Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
CoronaVac é unha vacina contra a COVID-19 desenvolvida pola bio-farmacéutica chinesa Sinovac Biotech en colaboración co Instituto Butantan. Utiliza unha versión quimicamente inactiva do SARS-CoV-2, o tipo de coronavirus que causa a COVID-19, e finalizou a fase III dos ensaios clínicos comezados en xullo de 2020 no Brasil. A CoronaVac foi aprobada para uso emerxencial na China, Indonesia, Turquía, Bolivia e o Brasil.
Fernando de Magalhães, (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelá), nado a finais do século XV (1480?) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca, e finado na illa filipina de Mactan o 27 de abril de 1521, foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico coñecido en aqueles tempos como mar do Sur. No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Hotel Diablo é o cuarto álbum de estudio do rapeiro americano Machine Gun Kelly. Foi lanzado o 5 de xullo do 2019 vía Bad Boy Records e Interscope Records.[1][2] O álbum foi apoiado por catro singles: "Hollywood Whore", "El Diablo", "I Think I'm Okay" con Yungblud e Travis Barker, e "Glass House" con Naomi Wild, e co single promocional "Floor 13". O disco é un álbum de rap rock e saíu menos de 10 meses despois do EP de 2018, Binge.[3] A produción do álbum incluía tamén ao líder da banda musical Foster The People, Mark Foster.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Pablo Sarabia García, nado en Madrid o 11 de maio de 1992, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Sevilla FC. Ten un gran manexo de balón coa súa perna esquerda. Trátase dun xogador rápido no un contra un, con gran disparo desde diferentes distancias con ambas pernas.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual club é o Real Madrid. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio.
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
Élite (estilizado como ÉLITƎ) é unha serie web española de thriller adolescente creada e escrita por Carlos Montero e Darío Madrona e dirixida por Ramón Salazar e Dani de la Orden para Netflix. A serie conta cun grande elenco composto por Miguel Herrán, Aron Piper, Mina El Hammani, Omar Ayuso, María Pedraza, Itzan Escamilla, entre outros, que interpretan os estudantes dun instituto de elite e os seus amigos. A primeira tempada foi estreada en Netflix o 5 de outubro de 2018.
Gran Premio de Francia de 2021
O Gran Premio de Francia de 2021 (oficialmente Formula 1 Emirates Grand Prix de France 2021' foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 20 de xuño de 2021 no Circuíto Paul Ricard en Le Castellet, Francia. A carreira foi a sétima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021. Foi a octoxésima novena vez que se disputou o Gran Premio de Francia e a 60ª vez desde que o evento incluíuse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula Un desde o inicio da serie en 1950.
Cando menos o esperas (en inglés: Something's Gotta Give) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bávaro: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica.
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu , nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949) foi primeiro ministro de Israel en dúas xeiras: a primeira entre 1996 e 1999, a segunda entre 2009 e 2021. Deste xeito, cos seus 15 anos e 92 días de servizo, é o primeiro ministro que máis tempo exerceu o cargo. Actualmente é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) é un país soberano constituído en estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
O escudo de Galicia é o símbolo heráldico que representa a Galicia. Consta basicamente dun fondo azul cun cáliz de ouro sumado dunha hostia e acompañado de sete cruces, tres a cada lado e unha enriba. Como símbolo institucional está regulado pola Lei de símbolos de Galicia, promulgada o 29 de maio de 1984, de xeito que é empregado pola Xunta de Galicia e forma parte da bandeira de estado galega.Nos comezos da heráldica os reis de Galicia empregaron o león púrpura como armas persoais.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
Selección de fútbol de Polonia
A Selección de fútbol de Polonia (en polaco: Reprezentacja Polski w piłce nożnej) é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol á Polonia. A súa organización está a cargo da Asociación Polaca de Fútbol (Polski Związek Piłki Nożnej, PZPN), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente Biało-czerwoni (albivermellos), Orły (aguias) ou Białe Orły (aguias brancas). A selección polaca de fútbol tivo unha época dourada entre as décadas de 1970 e 1980, cando alcanzou o terceiro posto no Mundial de Alemaña 1974 e de España 1982, e unha respectable quinta posición en Arxentina 1978.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, antes coñecido como aeroporto de Madrid-Barajas, é un aeroporto público español xestionado por AENA, situado nas inmediacións da cidade de Madrid, a capital de España. É o primeiro aeroporto español por tráfico de pasaxeiros, carga aérea e operacións, así como o cuarto de Europa por número de pasaxeiros e undécimo do mundo.As terminais localízanse no termo municipal de Madrid, pero o campo de voos esténdese tamén por Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. Construído sobre un campo de leitugas, entrou en servizo o 22 de abril de 1931, aínda que houbo voos de proba nos terreos onde se asentaría o aeroporto desde 1928.
Ferenc Puskás (en húngaro Puskás Ferenc), nado en Kispest (Budapest) o 2 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006, foi un lendario futbolista e despois adestrador húngaro. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos e un dos goleadores máis efectivos, anotando 84 goles en 85 encontros internacionais para a selección húngara[Cómpre referencia] e 511 goles en 533 encontros na liga húngara de fútbol e na liga española de fútbol.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
O turco ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europa e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.126 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
Organización das Nacións Unidas
A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial. A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres).
Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ó oeste, Eslovaquia e Ucraína ó norte, Romanía ó leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ó sur. Ten unha poboación de ó redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A teoría do xene egoísta, tamén chamada visión da evolución centrada nos xenes ou teoría da selección de xenes mantén que a evolución adaptativa ten lugar por medio da supervivencia diferencial de xenes que están en competencia, incrementando a frecuencia alélica daqueles alelos cuxos efectos no trazo fenotípico promoven exitosamente a súa propia propagación, definindo xene como "non só un simple anaco físico de ADN [senón tamén] todas as réplicas dese particular anaco de ADN distribuídas por todo o mundo". Os propoñentes deste xeito de ver a evolución argumentan que, como a información herdable pasa de xeración en xeración case exclusivamente por medio do ADN, entón é mellor considerar a selección natural e a evolución desde a perspectiva dos xenes. Os partidarios desta visión ou concepción da evolución centrada nos xenes argumentan que esta permite comprender fenómenos diversos como o altruísmo e o conflito intraxenómico, que doutro modo serían difíciles de explicar.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Gabinete de Moeda Oriental de Jena
Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete.O Gabinete de Moeda Oriental de Jena (en alemán: Orientalisches Münzkabinett Jena) é unha colección numismática da Universidade de Jena, en Turinxia, Alemaña, especializada en moeda oriental.
Jordi Alba Ramos, nado en l'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 21 de marzo de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral por banda esquerda e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona da Primeira División de España. Tamén xoga coa selección de fútbol de España, coa que gañou, sendo un dos xogadores revelación, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A abella, Apis mellifera, é unha especie de insecto da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, superfamilia dos apoideos, familia dos ápidos e subfamilia dos apinos e tribo dos apini.Outros nomes vulgares coa que se coñece, ademais do oficial de abella, son os de abella do mel, abella melífera europea, abella melífera occidental ou abella común (este último porque é a especie de abella máis común de entre todas as abellas produtoras de mel do mundo —hai de 7 a 12 especies que a producen—). É un insecto eusocial, que forma colonias formadas por unha soa femia fértil chamada abella raíña, ou mestra, da colmea, moitas femias estériles ou obreiras e un pequeno número de machos fértiles, os abellóns, abáboros, ou abázcaros, que se orixinan de ovos non fecundados por un mecanismo denominado partenoxénese. Cada colonia pode albergar decenas de miles de abellas.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.