Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual club é o Real Madrid. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.
Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é seoanés, ullán ou ullao.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego-portugués existían tamén as letras j (/ʃ/) g (/ʃ/ con e e i), ç (/θ/; /s/ en zonas con seseo), e os dígrafos lh (/ʎ/), nh (/ɲ/) e -ss-. Algunhas destas formas aparecen en forma minoritaria en textos literarios dos séculos XIX e XX, usándose con coherencia e sistematicidade nas correntes reintegracionistas actuais.
A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O prezo de Hollywood (en inglés: What Price Hollywood?) é un filme estadounidense de 1932 dirixido por George Cukor e protagonizado por Constance Bennett e Lowell Sherman. O guión é obra de Gene Fowler, Rowland Brown, Jane Murfin e Ben Markson, e está baseado na historia de Adela Rogers St. Johns e Louis Stevens.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Macedonia do Norte (en macedonio: Северна Македонија; en albanés: Maqedonia e Veriut), oficialmente República de Macedonia do Norte (en macedonio: Република Северна Македонија), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.126 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense
Imaxes de escudos de concellos da provincia de Ourense. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
O Camiño dos Faros (Camino de los Faros (en castelán), The Lighthouse Way (en inglés), Caminho dos Farois (en portugués)) é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña. O Camiño dos Faros une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste pola beira do mar, que é o seu verdadeiro protagonista, unindo o seu paso faros (faros que dan lugar o seu nome) e lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito (8) etapas dunhas 9 horas de camiñata a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km).
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.
José María Pemán Pemartín, nado en Cádiz o 8 de maio de 1897 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1981, foi un escritor español que se significou polo seu conservadorismo católico e polo seu apoio á ditadura de Miguel Primo de Rivera, ao Golpe de Estado militar de 1936 contra a Segunda República Española, ao réxime ditatorial subseguinte, e finalmente á opción monárquica de Juan de Borbón, pai de Xoán Carlos I.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Xoque Carbajal, nado na Estrada en 1964, é un actor e fotógrafo galego, dúas veces nomeado aos premios Goya de fotografía publicitaria. En 2005 creou a compañía de teatro "Malasombra" na que fai diversas montaxes como "Non é tan fácil", "O día do pai", "GO ON!" ou "Smoke city". A súa actividade teatral combínaa con traballos de TV e cinema como "Poland night" de Martin Gouvreau, "Frío" de Román Gutiérrez ou Todo é silencio de José Luis Cuerda.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Unha festa de pracer (en francés: Une partie de plaisir) é un filme francés de 1975 dirixido por Claude Chabrol e protagonizado por Paul Gégauff. No filme, Gégauff interpreta un escritor cun matrimonio problemático que remata en traxedia (en 1983, Gégauff foi asasinado a coiteladas na vida real pola súa segunda esposa).
The Lightning Thief é un libro de Rick Riordan. É o primeiro libro da serie Percy Jackson e os deuses olímpicos, que conta as aventuras dun rapaz actual de doce anos, Percy Jackson, cando descobre que é un semideus ; o fillo dun mortal, Sally Jackson, e do deus grego, Poseidón. Percy e os seus amigos fan unha procura para evitar unha guerra apocalíptica entre os deuses gregos Zeus e Poseidón.
Pi ou π é unha constante matemática cuxo valor é a razón aritmética de calquera circunferencia dun círculo co seu diámetro; este é o mesmo valor ca o da razón da área dun círculo co cadrado do seu raio. É aproximadamente igual a 3,14159 na notación decimal habitual. π é unha das constantes matemáticas e físicas máis importantes: moitas fórmulas das matemáticas, ciencias e enxeñaría están moi relacionadas con π.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e falecida en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Andrii Mikoláiovich Shevchenko (en ucraíno: Андрій Миколайович Шевченко) (*Dvirkivshchyna, Ucraína, 29 de setembro de 1976), futbolista ucraíno, alcumado Sheva. Debutou no Dinamo de Kiev, co cal xogou ao longo de 5 tempadas, alcanzando as semifinais da Liga de Campións da, 5 títulos de liga, catro copas de liga e individualmente o terceiro lugar na votación do Xogador do Ano en 1999. Tras boas actuacións fichou no AC Milán en xuño de 1999 por 26 millóns de euros, unha cifra récord para un xogador ucraíno.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Unha miofibrila é unha estrutura contráctil que atravesa as células do tecido muscular e lles dá a capacidade de contracción e de elasticidade, a cal permite realizar os movementos característicos do músculo. As miofibrilas esténdense dun extremo a outro da fibra muscular (célula muscular), onde están agrupadas en feixes e formando sarcómeros. Cada fibra muscular contén varios centos ou miles de miofibrilas.
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.
Denominacións de Orixe de Galicia
As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.
O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, é unha obra de Manuel Curros Enríquez aparecida en agosto de 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco ("ladrade, mordede, ride" indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia unha das obras cume da literatura occidental, A divina comedia de Dante Alighieri.
A temperatura é unha magnitude física que indica a densidade de enerxía interna dun sistema referida ás nocións comúns de quente, morno ou frío que pode ser medida cun termómetro. A temperatura é un parámetro termodinámico do estado dun sistema que caracteriza a calor, ou transferencia de enerxía térmica, entre ese sistema e outros. En física, defínese como unha magnitude escalar relacionada coa enerxía interna dun sistema termodinámico, definida polo principio cero da termodinámica.
A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinario que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, enxeñería, física, química, medicina e veterinaria entre outras. Ten gran repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minería e a agricultura entre outros campos.
A soga da forca (en inglés: Cahill U.S. Marshal) é un filme estadounidense de 1973 en Technicolor protagonizado por John Wayne. Foi dirixido por Andrew V. McLaglen e foi rodado en Durango, México. O resto do elenco está composto por George Kennedy, Neville Brand, Marie Windsor, Royal Dano, Denver Pyle, Jackie Coogan, Harry Carey Jr., Paul Fix e Hank Worden.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Deus é muller e chámase Petrunya
Deus é muller e chámase Petrunya (en macedonio: Господ постои, името ѝ е Петрунија; Gospod postoi, imeto ì e Petrunija) é un filme macedonio de 2019 dirixido por Teona Strugar Mitevska. Foi escollido como candidato do Oso de Ouro na 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, e gañou o LUX Prize e diversos outros premios. Estreouse subtitulado en galego o 24 de xaneiro de 2020 a través da NUMAX (Santiago de Compostela).
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bávaro: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
Carlos Cuevas Sisó, nado en Montcada i Reixac o 27 de decembro de 1995, é un actor catalán de televisión, cinema e teatro coñecido principalmente polo seu papel como Biel Delmàs no Serie de televisión Ventdelplà e por interpretar a Pol Rubio na serie de televisión Merlí e logo en Merlí: Sapere aude.
Marrocos (en bérber: lmeɣrib, en árabe: المغرب Al-Magrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
Ion Iliescu (nado o 3 de marzo de 1930 en Oltenita) foi presidente de Romanía dende o ano 2000 ata o 2004, sucedéndoo no cargo Traian Basescu. Iiescu previamente fora presidente de Romanía en dous períodos: 1990-1992 e 1992-1996. A Constitución Romanesa específica que os presidentes só poden ser elixidos por un máximo de dúas lexislaturas.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.