Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Quen a ferro mata (en castelán: Quien a hierro mata) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme.
O sangue é un fluído corporal dos animais que ten como función principal transportar nutrientes e osíxeno ás células e os residuos metabólicos producidos polas células. En anatomía e histoloxía o sangue considérase un tipo especializado de tecido conectivo con matriz líquida (o plasma), dada a súa orixe nos ósos e a presenza de fibras proteicas en potencia en forma de fibrinóxeno. Os termos médicos relacionados co sangue xeralmente empezan por hemo- ou hemato-, do grego αἷμα (haima) 'sangue'.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
O novial é un idioma artificial creado polo destacado lingüista danés Otto Jespersen co fin de facilitar a comunicación entre os pobos. A verba novial ven da combinación do prefixo nov (novo) e as iniciais do termo International Auxiliary Language (en galego: lingua auxiliar internacional; por conseguinte, novial significa nova lingua auxiliar internacional). Jespersen, quen previamente participara no deseño do idioma ido como substitución do esperanto, deseñou o novial a partir de palabras de linguas romances e xermánicas e unha gramática similar á da lingua inglesa e linguas xermánicas.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O Hospital Hijas de Galicia, tamén coñecido despois como Hospital Materno Infantil Diez de Octubre e Hospital Universitario Ginecobstétrico Diez de Octubre, é un hospital de A Habana fundado en 1924 pola Asociación Hijas de Galicia (Hijas de Galicia, Sociedad Sanitaria y de Auxilio Mutuo), para dar cobertura sanitaria ás mulleres galegas emigradas a Cuba en situación de precariedade. En 1959 o sanatorio foi confiscado polo castrismo e continuou prestando os seus servizos. Localizado no barrio de Luyanó, ofrece atención xinecolóxica, obstétrica e pediátrica aos municipios Diez de Octubre e San Miguel del Padrón e docencia de pre e posgrado, sendo centro de referencia nacional en cancro cérvico uterino.
Room é un filme Británico-estadounidense-canadense-irlandés de 2015, dirixido por Lenny Abrahamson e escrito por Emma Donoghue, baseado na novela do mesmo nome de Donoghue. O filme está protagonizado por Brie Larson, Joan Allen, William H. Macy, Sean Bridgers e Jacob Tremblay. Exhibiuse na sección Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015, posteriormente tivo a súa estrea no Festival de Cinema de Telluride.
Xela Arias Castaño, nada en Sarria o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Pontevedra. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, actual ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora dende 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Kosovo (en albanés: Kosovë, Kosova; en serbio: Косово ou Косово и Метохија ou Космет, Kosovo ou Kosovo i Metohija ou Kosmet) é unha rexión e tamén un Estado parcialmente recoñecido co nome de República de Kosovo (en albanés: Republika e Kosovës, en serbio: Република Косово, Republika Kosovo), situado na Península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Ten unha superficie de 10 980 km² e unha poboación estimada de 1 733 842 habitantes (2007). A súa capital é Pristina e está composto polas rexións históricas de Kosovo e Metohija.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Abril na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes. Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 172.420 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Hijas de Galicia foi unha institución creada en Cuba en 1917 para protexer a mulleres emigrantes galegas dos abusos e discriminacións que sufrían. A asociación xestouse dentro de outra xa existente de emigrados galegos: Solidaridad Pontevedresa. En 1924, Hijas de Galicia abriu o Hospital Concepción Arenal e en 1938 construíu un gran Balneario social para lecer e repouso.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O canal de Suez (قناة السويس, Qanāt al-Suways en árabe) é un canal artificial de 193,3 km que liga o mar Mediterráneo desde o porto exipcio de Port-Saïd ao mar Vermello polo porto de Suez atravesando o desértico istmo de Suez. Permite ás embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
O cancro ou cáncer é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida. Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas).
Eleccións municipais en Agolada
Corporacións democráticas en Agolada desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Manuel Costa Casares — UCD.Modelo:Agolada 1979 1983 Alcalde: Manuel Costa Casares — CIG. 1987 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG.Modelo:Agolada 1987 1991 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 1995 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 1999 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 2003 Alcalde: Manuel Costa Casares — PPdeG. 2007 Alcalde: Ramiro Varela Peón — PPdeG. 2011 Alcalde: Ramiro Varela Peón — PPdeG. 2015 Alcalde: Ramiro Varela Peón — PPdeG.Candidaturas: Ramiro Varela Peón (PP) e José Gregorio Daparte de Oliveira (Veciños por Agolada). 2019 Alcalde: : Luís Calvo Miguélez — PAYJ.Candidaturas: Ramiro Varela Peón (PP), Jesús Sánchez Mosteiro (CxG) e Luís Calvo Miguélez (PAYJ).
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico.
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
Este artigo trata sobre o programa de radio, para o artigo sobre o libro de Castelao véxase Sempre en Galiza. Sempre en Galicia é un programa de radio en lingua galega realizado en Uruguai, emitido por Radio Oriental os domingos das 9:00 ás 10:00 da mañá (hora do Uruguai). É o programa decano en lingua galega, a primeira transmisión realizouse o 3 de setembro de 1950 e durante moitos anos foi o único programa realizado en galego.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.
O mapache (Procyon lotor) é unha especie de mamífero de mediano tamaño nativo de Norteamérica, Centroamérica e Caribe (desde Canadá a Panamá). O mapache norteamericano é a maior especie da familia dos prociónidos, cunha lonxitude corporal de 40 a 70 cm e un peso corporal de 3,5 a 9 kg. O seu pelame agrisado consta principalmente dunha densa capa inferior de pelo que o illa do frío.
Cuéntame cómo pasó, máis coñecida como Cuéntame, é unha serie de televisión española emitida por La 1 de Televisión Española, desde o ano 2001. O seu nome orixinal (Cuéntame) tivo que ser modificado por problemas de dereito de autoría.A serie narra, apoiándose nunha combinación de microhistoria e macrohistoria, as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española, e é á vez unha crónica socio-política da época. O seu nome provén dun famoso tema dos anos sesenta do grupo de música pop Fórmula V, titulado "Cuéntame".
Grace Murray Hopper, nada en Nova York o 9 de decembro de 1906 e finada no condado de Arlington o 1 de xaneiro de 1992, foi unha científica da computación e militar estadounidense con grao de contraalmirante. Foi unha pioneira no mundo das ciencias da computación e foi a primeira programadora que empregou o Mark I. Entre as décadas de 1950 e 1960 desenvolveu o primeiro compilador para unha linguaxe de programación e tamén achegou métodos de validación. Popularizou a idea dunha máquina independente das linguaxes de programación, o que derivou no desenvolvemento de COBOL, unha linguaxe de alto nivel de programación que aínda se emprega.
Andreas Nikolaus "Niki" Lauda, nado en Viena, Austria, o 22 de febreiro de 1949 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2019, foi un piloto austríaco de Fórmula 1 de orixe galega, tres veces Campión do Mundo de F1. Posteriormente, empresario de aviación, que fundou e dirixiu dúas liñas aéreas e foi xerente do equipo de carreiras Jaguar de Fórmula 1 durante dous anos.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Ione Belarra Urteaga, nada en Pamplona o 25 de setembro de 1987, é unha política e psicóloga vasca, membro do consello cidadán estatal de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España. Foi deputada por Navarra das lexislaturas XI, XII, XIII e XIV do Congreso dos Deputados e voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia dos Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era un hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496.
O Xoves Santo é unha festividade cristiá que se celebra o xoves anterior ao Domingo de Resurrección, no transcurso da Semana Santa. Pecha a Coresma e abre o Triduo Pascual á tardiña. Neste día a Igrexa Católica conmemora a institución da Eucaristía na Última Cea e o lavatorio dos pés realizado por Xesús.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.