Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
CoronaVac é unha vacina contra a COVID-19 desenvolvida pola bio-farmacéutica chinesa Sinovac Biotech en colaboración co Instituto Butantan. Utiliza unha versión quimicamente inactiva do SARS-CoV-2, o tipo de coronavirus que causa a COVID-19, e finalizou a fase III dos ensaios clínicos comezados en xullo de 2020 no Brasil. A CoronaVac foi aprobada para uso emerxencial na China, Indonesia, Turquía, Bolivia e o Brasil.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses. De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas".
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual club é o Real Madrid. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Castro de Vigo é un castro, un antigo poboado fortificado, situado no Monte do Castro, na cidade de Vigo. Ten unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas que comprende construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). Está datado entre os séculos VI antes de Cristo[Cómpre referencia] ao II despois de Cristo coincidindo coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Os intocables de Eliot Ness (en inglés: The Untouchables) é un filme estadounidense de 1987 dirixido por Brian De Palma, producido por Art Linson, escrito por David Mamet, que está baseado no libro do mesmo nome (1957). Está protagonizado por Kevin Costner, Charles Martin Smith, Andy García, Robert De Niro e Sean Connery, e conta a historia de Eliot Ness (Costner) como parte do equipo dos "Intocables" que levaron a Al Capone (De Niro) perante a xustiza durante a Lei seca. A banda sonora foi composta por Ennio Morricone e gañou un Premio Grammy.Os intocables de Eliot Ness estreouse na cidade de Nova York o 2 de xuño de 1987, e nos Estados Unidos o 3 de xuño.
A grande aventura de Silvia (en inglés: Sylvia Scarlett) é un filme estadounidense de 1935 dirixido por George Cukor. Está protagonizado por Katharine Hepburn e Cary Grant, e está baseado en The Early Life and Adventures of Sylvia Scarlett, unha novela de 1918 escrita por Compton MacKenzie. Salienta por ser un dos meirandes fracasos de recadación entre os filmes da década de 1930.
Élite (estilizado como ÉLITƎ) é unha serie web española de thriller adolescente creada e escrita por Carlos Montero e Darío Madrona e dirixida por Ramón Salazar e Dani de la Orden para Netflix. A serie conta cun grande elenco composto por Miguel Herrán, Aron Piper, Mina El Hammani, Omar Ayuso, María Pedraza, Itzan Escamilla, entre outros, que interpretan os estudantes dun instituto de elite e os seus amigos. A primeira tempada foi estreada en Netflix o 5 de outubro de 2018.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Catedral da Santa Cruz e Santa Baia (en catalán: Catedral de la Santa Creu i Santa Eulàlia) é a catedral gótica de Barcelona, sede do Arcebispado de Barcelona, en Cataluña, España. A catedral actual construíuse durante os séculos XIII a XV sobre a antiga catedral románica, edificada á súa vez sobre unha igrexa da época visigoda á que precedeu unha basílica paleocristiá, cuxos restos poden verse no subsolo, no Museo de Historia da Cidade. A finalización da impoñente fachada no mesmo estilo, con todo, é moito máis moderna (século XIX).
O gran combate (en inglés: Cheyenne Autumn) é un filme estadounidense de 1964 dirixido por John Ford. É un wéstern épico protagonizado por Richard Widmark, Carroll Baker, James Stewart e Edward G. Robinson. Conta a historia dun evento real, o éxodo dos cheyennes do norte en 1878–79, contado nun "estilo Hollywood" e con moitas licenzas artísticas.
O círculo cromático ou roda de cores é unha representación ordenada e circular das cores segundo o seu matiz ou ton, onde se representan as cores primarias e os seus derivados. O seu uso é compatible tanto con modelos de cores subtractivos (artísticos, pictóricos, de pigmento) como modelos aditivos (lumínicos). Os círculos cromáticos poden representarse graduados (escalonados) ou en degradé (como na imaxe).
A casa en sombras (en inglés: On Dangerous Ground) é un filme estadounidense de 1951 dirixido por Nicholas Ray, producido por John Houseman e protagonizado por Ida Lupino e Robert Ryan. O guión foi escrito por A. I. Bezzerides, e está baseado na novela de 1945 Mad with Much Heart, escrita por Gerald Butler.
John Wayne e os cowboys (en inglés: The Cowboys) é un filme estadounidense de 1972 protagonizado por John Wayne, Roscoe Lee Browne, Slim Pickens, Colleen Dewhurst e Bruce Dern. Robert Carradine fixo o seu debut como actor, xunto con Stephen Hudis, no papel dos nenos cowboys. Foi rodado en varias localizacións de Novo México e de Colorado, e nos estudios de Warner Brothers en Burbank, California.
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A basílica de Saint-Denis (San Dinís, san Denís ou san Dionisio, en galego) é unha igrexa de estilo gótico situada en Saint-Denis, preto de París. Ten o estatuto de catedral (da diocese de Saint-Denis) dende 1966, mais segue sendo unha abadía. Destaca por ser o primeiro exemplo de arquitectura gótica.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.126 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O escolta (en inglés: The Bodyguard) é un filme estadounidense de 1992 dirixido por Mick Jackson, escrito por Lawrence Kasdan, e protagonizado por Kevin Costner, Whitney Houston (no seu debut como actriz), Gary Kemp, Bill Cobbs e Ralph Waite. O filme conta a historia dun antigo axente do Servizo Secreto que se converte en gardacostas e é contratado para protexer unha famosa actriz e cantante dun acosador descoñecido. Kasdan escribiu o filme a mediados da década de 1970, pensada orixinalmente para ser interpretada por Steve McQueen e Diana Ross.
O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI, onde se reflicte a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as nove tradicionais reflectidas no Concilio de Lugo, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Coimbra, Idanha, Lamego e Viseu. Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos.
Unha trompeta distante (en inglés: A Distant Trumpet) é un filme estadounidense de 1964, o derradeiro dirixido por Raoul Walsh. Está protagonizado por Troy Donahue, Suzanne Pleshette e Diane McBain. O guión é obra de John Twist, Albert Beich e Richard Fielder, e está baseado na novela homónima de Paul Horgan.
A carqueixa (Genista tridentata ou Chamaespartium tridentatum) é unha especie fanerógama arbustiva da familia das fabáceas, con moito ramallo, rastreiro, de flores amarelas, e cunha especie de alas características que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes. Atribúenselle moitas propiedades medicinais en Galicia. Tamén recibe o nome popular de lavacuncas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Marta Rivera de la Cruz, nada en Lugo en 1970, é unha escritora galega en lingua castelá, ademais de política de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía, colaboradora en diversos medios de comunicación e un dos apoios máis destacados da asociación Galicia Bilingüe. Nas Eleccións xerais de 2015 e nas Eleccións xerais de 2016 foi escollida deputada por Madrid. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi elixida deputada pola Provincia da Coruña, aos poucos meses renunciou ao escano no Congreso dos Deputados para ocupar o cargo de Conselleira de Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid.
Takiji Kobayashi (小林 多喜二), nado o 13 de outubro de 1903 e finado o 20 de febreiro de 1933, foi un escritor xaponés de literatura proletaria. É coñecido sobre todo pola súa novela curta Kanikōsen, publicada en 1929, na que narra a dura vida de pescadores e mariñeiros a bordo dun cargueiro así como o inicio da súa revolta contra a compañía e os seus xestores.
O Camiño dos Faros (Camino de los Faros (en castelán), The Lighthouse Way (en inglés), Caminho dos Farois (en portugués)) é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña. O Camiño dos Faros une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste pola beira do mar, que é o seu verdadeiro protagonista, unindo ao seu paso faros (que dan lugar o seu nome) e lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados, ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito etapas dunhas 9 horas de camiñada a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km).
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O val da vinganza (en inglés: Vengeance Valley) é un filme estadounidense de 1951 dirixido por Richard Thorpe e protagonizado por Burt Lancaster, xunto con Robert Walker, Joanne Dru, Sally Forrest, John Ireland e Ray Collins. Está baseado na novela de Luke Short. En 1979, o filme entrou na lista de filmes en dominio público nos Estados Unidos xa que Metro-Goldwyn-Mayer non renovou o rexistro de dereitos de autor logo de vinte e oito anos da súa estrea.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Nós Diario é un xornal diario de comunicación xeral e de ámbito galego, sucesor de Sermos Galiza, publicado en Santiago de Compostela e dirixido por María Obelleiro. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 2 de xaneiro de 2020. Dende o ano 2020, é o único xornal impreso integramente en lingua galega.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Ángeles Alvariño é un buque oceanográfico construído nos Estaleiros Armón Vigo e operado polo Instituto Español de Oceanografía, que foi botado en Vigo o 21 de febreiro de 2011, e que entrou en servizo en setembro de 2012. É o segundo dos dous buques da súa clase; o seu xemelgo, o Ramón Margalef, entrou en servizo en xullo de 2012. Conta con tecnoloxía avanzada para realizar campañas de investigación de xeoloxía mariña, oceanografía física e química, bioloxía mariña, pescarías e control medioambiental, e é es case idéntico ao Ramón Margalef, tamén do IEO. Ambos os buques son idóneos para navegaren no ámbito nacional e mares adxacentes.Recibe o seu nome en honor da oceanógrafa galega María de los Ángeles Alvariño.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Lista de presidentes dos Estados Unidos de América
O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.
Linguaxe visual, do occitano Lenguatge (conxunto de linguas) e este do latín Lingua, (órgano do sistema dixestivo na cavidade bucal que usamos tamén para modular sons, e que por metonimia designou a fala e os idiomas); e de Vista do latín Visus e Videre, da raíz indoeuropea *weir, vinculada a coñecer, é a linguaxe que se establece a través de imaxes. Definición: Chamamos linguaxe á forma de comunicarse dos seres vivos, moi particularmente a dos seres humanos. A linguaxe está baseada en códigos ou regras.
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
Ion Iliescu (nado o 3 de marzo de 1930 en Oltenita) foi presidente de Romanía dende o ano 2000 ata o 2004, sucedéndoo no cargo Traian Basescu. Iiescu previamente fora presidente de Romanía en dous períodos: 1990-1992 e 1992-1996. A Constitución Romanesa específica que os presidentes só poden ser elixidos por un máximo de dúas lexislaturas.
Carmen Pacheco Rodríguez, coñecida como Carmen Linares, nada en Linares (provincia de Xaén) en 1951, é unha cantaora de flamenco e intérprete tamén de canción española. Así mesmo, ten traballado en teatro e zarzuela. Carmen Linares conquistou por méritos propios un lugar privilexiado na cultura española contemporánea.
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bávaro: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
Kevin Michael Costner, nado en Lynwood (California) o 18 de xaneiro de 1955, é un actor e director de cinema estadounidense. Gañou dous Premios Oscar, tres Globos de Ouro, un Emmy, e foi nomeado a tres BAFTA (British Academy of Film and Television Arts). É coñecido por interpretar a Eliot Ness en Os intocables de Eliot Ness, a Crash Davis en Os búfalos de Durham, a Ray Kinsella en Field of Dreams, ó Tenente John J. Dunbar en Dances with Wolves, Jim Garrison en JFK, Robin Hood en Robin Hood, príncipe dos ladróns, Frank Farmer en O escolta, e a Jonathan Kent en O home de aceiro.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
Catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación.
Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Foro do bo burgo de Castro Caldelas
O Foro do bo burgo de Castro Caldelas é o documento máis antigo escrito en galego que se coñece no territorio que actualmente constitúe Galiza, entregado en abril de 1228. Neste texto o rei Afonso VIII outorga ós cidadáns desta vila os seus foros e regula o seu réxime. O texto comeza así: O documento foi redactado por un notario do concello de Allariz.
Colombo é unha serie de televisión estadounidense creada polos guionistas e produtores Richard Levinson e William Link. Titulada orixinalmente Columbo, en Estados Unidos emitiuse en sete temporadas entre 1971 e 1978, e como telefilmes entre 1989 e 2003. En Galicia emítese dobrada en lingua galega pola TVG. Na serie Peter Falk interpreta o papel do tenente Colombo, un detective de homicidios do Departamento de Policía dos Ánxeles.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
Un mapa coroplético ou mapa de coropletas, do inglés choropleth map, e este do grego χώρο (área, rexión) e πλήθος (multitude), é un mapa temático no que as áreas están coloreadas ou representadas con diferentes esquemas que resaltan os resultados dos cálculos estatísticos realizados nelas. Os mapas coropléticos úsanse por exemplo para amosar a densidade de poboación ou a distribución da renda per cápita nun mapa. Son un exemplo da visualización dos datos e da aplicación de falsa cor.
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos. Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.