Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Inter de Milán da Serie A italiana e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia.
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Xosé Luís Franco Grande, nado en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936 e finado en Vigo o 31 de marzo de 2020, foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado galego. Foi membro do Consello da Editorial Galaxia e membro de número da Real Academia Galega dende 1998. Da súa obra destacan os seguintes títulos: Vieiro choído; Entre o si e o non; Diccionario galego-castelán; Vocabulario galego-castelán; Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-1960); O tempo á espreita; A ilusión da esperanza.
Día Internacional do Orgullo LGTB
O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas. A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data ou no sábado inmediatamente posterior. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Eden Michael Hazard (pronunciación francesa: [edɛn azɑʁ]), nado o 7 de xaneiro de 1991 en La Louvière, é un futbolista profesional belga que en xuño de 2019 fichou polo Real Madrid CF da Liga Santander. Xoga principalmente de mediapunta ou de extremo. Hazard é coñecido pola súa creatividade, velocidade e habilidade técnica.
Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Gran Premio de Estiria de 2021
O Gran Premio de Estiria de 2021 (oficialmente Formula 1 BWT Großer Preis der Steiermark 2021) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 27 de xuño de 2021. A carreira foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2021. A carreira foi a segunda disputa do Gran Premio de Estiria e o trixésimo cuarto Gran Premio celebrado no circuíto.
María Victoria Carballo-Calero
María Victoria Carballo-Calero Ramos, nada en Ferrol o 11 de maio de 1942, é unha historiadora da arte galega, especializada en arte contemporánea, arquitectura e cidade.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en dez ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, catro delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2021 será a 72ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competirán polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Pilotos e equipos competirán polos títulos de Campión do Mundo de Pilotos e Campión do Mundo de Construtores respectivamente.
A Copa de Campións é o torneo equivalente á Liga pero para os menores de 19 anos (sub-19). A competición organízaa a Real Federación Española de Fútbol, sendo o Real Madrid o gran dominador da competición con 7 títulos desde que na tempada 1986-1987 se disputase por primeira vez a División de Honra de Xuvenís. Na tempada 1995-96 modifícase o formato da competición instaurándose a actual Copa de Campións.
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva. Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Gran Premio de Hungría de 2000
O Gran Premio de Hungría do 2000 (oficialmente o XVI Marlboro Magyar Nagydíj) foi unha carreira de automóbiles de Fórmula 1 celebrada o 13 de agosto de 2000 no circuíto de Hungaroring, preto de [Budapest]], Hungría. Foi a duodécima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 e o 16º [[[Gran Premio de Hungría]]. A carreira de 77 voltas gañouna Mika Häkkinen, pilotando un McLaren - Mercedes, despois de partir da terceira posición.
Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira.
Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bávaro: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 1,9 millóns habitantes (2,8 millóns coa área metropolitana), a maior cidade e centro político e cultural do país. Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914.
Corre o rumor… (en inglés: Rumor Has It; estilado como Rumor Has It...) é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Rob Reiner. Está protagonizado por Jennifer Aniston, Kevin Costner, Shirley MacLaine e Mark Ruffalo. O guión foi escrito por Ted Griffin e conta a historia dunha muller que descobre que a súa nai e a súa avoa puideron servir de inspiración para a novela de 1963 The Graduate, escrita por Charles Webb.
Milagro Amalia Ángela Sala, nada en San Salvador de Jujuy o 20 de febreiro de 1964, é unha dirixente política e social arxentina, líder indíxena quechua, líder da Organización Barrial Túpac Amaru, unha organización integrante da Central dos Traballadores Arxentinos (CTA) especialmente coñecida polo seu labor de construción de miles de vivendas na provincia de Jujuy.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Cimbabue que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Cimbabue dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.
Estadio Olímpico de La Cartuja
O Estadio La Cartuja é un estadio multiusos da cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía en España, e situado nun 57% en terreos do próximo municipio de Santiponce. Xunto co Estadio Benito Villamarín e o Estadio Ramón Sánchez Pizjuán conforman os grandes centros deportivos da cidade de Sevilla. Por capacidade sitúase como o terceiro máis grande de España despois do Camp Nou de Barcelona e o Santiago Bernabéu de Madrid.
Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo. O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Holanda é unha rexión histórica no centro-oeste dos Países Baixos. Ten unha superficie de 5.488 km2 e unha poboación de 6 065 459 habitantes (2006), que lle dá unha alta densidade de poboación, 1.105,22 hab/km2. O termo Holanda utilízase a miúdo para o conxunto do reino dos Países Baixos, que é xeralmente aceptado en varios contextos, pero molesto para unha parte dos neerlandeses, especialmente nas outras provincias do reino.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
A Eurocopa 2016, oficialmente Campionato Europeo de Fútbol da UEFA de 2016 (en francés: Championnat d'Europe de football 2016) ou UEFA EURO 2016, foi a décimo quinta edición do torneo de seleccións nacionais europeas. Celebrouse en Francia entre o 10 de xuño e o 10 de xullo e está organizada pola UEFA. Esta edición do certame foi a primeira que contou con vinte e catro de participantes na fase final, ampliándose desde 16, formato usado desde 1996. Baixo esta nova forma de disputa, a primeira fase estendeuse de 4 a 6 grupos, e os clasificados a segunda fase, de 8 a 16 equipos.
Gertrudis de la Fuente Sánchez, nada en Madrid o 21 de agosto de 1921 e finada o 23 de xaneiro de 2017, foi unha pioneira española en bioquímica especializada en enzimas. Doutora en ciencias químicas e profesora de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi a encargada de coordinar a comisión creada polo goberno español para a resolución do problema da síndrome do aceite tóxico (1981). O seu legado foi recollido nunha curtametraxe estreada na primavera de 2016 baixo o título Gertrudis (la mujer que no enterró sus talentos).
Manuela Serra Sabater, nada en Madrid en 1901 e finada en Madrid en 1988, foi unha pioneira española no campo da neurociencia. Foi preparadora mecanógrafa no Laboratorio de Investigacións Biolóxicas de Santiago Ramón e Cajal na década de 1920, sendo unha das dúas mulleres mencionadas expresamente por Santiago Ramón y Cajal ao describir o Instituto Cajal ou Instituto de Madrid.
Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño
O Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño é convocado desde 2013 pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. O obxectivo é incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, contribuíndo, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e na docencia.
O especialista (en inglés: The Specialist) é un filme estadounidense de 1994 dirixido por Luis Llosa e protagonizado por Sylvester Stallone, Sharon Stone, James Woods, Eric Roberts e Rod Steiger. Está vagamente baseado en "The Specialist", de John Shirley. O filme tivo unha acollida negativa por parte da crítica, mais foi un éxito de recadación, e a versión de Gloria Estefan de "Turn the Beat Around" converteuse nun grande éxito.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.273 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.
Afganistán (en paxto e dari افغانستان, Afġānistān), oficialmente coñecido como República Islámica de Afganistán, é un país localizado en Asia Central. Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país 42 máis poboado do mundo. Limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turkmenistán, Uzbekistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular da China no extremo máis oriental do país.
O Gran Premio de Estiria (oficialmente Formula 1 Pirelli Großer Styrian Grand Prix) é unha carreira válida para o campionato de Fórmula 1 que forma parte do calendario da tempada 2020. Debido á pandemia do coronavirus, o calendario está modificado, e nalgúns circuítos, entre eles o Red Bull Ring, se disputan dous Grandes Premios. Ao estar o circuíto localizado no estado de Estiria, o segundo dos Grandes Premios adoptou este nome.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
San Cristovo das Viñas, A Coruña
San Cristovo das Viñas é unha parroquia que se localiza na parte central oeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 5443 habitantes (2608 homes e 2835 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en 250 habitantes en relación ao ano anterior. Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Sardiñeira, Vioño, O Ventorrillo, Outeiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela.
Horizontes de grandeza (en inglés: The Big Country) é un filme estadounidense de 1958 dirixido por William Wyler, protagonizado por Gregory Peck, Jean Simmons, Carroll Baker, Charlton Heston e Burl Ives. Os actores secundarios son Charles Bickford e Chuck Connors. Rodado en Technicolor e Technirama, o filme está baseado na novela Ambush at Blanco Canyon de Donald Hamilton e foi coproducido por Wyler e Peck.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que nunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal, e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
Heart of a Dog (filme de 2015)
Heart of a Dog é un filme documental estadounidense de 2015 dirixido pola compositora e artista visual Laurie Anderson. Estreouse subtitulado en galego o 28 de marzo de 2019, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez.
A verdade (do latín, veritas) é a coincidencia entre unha afirmación e os feitos, ou a realidade á que se refire dita afirmación ou a fidelidade a unha idea. O termo úsase nun sentido técnico en diversos campos como a ciencia, a lóxica, as matemáticas e a filosofía. O uso da palabra verdade tamén abarca a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular; así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.
Aleksandr Vasilevich Kolchak (en ruso: Александр Васильевич Колчак), nado en San Petersburgo o 4 de novembroxul./ 16 de novembro de 1874greg. e finado en Irkutsk o 7 de febreiro de 1920, foi un mariñeiro, militar e explorador do Ártico ruso, caudillo do movemento antibolxevique coñecido como Movemento branco durante a guerra civil rusa, que dirixiu en Siberia un goberno oposto ao de Lenin desde novembro de 1918 ata febreiro de 1920. Kolchak comezou a súa carreira como oficial, oceanógrafo e hidrólogo da Armada Imperial Rusa e foi membro e logo comandante de varias exploracións polares auspiciadas pola Academia de Ciencias de Rusia.
Historia de Galicia (homónimos)
Co título de Historia de Galicia ou Historia de Galiza, e outras variantes, escribíronse diversas obras relativas á historia de Galicia: Historia de Galicia (manuscrito), escrita por Benito Vázquez a mediados do século XVII.[1] Historia general del Reino de Galicia (manuscrito), escrita por Juan Álvarez Sotelo a comezos do século XVIII. Historia de Galicia, publicada en 1838, Ferrol, de José Verea y Aguiar (1775–1849), 474 pp., castelán. Historia general del Reino de Galicia, 1847, A Habana, reedición ampliada da obra Galicia Reyno de Christo Sacramentado de Pascasio de Seguín (México, 1750). Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia, 1849, de Leopoldo Martínez Padín, 344 pp.; Historia de Galicia, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1873 (Tomo VII), de Benito Vicetto (en castelán); Historia de Galicia, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1913 (Tomo V), de Manuel Murguía (en castelán); Resume da Historia de Galicia, publicada 1898 na Cruña[sic], de Florencio Vaamonde Lores, 186 pp.[2] Historia sistética de Galicia, publicada en 1927 por Nós na Cruña[sic], de Ramón Villar Ponte, 218 pp.; Historia de Galicia, 1952, en Manuales Galaxia, Vicente Risco, impreso en Faro de Vigo, 193 pp.; Historia de Galiza, 1962 en Buenos Aires (3 t.), coordinada e parcialmente escrita por Otero Pedrayo; Historia de Galicia, 1979, Barreiro; Carballo; López e Senén, Frente Cultural da Asemblea Nacional-Popular Galega; Historia de Galicia, 1980, A Coruña, González, prólogo de Blanco, La Voz de Galicia, 944 p., ISBN 8485287223 (castelán); Historia de Galiza.
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos.
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga.