Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Torino FC da Serie A de Italia.
Pablo Sarabia García, nado en Madrid o 11 de maio de 1992, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Sevilla FC. Ten un gran manexo de balón coa súa perna esquerda. Trátase dun xogador rápido no un contra un, con gran disparo desde diferentes distancias con ambas pernas.
Día Internacional do Orgullo LGTB
O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas. A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data ou no sábado inmediatamente posterior. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.
Paul Labile Pogba, nado en Lagny-sur-Marne (Sena e Marne, Illa de Francia) o 15 de marzo de 1993, é un futbolista profesional internacional francés que xoga como centrocampista para a Manchester United FC da Premier League. Pogba foi descrito polo Manchester United, como un xogador "potente, hábil, e creativo" que ten "olfacto de gol e predilección polo espectáculo". Despois do seu traspaso á Juventus, gañouse o alcume de Il Polpo Paul ("O polbo Paul") polas súas longas pernas que semellan tentáculos ao correr.
A Eurocopa da UEFA de 2020 será a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo será celebrada por mor do sesenta aniversario da UEFA en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputarase do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso. Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos.
Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.
O sufraxio das mulleres no Perú foi alcanzado o 7 de setembro de 1956, durante o goberno de Manuel A. Odría, que promulgou a Lei Nº 12.391, que permitía as mulleres maiores de idade e alfabetizadas ter dereito a votar e ser elixidas, é dicir, o sufraxio feminino activo e pasivo. Sendo o penúltimo país latinoamericano en conceder este dereito.
Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).
A selección de fútbol de Suíza (en alemán: Schweizer Fussballnationalmannschaft, francés: Équipe de Suisse de football, en lingua italiana: Nazionale di calcio della Svizzera, en romanche: Squadra naziunala da ballape da la Svizra) é o equipo representativo de Suíza nas competicións internacionais oficiais de fútbol.
A Eurocopa 2016, oficialmente Campionato Europeo de Fútbol da UEFA de 2016 (en francés: Championnat d'Europe de football 2016) ou UEFA EURO 2016, foi a décimo quinta edición do torneo de seleccións nacionais europeas. Celebrouse en Francia entre o 10 de xuño e o 10 de xullo e está organizada pola UEFA. Esta edición do certame foi a primeira que contou con vinte e catro de participantes na fase final, ampliándose desde 16, formato usado desde 1996. Baixo esta nova forma de disputa, a primeira fase estendeuse de 4 a 6 grupos, e os clasificados a segunda fase, de 8 a 16 equipos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Kerstin Anita Marianne Ekberg, coñecida como Anita Ekberg, nada en Malmö o 29 de setembro de 1931 e finada en Roma o 11 de xaneiro de 2015, foi unha actriz e modelo sueca. Foi Miss Suecia en 1951 e competiu no concurso de Miss Universo. O seu papel máis destacado no cinema é o de Sylvia na película La dolce vita de Federico Fellini.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2019 tiña 97.260 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Everis Spain, S.L. é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas. A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Puro vicio (en inglés: Inherent Vice) é un filme estadounidense de 2014 escrito e dirixido por Paul Thomas Anderson. Está baseado na novela homónima de Thomas Pynchon. O elenco inclúe a Joaquin Phoenix, Josh Brolin, Owen Wilson, Katherine Waterston, Eric Roberts, Reese Witherspoon, Benicio del Toro, Jena Malone, Joanna Newsom, Jeannie Berlin, Maya Rudolph, Michael K. Williams e Martin Short.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Copenhague, e consonte algunhas fontes tamén Copenhaguen (en dinamarqués: København, [kʰøb̥ənˈhɑʊ̯ˀn], [kʰøb̥m̩ˈhɑʊ̯ˀn] (AFI), escoitar), é a capital de Dinamarca. O seu nome danés, København, que orixinariamente viña sendo o porto dos comerciantes, lembra a súa posición estratéxica á entrada do mar Báltico. Está situada na costa oriental da illa de Selandia e sobre a máis pequena illa de Amager, fronte ó estreito de Øresund.
Estatuto de autonomía de Galicia de 1936
O Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da guerra civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. O proceso autonómico galego foi protagonizado nun primeiro momento polos republicanos da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), entre eles os nacionalistas Villar Ponte e Lois Peña Novo . A ORGA foi sempre maioritaria nas comisións redactoras, nas Asembleas etc.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Cimbabue que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Cimbabue dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.
A sarabia, saraiba, saragana, pedra ou pedrazo, é un tipo de precipitación que consiste en partículas irregulares de xeo. A sarabia xérase en treboadas intensas en que se producen pingas de auga sobrearrefriadas, líquidas pero a temperaturas por debaixo do seu punto normal de fusión (0ºC), e ocorre tanto en verán coma en inverno. Pero dáse máis cando está presente a canícula.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
A ofensa (en inglés: The Offence) é un filme británico de 1973 dirixido por Sidney Lumet. Está baseado na obra de teatro de 1968 This Story of Yours, de John Hopkins. Está protagonizado por Sean Connery, no papel do detective Johnson, quen asasina ao sospeitoso de abuso sexual infantil Kenneth Baxter (Ian Bannen) mentres o está a interrogar.
Eduardo VII do Reino Unido (en inglés: Albert Edward) (9 de novembro de 1841 – 6 de maio de 1910) foi Rei do Reino Unido, rei de 15 países da Commonwealth e Emperador da India. Fillo primoxénito da Raíña Vitoria, Eduardo VII foi o primeiro monarca británico da Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha. Reinou do 22 de xaneiro de 1901 até a súa morte, o 6 de maio de 1910.
María Victoria Carballo-Calero
María Victoria Carballo-Calero Ramos, nada en Ferrol o 11 de maio de 1942, é unha historiadora da arte galega, especializada en arte contemporánea, arquitectura e cidade.
Phenomena é un filme italiano de 1985 dirixido por Dario Argento e protagonizado por Jennifer Connelly, Daria Nicolodi e Donald Pleasence. Está protagonizado por Jennifer Connelly, Daria Nicolodi e Donald Pleasence. Conta a historia dunha rapaza nun internado en Suíza que descobre que ten poderes psíquicos que lle permiten comunicarse cos insectos.
Tomás Maldonado, nado en Buenos Aires o 25 de abril de 1922, e finado en Milán o 26 de novembro de 2018, foi un pintor, deseñador, filósofo e profesor arxentino.Comezou a ensinar en 1955 na escola Hochschule für Gestaltung de Ulm (HfG-Ulm - Ulm Schule ) de Alemaña, por invitación do fundador e do seu primeiro director Max Bill, cargo que Tomás Maldonado asumirá entre 1964 e 1966. É considerado un dos principais fundadores do " Modelo de Ulm ", unha doutrina derivada da Bauhaus, onde Max Bill fora alumno e Johannes Itten profesor (tamén mestre na HfG) que aínda exerce influencia nas escolas de deseño de todo o mundo.
Os violentos de Kelly (en inglés: Kelly's Heroes) é un filme estadounidense de 1970 dirixido por Brian G. Hutton. Conta a historia dun grupo de soldados estadounidenses na segunda guerra mundial que desertan para roubar un banco tralas liñas inimigas. O filme está protagonizado por Clint Eastwood, Telly Savalas, Don Rickles, Carroll O'Connor e Donald Sutherland, xunto cos papeis secundarios de Harry Dean Stanton, Gavin MacLeod e Stuart Margolin.
O río Amazonas (tamén chamado Paraná-Uassú ou Paranaguasú polas tribos tupí-guaranís) é un río suramericano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil, onde entra polo estado homónimo. E ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas. É o río máis longo e caudaloso do mundo, e contén máis auga que o Nilo, o Yangtzé e o Mississippi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.Proclamouse en dez ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, catro delas ao aire libre e seis en pista cuberta, a primeira delas en febreiro de 2014, aínda en idade júnior. No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m.
Sergio Busquets Burgos, nado en Sabadell, provincia de Barcelona, o 16 de xullo de 1988, é un futbolista catalán. En 2010 xogaba como centrocampista no Fútbol Club Barcelona, da Primeira División de España. É fillo de Carles Busquets, ex gardameta tamén do Barcelona, e que actualmente é o adestrador de porteiros do club catalán.
A Copa Intertoto da UEFA foi unha competición de fútbol oficial organizada pola UEFA para clubs europeos que non se clasificaran para algunha das principais competicións da UEFA (a Liga de Campións e a Copa da UEFA), sendo clasificatoria para a Copa da UEFA. Disputouse entre 1962 e 1967 baixo o nome de Copa de Fútbol Internacional, sendo asumida en 1995 pola UEFA. A última edición xogouse en 2008.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Juventus FC da Serie A italiana. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña que une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste pola beira do mar. A presenza de faros ao longo do percorrido é o que lle dá nome; tamén decorre por outros lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados, ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc. Esta ruta adoita dividirse en oito etapas dunhas 9 horas de camiñada a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 174.273 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI, onde se reflicte a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as oito tradicionais reflectidas no Primeiro Concilio de Braga de 561, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Conimbriga, Idanha, Lamego e Viseu. Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga,de 572,. O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Selección de fútbol de Francia
A Selección de fútbol de Francia, controlada pola Federación Francesa de Fútbol membro da UEFA, é o equipo que representa a Francia en tódalas competicións oficiais, fóra de Nova Caledonia e Tahití que posúen as súas propia seleccións recoñecidas pola FIFA. É ademais, xunto con Arxentina, a única seleccións do mundo que gañou a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos, a Copa Confederacións e a súa respectiva Copa Rexional, neste caso a Eurocopa. Francia foi un dos catro equipos europeos que participou no primeiro mundial de fútbol celebrado en Uruguai en 1930 e un dos combinados que o conseguiron gañar, xa que acadou a vitoria en 1998, sendo a selección anfitrioa, e en 2018 en Rusia. Francia tamén gañou dous Campionatos de Europa da UEFA, a primeira en 1984, liderados polo Balón de Ouro Michel Platini, e a máis recente no ano 2000, da man de Zinedine Zidane.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Selección de fútbol de Croacia
A Selección nacional de Croacia (en croata: Hrvatska nogometna reprezentacija) é o equipo que representa a Croacia nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Antes da formación da selección, os xogadores croatas participaban na selección de Iugoslavia. Os maiores éxitos da selección son o terceiro lugar no mundial de 1998 e o subcampionato de 2018, onde perderon na final ante Francia.
Thomas Isidore Noël Sankara, nado en Iako o 21 de decembro de 1949 e finado en Uagadugú o 15 de outubro de 1987, foi un militar e político revolucionario burkinense, que foi presidente de Burkina Faso (anteriormente Alto Volta) entre 1983 e 1987. O seu carisma converteu a súa figura nun símbolo do panafricanismo e a revolución e é chamado a miúdo "o Che Guevara africano".En 1983, un grupo de revolucionarios tomou o poder nun golpe con apoio popular, en nome de Sankara (que estaba baixo arresto domiciliario). Aos 33 anos, Sankara converteuse no presidente da República de Alto Volta.
Bucarest (en romanés: București, [bukuˈreʃtʲ] (AFI)) é a capital e centro industrial e comercial de Romanía. Está localizada no sueste do pais, ás beiras do Río Dâmbovița. Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1 944 367 habitantes , 2.3 millóns na área metropolitana.
A coñecida como rebelión de Stonewall consistiu nunha serie de manifestacións espontáneas e violentas contra unha redada policial que tivo lugar na madrugada do 28 de xuño de 1969, no pub coñecido como o Stonewall Inn do barrio neoiorquino de Greenwich Village. Fálase decote destes disturbios como da primeira ocasión na historia de Estados Unidos en que a que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía os homosexuais co visto e prace do goberno, e son xeralmente recoñecidos como o catalizador do movemento moderno a prol dos dereitos LGTB nos Estados Unidos e en todo o mundo.Durante as décadas de 1950 e 1960 os gays e lesbianas estadounidenses debían enfrontarse cun sistema legal moito máis hostil cos homosexuais que en moitos dos países occidentais. Os primeiros grupos homófilos de EUA tentaron demostrar que as persoas homosexuais podían integrarse na sociedade e fomentaron unha cultura de non confrontación entre homosexuais e heterosexuais.
LGTB, ou LGBT, é a sigla de lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais. Aínda que é un termo controvertido, resulta o máis axeitado para integrar as distintas formas da liberdade sexual cós vocábulos, tamén ás veces empregados, homosexual ou lesbigai.O acrónimo LGTB é máis empregado en España[Cómpre referencia], mentres que LGBT é o máis usado en todo o mundo. O acrónimo GLBT é máis usado nos Estados Unidos e en Australia.
O movemento Queer encarna o desexo de superación das limitacións do tradicional (e controvertido) activismo do movemento LGTB. Principalmente nos Estados Unidos, Canadá e Inglaterra -durante os 70 e 80- as asociacións de dereitos civís do movemento LGTB produciran, a propósito, unha imaxe do gai positivo, aquel gai home, branco, profesional e de clase media. O Queer propúxose acabar con este estereotipo sexista, clasista e racista das relacións ligadas á sexualidade. Estando á marxe social como unha subcultura, non moi popular mesmo no medio gai.
En bioloxía celular, os territorios cromosómicos son rexións do núcleo celular que están ocupadas preferentemente por determinados cromosomas. Cada cromosoma encóntrase no seu propio territorio. Os cromosomas durante a interfase están en estado de fibras de cromatina, que son longas fibras formadas por ADN e histonas que están moi pregadas en zonas do núcleo, de modo que este descríbese ás veces como unha cunca de espaguetis.