Foi deputada por Navarra das lexislaturas XI, XII, XIII e XIV do Congreso dos Deputados e voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, actual ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora dende 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
O canal de Suez (قناة السويس, Qanāt al-Suways en árabe) é un canal artificial de 193,3 km que liga o mar Mediterráneo desde o porto exipcio de Port-Saïd ao mar Vermello polo porto de Suez atravesando o desértico istmo de Suez. Permite ás embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
Os dez mandamentos (en inglés: The Ten Commandments) é un filme épico e relixioso estadounidense de 1956 producido, dirixido e narrado por Cecil B. DeMille rodado en VistaVision (color de Technicolor), e estreado por Paramount Pictures. Está baseado na novela de 1949 Prince of Egypt de Dorothy Clarke Wilson, a novela de 1859 Pillar of Fire de J. H. Ingraham, a novela de 1937 On Eagle's Wings de A. E. Southon, e o Libro do Éxodo. Os dez mandamentos é unha versión dramatizada da historia bíblica de Moisés, un príncipe exipcio adoptado que se converte no libertador do seu verdadeiro pobo, os hebreos, e lidéraos no Éxodo cara ó monte Sinaí, onde recibe de Deus os Dez mandamentos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O plasma é o estado da materia que ocorre no interior do Sol e demais estrelas; que consiste nunha "sopa" de electróns libres e ións. A materia suxeita ao estado de plasma atinxe temperaturas tan altas que os seus átomos comezan a perder electróns e estes tórnanse libres. A palabra plasma ven da medicina onde se utiliza para indicar unha perturbación ou estado non distinguíbel.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Grupo Especial de Operacións, coñecido popularmente como o GEO ou GEOs, é a unidade de elite do Corpo Nacional de Policía de España especializada en operacións de alto risco. Tamén están presentes nalgúns conflitos de Oriente Medio, xa sexa para protexer a cidadáns e altas personalidades españolas ou en misións de rescate de civís. O GEO está, xunto coa Unidade Especial de Intervención (UEI) da Garda Civil, integrado na Rede ATLAS, que engloba a todas as unidades especiais contraterroristas dos países que conforman a Unión Europea.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.420 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Quen a ferro mata (en castelán: Quien a hierro mata) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O Hospital Hijas de Galicia, tamén coñecido como Hospital Materno Infantil Diez de Octubre é un hospital de A Habana construído en 1924 pola Asociación Hijas de Galicia (Hijas de Galicia, Sociedad Sanitaria y de Auxilio Mutuo), para dar cobertura sanitaria ás mulleres galegas emigradas a Cuba en situación de precariedade. En 1959 o sanatorio foi confiscado polo castrismo e continúa como Hospital Materno Infantil Diez de Octubre. Localizado no barrio de Luyanó, ofrece atención xinecolóxica, obstétrica e pediátrica aos municipios 10 de Octubre e San Miguel del Padrón e docencia de pre e posgrado, sendo centro de referencia nacional en cancro cérvico uterino.
Como parte da exploración humana da Lúa, emprendéronse numerosas misións espaciais para estudar o satélite da Terra. Canto ás aluaxes, Luna 2 da Unión Soviética foi a primeira nave espacial en alcanzar con éxito a súa superficie, impactando intencionadamente na Lúa o 13 de setembro de 1959. En 1966, Luna 9 foi a primeira nave espacial en aluar controladamente de xeito lene, mentres que Luna 10 foi a primeira misión en entrar en órbita arredor da Lúa.
A segunda cruzada (1145-1149) foi a segunda gran cruzada lanzada desde Europa pola cristiandade católica ('latina') como guerra santa contra o islam. A segunda cruzada comezou en resposta á caída do Condado de Edesa o ano anterior en mans do turco Zengi. O condado fora fundado en 1098 durante a primeira cruzada (1096-1099) polo rei Balduíno de Boloña.
Gaius Aurelius Diocles Diocletianus, nado en Dalmacia en 244 e finado en 311, foi un emperador romano, un dos augustos da Primeira Tetrarquía. Rematou coa Crise do Século III (235-284) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do Imperio Romano, coñecida como Dominado (fronte ao Principado anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
Unha lapa, chama ou flama (do latín flamma) é a parte gasosa visíbel (emisora de luz) dalgún lume. É causada por unha reacción altamente exotérmica (por exemplo, unha combustión) tomando lugar nunha zona estreita. Se un lume fose o bastante quente para ionizar os compoñentes gasosos, pode converterse en plasma.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
ACUDE é un movemento veciñal que pretende impulsar un proceso de renovación política en Culleredo. O movemento comezou a xerarse en agosto de 2014, cando se reuniron no Burgo representantes do Partido da Terra e de Piratas de Galicia, a fin de buscar unha alianza de cara ás eleccións municipais de 2015 e de crear o soporte preciso para un movemento plural con listas abertas baseado na participación cidadá.
Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Divídese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Montevideo Wanderers Fútbol Club
O Montevideo Wanderers Fútbol Club, é un club deportivo uruguaio da cidade de Montevideo fundado en 1902. Os seus seareiros son alcumados "bohemios" ou "vagabundos" e milita na Primeira División de Uruguai. O seu estadio é o Parque Alfredo Viera, con capacidade para 15 000 espectadores no barrio do Prado de Montevideo.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Pokémon Colosseum (ポケモンコロシアム, Pokemon Koroshiamu) é un videoxogo de rol desenvolvido por Genius Sonority, publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo como parte da serie Pokémon. No Xapón, lanzouse para a consola GameCube o 21 de novembro de 2003, en América do Norte o 22 de marzo de 2004 e en Europa o 14 de maio de 2004. Contrario a títulos anteriores, o xogo non conta con encontros aleatorios con Pokémon; no seu canto, o xogador pode roubar os Pokémon doutros adestradores.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza ou de León dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038. Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035.
Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.
A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
New Amsterdam (serie de televisión de 2018)
New Amsterdam é unha serie de televisión estadounidense de temática médica e xénero dramático. Está baseada no libro Twelve Patients: Life and Death at Bellevue Hospital de Eric Manheimer, e a serie estreouse orixinalmente o 25 de setembro de 2018 a través de NBC. Foi creada por David Schulner e está protagonizada por Ryan Eggold, Freema Agyeman, Janet Montgomery, Jocko Sims, Anupam Kher e Tyler Labine. En febreiro de 2019, anunciouse que a serie sería renovada para unha segunda tempada, a cal se estreou o 24 de setembro de 2019.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Fariña é unha serie de televisión inspirada en feitos reais, emitida pola canle de televisión española Antena 3, entre o 28 de febreiro e o 9 de maio de 2018. Está baseada no libro homónimo Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, e versa sobre o narcotráfico en Galicia e Sito Miñanco, un histórico traficante de drogas galego.Foi producida por Atresmedia Televisión en colaboración con Bambú Producciones e nela participaron un gran número de actores galegos como Javier Rey, Celso Bugallo, Marta Larralde, Patricia Vázquez e Antonio Durán "Morris", entre moitos outros.A súa estrea foi adiantada debido ao secuestro cautelar xudicial do libro no que está baseado, levado a cabo o 5 de marzo de 2018.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
A homeopatía é un sistema pseudocientífico de medicina alternativa. Foi concibida en 1796 polo médico alemán Samuel Hahnemann. Os seus practicantes, chamados homeópatas, cren que unha substancia que causa síntomas iguais aos dunha enfermidade en persoas sas pode curar síntomas similares en persoas doentes; esta doutrina denomínase similia similibus curentur, ou "o similar cura o similar".
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».